25 jun 2008


Apocalípticos.
pan por pan mércores 25 xuño (imaxe: H.G. Wells)

Os escritores sempre foron por diante. H.G. Wells foi o primeiro en describir unha guerra nuclear e en usar o termo “bomba atómica”: en 1914, con 31 anos de adianto sobre a realidade. Sorprende o éxito, dende sempre, das teorías da fin do mundo: o físico Herman Kahn calculou as consecuencias dunha conflagración nuclear entre Estados Unidos e a URSS: os americanos verían destruídas todas as súas cidades e terían 160 millóns de baixas. As teses apocalípticas pasaron logo das novelas e dos informes militares ó cine e á cultura de masas. Con moitas variantes. O choque da Terra cun gran asteroide letal. A propagación dunha epidemia ou peste mundial: Jack van Impe calculaba que no 2020 a infección por VIH acabaría co derradeiro supervivente da Humanidade. Como consecuencia fatal do cambio climático, etc. Oxalá nunca sexan máis que argumentos de películas.

41 comentarios:

Anónimo dijo...

Alvin Toffler afirmaba nos 70 que,no ano 2000, os psiquiátricos estarían cheos de xente incapaz de asumir psicolóxicamente o impacto social das novas tecnoloxías.

Polo que se ve na actualidade, os únicos problemas psicolóxicos que causan os novos productos tecnolóxicos, son as frustraciós derivadas de non poder compralos todos.

Anónimo dijo...

Tamén os músicos foron adiviños:PREMER.

Anónimo dijo...

Ninguén fala do acontecemento, a presentación da última novela do noso mellor escritor, Xosé Carlos Caneiro. Ninguén estivo no auditorio?, alguén podería relatar algo do que alí aconteceu?
O noso grande escritor ten tamén dotes adivinatorias.

Anónimo dijo...

Contención por favor, hai outros escritores tan bos ou mellores que Caneiro, non fagamos publicidade fácil. Xa que tanto o considera, colgue unha opiniòn da súa última novela e falemos dela. Alguén leu esa novela?, ou a de Bieito Iglesias?. comentarios please.

Anónimo dijo...

Iso, iso, ..., xa que lle parece tan bo Caneiro, que nos fale da súa última novela. Ilústrenos, coméntenola, please. Menos predicar e máis dar trigo.

Anónimo dijo...

Cantas ganas lle teñen a Caneiro, canta envexa mal disimulada.

Anónimo dijo...

Menos tonterías e diga algo sobre a súa obra, a parte de que é un fenómeno.

Anónimo dijo...

A obra de Caneiro é xenial.

Anónimo dijo...

Si, vale, iso xa o sabemos. Pero fálenos do seu libro.

Anónimo dijo...

Un colega díxome o outro día que está moi ben o libro de Caneiro. Pero confeseille que me tiraban para atrás tantas páxinas. Preciso, porén, dunha dose de ánimo para emprender a tarefa.
En calquera caso, é moi recomendable o blog sobre a súa novela: A vida nova de Madame Bovary.

Anónimo dijo...

Home, tanto como "moi" recomendable... Visitable máis ben.

Anónimo dijo...

Caneiro escribe moi ben ,con moito oficio. Pero a súa vida redúcese a escribir e leer. Todo-los grandes escritores (chesi acaba de confirmalo tamén), recoñecen que antes hai que ser un gran lector.

Opinión persoal, Caneiro ten escasa vida, é un bó escritor de "laboratorio", de non facer gran cousa alén do universo literario "leer e escribir", comerse o tarro, laiarse por ser un maldito,(xa quixera). Eu prefiro a xente con vida, con moita vida vivida, queimada, andada...e que comenzan a escribir en torno ós cincuenta. Que me pode contar un rapaz, se non vivíu?.

É como falar de amor tendo cascado solo pallas. Eso non quita que a descripción das súas pallas mentais sexa suculenta e balsámica. É cuestión do gusto de cada consumidor. Eu consumo moi escasamente esa literatura, pero respétoa e penso que é boa. Literatura.

Caneiro é un artista.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Pois eu creo que si é moi recomendable, aparte do que a un lle poda gustar Caneiro. Falo de interese e creo que un blog que fale dunha novela é sempre moi recomendable. Sobre todo porque é das poucas veces (comeza a ser habitual: Marcos Calveiro fai o propio con Festina lente) que isto sucede.
E aproveito a ocasión para manifestar o meu estupor porque neste país a liorta entre escritores sexa máis interesante que ler os seus libros. Aínda que, pensado ben, o meu estupor vai ser polo meu estupor.

