16 jun. 2008


en poleiro alleo
Da Fouce e da Estrela, Méndez Ferrín en Faro de Vigo.

Farruco Sesto Novás titulou así, fillo como é da cultura política galeguista, un seu libro de poemas, non sei se o primeiro. El sabía, supoño que tamén Anxo Quintana e Mario López Rico, que Castelao ideara en pleno fragor bélico, 1937, o escudo republicano de Galicia (si: como Atila en Galicia). Neste escudo elimínase o elemento contrarreformista do copón e o Santísimo Sacramento, e o mesmo se fai coas sete cruces das sete provincias representativas do Antigo Réxime. Igualmente, a coroa real desaparece como é regra en réxime de República. No escudo de Castelao hai unha fouce de ouro, que acumula no seu simbolismo a herdanza céltica e a rebeldía dos agrarios e dos irmandiños. No chefe da fouce de ouro campa unha estrela vermella de cinco puntas (nada que ver coa de David). É a estrela da Liberdade e do Socialismo. O escudo é abrazado por un tenente que é serea de longa cabeleira que, polo baixo, ensina, atrevida e algo bulrista, o rabo de pixota. O escudo da serea, da fouce e da estrela leva, no deseño de Castelao, unha lexenda: DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS. Coido que algún día este será o escudo oficial de Galicia.

43 comentarios:

Mojitos escozíos dijo...

Este Ferrín é a repera. Moito queixarse e denunciar agora pero o sábado ben que recibiu encantado o premio das mans dos que retiraron a estrela vermella á bandeira. Patriota sen tacha polas mañás e rexionalista acomodaticio polas tardes. Así dá gusto. E os mojitos gratis.

marcos valcarcel dijo...

O premio a Ferrín deullo un xurado independente e plural: non eran comisarios políticos nin de Ánxela Bugallo nin de ninguén. Non pensará vostede que lle deron ese premio para que a partires de agora fale ben do Bloque? Sería demasiada inxenuidade. E non houbo mojitos no Palacio de Congresos.

Anónimo dijo...

Polo amor dos deuses: escudo nigún pero ise da serea e o lema publicitario, xamáis, por favor. Couda máis fea non vin na miña vida, parece o anuncio de una peli serie b. Puagggggggg.

Anónimo dijo...

Quintana ten un único mérito, o de desmontar o nacionalismo. Unha vez na dirección decatouse que tiña a súa disposión un capital político, que se decidía impulsalo cara o futuro e practicar unha política nacionalista, sería unha empresa dificil e arriscada. En cambio, desmontar o nacionalismo, daríalle imaxe de moderado negociador razonabel para todos os non nacionalistas, e elexiu, en vez dun lider nacionalista temos un revonversor autonomista. Non corre riscos nin aventuras, negocia sempre a baixa, entregando, ofrecendendos como un palanganeiro a pactor antes de que a outra parte faga ainda o mais mínimo movemento. nunca dí nada disonante, é caladiño, e cando fala, faino como unha vella. Calma aos seus críticos cos postiños, porque ao fin os dirixentes do BNG, nunca tiveron nada e agora que accederon aos palacios, alucinan. O problema é que xa non vai ter que ofertar, a rebaixa nacionalista, a súa conversión en autonomismo vaciou o seu tesouro, saqueado por Quintana e os seus, e a pouco, o nacionalismo non vai ter nada que ofrecer aos autonomistas, nin a ninguén. Pedirá daquela o voto como unha marca electoral superflua, sen distinguirse de ninguna forza autonomista, sacará o slogan: somos os autonomistas mais auténticos, non como o Psoe e o PP. Somos os que somos, tautoloxias polo estilo que tanto lle foron sempre ao BNG.
No fondo só viven da esperanza de que o empate, ou diferencia mínima entre o Pp e o Psoe, os convirta nunha bisagra, ora cuns, pero se cadra con outros, o caso é non baixarse do poder ainda que non se saieba que quere, cara onde vai, e medio e longo prazo, o caso é disfrutar do poder.

Pepiño Preguntón dijo...

¿Non é esta unha mala versión da archicoñecida "teoría da traición nacida de pisar moquetas que, ao teren uns efectos alucinóxenos, fan que se conformen cuns postiños e que traizoen o País"?
¿Non cren que debeu quedar herniado do esforzo tan preclaro analista político?

Anónimo dijo...

Peli seri b?. Mais ben carta do tarot.

Anónimo dijo...

Eu estou de acordo co preclaro analista político e, vaia!, agora xa teño unha certa intuición de quen é o troleiro pepiño.
Non lle dean de mamar ó troll. Non o alimenten. Non lle fagan o xogo.

