6 jun. 2008


Alumnos e alumnas
Andoliña venres 6 xuño (Imaxe: J. Opie)

No estudo que xa citei onte neste recuncho fálase tamén das aptitudes dos rapaces e rapazas no seu rendemento escolar: as mozas, cando menos en Primaria e ESO, obteñen mellores puntuación que os nenos, agás nas materias de Matemáticas e Física. Tamén melloran as rapazas, en varios cursos, en Lingua Castelá, por diante dos seus compañeiros (creo que o estudo non ten datos de Lingua Galega).
Esta é unha realidade que non será estraña a moitos profesores: por suposto, hai alumnos mozos de magnífico currículum, pero tamén moitos cursos onde son elas a que levan a dianteira. Véxanse os premios de Bacharelato dos últimos anos. Ou a xa decisiva feminización de moitas carreiras, incluídas as que esixen mellores notas para ingresar. Esoutro día dei unha charla nun colexio ourensán e o seu director confirmaba esta tese: "O mundo futuro é delas. Non hai volta".
Que pasa cos mozos? Menos motivación, outras distraccións, menos capacidade de concentración nos estudos, etc. Se a iso sumamos o esterotipo dos adolescentes masculinos nas películas americanas e nas series de TV, imos apañados: parvalláns, infantís, obsesos co sexo, a comer hamburguesas. Algo terán que facer para espabilar, digo eu...

47 comentarios:

lourixe dijo...

Quen critica a educación "progresista" soe lamentar que non se fomente a competitividade para estimular aos rapaces na aprendizaxe. Non é caso, para min, provocar a rivalidade duns sobre outros, para estabelecer un sistema de castes (os listos e os tontos). O quid (ai, xa me meto en latinexos de once varas outra vez!) está en instigar un afán de superación, que supoño que nas rapazas está sempre máis presente pola consciencia propia de que, como mulleres, sempre habemos ter que afrontar meirandes dificuldades para acadar o recoñecemento dos nosos méritos.

Lula Fortune dijo...

E onde quedan esas rapazas á vista de quen ocupa os cargos de responsabilidade en empresas, política (a pesares da tan traída e levada cuota), nos mesmos cargos directivos dos institutos, etc?

apicultor dijo...

Pois esas rapazas van purrando para riba cada vez máis, superando cada vez máis os obstáculos que a inercia lles impón. O camiño faise andando e, polo que se aprecia, esas rapazas teñen folgos, capacidade e talento para camiñar e ir chegando á meta (con cuotas ou sen cuotas). É un proceso, penso eu. E nós que o vexamos.

arume dos piñeiros dijo...

Non é que purran para riba. É que xa non teñen que purrar máis. Están xa aquí. Falta nada para velas onde deben estar.

apicultor dijo...

Por outra banda, penso que a "competitividade" non ten por que entenderse obrigatoriamente como "rivalidade" duns rapaces respecto dos outros, nin menos aínda como o establecemento dun sistema de castes.

Coido que é unha falacia facer tal equiparación, que non poucas veces serve como coartada para a rotina, o desleixo e a inanición baixo un discurso pedagoxista que se amosa fracasado desde os seus propios fundamentos.

Competitividade pode significar -e debe significar- xustamente o que a señorita Lourixe di: instigamento do "afán de superación". Ou dito ao xeito máis clásico: que non hai resultados sen un esforzo previo e continuado. Palabra esta (a de esforzo) desterrada do vocabulario do discurso pedagoxista ao uso.

apicultor dijo...

En efecto, está xa aquí, e, por fortuna, a cousa non ten volta de folla.

Anónimo dijo...

Eu creo que as diferencias entre os logros académicos de rapaces e rapazas teñen a ver co distinto proceso de socialización duns e doutras. Os rapaces guíanse máis polas relacións que teñen cos da súa idade, esa mensaxe que hai entre os rapaces de que "hai que pasalo ben, non se hai que esforzar tanto". As rapazas, nese sentido, son máis independentes de influencias alleas (aínda que son máis guiadas polos pais) e tamén conservadoras, no sentido de que pensan máis no futuro e na estabilidade laboral.

A partir dun certo nivel (laboral, educativo), as cousas cambian. A carreira (laboral, académica) de moitas rapazas estáncase. Prefiren non correr riscos e/ou son discriminadas. Isto, afortunadamente, está a cambiar.

