27 may. 2008

REPUBLICANOS GALEGOS (e 3)
Andoliña 27 maio

Unha última nota sobre o interesante volume “República e republicanos en Galicia” (ARGA, 2006). Varios traballos inciden na historia do republicanismo dende o século XIX e comezos do XX: a conclusión dos mesmos é que o peso do republicanismo en Galicia estaba asentado décadas antes da Segunda República e acentuouse nos primeiros anos do século XX. Da forte ligazón entre republicanos e sociedades agrarias dá abondo datos o historiador Luis Giadás e a figura de Basilio Álvarez subliña esa realidade. Pero o mesmo se podería afirmar de nomes máis vinculados ó galeguismo como Ánxel Fole, Carlos Maside ou o mestre “Ben-Cho-Shey”, todos eles cunha presenza republicana anterior ó seu compromiso co Partido Galeguista.
Velaí o pouso, nas raíces do republicanismo, do papel dos mestres e das chamadas Escolas Laicas: diso fala Antón Costa e subliña a relevancia nos lideratos republicanos no noso país de intelectuais cunha forte relación coa emigración americana, ben como emigrantes eles ou como exiliados. A prensa, a escola, os líderes, foron creando un substrato cultural no que xermolaron os mellores valores republicanos: a democracia, o ideal da convivencia en liberdade e tolerancia.

3 comentarios:

Almiral Mouchez dijo...

Grazas pola información.

Mercareino.

Almiral Mouchez

XDC dijo...

Vexo na Voz de Ourense que o ex-decano da Facultade de Educación Xosé Manuel Cid (por certo,cómo corría o outro día, no partido de fútbol),vai editar un libro sobre o mestre republicano Alfonso García Rojo.Xa falara deso:Premer.

Anónimo dijo...

Xa ven o Cid coa cantilena pedagóxica de sempre: motivar. Que motivar nin qué carallo. ¡Esforzo, traballo, e punto!