22 may 2008


A nova galiña azul, de Gondomar (que creo que non é azul alí).
Monxardín mandou crónica deste acto o 17-V. Agora recibimos esta foto (graciñas C. Méixome) onde se ve o monumento dedicado a Carlos Casares.
Por alí andaban, se se fixan, Afonso Moxardín e Belén Lorenzo, Xulián Maure, o propio Méixome, entre outros (tamén os mestres Carlos e Delfina, que militaran no nacionalismo popular auriense dos primeiros 70, saúdos a todos/as).
En Comentarios inclúo unha nota explicativa do Instituto de Estudos Miñoranos.

52 comentarios:

Anónimo dijo...

Inaugurado o Paseo Carlos Casares e a escultura A Galiña Azul en Gondomar
O pasado sábado, 17 de maio, Día das Letras Galegas quedou inaugurado o paseo Carlos Casares na vila de Gondomar. O acto contou coa presenza a viúva do escritor e presidenta da Fundación Carlos Casares, Cristina Berg, e do alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo.
Lembrar a Carlos Casares con este paseo que bordea o parque da Coelleira á beira do río Miñor fora acordado pola anterior corporación municipal ante unha iniciativa do Instituto de Estudos Miñoranos e a concellería de cultura.
Despois de descubrir as dúas placas de bronce que indican o comezo e o final do paseo deseñadas por Alfonso Soliño Troncoso, procedeuse á inauguración dunha escultura inspirada nun dos primeiros textos de literatura infantil galega “A Galiña Azul”, publicado en 1968, e con varias reedicións posteriores. Estamos pois no corenta aniversario da súa publicación.
Cóntalle o autor, Carlos Casares, a Ana, bonita como “unha mazá” cando con dous dedos dicía a súa idade antes de, hai xa sete anos, marchar para Santander cos seus pais, uns contos escritos “na túa lingua”. Un deles é o da galiña azul de Lorenzo, que pon ovos de cores e di “cocorocó” na vez de “cacaracá” e por iso o alcalde a quere prender pero os gardas non puideron levar a galiña xa que non a puideron recoñecer pois os veciños pintaron todas as galiñas de azul, mentres o Leoncio estalle a ensinar a dicir “cacaracá” en público para que non a descubran.
A escultura é tamén obra de Alfonso Soliño Troncoso, arquitecto técnico e membro da Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos. Está realizada en aceiro cortén, madeira e aceiro inoxidable, mide dous metros de alto e 1,60 de ancho, mentres que os ovos son caixas prismáticas de aceiro cortén que conteñen no seu interior pedras de colores. Trátase polo tanto dunha obra conceptual que emprega tamén a técnica do inacabado. A Galiña ten o seu corpo orientado cara a Vilariño, onde está a casa de Casares, e a cabeza cara a Nigrán, onde , no cemiterio de San Fiz, está soterrado o noso escritor.
A obra escultórica foi posible grazas tanto ao desinteresado traballo do escultor como á colaboración de tres empresas de Gondomar: Granitos Vincios (GRAVÍN SA), Materiais de Construcción José Quintas e a empresa de mobles de cociña e baño Hermanos Sánchez Blanco SA que xenerosamente sufragaron os gastos.
Despois das palabras do alcalde, Antonio Araúxo, e de Cristina Berg a Banda de Música de Vincios puxo o peche ao acto coa interpretación do himno galego.
Val Miñor 20 de maio de 2008
Asdo.: Carlos Méixome
Director do Instituto de Estudos Miñoranos

Anónimo dijo...

Reciban as miñas felicitacións o IEM e o seu director por tan espléndida iniciativa.

Trebi dijo...

En unhos dias andaremos por alí.
Podo asegurarlles que o Paseo e un lugar de Lecer.
Trebi

Anónimo dijo...

Pois si,cuadra a domingo, chéguese á feira que se fai todolos domingos no alto de San Cosme, que hai bó pulpo.
Xa comentéi, que, na miña xerga particular, chamaréile pulpo ao plato gastronómico e polbo ao cefalópodo zoolóxico. Hai moitos casos nos que non coincide o nome da especie zoolóxica ou botánica có nome gastronómico.Moitos platos noménse en francés. A gastronomía debe ter a súa linguaxe propia como ciencia que é. Ou non?.

