25 jun 2008

en poleiro alleo
Bocata de xamón ou fútbol, de Afonso Vázquez-Monxardín (La Región 24.6.08)

Non é esnobismo, que podía, pero de fútbol non sei absolutamente nada. Nin sei se xogan once e o porteiro ou doce e o porteiro de cada lado. Si, claro, sei que xogou España con Italia antonte, porque non son impermeable, non vivo nunha barbulla, pero o certo é que non me interesa grande cousa. E non por discusións nacionalistas de escaso calado que nos foros da miña mocidade argumentaban a favor das derrotas de España nas competicións internacionais para non promocionar o ‘españolismo’ popular, ou a contraria, a favor da vitoria, para darlle unha alegría ‘aos obreiros’.Nunca tiven especial opinión sobre un tema tan afastado de min. Pero desexar derrotas apréciame feo. Por principio. Algo de deporte tamén tiña que entrar no tema, pero en fin.Por iso, o domingo, cando viña de Praia América de meterme un bo baño no Atlántico, parei a facerlle honores ao bocata de xamón da Cañiza, e botei unhas risas co tema xamón-fútbol. Non pola posible discusión entre os partidarios do bocata de Soutelo de Montes e os da Cañiza. Nin entre os da Cañiza da dereita -gasolineira- ou esquerda -Os do Resero-. Nin sequera pola reflexión fonda que nos sitúa aos ourensáns como compulsivos comedores de xamón que debemos facer unha parada polo medio nunha viaxe duns cincuenta minutos, igual que cando duraba a viaxe tres horas, para ‘repostar’.
(segue o artigo completo)

48 comentarios:

Anónimo dijo...

Extraordinario artigo, do mellor, con diferencia, que aparece na prensa diaria.

Anónimo dijo...

O dono do bar merece recoñecemento público: quen ven sendo?

Anónimo dijo...

E a señora que fai unhas croquetas no bar diante da miña casa tamen. Voulle enviar a Monxardín unha fonte chea de delas a ver se tamén as inmortaliza.

Anónimo dijo...

Estaría ben un post de tapas ou racións recomendables. A poder ser, desa especie croquetas-no-bar-diante-da-miña-casa.

Anónimo dijo...

Pero Arume o virtual ten os seus límites mais que evidentes. Eu enviaríallas por E-Mail, mais...como non quedemos para o venres que teño que ir a Vigo, vexo dificil de superar a barreira real-virtual.

Anónimo dijo...

Acabo de ler o manifesto de Sabater, é tremendo, este home é un perigo público, un enemigo da diferencia e da democracia. Non sei pero paréceme que non deberíamos quedar impasibeis ante esta ofensiva encabezada polo que xa é un pseudointelectual. Non sei facer o link senón colgábao aquí.
Estou horrorizado e cada día a verdade síntome mais lonxe do español.

Anónimo dijo...

¿Quen é ese "Sabater"? E non sexa tan bruto, ¿como se lle ocurre a idea de colgalo aquí?

Anónimo dijo...

Ese Sabater é un tipo moi feo con pinta da sapo, pero o peor encerrao o seu cráneo, unha permanente empanada mental. Éticamente sinxelamente non ten ética, é un oportunista que o mesmo se vai coa acracia que co Opus Dei. Na era Aznar déronlle cancha como furibundo antinacionalista e a súa flebeza e vaidade mental deixaronno presa dese papel de salvador da patria española. Agardo velo un día vestido de esperpéntico torero revolcado e furado polos cornos do touro hispano.

Anónimo dijo...

Estupendo o artigo de Monxardin, dos mellores que teño lido este ano en toda a prensa mundial.

Anónimo dijo...

Faino logo por cartos o Savater?

Anónimo dijo...

Eu creo que o fai pola filosofía.

Anónimo dijo...

Savater non o fai só por cartos, foille moi ben na época do Rebuznar , acumulou moito poder e non se resigna a perdelo.
Pola filosofía non o fai, sinxelamente porque adoece de proxecto filosófico, é un vulgar comentarista.
Ten simpatías, un inmerecido recoñecimento como filosofo por parte de xentes da universidade española e certa prédica ao constituirse nun simbolo do patrioterismo español.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Estamos a falar do xamón da cañiza e das croquetas de diante da casa dun anónimo e arreámoslle ao Savater.