Anónimo dijo...

O "esforzo" tiña sentido nunha época na que as clases sociais medias e baixas tiñan que se esforzar por chegar á universidade ou por ir ascendendo postos no escalafón laboral.

Hoxe todos somos clase media. Os rapaces xa o teñen todo feito. Os parámetros do que "convén" ou non xa non son os de antes. Hoxe o "bo" ven indicado por un sistema de voto por SMS, que di que Chiquilicuatre é o mellor candidato para un concurso televisivo. Se ese é o modelo que triunfa (xunto con eses outros programas de baile e canción), como demos se van esforzar moitos rapaces?

arume dos piñeiros dijo...

Xa tardaba en saír chikilicuatre. O Mal.

Anónimo dijo...

O Mal non. O síntoma, si.

Lula Fortune dijo...

Eu non o vexo así, qué queren quelles diga. Eso de que "están xa aquí" levoo escoitando moitos anos. Ogallá teñan razón.

marcos valcarcel dijo...

EStán, Lula, están. E cada vez esa visibilidade será maior. É cuestión de tempo, e non moito.
Hai uns anos, cun cambio de equipo directivo no meu centro, tentamos que varias compañeiras, todas de máis que sobrada competencia, se implicasen nos labores de tal equipo: daquela foi imposible, porque todas tiñan outros asuntos de necesaria prioridade (mesmo atención a familiares, etc.). Logo si se implicaron outras e hoxe hai mulleres nese equipo. E creo que a xeración de mozas que está a saír das Universidades vai facer todo o popsible por marcar, elas mesmas, a súa axenda de prioridades.

marcos valcarcel dijo...

MOi interesantes, polo demais, todas as súas intervencións neste fío que por suposto agradezo.

Lula Fortune dijo...

Vostede mesmo o di, Marcos "asuntos de necesaria prioridade", poden ser, atender a fillos pequenos ou un pai/nai enfermo. Alguén coñece a un home que deixara un cargo por ter fillos pequenos ou mesmo saír do traballo para levalos ao pediatra?
Claro que as mulleres van tendo máis responsabilidades laboráis pero ás veces é a costa do seu lombo: Coñezo unha alta executiva de Miau que estaba o outro día no Corte Inglés comprando roupa aos fillos as tres da tarde, antes de ir a unha reunión. Por suposto, non comera. Outro caso: unha compañeira de traballo que ten un marido traballando en Santiago -alto cargo da Xunta- non podía asistir a unha reunión porque tiña que levar...a nena ao pediatra!
Ao mellor o que ten que cambiar é a mentalidade de homes e mulleres no que se refire ao reparto do traballo na familia non cre?
Bicos.

Kyra empresaria hoteleira dijo...

LULA FORTUNE IS A GODESS!!!!

Paco Interrrogantes dijo...

Non estará botando algunha indirecta, señora Fortune, por se casualmente o seu marido, cando chegue despois do bar de xogar a partida, se pon a mirar As Uvas antes de se deitar?

MEDELA ESCACHANDO COA RISA dijo...

PACO INTERROGANTES TAMÉN É GOD!!!

jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja

Xabimusic dijo...

Sr.apicultor. Asegúrolle que eu pensaba que coñecía as máis salientables correntes pedagóxicas. Pois ben, por moito que busco non acabo de encontrar ese "discurso pedagoxista" contra o esforzo do que voste fala.¿Poderiame ilustrar?

Porque realmente eu, na miña práctica diaria nas aulas, sonlle ben esixente co alumnado e pouco tolerante coa desidia ou a indisciplina.

Lula Fortune dijo...

Fale por vostede don Paquiño... xa dixen moitas veces que o meu Sailor non é como os demáis homes. Se visitara un pouco máis os blogs das féminas aprendería moitas cousas. Biquiños.

arume dos piñeiros dijo...

O esforzo está ben. Pero tamén por parte do profesorado. E isto vale para a desidia e a indisciplina.

Xoan da Cova dijo...