Émulo dijo...

Será que o anónimo está de acordo consigo mesmo? Ou será que deus os malcría e que eles se arrexuntan?

Anónimo dijo...

Nestes momentos rondan por aquí, a sus anchas, dous Troles, un "pepiño" e outro "anónimo". O último con diversos disfraces, pero o mesmo estilo. Preséntanse como amigos, pero no fondo compiten por demostrar quen a ten máis grande. Un deles, mesmo ten a personalidade partida. Fanlle a rosca ao dono. Están cachadísimos.

Nestas condicións é normal que algúns participantes vaian e veñan. Espero que Marcos vexa o problema. De momento, tararí que te vi participar nestas condicións. Estamos no mes de xuño, vacacións, a praia... ou o traballo, así que eu desenchufo. Por min como se descubren que Castelao en realidade tiña un ollo de vidro.

Anónimo dijo...

E vostede de quen ven sendo? Se cadra, non será vostede o problema?

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Creo que o blog se está a convertir nun metablog. Sería conveniente, para evitarmos tal abuso, discutir e debater o que se di e non tanto mirar a quen o di.
Digo, neste exercicio de metabloguización.

Anónimo dijo...

Eu sempre tendo a desconfiar dos que falan en nome de todos e contra alguén. Concordo con Arume.

Manolo o acusador dijo...

O Pepiño pregunton é o Apicultor.

Anónimo dijo...

Esto estase a complicar demasiado. Multiples anónimos, cambios de nicks, só falan sobre como aparecen, importanlles un pito os artigos, picanse entre eles polas cousas mais tontas. Uns que se van e non se van...anarquía...cada quen fai o que lle parece...como se non cobrasen!

Anónimo dijo...

Eu sempre tendo a desconfiar dos que andan a "cachar" a uns ou a outros. Traballo absurdo e inútil, e que moitas veces meten o zoco até o ridículo.

Anónimo dijo...

¿Y quién es el acusador? Lo tengo en la punta de la "lingoa".

e digo eu dijo...

E digo eu: qué carallo importa quen sexa cada quen. Non saben facer outra cousa, Manolo acusador e anónimo?

Anónimo dijo...

Ten razón: carta do tarot e, ademáis, co careto de Magdalena del Amo (del amo Baltar). Manda collóns. Se un perde a estética (a ética xa sabemos que se merca e se vende como o cariño verdadeiro), cagámola.

Xosé M. González dijo...

Hai tempo que Ferrín, en chegando eleccións, solicita un espazo para o ámbito á esquerda do BNG. Lóxico me parece, xa que logo, o artigo que aquí se comenta, visto que lle dan pé; outra cousa é considerar a canto electorado chega unha columna do Faro, ou se abondarán tales mensaxes para compensar a atonía política do autodenominado independentismo.

Utilizo a palabra atonía a falta doutra mellor, tan escasamente suxestivo resulta -en termos prácticos- tal ámbito.

reis dijo...

vaia fiasco, que se eu eres yo que se tu es el, confirmam vostedes muitos dos tópicos sobre os galegos, eu dixen porque me dixo. con tanto anónimo até dar vergonha ponher un nome, valia me deus.

Medela dijo...

Teño unha curiosidade: A estrela do escudo de Castelao, en orixe era amarela ou vermella???
Agradezo a resposta.

Mami, eu quero ser deputado/a galego/a dijo...

XORNAL.COM I Santiago.- Todos los componentes de la Mesa del Parlamento gallego tienen coche oficial desde esta legislatura, por iniciativa de su presidenta, Dolores Vilariño Santiago, del PSdeG-PSOE.

Los beneficiarios de esta medida son la vicepresidenta primera, María Tereixa Paz Franco, del BNG; el vicepresidente segundo, Jaime Alberto Pita Varela, del PP; el secretario, Pablo Xabier López Vidal, del PSdeG-PSOE, y el vicesecretario, José Manuel Baltar Blanco (PP).

Los diputados del Parlamento gallego se benefician de un tratamiento fiscal de sus ingresos diferente al del conjunto de los ciudadanos, hasta tal punto que aproximadamente la mitad de lo que perciben está exento de impuestos gracias a un acuerdo especial con las autoridades de Hacienda.

Bajo la presidencia de Dolores Vilariño, los parlamentarios gallegos lograron una subida salarial y el reconocimiento de un plus que no siempre responde fielmente a su contenido teórico. Hay diputados que perciben alrededor de 5.000 euros al mes por acudir a cuatro sesiones plenarias.

Los parlamentarios gallegos tienen móvil de la propia cámara, que les cubre su conexión a Internet, así como hasta 70 euros en llamadas al mes.

