17 jun. 2008

Aclaración

O dono deste blog (e supoño que moitos dos seus contertulios/as) condena a agresión que nunha das súas propiedades, o seu automóbil, sufriu nestes días un dos promotores da asociación Galicia Bilingüe. Dito isto, de ningún xeito apoio nin comparto as teses e posicións que esa asociación está a levar contra as medidas dunha mínima normalización do galego, sobre todo na escola.
A aclaración serve para facer máis evidente aínda que os recunchos deste blog non servirán para a difusión nin propaganda das teses de GB e, xa que logo, non se admitirán máis comunicados da mesma, que ten os seus propios espazos de opinión (por esa razón foron eliminados dous comentarios de convocatoria da manifestación, cunha introdución ademais impertinente).

31 comentarios:

Anónimo dijo...

o que realmente debería concenar este blog é a continúa ostentación que os seus contertulios máis habituais -proba: esta mesma entrada de "condena"- fan do pensamento cero.

condena o ataque ao coche da señora de GB pero non a fame xeralizada en certas rexións de Mozambique... con que esas temos, insolidarios, insolidarios

marcos valcarcel dijo...

e quen lle dixo, anónimo, que aquí estamos a favor da fame en Mozambique? digo eu...

XDC dijo...

Eu non condeno o ataque ó coche desa señora, porque me cansan as perogrulladas. Habitualmente non condeno actos de vandalismo . Algún pensará que eso implica que estóu a favor del, pero nese caso o único que podo facer é recomendarlle que se matricule nun curso de Lóxica.

Condenar, condenaría ós que o perpetraron, se fora xuez, pero non o son. Pero imaxino que, si os pillan, xa os condenará algún que sí o sexa.

Se fora o meu coche,e os desperfectos non lle impediran funcionar correctamente, non me importaría gran cousa, en andaría con el así, sen dar siquera parte ó seguro.
Se fora o da miña dona, igual sufría unha enaxenación mental transitoria e buscaba ós fulanos cunha forquita ou un sacho, e acabábamos todos no hospital ou na cadea. (Queñes vivimos de nenos na aldea desafogamos a nosa agresión visceral con ferramentas. Nunca me deixaría satisfeito golpear cun pau de beisbol). Afortunadamente, non foi o caso.

Discutir con eles, ou con quen podia defender a súa acción, sería perda de tempo. Nin comparto nin respeto as súas opiniós. Respeto á xente habitualmente (pode darse o caso de que non respete cando non me respetan),pero non me considero obligado a respetar todalas opiniós.



E señor anónimo quéreme facer sentir responsable,culpable da fame en Mozambique. Moitos responsables de ONG´s aprenderon esas técnicas dos curas. Inducen noutras persoas complexos de culpabilidade que eles non sinten. Se nalgún momento quero ser solidario, non vai ser por complexo de culpa, aparte de que penso que as persoas e os pobos tamén deben tratar de sair dignamente do pozo por eles mesmos.

jacques delapierre dijo...

Como hai tempo para todo, neste fío adhírome o texto de Marcos e tamén amoso a miña contrariedade pola fame que hai en Mozambique, polas mortes de africanos que tentan chegar a Italia e morren no empeño, polos amenazados por ETA no Pais Vasco, polos presos de Guantánamo, polas mulleres que están moendo a paus, en fin, que queren que lles diga.

Et dijo...

Eu súmome coa condena da praga de xabaríns nos montes e de medusas -ou augamariñas, pola popular- nas praias galegas coa auga demasiado quente.
E da fame negra -á parte de que debe ser unha putada en Moçambique ou everywhere-pouco podo dicir.
Acabo de vir do Bicherías de comer co prato do día unha fabada de primeiro e de segundo un guisote de xabarín excelente, por 9 euros. Nada, como ven, da nova cociña e outras mariconadas ao uso.
Os mamanaconas eses que queiramon o coche da errada damisela bilingüe deben ser vexetarianos. Pois iso, que lles dean. Parivixolos. Ousados. Torradoristiñas.

SurOeste dijo...

Mamanaconas vén sendo conachos?

Anónimo dijo...

vaia cuadrilla que pulula no blog galego de referencia, vaia cuadrilla...

XDC dijo...

Vaia. O Bicherías tamén é un dos meus restauráns. Son bastante amigo do cociñeiro, que cada vez que me ve vénseme queixar dos problemas que hai en Velle, onde vive.

Anónimo dijo...

E como é que colgan os seus comunicados neste blog, será que o ven afín. O escoramento de Marcos Valcarcel é coñecido, parece que moi coñecido.

XDC dijo...

Afín a qué? Ao BNG, ao PSOE, nos que puden entrar fai case trinta anos? Ao PP, no que puden entrar fai case vinte anos?. Non creo que me vexan afín a nada de eso...
Fálase moito, sí, do escoramento de Marcos Valcárcel, en concreto cara o PSOE. Non sei se é certo nin me interesa, a verdade. É cousa súa. E, si é certo, igual ten motivos.

Anónimo dijo...

pero concordarán, con todo, en que o BNG escora cara á dereita do PSOE a unha velocidade certamente vertixinosa

marcos valcarcel dijo...