O "discurso pedagoxista contra o esforzo" está no aire, como o amor na coñecida canción. Flue por todas partes,de un millón de xeitos sutís. Precisamente por non ser verbalizado ou asumido por ninguén en concreto, é polo que os seus efectos son letáis. O "tabú do esforzo" está instalado na sociedade de xeito similar a como se instalóu en épocas represivas o "tabú sexual": de xeito suliminal, que é máis eficaz, porque vai dirixido ó subconscente.

arume dos piñeiros dijo...

Amiga Lula: ten vostede moita razón. Conta vostede casos que se multiplican ata o infinito e máis alá. Cantos homes saben distinguir entre unha colada de cor e outra de branco? Onde vive o pediatra ou cales son as actividades extraescolares dos/das seus/súas fillos/as? Ou cantos compran os agasallos para os cumpreanos dos amigos? Cántos saben facer algo máis ca un ovo con patacas fritidas (esto último con certas dificultades)?
Aquí narramos episodios da situación do galego. Podían animarse a contar algún da situación da galega.

Xosé M. González dijo...

A competitividade é outro tabú. O esforzo por ser mellores, o progreso por confrontación de capacidades engrosa o catálogo da sospeita e a hostilidade. No ensino, a atención á diversidade é exclusivamente establecer medidas para os que non chegan ao suficiente; a Consellaría de Educación chámalle elitista á Liga de Debate.

Podería parecer mesmo prodixioso que os intelectos máis brillantes, e os alumnos máis traballadores, non se fagan todos de dereita. Non, grazas, a emulación é un recurso pedagóxico e didáctico de primeira orde.

marcos valcarcel dijo...

De acordo con vostede, amigo XMG (e benvido que hai días que non o vemos,sempre tan ocupado). E tamén de acordo coas notas de Xabimusic e de XDC que non son contradictorias, creo eu: esforzo, disciplina, emulación... nada se fai sen eses pés de banco. E iso non significa que se volva á competitividade brutal da miña infancia, con listas de alumnos na parede e coiteladas para quedar o primeiro, e banderíns de recompensa: iso tampouco é. Cando se di "discurso pedagoxista", e o termo pode ser erróneo, refírese a aqueles que se burlan de todo isto e negan a funcionalidade mesmo da vontade de mellorar do alumno/a.

XDC dijo...

Claro que a emulación é un recurso pedagóxico importante, precisamente é o que está escrito nos xenes.
E a competitividade, na aprendizaxe, eu enténdoa sempre contra un mesmo, non contra os outros. Trátase de saber "máis ca onte" non "máis ca o outro".

Xabimusic dijo...

Non quixera caer nun debate semántico e bizantino. Pero, se non nos poñemos de acordo no significado das palabras e dos conceptos mal vamos a entendernos e a poder aportar algo de luz neste intereante debate.

Por "competir" no ámbito educativo creo que se entende promover a rivalidade e o enfrontamento entre os alumnos/as para acadar mellores cualificacións e máis alto recoñecemento.

O ensino competitivo promove o individualismo e a insolidariedade e responde a un modelo social neoliberal.

Compre entender que a competitividade dase sempre a nivel social, na relación social entre dúas ou mais persoas.

Outra cousa distinta é o "esforzo" e a motivación que si son fenómenos persoais.

Non os confundamos, pois.

Agora ben, fronte a un modelo competitivo eu defendo un ensino "colaborativo"

Xosé M. González dijo...

Eu non entendo que só se compita por cualificacións e recoñecemento; se ben esta gratificación pode ter o seu efecto positivo: de feito, teno.

Quédome plenamente co concepto competencia e a actitude de enfrontamento: un fronte a outro, uns fronte a outros, medindo forza, intercambiando coñecemento e competencia. Vehiculizado a través de actos nos que se poderá chegar a establecer un gañador, que non sempre terá que ser o mesmo, aínda que probablemente uns gañarán máis veces ca outros. E no remate, intercambiarase saúdo, coñecemento e amizade.

Noutros momentos, probablemente a maior parte deles, os mesmos suxeitos colaborarán; se o anterior non é unha forma de colaboración, que eu entendo que tamén. Terán noción e cultivo da individualidade e vivirán na solidariedade.

Así o vexo (=entendo). Así o vexo (=presencio).

apicultor dijo...

Señor Xabimusic:

Creo que coas palabras de Xan da Cova e de Saavedra queda abondo ilustrada a pregunta que me formulaba. Poderíase dicir con outras palabras, pero non mellor.