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, manifestó en alguna ocasión su rechazo a ciertos privilegios económicos de los que gozan los parlamentarios.

Anónimo dijo...

Vaia choio eso de ser parlamentario, tan choio, que non me creo representado, senón impostado por uns caraduras, que co meu voto sumado a outros coñecen uns privilexios aditivos, reservados para os elexidos.
Os electores somos uns pailáns, que soportamos tantos privilexios por nos representar.
Da a impresión que con tanto regalo o que queren é apartalos do pobo mortal que sufre e anda metido na puñeteira prosa da vida.

Anónimo dijo...

"Un xurado indepedente e plural"
e cal non o é en teoría, a praxe é outra cousa. Ao final coñecense todos cada un leva os seus favoritos, que son os que coñecen, cos que tratan, que lle caen ben, que lle poden devolver outro o día o favor, e comezan os apaños.

muller fosforescente dijo...

Non había quedar mal ese escudo como o propio e oficial do país. Mais non cren as súas señorías que sería bo trocar os rasgos faciais da Señora Serea até crear unha faciana algo máis xeitosa?

Anónimo dijo...

"Denantes mortos que escravos" sóame como "Denantes morta que ultraxada",a chorrada.

Din que a vida é moi puta, anónimo penúltimo dijo...

Ai, ai, anónimo penúltimo, cómo se che ve o plumeiro. ¡Canto non darías ti por ser un favorito, que te coñecesen e que caeses ben, que che fixesen moitos favores e que fixeran todos os apaños a maior gloria túa!

Pero a vida é moi puta, ¿verdade que si?

Anónimo dijo...

Claro "din que" e Espartaco canto daría por ser un patricio rico e non se ter que sublevar. Mostras ti unha grande visión dos acontecimentos históricos e dos problemas sociolóxicos. Tes a receta universal. Noraboa, só que non vale para nada.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
jacques delapierre dijo...

Para Médela:
A estrela foi branca en inicio, coma a do Partido Galeguista, pero finalmente presentouna roxa.
Apicultor, coido bon coñecedor dos arquivos da Diputación de Pontevedra, podrá confirmar que hai bocetos ca estrela branca.

Anónimo dijo...

PSOE, ou a viaxe inversa desde a rosa até o capullo (nós, os capullos, por crer neles)


O BNG DISPOSTO A DEBATELO
Case que 20.000 sinaturas contra o plus de altos cargos

Manuel Vilas . Houbo polémica na entrega das sinaturas contra o polémico complemento do soldo dos altos cargos da Xunta. A presidenta da Cámara, Dolores Villarino, impediulle á CIG facer declaracións no recinto do Parlamento, algo habitual nos colectivos que acoden ao Hórreo.

http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=9942

Medela dijo...

Grazas, sr. Delapierre!!!!!!!!!!!
Se encontra algún deseño como o que comenta, na rede, agradecía que me indicase o vencello.

jacques delapierre dijo...

D. Julio Médela: Algún vello irmán do seu-meu partido teñen a bon seguro algunha copia na casa.
Daniel R.Castelao, cando eramos novos bulianos nas máns, e Filgueira Valverde, para gardala súa memoria e elevala o infindo arquivou todo perfectamente.

lourixe dijo...

... na fouce unha estrela, no bico un cantar!
Canto "patriota" hai que se profesa descendente dos mártires do Medulio -supoño que por fecundación in vitro e mai de aluguer, posto que non houbera supervivintes!
E non ven a conto para nada, pero veño de lembrar a enquisa de Vieiros sobre a árbore nacional de Gz: eucalipto/carballo/castiñeiro/etc. A opción non suxerida pola que eu me decantaría é o salgueiro, o eterno supervivinte: colles unha estaca, chántala onde seña (Cuba, Arxentina, Suiza...) e segue a ser un salgueiro e a dar salgueiriños.
(Xa sei, xa sei: contención!)

jacques delapierre dijo...

non se corte, Lourixe, por Deus, prefiro léla a vostede que un milleiro de anónimos.
E falando dese tema xa temos por toda a nosa terra a flor de San Xoán, que de pequenos nese día, había que lavala cariña misturado con pétalos doutras frores.
O sabugo elle como o salgueiro, duro, dúctil, perenne, florido e moi vistoso.
Ale, Arume sáquelle punta

Anónimo dijo...