Pero xa que estamos: xa lles gustaría ao 99% dos intelectuais escribir como Savater.

Anónimo dijo...

Podemos facer croquetas coa momia de Savater, como dicia a vaca Susa por Castelao. Eu négome a comelas, Savater dame asco incluso vivo.

Anónimo dijo...

Eu preferiría finas croquetas de linguas bilingues. Así quedarían mudos uns cantos e deixarían de aburrirnos, como Caneiro.

Anónimo dijo...

Por qué todos eses anónimos que desprecian a Savater non nos fan saber os seus nomes, seguramente egregios, seguramente íntimamente asociados a logros filosóficos e intelectuales de altísimo nivel?.

Anónimo dijo...

Pois eu, que non teño lido moitos libros de Savater, pero sí algús, considero que non foi en absoluto unha perda de tempo a súa lectura, cousa ben rara nestes tempos, cando se fala de "filosofía". O cal non quere decir que esté de acordo con él en todo o que dí, debería ser obvio.
Basta con que non estén de acordo nunha cousa, pra que xa o descalifiquen por completo.

Anónimo dijo...

Que fale quen di "sinxelamente porque adoece de proxecto filosófico, é un vulgar comentarista". Que expoña os seus méritos filosóficos e xa os comparamos.

Anónimo dijo...

Hai a puta mania de porque a un non lle gustan as posicións políticas dun escritor, cárganse as tintas e dise del que é un aproveitado, un chulo, un ladrón, un pésimo escritor, un cabrón, un cocainómano e un pederasta, ademais de que lle pega a seus pais. Todo o que sexa con tal de destruír a esa figura da que nos desgradan os seus posicionamentos. Facer iso chámaselle sectarismo e pensamento totalitario, e normalmente quen o fan ignoran ou apenas coñecen a obra dese autor, curiosamente. Eu non comparto as ideas de Savater nin dos seus colegas, pero iso non me leva a negarlle outros méritos. Cèline politicamente era un racista e persoalmente un cabrón paranoico, pero fixo unha gran obra. Hainos que levados pola súa pouquedade non pasan de cabróns paranoicos. Eses son os que acostuman a destruír a reputación dos demais. Concordo con Da Cova.

Anónimo dijo...

Señor anónimo, hai a manía de que cando a un escritor se lle recrimina o seu comportamento politico, acostúmase a defendelo no plano da súa producción intelectual co argumento de que a recriminación exténdese inxustamente a esta, provocando a súa sobrevaloración victimaria.
Coñezo a producción de Sabater, a fundamental, e afirmo que adoece de proxecto filosófico, que non ten interés, que este está con outros filosofos mais caladiños e menos mediáticos.
Concordo con Celine, era políticamente detestabel, pero escribia moi ben, pero non é o caso de Sabater nin de Caneiro, estes dous aparte de ser políticamente, un ,un neo-imperialista e outro un cantamañanas, intelectualmente resultan fofos, e amais son feos, que le imos facer?

Anónimo dijo...

Señor XDC, xa sei que vostede é un potencial firmante dos manifestos de Galicia Bilingüe.
Mágoa, pero como di a parábola bíblica cada un é libre de tirar a perder os sesus talentos.

Anónimo dijo...

Señor Anónimo, non firméi un sólo manisfesto na miña vida, de ningún tipo. Téñolles alerxia. E non vou empezar agora. Non creo que a ninguén lle importase a miña firma pra nada, en todo caso.

Si o que quere decir é que falo sin complexos (non quere decir que o faga ben) tanto en galego como en castelán, pois é certo.

Anónimo dijo...

O amigo Pablo Gamallo escribe sensatamente esta carta (cortada) en EL PAÍS. Conviría redactar un manifesto en semellantes termos.

Quisiera poner de relieve dos graves imprecisiones del Manifiesto por la lengua común, relativas a sus dos primeros puntos, los más importantes. El primer punto dice: "La lengua castellana (...) es la única cuya compresión puede serle supuesta a cualquier efecto a todos los ciudadanos españoles". Esta equívoca redacción está perfectamente reflejada en un inequívoco artículo de la Constitución: "Todos los españoles tienen el deber de conocer la lengua castellana". Por tanto, este punto del manifiesto es prescindible, excepto si está ahí como recordatorio de un hecho incuestionable y razonable: el castellano es la lengua impuesta a todos los españoles.