Ora, xa que vostede me preguntou, eu tamén me tomo a mesma liberdade: a que se refire vostede en concreto con "modelo social neoliberal"? Agradécese constentación alén dos clixés ao uso.

XDC dijo...

Posiblemente non sexan incompatibles colaboración e competencia. Lembro campionatos de xadrez da miña infanza. Preparábamonos durante semanas, ensinándonos xogadas uns aos outros, cando precisamente ibamos ser riváis no torneo. Imaxino que, no fondo, sabíamos que o rival non era o outro; a quen había que vencer era ó propio xogo.

Xabimusic dijo...

Sr. apicultor. Sen ser un experto no tema e, no que fai referencia ao noso tema educativo, entendo que é o modelo dominante que defende o valor do individual sobre o social, do privado sobre o público e colectivo, da competencia sobre a colaboración e a solidariedade
O modelo que pon a eficacia, a rendabilidade e a productividade como bens supremos tamén no sistema educativo.
En definitiva, o modelo que converte a educación nunha mercadoría esquecéndose de que é un dereito fundamental de tódalas persoas.


Bueno, non sei se caín nos "clixés ao uso" e se me souben explicar, pero é o que vivo tódolos días nas aulas. E francamente, non lle acabo de ver as vantaxes...

XDC dijo...

VIDEO-BRINCADEIRA:

Falando de aprendizaxe e competitividade, fíxense neste módulo de aprendizaxe de francés pra anglo-parlantes:PREMER.
Módulo catro. Aprendendo francés, pra viaxes ó extranxeiro.Repita conmigo: Vou romper o teu(?),bastardo francés come-sapos. Vas volver á casa nunha ambulancia.

O (?) non o entedín nin en inglés nin en francés, pero debe ser o bazo.

XDC dijo...

Os videos que iutube relaciona có anterior son pra mexarse, por exemplo, esta poesía:PREMER.

lourixe dijo...

Métodos pedagóxicos de "motivación" que se practicaban na miña infancia:
1.- Separar listos de burros para atender preferentemente aos listos
2.- Separar listos de burros para atender preferentemente aos burros
3.- Xunguir un listo-un burro para que uns tirasen dos outros cara adiante.

apicultor dijo...

Señor Xabimusic, a min non me faga moito caso, porque disto do ensino entendo mil veces menos ca vostede e non teño nada de experto. Pero creo que o “modelo” actual é xustamente o contrario do que vostede afirma que é. Vostede di que este “defende o valor do individual sobre o social, do privado sobre o público e colectivo, da competencia sobre a colaboración e a solidariedade. O modelo que pon a eficacia, a rendabilidade e a productividade como bens supremos tamén no sistema educativo”.

Eu penso –xa digo, non me faga caso- que o currículo actual para nada contempla todo iso que vostede di que é, senón todo o contrario: que non ten nada de “neoliberal”.

Véxase, por exemplo, o Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, onde sinala no seu Artigo 4º:

Obxectivos da educación secundaria obrigatoria.

A educación secundaria obrigatoria contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que lles permita:
a) Asumir responsablemente os seu deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás outras persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos, exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como valores
comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.
b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.
c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres.
d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas outras persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos
de calquera tipo, os comportamentos sexistas e resolver pacificamente os conflitos.

Eu a todo isto non lle vexo nada, pero nada de "neoliberal" tal como vostede o define, e que ademais di que "o que vivo tódolos días nas aulas".

Pero, en fin, eu non sei..., haberá que consultar cun especialista de verdade a ver que nos conta.

Xabimusic dijo...

Sr. Apicultor: A consulta a distintos especialistas é unha práctica sempre recomendada ante situacións críticas, máxime se eses especilistas o "son de verdade". ¡Adiante, pois, e xa me contará o diagnóstico!

Voulle poñer un exemplo deses que "eu vivo nas aulas tódolos días" . ¿Como se explica a redución horaria da educación musical e artística, en xeral, na ESO? Para min só se entende desde un enfoque utilitario e productivo da educación. O que eu defino como neoliberal.

Por outra parte o texto do Decreto estalle ben lonxe da realidade que se respira nas aulas e seguro que vostede tamén o sabe.

Pero gustaríame volver sobre o tema do fío: como entendemos a competitividade? ¿É un valor que debamos fomentar?

