26 may 2008

O Descendemento (vía Tacho).

19 comentarios:

Anónimo dijo...

Doña Ana Botella, por cauces de olvidada sensatez......

Anónimo dijo...

Don Tacho é God!!!!!!!!
jajajajajajajajajajajajajajajaja

Helena dijo...

Este amaño pictórico, que é xa antigo, segue tendo vixencia e non só por estar camuflado nunha obra de arte.
É unha mágoa que non estean todos os que a estas alturas andan preparando o gran funeral.

Anónimo dijo...

Non esquezamos que ao terceiro día resucitou e subiu á dereita (un dicir) do pai. E aínda faltan os feitos dos apóstolos (entre outros a caída do cabalo de Saulo e as chagas do incrédulo santo Tomás), a epístola de Santiago ("Pedides, pero non recibides, porque pedides mal, para gastar nos vosos deleites") e, por suposto, o apocalipse de san xoan.
Máis ben parece este

Helena dijo...

Ten razón, Arume. Tamén é válido o cadro que propón. Moi válido. ¿A quen pode estar implorando o lapidado? ¿A Rouco Varela para que interceda nas duras e nas maduras?

Anónimo dijo...

PEPE BLANCO (PSOE): "Rajoy sabe ahora lo que es una teoría de la conspiración"

JOSÉ MANUEL PONTE (La Opinión) [Sobre o uso que se fai na capital do Reino de España do termo "gallego" ]
"He tomado nota de la extensa lista de imputaciones que se le hacen a don Mariano (jefe del Ku Klux Klan, gran maestro de la masonería, jerarca soviético, etc.), pero la que más me sorprende de todas es la de airear su condición de gallego bajo la tópica perspectiva de que nunca se sabe si sube o si baja la ya archifamosa escalera. Desconozco quién es el oculto cerebro director de esta campaña feroz, pero esos juegos de palabras son políticamente muy peligrosos. Y todavía más en un partido que fue fundado por un gallego, está presidido -de momento- por otro gallego y tiene una importante reserva de votos
en Galicia. Aplicar un punto de vista madrileño a cualquier situación puede ser un error de consecuencias imprevisibles."

FERNANDO ÓNEGA (LVG) [Perplexidades varias]
En este momento, se ha perdido la capacidad de raciocinio. El político que acusó al Gobierno de traicionar a las víctimas es ahora repudiado por las víctimas. El que incita todos los días a que se presente una candidatura alternativa es acusado de montar un congreso a la búlgara. El que quiere integrar a las diversas sensibilidades de la derecha, tarea nada fácil, es presentado como un disolvente que separa y divide. El que puede garantizar que el PP no se destruya es tratado como un destructor. Y la lógica elemental que aconseja a los partidos acomodarse a los cambios del país es presentada como una traición a la causa. Este cronista ha visto muchas crisis y hasta entierros de partidos. Hay ocasiones en que les entra el instinto suicida, y se acaban pegando un tiro. Pero esto no es un suicidio. Es un crimen, a cargo de un desconocido autor del que solo se sabe una cosa: tiene unas desbocadas ansias de poder.

Anónimo dijo...

Ten razón Ónega e el é máis vello ca min. O do PP destes días é o nunca visto: un caso delictivo, criminal. Supoño que todos os protagonistas das felonías destes días terán os días contados, porque os votantes (máis) difícilmente poden confiar en xente así.

Anónimo dijo...

E repito (xa o dixen no seu momento) todo esto coa convicción, aínda hoxe, de que Rajoy debeu deixar o partido o día seguinte ás eleccións.

Anónimo dijo...

Arume, querería dicír a presidencia do partido, xa que con dez millóns e medio de votos non é para irse do PP

Anónimo dijo...

Sí, perdón.
Para fundar o PPdeG (vostede de secretario xeral, dándolle brasilla galeguista) e foder ao PP nacional en Galicia: sen os seus votos non gobernan as Españas nin de coña.

Anónimo dijo...

Vaia montando o choio. Vostede de Secretario de Comunicación; Api, Responsable de Liña Política e Seguridade; Médela, exterior; XCD, Intelixencia; Xan da Casanova, medio ambiente, Morrison, relacións públicas, eche, personal, jimmy, interior e o de sempre o de sempre.
Leituga, xefe de estado e Saavedra, Educación e Formación do Espiritu Nacional.
Marcos, Cultura e novas tecnoloxías, xaora.
Pénsenno.