A estrela azul do BNG (FARO VIGO 18.06.2008)

Pedro Gómez-Valadés *
Hai uns días presentaba o BNG unha nova campaña de márketing na que a estrela do seu logotipo mudaba a súa tradicional cor vermella polo azul celeste. Neses mesmos días, o portavoz nacional do BNG, tamén vicepresidente da Xunta, afirmaba con aparente seriedade que "o proxecto do BNG ten que acoller a todos os galeguistas". ¿É críbel o BNG e o seu actual portavoz cando fai afirmacións como esta? Ao meu ver lamentablemnete non. E non pode ser críbel este chamado á moderación nas formas, á acollida calorosa aos galeguistas que non son nin están no BNG, polo simple e rotundo feito de que este moderado BNG case ao mesmo tempo que se pon o vestido azul, tira a careta con actitudes totalitarias impropias dunha organización que, non o esquezamos, cogoberna na Galiza e di pretender recoller a todos os galeguistas que ate hoxe non confían na fiabilidade das súas propostas. Porque cando aló polo mes de marzo do pasado ano principiou o meu proceso de expulsión do BNG, inxenuo de min, pensei que era só cousa de trasnoitados talibáns enxebres na procura das esencias nacional-populares. Mais o tempo e os meses de acoso e derribo deixaron en evidencia que non era só unha boutade, non, que era parte da política, seica innegociábel, na garda das esencias de non sei que. Non reiterarei o inaceptábel da intromisión na miña vida privada que supuxo a miña expulsión do BNG, por mor de presidir unha asociación de amizade e discrepar da visión que do conflito no Medio Oriente poida ter gran parte da organización. É inaceptábel que unha organización poida por unha banda, afirmar querer recoller a todo o galeguismo e pola outra, non admita no seu seo a quen poida ter unha opinión diferente nun problema de política exterior. É aterrador que o portavoz nacional -e actual vicepresidente da Xunta- non manteña a súa palabra dada, e proceda a avalar a miña expulsión. Até agora só a miña pero non dubido de que a diana está posta nos compañeiros e compañeiras do BNG que son tamén socios da Asociación Galega de Amizade con Israel. E digo aterrador con plena consciencia da dureza da palabra. Porque aterra en verdade imaxinar o que un BNG secuestrado por trasnoitados estalinistas xudeófobos puidera facer de ter algún día a maioría suficiente para poder actuar sen caretas azuis.

* Presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel

XDC dijo...

Son cousas que me poñen ledo neste tempo, Frère Jacques Delapierre, as herbas de San Xoan e as frores blancas dos sabugueiros.
Aiquí teñen a herba de San Xoan:Hypericum Perforatum. O de "perforatum" é porque, se miran as follas a contraluz, parecen ter moitos buratiños, como punzadas de alfiler.

XDC dijo...

E un aspecto típico de sabugueiro: PREMER. Vense moitos desde a estrada, neste tempo.
Cando remate o ano, vounos ter a todos ben adestrados no recoñecemento de paxaros e de herbas, qué carallo.

Anónimo dijo...

Vieiros:

A 'provincialización' do PSdeG abre a batalla entre Touriño e Blanco

O Secretario Xeral do PSdeG oponse á pretensión de Ferraz de instaurar un modelo provincial forte. Detrás do telón agóchase un pulso entre os dous homes fortes do socialismo galego.

A pouco máis de dous meses do Congreso do PSdeG, as augas non están tan tranquilas como pode semellar. Nunha xorda batalla de xadrez, o Secretario Xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, e o Secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco, ensaian movementos nunha loita polo control orgánico da formación en Galiza.

A batalla máis importante deste enfrontamento é sen dúbida a discusión sobre o futuro modelo de partido. O PSOE, que celebra o seu Congreso poucas semanas antes que o PSdeG, quere aprobar un relatorio que reforza as “estruturas provinciais naqueles territorios onde non existen na actualidade”. O equipo de Blanco considera que este é o mellor xeito de ter engraxada a maquinaria en cada cita electoral xa que, ao fin e ao cabo, as circunscricións provinciais son os únicos campos de xogo posíbeis nos comicios estatais e autonómicos.

lourixe dijo...

E sabe vostede, estimado XDC, que ese famoso hipérico é capaz de anular os efectos das pílulas contraceptivas, até o punto que os prospectos destas inclúen serias advertencias ao respecto?

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Sobre plantas, non me saquen do clásico trébole (si xa sei: símbolo fálico). Ou o azahar, pero este non é de Xuño e ademáis vanmo sacar oda miña rúa os do Concello de Vigo para o ano que vén. Os moi c...

XDC dijo...

Pois sabíao pero tíñao esquecido, estimada Lourixe. Qué é como decir que non o sabía, porque dixo Aristóteles que "saber é lembrar".

Xa, xa sei que me van decir que o dixo con outro senso "maiéutico", pero eu doulle ese, que mo suxeríu o meu profesor de filosofía Ramón Area, fai trinta anos.