Anónimo dijo...

No alto de san Cosme cómese o mellor pulpo de Vigo, no Llogo, un bar algo cutre pero que borda o cefalópodo.
Grandes de Galicia (conselleiros, edis, directores de zonas francas, asesores), agora no poder, poden dar conta deste dato porque comían alí todos os días.

Anónimo dijo...

Je,je. Ao Arume non hai por onde pillalo.Sábeas todas.

Anónimo dijo...

O que lle quería decir a Trebi era que o invitaba eu ao pulpo. E a vostede tamén,Arume d.p. :)

Anónimo dijo...

Imaxino que un dos ex-conselleiros habituáis sería o López Veiga, de Pesca, que é de alí perto, de Vincios. E saber onde hai bó pulpo entra dentro das competencias de Pesca. XD.

Anónimo dijo...

Quén sabe onde hai boas feiras os domingos? Aparte das de Padrón,de Mondariz e do alto de San Cosme?. Non sei se en Sabarís tamén se fai.
Tamén me vale a información dos mercados máis pequenos, como o de Ferrol ou Casaio.
Permítome suxerirlle ao administrador do blog fíos temáticos sobre feiras e mercados.

Anónimo dijo...

Pois que sexa un pouco máis amplo, "feiras, festas e mercados", como os anuncios que puñan os coches de línea en tempos

Anónimo dijo...

Este é un blog cultural.Feiras,festas e mercados non son cultura.

Anónimo dijo...

Da Coba: Lobios, segundo domingo de cada mes. Convida un servidor.-

Anónimo dijo...

Diso nada, Arume, o mellor é o Pulpo Fiction que se come no Tarantino.

Anónimo dijo...

Aiquí hai máis fotos da inauguración da galiña azul:Premer.

Anónimo dijo...

PREMER

Anónimo dijo...

Don Júlio, moito cuidado e que non o escorne o boi, que xa non está vostede para moitas carreiras. E se o ten que escornar, que non sexa onde mais doi. Así que al loro y protección en donde más cuidado hay que tener, como los toreros. Hai que manter a integridade de todos os "membros" das uvas para que as cousas e os debates funcionen a pleno rendimento.

Anónimo dijo...

Pulpo Sition.

Anónimo dijo...

Rábade o 2 e 22.
Castro todos os mércores, que non lle lo teña que repetir.

Anónimo dijo...

Mas cornás da la Kyra...

Chove en Karakalpakstan...

O Aral está a subir.

Kyra estende a roupa no corredor da pensión.

Leva sempre o móbil no peto da bata aos cadrados.

Eu axúdoa.

Ela ri.

Carga eléctrica no éter.

Os mozos, na rúa, tamén rin.

As cadeiras de Kyra, polo que se pode adiviñar, son perfeitas, tal vez un pouquiño alargadas.

Marabillosas.

E os brazos, deliciosamente queimados do sol.

A virxe das espigas dá solemne conta de todo o que está a pasar.

Detrás dunha nube vén a outra.

A avoa Concha reza, en Lobeira.

Roberto Barreiro anda a fumigar, coa avioneta.

Tamén chove en Saint Malo.

A mocidade peronista católica e montonera xoga un partido de fútbol contra a mocidade peronista patriótica tupamara.

En Quimper, un 'pijo' galego, en lúa de mel, non se atreve a entrar nun bar a pedir un vodka con laranxada.

O empregado do bar parece o percusionista dos Motorhead.

Beria en Siberia repasa a biografía do Conde Ciano.

Da Coba está a practicar meditación... Hai formas mentais que non se poden remover... jeje

A muller máis bonita do mundo tiña unha tenda-bar en Pontedeva.

Hai anónimos cheos de bos sentimentos e empatía.

O ex-SS croata lembra a cerimonia de xura de bandeira en Jacenovic.

Alguén restaura unha Bultaco Alpina.

