10 jun. 2008

en poleiro alleo

Eloxio do prato vello, de Afonso Monxardín (GH 10 xuño)

Moitas grazas, Manolito, de X.M: Sarille (ECG 10 xuño), sobre as descargas dende Internet

Tempos prosaicos e aburridos, de Alfredo Conde (ECG 10 xuño)

20 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

The Great Monxardín: sempre ven outro prato, que está de suplente no moble, para sustituir, de tal xeito que sempre hai un prato vello na casa. A ese hai que engadir o coitelo para pelar as patacas (si xa sei que hai ferralla específica, pero un ten ese sentimentalismo) medio enferruxado. Ou o porco aquel de madeira para cortar mercado nunha feira de Valença cando un comeza a crear unha casa con cociña e todo. Ou o recolledor de aceite usado de deseño arcaico que nin sabes como apareceu na casa. Tende un a mercar WMF de tecnoloxía punta pero algunhas cousas, en efecto, o vencellan a un coa prehistoria, case antes de inventarmos o lume.

Longa vida ao Prato Vello. E a vostede, amigo Monxardín, por aledarnos o día.

apicultor dijo...

Un gran artigo que, en efecto, nos devolve a olores e sabores e vivencias. Ou que nos fala da vida vivida, que vén a ser o mesmo.

raf dijo...

Comparto criterio culinario con A. Conde, pero con matices. As piardas non hai dios que as coma, a pel e dura, chea de escamas e ou as tragas, ou non paras de cuspir, cousa de moi mala educación. Sendo peixe tan miúdo é impensábel tirarlle a pel. Deses ananos do mar que só se comen pola costa, esqueceu os bolos, canto máis pequenos mellor, ou sexa boliños pescados con rapeta no día, ou como moito do serán da véspera.
Corroboro o da acedía, pero fagámoslle sitio tamén ao non tan fino linguado areeiro.

Anónimo dijo...

Sr. Arume, tamén teño eu o marrauciño portugués.

Jim Morrison dijo...

Totalmente de acordo con Sarille. As novas tecnoloxías non poden nin deben cercarse como foron cercados os comúns na Inglaterra do XVII. Non é de recibo que a tecnoloxía avance, que se poidan comprar libremente as tecnoloxías de reproducción e que, despois, intereses privados abondo discutibles digan: "Reproduza, pero pouquiño". A loita por recuperar os comúns naturais ou paranaturais (agua, aire, monte, bosque, medicina tradicional)debe completarse coa loita polos comúns culturais (cidade, patentes médicas, tecnoloxías de reproducción). E, efectivamente, Ana Belén e Víctor Manuel que fagan máis "bolos". Eu, nese sentido, son comunista.

XDC dijo...

Os discos de Ana Belén ou Victor Manuel non son precisamente os "Hits-Parades" da "manta". Cando arremeten contra a venta ilegal non é por perxuizos a súa suposta "creación intelectual", senón ós seus privilexios de cobro(non digo dereitos) creados nesa banda mafiosilla chamada SGAE.

Jim Morrison dijo...

Ana e Víctor non son os que máis cobran, en efecto, pero son "socios" dese mafiosillo que é o presidente sa SGAE, "estómago agradecido" que lle cambiou a Zapatero apoios do "mundo da cultura" a cambio do canon dixital. Que eu sexa, no que respecta aos "comúns", comunista non quita para recoñecer que niso Rajoy tiña razón.

Karrachov dijo...

Que gusto ver a liberdade de opinión que hoxe nos permite ver como lóxica unha medida que defende Rajoy fronte ao "canon" do progre que sería defender con razón ou sen ela, e sen ser de Lalín a Zapa.

AV dijo...

Encántanme as enciclopedias.
O día que puiden ter a Británica nun só CD rom, só texto, fun un pouco máis feliz.
Pirata? Non. Simplemente compia libre.

XDC dijo...

A mín repatéame o uso arrogante da expresión "creación intelectual" aplicada á composición de canciós. Que lle chamen creación artística, que lle chega de carallo.

arume dos piñeiros dijo...

Supoño que, para os que saben música, facer o noventa e nove por cento das cancións susceptibles de seren pirateadas non chega a creación nin polo forro.
A min o que máis me alucina é que un grupo deses de moda poida presumir de facer dez cancións (as que normalmente ocupan un cd ou long play) e que vivan delas durante ao menos un par de anos que é o tempo medio que tardan en quitar novo disco. Dez cancións (de tres minutos: media hora longa de música) en dous anos...