En el segundo punto se menciona: "Las lenguas cooficiales autonómicas deben figurar en los planes de estudio de sus respectivas comunidades en diversos grado de oferta, pero nunca como lengua vehicular exclusiva". Este punto está perfectamente reflejado en los planes de normalización de Galicia y el País Vasco, aunque en diferentes formatos. Por tanto, esta afirmación sólo tiene sentido si se quiere contraponer al plan de normalización catalán.

En mi opinión, el manifiesto no debería obviar en su redacción la disparidad de modelos educativos, dejando claro cuáles son las autonomías que están poniendo en marcha planes que respetan al 100% las aspiraciones de los redactores de este documento. De hecho, el modelo educativo vasco (sólo castellano, sólo vasco,) es muy atractivo y debería ser aplicado también a Galicia, donde el actual modelo que aspira al 50% gallego / castellano no se cumple en casi ningún centro, siempre a favor de este último.

Para finalizar, permítanme criticar lo inoportuno de este manifiesto. Evidentemente, es perfectamente legítimo y juicioso posicionarse a favor de la lengua castellana. Nadie, en su sano juicio, debería intentar borrar el castellano de algunos territorios de nuestro país. La realidad demuestra sin paliativos que, en estos momentos, las lenguas en peligro de extinción son las cooficiales. Así como hoy en el País Vasco, lo urgente y prioritario es derrotar a ETA y no promulgar la autodeterminación (aunque ésta sea una reivindicación legítima), lo que urge en el plano lingüístico es proteger los derechos de los usuarios bilingües de estas lenguas, y no los del castellano. Aunque la protección de los monolingües en castellano sea también legítima.- Pablo Gamallo Otero. Santiago de Compostela, A Coruña

Anónimo dijo...

Moi señor meu anónimo das 08:47:00 AM:

Pola presente solicítolle títulos das súas obras "non fofas" e unha foto de corpo completo. Así poderemos avaliar a súa produción intelectual e a súa fermosura. Non dubidamos de que ambas as dúas nos han deixar impresionados e admirados.
Atentamente seu.

Anónimo dijo...

Tremendismo lingüístico
25.06.2008

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Pensan algúns escritores e intelectuais españois de expresión castelá, ou castellana, que o idioma español está en perigo na "pell de brau" e que hai que cambiar a Constitución e – din textualmente– "algunos estatutos autónomicos". Aínda que o artigo 3 da Constitución establece que "as distintas modalidades lingüísticas de España son un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección", os intelectuais nacionalistas españois –e emprego esta denominación, que conste, co máximo respecto– non ven con bos ollos que os idiomas catalán, vasco e galego teñan un status de normalidade no plano material e poidan desenvolverse conforme a leis democráticas como idiomas "naturais" no ensino e na sociedade. ¿Alguén pode pensar, facendo uso da intelixencia e situándose na pura realidade obxectiva do século XXI, que os nenos galegos, vascos e cataláns que estuden con seriedade académica os seus idiomas respectivos –teñen ese dereito– van, finalmente, descoñecer ou esquecer o español? ¿Pode alguén pensar que os cidadáns falantes en galego, en euskera ou en catalán van desprezar porque si o idioma español, lingua de comunicación extraordinaria e fabulosa lingua de cultura? ¿A que vén tanta fobia histérica defensiva contra un "perigo exterior" (as outras linguas) como a que exhibe –nai do tremendismo lingüístico actual– a nacionalista española Rosa Díez? ¿Non resulta todo isto, cando menos, estrambótico? No fondo da cuestión talvez radique un complexo de superioridade determinado por un concepto excluente particular e separador do español ou simplemente un odio de raíz nacionalista española contra todo o que se afaste do centro único que se quere establecer; mesmo modificando, ultradereitizando, a Constitución. Eu, que non sei desprezar as linguas, e que amo tamén a lingua española dende Juan de la Cruz a García Márquez, pasando por Vallejo e Gamoneda, fico abraiado diante do odio que espertan nun certo segmento da España intelectual e política os idiomas galego, vasco e catalán.

Anónimo dijo...

Antonio Gamoneda, de crer a EL MUNDO, tamén asinou o manifesto.

Anónimo dijo...