Apicultor lembra, tamén, a actuación dos Canarios, en Ibiza, collido da man de Teresa Gimpera.

Arume non se dá concentrado. Mais tamén ri.

Anónimo dijo...

Medela, como vou estar concentrado se vexo que vibra o móbil no peto da bata da Kyra e vostede non fai nada por evitalo?

Anónimo dijo...

Medela é vostede un rapsoda do inmediato.
E non encontrará unha muller xeitosa mais perto de Lobeira, mira onde vai dar, que iso logo non funciona e daralle moitos quebradeiros de cabeza e escisións no corazón.
Por Galiza haille unhas mozas que da verdadeiro xenio velas e non lle digo nada intimar con elas.

Anónimo dijo...

Como vostede saberá, prezado cabaleiro Medela, a mítica canción de Los Canarios, "Get On Your Knees", que en efecto escoitei collido da man de Gim, foi interpretada polos xerifaltes do momento como unha impúdica chamada á celebración dunha fellatio. Pero en Ibiza non lles faciamos caso (aos xerifaltes, refírome).

Anónimo dijo...

Medela, sáltase a feira de Entrimo os primeiros de mes, a un tiro de pedra de Lobeira, non me diga que non o sabía, ou xa non se celebra?.

Anónimo dijo...

Fellatio Celebration.

Anónimo dijo...

Don Arume: Cando me achego a Kyra, ela me separa... E ri, aínda que non demasiado, dicindo: "Oye, xico, que eres tonto o que...". Mesmo parece catalá. Tan loura, tan loura, tan loura... Sempre está a falar coa súa amiga, a peinadora, e tamén cun penitente que ten unha moto desas coreanas que se imitan coas Harley, desas perralleiras que cubican 125.
Vostede me comprende, pois non, sr. dos Piñeiros????

Anónimo dijo...

Ah, aquelas veladas no Studio 54, verdade Arume?

Anónimo dijo...

Don Arume: Sabe onde vin este vídeo dos Kool???
Nunha cafetaría en Passeig de Gràcia, en Barcelona, por volta de 1988. Tamén vin alí unhas imaxes de Syd Barrett, de Alec Guiness e de Graham Greene, en Oseira, baixando dun seat 600 branco, aparcado entre uns castiñeiros. Nunca volvín ver esas imaxes.

Anónimo dijo...

Comprendo, pero a bata, Medela, a bata. Eses cadrados. Suben e baixan. Medela, vibra todo. Saint Malo, totalmente reconstruido, tamén.

Anónimo dijo...

Carallo, Arume, Vde. non conta nada de cando me encebolei con Bianca Jagger;

home claro.

Anónimo dijo...

To be in onions, dicía ela, amigo. Or not to be.

Anónimo dijo...

Arume: jajajajajajajajajajajaja

jajajajajajajajajajajajajajaja
To be in onions.....
jajajajajajajajajajajajajajaja

Ouviu: Saint Malo é feo. Dinan é lindo. E Quimper un monumento á melancolía.

Anónimo dijo...

Anónimo: Ten razón, a feira de Entrimo, aínda que está expirando.

Lobios: Walhalla dos ex-esfameados ourensáns. Callos, carne de mil maneiras. Bacallau.
Calor, acento português.
Sincronicidade, déjà-vu.
Eterno retorno do idéntico.

Saúdos, señor.

Anónimo dijo...

Sabía, Arume??
A bata aos cadrados sobe e baixa acompasándose coa respiración tranquila e profunda de Kyra. Non quería entrar en pormenores, mais o que deseñou a bata debeu de se inspirar nela. Ata lle acae á cor dos ollos. E o riso de Kyra tanto apaga un lume como encende outro. Aínda onte me dixo, en perfeito karakalpakstanita: "Oye, que sabes, es como si fuésemos primos, tú".

Anónimo dijo...

Eu pedínlle polbo a unha pulpeira precisamente na feira de Rábade, do 22, e por pouco me manga dúas hostias. É o problema é que en galego polvo, nese sentido, sería canivete. Así que o vocabulario ándavos ben enleado.