Non se enfade, sr. XDC. Algúns aquí quérenos ter a todos ben fichados e co carné na boca.
A min fanme moita graza algúns ataques "radicais" contra min neste blog, como ese suposto escoramento cara o psoe ou cousas peores (!!?)
Imos ver: pensen un momentiño, os que iso me imputan (en realidade non digo "argumentan", porque non hai tal), en dúas cousas:
1. Se este menda quíxese militar no psdg-psoe, as súas opinións e traballos deixarían de ter valor por iso?
2. Como poden supoñer, teño amigos no socialismo galego e non creo que me puxeran moitos problemas nunha situación así. Ou pensan que o psoe galego non estaría encantado con ter militantes do meu perfil (e non falo só de min, senón de moita xente semellante, do mundo cultural)?
Así que, por min, non se preocupen. Eu soíño xa sei situarme no mundo, sen necesidade das súas "etiquetas".

Anónimo dijo...

"Radicais" de boquilla e de nada máis. Algún si que é radical de verdade, pero radical antiabortista (a carón do opus, dos kikos, dos lexionarios, etc.).

Anónimo dijo...

Entre este anónimo (mexafóradetestos, cucontémporasconfundindo e touciñoconvelocidadesmesturando) e os outros dous angelitos emboscados (pero cachadísimos), están a escarallar todo.
Estes elementos sonlle aínda peores que os anónimos envexosos que lle apoñen cousas (ao final, é unha cuestión de envexa, non hai nada "ideolóxico" nos seus ataques). Pasando, que é xerundio.

Anónimo dijo...

O que quero dicir é que mentres os pichafrías que o acusan (?!) a vostede son no fondo uns envexosos incapaces de facer ren, estes outros elementos compiten por facernos ver quen a ten máis grande.

Anónimo dijo...

Está ben ter no blog un "kiko" (do movemento neocatecumenal de Kiko Argüello) que é antiabortista radical e a ten pequeniña. Dalle unha nota de color.

Anónimo dijo...

Pois iso. Cachadísimos.

Anónimo dijo...

teñan coidado que os kikos son coma os trosquistas, practican o "entrismo", pero están chacadísimos.

Anónimo dijo...

"Entrismo"? Que anónimo tan culto!
Cachadísimos.

Anónimo dijo...

Contención, plis.

lourixe dijo...

Mirade que vos poñedes pesados coa pobre cor vermella ultimamente, que se non a queredes na estrela do BNG, que se non vai co vinículo de Gloria Lago... e a min que me gusta combinala co negro... por Stendhal, eh? Non vaiades pensar...

reis dijo...

estas condenas tan forzadas semelham padecer o sindrome do " a ver si van a pensar que estoy con los terroristas".

XDC dijo...

Lourixe: ten vostede o mesmo gusto que a miña dona, verbo das cores.

Xosé M. González dijo...

Madia leva se o PSOE non gustaría de ter a Marcos Valcárcel dentro, e a outros dez ou doce, podendo ser antes do marzo que vén. Non ten mérito deducir tal cousa, como botar conta de que os anónimos pelmas co devandito tema posiblemente terán pouco que ver co nacionalismo político organizado.

Anónimos; empezo a estar ata a coroa deles, da peste que se están volvendo e sinto ben dicilo contradicindo non xa palabras anteriores, senón a convicción máis permanente. A min disgustaríanme unhas Uvas convertidas en clube privado en absoluto disuasor, por outra banda, do desprezo ou o maltrato de palabra; ben se pode ademais devolverlle omisión á impertinencia; pero ignoro o que gañamos cando esta se volve lama que atranca todo.

Deixen, noutra orde de cousas, tranquilos os coches de GB; e que Xesús Manuel da Torre Martíns encontre xente máis tolerante.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Desde logo. A min que me presta levar aos conferenciantes e conferenciantas ao Ciudad de Vigo pola súa ubicación, vou suspender toda relación con eles. Agardo que a miña empresa lle dea un toque. Xa que se fala de libertade de empresa, eu pídolle á miña, que en calidade de clienta, faga valer a súa situación.

Anónimo dijo...

Se vai resultar o que se di, que o blog é descaradamente pro psoe, que non soportan aos nacionalistas.
Queden con Touriño meus, e que sexa leve.

Anónimo dijo...

Outra cow in the corn!

marcos valcarcel dijo...

que terá que ver todo o dito neste fío coa convicción dese anónimo que se ve confirmada ("que o blog é descaradamente pro psoe")?
Eu alucino con algunhas interpretacións!!!

Beria en Siberia dijo...

De verdá que son todos trosquistas e van rematar nun gulag a -40ºC.

El mulá mular dijo...

Eu recunco un comentario meu anterior, e perdonádeme, afirmando que non hai nada de malo en recoñecer que o dr. Marcos é socialista. Estou errado?. Pero non socialista do psoe. Ou o socialismo é patrimonio único do Psoe?. Desde cando?.

Tamén sería convinte avisar ó anfitrión diste blog de que non sexa inocente ( así se dí na miña aldea). O psoe, ou calquer outro partido, queren persoas co seu perfil nas súas filas, para usalas, non para darlles "ghoberno" .

É muy probable que se quedaran co "perfil" e que espiran a persoa deixándoa núa na rúa.

Por outra parte nestes momentos están fartos de enchentas e non precisan de nada, nin de nadie, e van a máis. Non precisan de ninguén, así eu o creo. Nin xiquera para presumir ou propagandear.

Ate jà.

"En nombre de Allah, el clemente, el misericordioso".

XDC dijo...

Pro-PSOE ? Non será polos meus comentarios, precisamente, digo eu.