Cantos de vostedes pensan que odian unha materia e, en realidade,a quen odian é ao profesor que lla "daba"?. Pensan que ese profesor era "defensor" da sua matería, por moito que él a amara?.

Moitos deses que firman,odian ó galego porque o asocian, seguramente, ó comportamento de moitos dos seus "defensores". Adoptan, por reacción, a mesma defensa respecto do castelán que eses "defensores" do galego. "Defensa" do galego que é, en realidade, odio e ataque ao castelán. Odio ó castelán que é, en realidade, en moitos casos, odio a Franco e ó seu réxime. Odio que é moitas veces, sólo odio a un icono. Odio a un icono que podia ter sido odio a calquer outro . Odio que podía ter sido odio, odio a secas. Odio abstracto que chega a ser odio a persoas físicas concretas, e ás súas propiedades. Qué cousa máis difícil de entender, salvo que tamén teñas o odio metido dentro.

Anónimo dijo...

Señor Da Cova, doulle un suspenso nídio en sociolingüística, pero prometo que se ven ao laboratorio para que fagamos experimentos lingüisticos con vostede, aproboo en setembro.
Típico caso de colonizado.

Anónimo dijo...

Se para expresar a opinión negativa sobre un escritor hai que ser mellor escritor e mais guapo, estámosche bos. Señor Anónimo, non sabe vostede por onde anda, vaia atento que se vai dar un castañazo, e témome que non seá Iolanda.

Anónimo dijo...

A obra de Savater é interesante. En primeiro lugar, por ben escrita (nunca, dende Ortega, o ensaísmo ibérico contou cun estilo da potencia e agudeza do escritor vasco), e, en segundo lugar, pola súa vontade de intervención na plaza pública. O seu libro "La infancia recuperada" pasará á historia da literatura como un dos máis fermosos ensaios do século XX. O resto da súa obra non a lin. Prefiro ler a Montaigne, a Machiavelo ou a Hans Magnus Enzensberger. Pero se iso me pasa con Savater, non digamos con Beiras, A. Sastre ou Carlos Fuentes. Para ler radicaladas, vou directamente a Toni Negri. Cousa distinta son as súas opinións políticas, respetables pero xacobinas. En calquer caso, non podo evitar que me caia simpático: sabe rir e faino a miudo.

Anónimo dijo...

As notas importábanme un carallo cando estudaba, Anónimo, imaxine o que me poden importar agora. Métase o seu aprobado de Setempro polo último tramo do intestiño groso.
Os experimentos lingüísticos có meu cerebro xa os fago eu, pode estar seguro deso. Á miña maneira.

Anónimo dijo...

Habia nazis cun excelente sentido do humor, a clave sería entón non ser xudeo, para apreciar o seu humor con obxectividade.
A "Infancia recuperada" é unha miscelanea dun tema tópico,farto tópico, pode que causase certa novidade en España, pero nada significante fora dese ámeto español.
Savater é un españolista, e por tanto alguén de quen defenderse para un nacionalista. Poden ser simpaticos os españolistas, e moi competentes, intelixentes, formados, agudos e capaces de grandes proezas, quen di que non?

Anónimo dijo...

Morrinson como pode dicir que a obra de Savater é interesante se só lle leu un libro. Diga que ese libro resultoulle interesante.

Anónimo dijo...

Hai fontaneiros españolistas. Pero un bó nazonalista nunca os chamaría pra repararlle unha avería, non poden ser bós. Ao enemigo, nin auga.

Anónimo dijo...

Ten razón, Anónimo. Debín precisar. De todos modos, algo ollei: O Diccionario Filosófico, Amor propio ou algo así, e algunha cousa máis. Cando falaba de "obra" estaba, tal vez impropiamente, pensando nos seus artigos xornalísticos e na súa vontade de incidir en debates concretos: o nacionalismo, a relixión, etc. Pero si, vostede acerta. Non debín xeralizar dese modo.

Anónimo dijo...

"A infancia recuperada" é un ensaio excelente, digno de calquer literatura en calquer parte do mundo, e, por suposto, moito máis interesante, contemplado dende o xénero "ensaio", que moitas pedanterías que o único que fan é recubrir a banalidade por baixo dunha frouma retórica. O de que sexa amigo ou inimigo, non merece comentario.

Anónimo dijo...