Pero desfeita a confusión, apaciguados os furores belicosos da polbeira -¡que lle imos facer!- debo recoñecer que o polbo estaba moi bo. O pan non era malo o viño pasadeiro e o café, con augardente, no mesmo vaso do viño, soberbio. Eramos dous. Pan, viño e tres cafés -tres vasos de café- de pucheiro: 11 euros. O polbo a seis euros a ración. Aí queda o dato por se lles serve de algo. Sempre vou a Rábade os días de feira por razóns mercantís. Xa lles contarei o que me aconteceu cuns calzoncillos -agora cirolas, antes as cirolas eran os calzoncillos longos- nunha tenda incrible cuxo -¡ai, o meu xatiño!- letreiro reza -ora pro nobis- El Cubano, moda joven. Xa lles contarei, xa. Polo momento, xa ven o pifostio que está armado co vocabulario. Grazas, ho. (Grazas, ¡cago na p...!)

Anónimo dijo...

Hai documentación gráfica da festa en que coñeceu, amigo Medela, a Bianca Jagger: Pool Party in L.A. (Lobeira, Arraia).

Anónimo dijo...

Discrepo: a muralla de Saint-Malo é cousa digna de ver, como de percorrer o seu adarve ao que aínda deben dar xanelas abertas; malia ter sido bombardeado e reconstruído, aínda queda no recinto algún edificio vello: producindo efecto un tanto semellante á tamén devastado e reedificada Brest, branco das casas contraposto á pedra cinsenta do castelo.

Á suxestión -ben merecida- de Dinan e Kemper, engado dúas xemas na costa norte: Landreger (Tréguier), iso si que é melancólico cruzamento de opostos (catedral e casa de Renan); Sant Pol de Leon, subindo á agulla do Kreisker -podendo ser- en día ventoso e chuviñento.

Seguramente haberá quen confirme.

Marcos Valcárcel López dijo...

Home, unha crónica ben feita, literaria, de calquera das nosas feiras e mercados, ten o seu carácter cultural, quen o dubida. Dende logo, se me chegase, eu daríalle saída no blog.

Anónimo dijo...

Saavedra, convirá conmigo que Saint Malo, a eso das sete da tarde, con todos os comercios pechados, un día de chuvia parece o esceario dunha película da resistencia francesa contra os nazis. É digna de ver, pero ten un aquel de plató xigantesco que mete un pouco de medo.

Anónimo dijo...

No 1983, agosto, chegamos a Saint-Malo a bordo dun catro latas sobre as catro ou cinco da tarde. Procedencia: Dinan; estado: sen xantar. Papamos unhas crêpes recheas de algo e coa mesma a pasear; estaba ben bonito. Merquei un par de libros, ou tres ou catro -teatro completo de Molière se non lembro mal; La Bible en Espagne, de Borrow, se non foi desta foi na seguinte- nunha libraría; noutro lugar tres xerseis: un dos de botóns à l'épaule que aínda presta servizo e dous máis grosos (o cinsento deixei de verllo ao meu irmán onde vai xa, o azul debeumo tirar a muller pouco hai). Na muralla vimos Saint-Servan, Dinard e eu lembrei certa lectura de Verne e mocidade (Maravillosas aventuras de Antifer).

No 1990 retornei, con outra compañía (a devandita muller). Era día máis claro, andamos o adarve e nun terreiro estaba preparado non sei se para función de teatro ou argallada medievalizante.

Pode ser o que vde. di, Arume, e a evocación de Jean Moulin ou un atentado en Caen non mo faría particularmente desagradable. Pero aínda que non fose, téñolle un aquel a esa cidade reconstruída de Cartier (tamén de Jean Mocquet?).

Anónimo dijo...

Para " o de sempre".
Cando vaia comelo pulpo a Rábade, pase antes pola cantina da Estación, que con unha taza ou unha caña lle poñen unha tapiña de callos que é un bo entrante pro polbo.

Anónimo dijo...

JEAN MOULIN É GOD
JEAN MOULIN É GOD
JEAN MOULIN É GOD

Non sei como é que se me ocorreu nomear Saint Malo.