Anónimo dijo...

Witimiro, ao mellor cando leas a última novela de Caneiro cambias de opinión e, ademais de moito "ler e escribir", ves tamén moito "vivir". A última novela de Caneiro só a pode escribir quen ten lido e escrito libros a fartar e quen ten lido a vida ou vivido o lido como ninguén. Sobre Caneiro cóntanse moitas cousas e corren moitas lendas. A única lenda verdadeira é ler até a última palabra o seu libro, a sua vida.

Anónimo dijo...

Caneiro é un pésimo escritor ,bilingüista e pelotas. Amais é feo e vaidoso. Que se retire a súa dacha co seu Audi e nos deixe en paz. Meloso, empalagoso, tonto.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Para calmar os ánimos e negar aos apocalípticos, unha dose de realismo máxico.

Anónimo dijo...

Anónimo das 11.40, eu aprendín de Carlos Casares, e digoo porque penso que arume pode ser do seu círculo, aprendín lendo un artigo de Casares que hai unha sensibilidade para a literatura que lle toca a uns e a outros non.

Afirmaba con bó tino C.Casares que outros a teñen para as matemáticas, e eu engado para executar música ou para coordinar movementos (intelixencia cinética, os grandes deportistas). Hai máis, claro. Non a todo o mundo lle son dadas.

Chesi decíame recentemente que goytisolo non soporta a pintura.

Vexo que compartes a sensibilidade de Caneiro, pero non todo o mundo está "dotado" para disfrutar con ese tipo de literatura. Literatura.

E non pasa nada. Casares abríume os ollos afirmando que é inútil pretender universalizar esas sensibilidades.É imposible, ademáis de que serviría ?.

Por outra parte a vida levoume a relativizar todo. Encontrei xenios fillos da puta, pero son xenios. E persoas encantadoras de serpes tremendamente manipuladoras. Grandes contradiccións que non invalidan o talento. Facemos inferencias precipitadas, temos prexuízos...pensamos "defectuosamente", é humano. Teño un inventario de erros de pensamento, agora non vou votar mau del porque é tarde, pero merece a pena traballalo porque eses erros executámolos todo-los días.

O feito de que o autor citado sexas pelotas, bilingüista, vaidoso, ó mellor tamén tiñoso, non invalida a súa obra. Eso sucede moitas veces na vida. A mín dame pavor pero é así. Probablemente teñamos que adquirir unha disciplina de compartimentos estancos, senon perdemos demasiadas oportunidades rexeitando por motivos alleos obras, relacións humanas ou o que sexa.

A veces gosto de recordar que a sociedade na que nos tocou vivir é inmensa en oportunidades. ¡Celebrémolo!. Estamos eiquí a latricar.

¡A liberdade!.

¡Lobo ceibe!. ¡Pavor popular!

Anónimo dijo...

Cómo se lle chama ó que fala tres linguas?. Trilingüe.

E dúas?. Bilingüe.

E unha?. Inglés.

------------------------

O anónimo anterior debe de ser óptimo escritor. Monolingüista ou polilingüista, que non sei cal se opón máis a bilingüista. Crítico cós seus superiores. Guapo, humilde,e de gustos sinxelos. Gusta do ácido máis que do dulce.E listo. Trabúcome?.

Anónimo dijo...

Ten razón no das sensibilidades, Fredulfo. Pero ningún de nós ten un tipo de sensiblidade única. Pode haber unha dominante, que hasta din que están asociadas a sustancias químicas concretas, pero todos temos momentos pra todo. Os desencontros danse porque non todos sentimos as mesmas cousas NO MESMO INSTANTE. Un libro ou un autor pode dormir o soño dos xustos na biblioteca durante anos, como un paxaro dorme nas gallas. Hasta que chega unha situación na vida que fai que a nosa man de neve o colla, e lle diga: "Levántate e anda".

Anónimo dijo...

Non, non son de ningún círculo. Só coñecín a Casares nun xantar colectivo en homenaxe a outro autor famoso e non tivemos a máis mínima oportunidade de falar. É máis: nin siquera el falou moito (máis ben nada) naquela cea.

Anónimo dijo...

Arume, cheghei a pensare que eras Hakon o fillo de Casares.

Anónimo dijo...