Perdón, pero teño que saír, pero está moi interesante o debate e asegúrolle que me resulta enriquecedor.

Anónimo dijo...

Apicultor, os "especialistas de verdade" son os que viven e padecen a experiencia educativa a pé de aula, non os que planifican e dirixen desde os despachos, que eses o que saben realmente é praticar a política de "canto pior, mellor". Se quere consultar, consulte cos que viven a guerra en primeira liña.

apicultor dijo...

Señor Xabimusic:

Isto do ensino semella estar moi enzorrobellado. Cada un conta da misa segundo lle vaia nela, non poucas veces desde enfoques netamente corporativos. Un dato illado moitas veces vale para facer un diagnóstico rotundo sobre un “sistema” (que consta, entre outras cousas, de milleiros de datos interconectados). Por exemplo, a redución da educación musical e artística que vostede denuncia con lóxica vehemencia, pois como profesor de dita materia a considera fundamentalísima.

Mais supoño que haberá quen interprete tal circunstancia dun xeito diferente. Por exemplo, que o esencial é potenciar as destrezas básicas (ler, escribir, contar, permítaseme dicilo ao xeito clásico), que é onde máis se detectan os clamorosos fracasos escolares. E como o horario lectivo non se pode agrandar moito máis, non queda máis remedio que reordenar a ubicación horaria das materias en xeral para reforzar a aprendizaxe de tales destrezas básicas. Tamén ten a súa lóxica, non?

Volvendo ao tema da competitividade, que con razón tanto lle interesa, pódense dicir moitas cousas, pero coido que o máis importante xa foi dito, e eu non me encontro en disposición de abundar moito máis.

O que si me chama moito a atención é que sexa precisamente un profesor de música quen lle poña tantos reparos. A música, nos seus aspectos maís sociais, lúdicos e festivos, ten moito de cooperación, certamente. Pero na súa ineludible dimensión de aprendizaxe individual ten tamén moito de superación e de competencia. Se hai unha profesión altamente competitiva é a de músico (lembremos a titánica competencia entre os grandes directores de orquestra de antano, ou entre os propios intérpretes e compositores, onte, hoxe e mañá). E máis importante aínda: os máis altos cumios da excelencia musical (compositores, intérpretes) parten, en moi gran medida, da máis feroz rivalidade e do máis exhacerbado individualismo. E coido que esta –a excelencia musical- ten moi pouco que ver co “neoliberalismo”, senón máis ben coa autosuperación e co recoñecemento.

Pero xa me enrollei moito e cansei de escribir…

apicultor dijo...

Iso mesmo opino eu, señor anónimo. Por iso falei nun dos meus primeiros posts do discurso pedagoxísta, que, en efecto, nace nos despachos, pero que despois se expande até moitos dos que están a pé de aula, nun proceso de retroalimentación que non cesa... E a casa sen varrer.

(Agora comprenderá que a miña apelación a un "especialista de verdade" tiña moito -ou todo- de ironía)

Jim Morrison dijo...

Existe un falso igualitarismo, compartido por igual por as distintas pónlas do progresismo de catequese, que nivela dende abaixo, en virtude de que non se pode predicar a competencia. A tendencia a superar os propios límites é inherente ao home. A cultura grega era unha cultura do agon, da loita, por ser o mellor. O agon manifestábase en todo: na dialéctica, na retórica, na polémica, no combate, no puxilato, en ver quen lanzaba máis alto, quen saltaba máis longo, e quen era máis forte. Esto acontecía na Grecia que creou a grande literatura, filosofía e arte occidental, e a ninguén se lle ocorriría dicir que era unha cultura neoliberal.

Xabimusic dijo...

Non sei se a profesión de músico é mais ou menos competitiva que outras nin me interesa porque a miña función non é formar músicos profesionais senón persoas.

E na miña persoal escala de valores o traballo en grupo, a cooperación e a axuda mútuas ocupan un lugar superior ó individualismo insolidario por moita "excelencia" que produza.

Non sei se iste pensamento meu forma parte do que Apicultor denuncia como "discurso pedagoxista" (que por aí empezou o fío).

Por certo, gustaríame saber se traballa vostede como profesor, se non é unha indiscreción pola miña parte.

Jim Morrison dijo...