Cristosende tamén existe.

E en Karnac sopra moito o vento.

Saúdos para don Arume e o profesor González.-

Anónimo dijo...

Arume, cando vin pola primeira vez a srta. Moreno de Macías, fiquei abraiado, como se pode ver no vídeo declasificado pola Sikurimi.

Agora ben, aos tres días estaba xa cheo de ouvir pendejadas e cojudeces.-

Anónimo dijo...

Viña eu de ver subir a maré polo monte Saint Michel e decidín ver, xa tarde (para a Francia), Saint Malo. Chovía a cachón: apenas podían verse as murallas entre os mastros dos iates da auga que caía. Entramos no recinto e aparcamos nunha rúa case baleira. Corrimos ata unha crepería (vai ser seguro a mesma que vostede visitou) e comimos o mellor crêpe que eu probei na vida (non son moi de crêpe, pero hai que recoñecerlle o mérito ao brazileiro que a fixo). Despois, xa de noite, parara a chuvia e detíveramonos no escaparate dunha tenda de libros e obxectos antigos, reconstruida na mesma forma que un recorda o pasado, coa madeira gris e os andeis perfectamente reproducidos. Recollimos o coche e voltamos a Rennes que era onde parabamos. Ao voltar ao hotel, botaban unha película na televisión: era, para enterdémonos, de nazis. A sorpresa foi maiúscula: unha escea de balacera se representaba na mesma tenda que acababamos de visitar. Por iso, sempre que falan de Saint Malo aparece esta experiencia e faime ver aquela cidade ao mesmo tempo como encantadora e desacougante.

Anónimo dijo...

¿Seguro que eran crèpes? ¿Non estamos na Bretaña? ¿Non serían gallettes de blé noir? Sen ánimo de molestar, ¿eh?

Anónimo dijo...

Creo que era esta.

Anónimo dijo...

Brancas, brancas: nin blé noir nin sarrasin.

Arume: e non sería no mesmo ano, hom? É que se non andamos polos mesmos sitios, pouco lle ha de faltar.

Anónimo dijo...

Comparto de Saint-Malo análogas experiencias ás de Saavedra e Arume: choiva, tonalidades múltiples do gris, ...

Con todo, o que me parece imperdonable é que non nomeen a illa de Grand-Bé, á que só se pode acceder cando está a maré baixa, onde o gran Chateaubriand pediu ser expresamente enterrado, e que eu só puiden divisar mentres a persistente choiva mollaba a miña face.

Non lles perdoo a omisión, e don Ramón (Otero Pedrayo) tampouco. Queda dito.

Anónimo dijo...

Pido perdón, pero acto seguido quero lembrar que as análogas experiencias se deben a esa teima hispana (déixenme esta palabra resumidora) por pensar que hai vida no mundo a partir das cinco da tarde (xa non digamos despois). E non. Non hai.

Anónimo dijo...

Para o correspondente de Allariz:
Que hai de certo en que pasaron un recibo cunha cuota para sufragar a festa do boi a tódolos veciños, e que acompaña unha nota na que indica que de non pagalo importe se pase polo concello a xustificar negativa?

Anónimo dijo...

O que beneficia a unhos poucos (gremio de hostelería) teñen que pagalo entre todos, mesmo os que están hasta os collós dos berros de energúmenos e dos mexos nas rúas.

lourixe dijo...

A invernía en Bretaña...
Pointe du Raz, 9 de decembro de 2006.A chuvia parou brevemente e unha raiola de sol nos anima a tentar a camiñada. Da lande de toxo seco e gris emerxen só as siluetas de tres persoas ao lonxe. Alcanzámolas antes do faro.Unha familia.
Como non, falan galego.

Anónimo dijo...

Está ben, vou ceder.
Saint Malo non é feo, é simplemente medoño.

Andei onte por Lugo e por Castro de Ribeiras de Lea. Non vin a Delapierre nin o prof. González.

Sabían?? En Kampuchea chove moito, na época dos monzóns. Onte, na Terra Chá, aínda chovía máis.

Saúdos.-