XDC dijo...

A inmensa maioría desas canciós son á creación musical, o que as novelas de Estefanía á creación literaria.

apicultor dijo...

Para Xan da Cova e para Xaime da Pena, expertos catadores, esta primicia bibliográfica cuxo anuncio que reproduzo me acaba de chegar via e-mail:

Tyler Colman

Wine Politics. How Governments, Environmentalists, Mobsters, and Critics Influence the Wines We Drink

University of California Press
$27.50, £16.95 hardcover
978-0-520-25521-0
208 pages, 6 x 9 inches, 7 b/w photographs, 3 line illustrations, 11 tables
July 2008, Available worldwide
Categories: Wine & Viticulture; Wine; Economics; French Studies; Politics

"Kudos to Tyler Colman for this illuminating look at wine's fascinating backstory. This excellent overview of how important politics is to the taste of the wine in your glass is a new kind of wine book, essential for every wine lover's bookshelf."—Elin McCoy, author of The Emperor of Wine: The Rise of Robert M. Parker, Jr. and the Reign of American Taste

"In shrewdly examining how politics influences the production, distribution, and consumption of wine on both sides of the Atlantic, Tyler Colman has written a much-needed and long-overdue book. Wine Politics won't necessarily make you a better taster, but it will unquestionably make you a more enlightened drinker."—Mike Steinberger, wine columnist for Slate magazine

Description
After reading this intriguing book, a glass of wine will be more than hints of blackberries or truffles on the palate. Written by the author of the popular, award-winning website DrVino.com, Wine Politics exposes a little-known but extremely influential aspect of the wine business—the politics behind it. Tyler Colman systematically explains how politics affects what we can buy, how much it costs, how it tastes, what appears on labels, and more. He offers an insightful comparative view of wine-making in Napa and Bordeaux, tracing the different paths American and French wines take as they travel from vineyard to dining room table. Colman also explores globalization in the wine business and illuminates the role of behind-the-scenes players such as governments, distributors, and prominent critics who wield enormous clout. Throughout, Wine Politics reveals just how deeply politics matters— right down to the taste of the wine in your glass tonight.

Contents
List of Illustrations
List of Sidebars
Preface and Acknowledgments
1. What Is Wine Politics?
2. Soil and Society: Wine in France and America before 1935
3. Authenticating Origins: Appellations and Quality
4. Baptists and Bootleggers: The Strange Bedfellows of American Wine
5. Who Controls Your Palate?
6. Greens, Gripes, and Grapes
7. Celebrating Diversity
Notes

About The Author
Tyler Colman teaches wine classes at New York University and the University of Chicago. He contributed to the third edition of The Oxford Companion to Wine and his articles have appeared in Food & Wine and Wine & Spirits.

Links
Visit Tyler Colman's website at www.drvino.com

Anónimo dijo...

Excepto aqueles grupos dos sesenta, arume, que sacaban cada ano dous discos (os dos Beatles con 14 cancións) + 2/4 singles + (ás veces) un disco en directo.

arume dos piñeiros dijo...

En efecto: aí quería eu chegar. Non sabían de que ía o negocio. Non creo eu que os grupos actuais non sexan capaces de quitar máis discos ao ano, pero as discográficas non os deixan. Ou iso quero eu pensar.

arume dos piñeiros dijo...

Preguntarei a Bustamante, que, como saben, é bó amigo da casa para que me diga cómo funciona o choubisnes.

Anónimo dijo...

É de supoñer que o mundo do viño, por moi sublime que se nos apresente, non pode quedar a marxe das grandes estratexias políticas e empresariais

Anónimo dijo...

A bustamante de españa non lle pregunte nada. Non só non sabe de música (até certo punto normal), senón que seguramente non é capaz de compoñer unha canción. Por iso nunca comprendín moi ben o fenómeno de OT, a non ser que á xente lle dera por fixarse noutros aspectos do asunto choubisnis do tipo "Que buen hijo sería Bustamante", "que buenorro está Bisbal" ou "mira esta chica que no sabe vocalizar y está gorda, pero qué bien canta y con qué sentimiento..."

XDC dijo...

Graciñas, Apicultor, pola información do libro de Tyler Colman, que ten boa pinta. Xa hai páxinas que falan del, por exemplo ESTA.

XDC dijo...

Enlacéi a que non era:É ESTA.