Pois moi ben señor Morrinson, incluso non descarto unha nova mirada sobre ese ensaio, pero dígame que lle parece o manifesto no que este señor anda enleado?

Anónimo dijo...

"A "Infancia recuperada" é unha miscelanea dun tema tópico,farto tópico, pode que causase certa novidade en España, pero nada significante fora dese ámeto español".


O libro está traducido e publicado en italiano, francés e inglés. E en editoriais de prestixio, por certo.

Anónimo dijo...

E coido que tamén en portugués.

Anónimo dijo...

Contesto con gusto á súa pregunta. O manifesto paréceme unha reacción xacobina, propia de intelectuais insensibles ao nacionalismo cultural, e en tanto tal, non o comparto. Penso que o galego aínda sofre unha certa minorización que debe compensarse con políticas de discriminación positiva ata certo pumto: o dos dereitos lingüísticos dos non galego-falantes, pois considero que o castelán é umha lingua tan "propia" de Galicia como o galego. A partir da igualdade xurídica das dúas línguas, que decida a vida.

Anónimo dijo...

Pode que tamén estea traducica ao xaponés, pero a min non me pareceu que ese ensaio aportase material novo nin mirada nova, e sábese que hai traducidas obras ben deleznabeis, motivadas moitas veces pola política de difusión cultural dos estados.
Señor Morrinson non participo da súa opinión sobre o conflicto lingüistico, pero respetoa, considero que é unha cuestión que teremos que ir encamiñando dende aquí democraticamente, pero sen intromisións de Madrid nin dos seus intelectuais orgánicos como Savater.

Anónimo dijo...

---------------------------------
Dous, falando de bocadillos:

-Cal é a clase de pan que máis che gusta?.
-O queixo.
---------------------------------
Xa que sabedes tanto de fútbol: Si un futbolista "chuta" tan forte que reventa o balón i éste entra na portería desinflado,vale o gol ou non vale?.
Solución (ao revés):
oiratnemalger osep o redrep oa ogox ne átse noN.noN

----------------------------------
Pregunta que o Medela vai saber responder:

-Cómo se enfría o caldo?

Resposta (ao revés): nap noC.

Anónimo dijo...

Supérase, don Xoan

Carqueixa dijo...

Sr. Da Coba a resposta e correcta, mais como se reanuda o xogo?

Anónimo dijo...

Eso seguro que o saben todos os aficionados do blog, anque é algo que non se ve a miúdo, na práctica, amigo Carqueixa.

Anónimo dijo...

Voume aventurar, Da Coba.
O perde-lo peso a bola, o arbi, suspenderá provisionalmente o partido e pedíralle o Delegado de campo que lle facilite outro balón. Como somos moi probres, ensínalle o bombín e cun xesto expresivo lle dí que mande o coiro, pra inflalo.
Xuntos os 22 xogadores, o árbitro e os dous líneas, mailo delegado de campo o que lle axuda o utilleiro, escomenza un turno de " se non é así", "que esto ten válvula e cámara" "só se soluciona nunha gasoliñeira no poste do aire".
A un paso do campo hai unha e comisionan o delegado, o árbitro e os dous capitáns para achegarse a gasoliñeira. Desplázanse nun coche da Guardia Civil que se lles presta para acompañalos. Había un pouco de tormenta e un raio fúndelle os plomos a expendedora e non funciona a bomba do aire a presión, e nese momento unha hora máis tarde o árbitro decide que por falta de bolas suspende o partido.
Ë así?.

Carqueixa dijo...

Sr. Delapierre non vale dar señas. Só se permite a seña do "3". Vale
Saúdos.

Carqueixa dijo...

Con agarimo, para o Sr. Da Coba e o Sr. Delapierre.

O anjo das pernas tortas
por Vinícius de Moraes


A um passe de Didi, Garrincha avança
Colado o couro aos pés, o olhar atento
Dribla um, dribla dois, depois descansa
Como a medir o lance do momento.

Vem-lhe o pressentimento; ele se lança
Mais rápido que o próprio pensamento
Dribla mais um, mais dois; a bola trança
Feliz, entre seus pés – um pé-de-vento!

Num só transporte a multidão contrita
Em ato de morte se levanta e grita
Seu uníssono canto de esperança.

Garrincha, o anjo, escuta e atende: – Goooool!
É pura imagem: um g que chuta um o
Dentro da meta, um l. É pura dança!