Estou convencido de que a cooperación é tan propia do home como a competencia, e de que pode haber unha competencia cooperativa e unha cooperación que preserve a diferencia individual. Subliñar exclusivamente a cooperación leva ao delirio comunista, no plano social, e a igualar por abaixo, no pedagóxico. Facer excesivo fincapé no individual conduce ao dominio da lei do máis forte. Entre un modelo e outro, a experiencia do pedagogo, a prudencia do gobernante e a aprendizaxe de quen esto escribe, escarmentado de fórmulas e de modelos salvíficos. Sí, amigo Xabi, son profesor, case sempre en desacordo coas reformas pedagóxicas que de tempo en tempo perpetran, chámense reducción de horas de filosofía e historia, "educación para a cidadanía" ou "autoaprendizaxe creador". Pero tamén en desacordo coas presencia da relixión no currículo escolar. A ver se Zapatero fai dunha vez algo bo polo ensino e suprime o concordato co Vaticano.

Xabimusic dijo...

Grazas pola sinceridade, pero quédame outra dúbida: ¿son a mesma persoa Apicultor e Jim Mórrison?

Se vostes queren, podemos seguir co debate, que xa digo me parece moi enriquecedor e clarificador. Iso si, evitando ataques persoais ás posicións contrarias.

"Igualar por abaixo" é outra das expresións que se utilizan frecuentemente para criticar o caracter comprensivo da educación.
Claro, se o que buscamos é o éxito académico dalgúns (pura lóxica neoliberal e de mercado) igualar por abaixo supón unha perda de tempo (ben sagrado na economía de mercado). Por iso é preferible a competición disfrazada de "liberdade de oportunidades" (¡libre competencia! ¿sóalles a algo?) que sabemos que é teórica máis que real.

Por certo, non agarde vostede que o PSOE sexa quen de eliminar a lousa do concordato. A relixión seguirá nas aulas recordándonos as contadicións dun partido que se dí socialista pero que aplica políticas educativas neoliberais.

marcos valcarcel dijo...

Non, aclárolle a Xabimusic que Apicultor e Morrison son dúas persoas diferentes, as dúas de máis que sobrada competencia en moitos saberes e creo que, iso si, de semellante sensibilidade en moitos planos da análise da realidade e mesmo da vida (Véxanse certas coincidencias, p.ex., nos seus gustos musicais).

Anónimo dijo...

Eu penso que, por moita retórica que se empregue no tocante a igualdade de oportunidades,o ensino público cumprirá, cada vez máis, unha función de ofertar un mínimo de coñecementos básicos e un mínimo de educación cívica (sustituíndo ás familias que, en moitos casos, xa non están en condicións de proporcionar isto), quedando reservada para o ensino privado a formación de maior cualidade . A formación de verdadeiras elites.
Estamos no comenzo, pero o futuro pasa por aí

marcos valcarcel dijo...

Se aceptamos isto, o que apunta o último Anónimo, imos apañados...
Diso ía, de feito, o meu anterior comentario (Ensino e Democracia).
Dubido, á vista dos resultados da selectividade, que os centros privados cumpran ben esa función de selección de elites.
Outra cousa é que nos privados estuden na súa maioría os fillos das clases medias-altas e futuros avogados, médicos, etc.,en moitos casos: pero, aínda así, hai que ter en conta o papel decisivo do substrato familiar-educativo, quizais por riba do rol do propio centro privado.

Anónimo dijo...

Don Marcos, non sei no seu instituto, pero claro que "imos apañados", como "apunta o último Anónimo". Eu polo menos estou completamente de acordo con el. O que non sei é se o tal anónimo foi consciente ao escribir o seu post da RAZÓN QUE TEN. Don Marcos, calquer debate sobre isto comeza polo post tan lúcido do último Anónimo. Non teña a menor dúbida. O ensino público está no corredor da morte. Pero todo isto xa está moi falado. Non sei a que ven tanta estrañeza polas palabras do último Anónimo. E non digo mais, para non cair eu tamén na retórica absurda.

Xabimusic dijo...

Cando falan da dobre vía do ensino, público/privado, quixera saber unha cousa: ¿están a describir unha situación ou tamén a están a defender e xustificar?

Outra cousiña, ¿por que consideran retórica a reflexión e a análise sobre a igualdade de oportunidades?