Unlla e carne
Hoxe presenta en Compostela Bieito Iglesias o seu último libro (Fundación Torrente Ballester, 20,30 h.).
Bieito Iglesias recrea en "Pan e coitelo" os últimos anos do fraguismo desde un ollar satírico que incide no cinismo e nos rituais do mundo da política, sen omitir o seu lado máis humano .
Bieito Iglesias recrea en "Pan e coitelo" os últimos anos do fraguismo desde un ollar satírico que incide no cinismo e nos rituais do mundo da política, sen omitir o seu lado máis humano .
Da novela de Bieito xa tedes unha primeira crítica na páxina do amigo Arume dos Piñeiros.
Xenial tamén o seu artigo de hoxe, de Bieito Iglesias, en ECG:
17 comentarios:
Non me parece un argumento peor que outros para a independencia de Cataluña, País vasco e Galicia: que España gane Eurovisión. Mesmo lle vexo algunhas posibilidades de callar no electorado do PP.
Agora que van dicir de min, se ata o mesmo Bieito Iglesias fala do Chikilicuatre? O inigualable Forges contemplouno co seu maxisterio habitual: Forges.
Xa se sabe Arume, a vinculación do intelectual coa sociedade pasa por fundirse no Luar ou emocionarse competitivamente con Eurovisión o resto non vende, e dende que os intelectuais ser convertiron tamén en vendedores dos seus productos, o mercado manda e o que mais vende é o sobre o que mais lle interesa reflexionar aos intelectuail. O problema é que para facer esas reflexións non fai falta ser intelectual, polo que abonda o fraude, pero a ningúen lle importa, con tal de que vaia etiquetado como intelectual, axente da cultura, ou cousa parecida. O caso é vender, eu estou preparando un artigo sobre a ironía deconstructivista dos Tonechos.
Pois vai ter que facer unha monografía completita sobre o particular. Non esqueza nesa tese o correspondiente capítulo sobre o Tonechos' Gender. Ou Genders. Xa sabe: nunca esqueza o plural.
Don Arume, don Leituga One, cabaleiros: En verdade ven algo de espontáneo na argüída charramangueira figura do "Chikilicuatre"??
A min paréceme unha montaxe perfectamente pensada, estruturada, lanzada...
Unha o varias mentes clarividentes atrás del.
Saúdos.-
Se algún amigo/a, residente en Compostela, vai á presentación da novela e manda unhas liñas, publicámolas no blog, agradecidos (aquí hai moitos siareiros de BI):-
Bieito Iglesias falando da súa novela aqui:
http://www.radiofusion.eu/rfusion/emisoras/radioallariz/bieito_iglesias_ofrecenos_pan_e_coitelo
¿Espontáneo Chiquilicuatre? En absoluto. E que eu saiba nunca tivo pretensión de pasar por tal. Nin el nin os credores da montaxe. Porque diso é do que se trataba de maneira explícita e, como diría Aznar, sen complexos: dunha montaxe consciente e voluntariamente charramangueira. O problema foi que o frikismo de Ciquilicuatre atopou a horma do seu zapato nun festival de Eurovisión no que se viu claramente superado nas súas honestas ambicións antiestéticas por, polo menos, media ducia de intérpretes. Así é a vida e non hai que facerlle.
Amigo leituga1, e vostede unhas das mentes máis claras e distintas que coñezo, anque só sexa a través do que escribe.
Haberá que ler a novela.
Porque se comenta no blog, que a mín as ceremonias de presentación nunca me estimularon especialmente pra ler nada.
Moito me gusta comer chourizo como é debido. Esto é, con "pan e coitelo". Cortas un cacho de pan, e un de chourizo.Alernativamente. Por cada cacho de pan, e tres de chourizo, un bótaselle ao can, que está espectante,e píllao ao voo.
Vostede si que é esperto, rapá xdc. Gústanme máis os espertos que os expertos. Deixe os númaros e (se de verdade non é escritor... cousa que está por ver) póñase ao choio de escribir.
Venme de lembrar vostede unha anedota que me pásó có meu abó.
Preguntóume: "Tí cres que os americanos chegaron á lua?". Eu respondinlle que sí, i él meneóu a cabeza e dixo: "Penséi que eras máis esperto".
Saberá que o seu abó como o meu dicía esperto, por desperto.
Se metín a pata, pido perdón, xa saben que onde non hai.....
Efectivamente. "Espertar" era despertar,polas mañás. Curiosamente, si era despertar dunha pequena sesta durante o día, decía, informalmente,"acordar" ou "resucitar". Tamén usaba "acordar" por "volver dun estado de pasmo transitorio".
Ha ha ha! Esmendréllome coa risa! XDC: creo que vostede bota a faltar ao seu avó (e aquel can!)
Ademais de "acordar", non nos esquezamos de "recordar". Isto escoiteillo eu unha vez a un cura moi pavero. Estaba para casar a unha parella, pero o mozo tardaba en chegar. Como vía que tanto a moza como o resto da xente se impacientaba, dixo en voz alta na igrexa: "Se cadra... o mozo recordou".
Estou escoitando o can cando lle botas o anaco de pan ou (mais raramente) de chourizo e vai e píllao entre os dentes "al vuelo": "Clac".
Non hai nada que esperte máis que a fame. Elvis nunca cantou mellor que cando estaba moi moi delgadiño.
Moi amable, xdc, pero xa me gustaría a min ser un campión diso das "ideas claras e distintas". Normalmente tiro máis ben a borroso, dubitativo, bailanacriba, ecléctico e zigzagueante.
Agora ben, do que si estou seguro é de que a novela de Bieito é boa. Eu teño que deixala para o verán, pois estes días dedico o tempo que me queda para as lecturas ociosas, desinteresadas e hedonistas a meu señor Jean de Froissart e as súas marabillosas crónicas da Guerra dos Cen Anos. ¡Aqueles si que eran tempos!
Publicar un comentario