Anónimo dijo...

Esquecía que a carteira de Imaxe e para Trebolle, e máis adiante xa irei completando o Consello para foderlle a maioría o PSOE e BNG ( vostedes que pensaban)

Marcos Valcárcel López dijo...

Menudo, que? cuatripartito?, acaba vostede de montar, amigo J.Delapierre. Eu, pola miña banda, acepto as miñas responsabilidades. Pero, tal como vexo a cousa, vai ter que haber varios vicepresidentes, porque se non...

Marcos Valcárcel López dijo...

Menudo, que? cuatripartito?, acaba vostede de montar, amigo J.Delapierre. Eu, pola miña banda, acepto as miñas responsabilidades. Pero, tal como vexo a cousa, vai ter que haber varios vicepresidentes, porque se non...

Anónimo dijo...

Deso nada, aí mandou eu.
Como moito asesores aúlicos, Beria de Siberia, Lobo neghro e rr.

Anónimo dijo...

Sr. Delapierre: Moitísimas grazas!!!

É Vde. un santo bendito de Deus.

Grazas polo puestiño.

Sempre souben que se había lembrar de min.

Estou a ver a escena: Cea de gala en Paris...Presentación de embaixadores... Don Leituga e Sra. a representaren dignamente o Reino dos Suevos, un servidor e Sra., Kyra Prosokova; unha nube de fotógrafos a retratar a miña muller... Carla Bruni a ollar cara a Kyra de xeito checheno e a argallar: "Pois non é para tanto... Non vos ten nada... Eu, do seu tempo, estábache ben mellor... Tamén, a quen se lle diga, cun ollo de cadansúa cor..."

Sarkozy olla tamén para Kyra, home claro...

Grazas, don Jacques.-

Anónimo dijo...

Podía levar de conselleiro áulico a don Beria de Siberia???

Anónimo dijo...

O de sempre o de sempre. ¿Que quere dicir iso?

Como católico inapostático, impracticante e pecadento deliberado contra todos os santos mandamentos agás o de non matarás que se me fai un pouco esaxerado. ¿Para que carallo vou matar alguén se podo pecar de pensamento, desexo ou omisión? Por exemplo, quid pro quo, non desexarás a muller do teu proximo. ¿Quen é o proximo? ¿El, eles, ou serei eu? ¿Así que anda por aí un cabrón desexando a miña muller? ¡Cago na nai que o pariu! ¡Xa caerás, cago na mitra do Rouco Varela! Por certo, o cú dos polos chámase mitra en certos argots e eu conocín xente que devecía por esa parte do volátil á hora de comer. Así que podiamos facer unha misa negra -ou moura que fode máis- na que o comungantes papasen mitras -de polo-. E todos esconxurando ós cabróns que andan desexando as nosas mulleres, posto que xa quedou demostrado que os próximos somos nós.

Eu quería ser masón, pero nunca me gustou poñer mandil ou avantal, como lle gusta escribir a un meu amigo que traballa moito a inmersión léxica. Hontanar: lugar onde abundan os mananciais. Procede de hontana, e, supoño, de aí virá fontana. A Fontana de Trevi. O diaño pasea por Turín e a Juventus mirade como vai. O blingüísmo inhamónico é a diglosia. ¿Ou non? E iso ben que o saben todos os desleigados, escuros e féridos, ademais de imbéciles, que non nos entenderán, pero saber si que o saben.

Eu querería ser don Vito Corleone para ser God e ter dominio absoluto sobre vidas e facendas. Sobre todas menos sobre a miña. ¡Vaia God este!
¡Bah!

Anónimo dijo...

A partir de agora porei bo coidado en non almorzar potaxe que veña dos fogóns de "O de Sempre".A mestura de ingredientes tan contundentes coma dispares: mandatos relixiosos, principios éticos, bilingüismo, diglosia, masonería, mafia... producíronme unha dispepsia flatulenta aguda que nen as múltiples infusións de herba luisa, tomadas ó longo da mañá, foron quen de mellorarme.