Pois é así amigos, Caneiro podía ser un bo escritor engreido e feo, pero que lle imos facer, é mal escritor, engreido e feo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pobre Caneiro, desta tocoulle a el: agardo que non se enfade por este fío que non ía nesa dirección, pero alguén quería sacar a Caneireo polo medio ... En calquera caso, seguro que lle interesan algunhas reflexións que sobre a literatura se fixeron aquí.

Anónimo dijo...

Pois xa ve. A Häkan coñézoo millor, pero tampouco moito (falei con el en dúas ocasións), porque foi alumno noso. Vai ser difícil encadrarme (sic) en círculos. Non son capaz. Vaime mal: dame algo.

Anónimo dijo...

Pobriño, é certo, dende Amote vai carreira abaixo.
Nesa obra revelou o seu valor literario, e a partir dela o seu compromiso coa lingua e co pais, o seu verbo crítico, lúcido e incorruptibel, a súa austeridade, e sinxeleza, tamén o seu paletismo de Verin, onde vive nunha Dacha, paséase cun Audi, e mírase nunha enorme fotografía de si mesmo, todo un divo, toda unha proeza da natureza, un xenio que a este paso vai resultar senil. E os que o elevaron agora agóchanse, os que dician que si, agora din que sempre dixeron que a verdade, que non.
E o pobre home vai encaixando o que pode atribuíndollo a envexa, quere sentirse un xenio incomprendido, e abraza a pasión do seu martirio baixo as faldas de Santiago Rei lambendo sen tregua e sen descanso, traballando arreo pola causa, pola súa causa, que se chama Xosé Carlos Caneiro e tontos asociados.
"Ai que pena me das, Esperanza por Dios, solo sabes bailar CHA CHA CHÁ!"

Anónimo dijo...

Marcos, pero onde cre estar para que lle de pena Xosé Carlos Caneiro?. No Olimpo supoño, con Vicente Risco, Otero, Xoán da Cova...

Anónimo dijo...

Òspera de Dios. Con queñes me foi poñer o Anónimo. Non, home non, eu sonlle de ciencias...

Anónimo dijo...

E que XCD considérase mellor por ser de ciencias, amais hai xentes de ciencias que tamén lle dan as letras, e moi ben, non comprendo ese pretendido e pouco pertinente elitismo.

Anónimo dijo...

Vaia. Leo no Faro que ValenÇa do Miño está de feira Medieval este fin de setimana. A quen veña hasta alá, invítoo a un pequeni almoÇo no "Virar do Aire", pequena cafetería que ten unhos bolos de arroz riquísimos, ou a un arroz de marisco ,riquísimo, no "Limoeiro", o restaurante coa comida máis rica da Fortaleza, ao meu gosto.

Anónimo dijo...

Óspera de Dios!. Coñécese ben que son de ciencias, que non me fago enteder na escrita...

Anónimo dijo...

Hasta o invito a vostede, Anónimo.

O ano pasado, nesa mesma festa, había un espectáculo de cetrería. Un dos falcós, pousóuse nun tellado e, maila as ordes do instructor, non quería baixar. Imaxinéi que a ave non distinguía ao instructor, entre todos os curiosos que lle azaneaban e lle berraban ó paxaro. Eu, entre o público, "flipaba" coa pouca colaboración e o pouco coñecemento do comportamento do paxaro. Non lles vou contar o que fixen, que me da vergonza. O caso é que o paxaro baixóu voando rápidamente á luba do cetreiro.

Anónimo dijo...

Por certo, falando de cetrería, veño de lembrar que esa foi unha das actividades de Lobo Neghro, nos lontanos anos setenta. Aquela "Lexión Verde". Non sí, Lobo Neghro?.

Anónimo dijo...

Para dylanitas devotos a un día da chegada de EL.

Anónimo dijo...

Gosto da música pero non da idolatría. Non sei como soará, pero para min que van a adorar a imaxe.

Anónimo dijo...

Non, eu creo vamos a adorar, como Narcisos, a esa parte de nós mesmos que alimentamos coa música de Dylan. Dylan é o pretexto: nós somos os idolatrados.

Anónimo dijo...

Amigo arume xa sabe da relacion entre Narciso e a narcolepse, teñan coidado, que os trastornos de personalidade están a producir estragos.

Anónimo dijo...

Que parte de Dylan? A relixiosa?

Anónimo dijo...

As partes.

Anónimo dijo...

E haberá transplantes das "partes"?

Anónimo dijo...

E logo!
Obviously.

Anónimo dijo...

e quen é ese?