7 jun 2008


A estrela e as cores. Andoliña 7 xuño.

(Na imaxe, un dos últimos carteis do BNPG, creo que o derradeiro, 25-7-1982. Por certo, aínda se reivindicaban as Bases Constitucionais...)

O Bloque presentou antonte a súa campaña do Día da Patria Galega e así como quen non quere a cousa, anunciou o cambio máis radical da súa historia nas tres últimas décadas. E indico, para evitar suspicacias, que non falo dende a ironía. Porque o equipo de Quintana presentou uns carteis onde a histórica estrela vermella se converte agora nunha estrela azul. Feito non casual nin anecdótico: calquera que coñeza a importancia dos símbolos no nacionalismo albiscará a relevancia deste aceno. E a moitos militantes tampouco lles gustará.
Cando menos dende os inicios de 1976, coa fundación da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), o nacionalismo de esquerdas usou sempre a bandeira coa estrela vermella no medio. Antes a mesma icona estivo en moitos deseños da UPG ou do PSG: identidade nidia de esquerda e dos movementos de liberación nacional do Terceiro Mundo, do anticolonialismo que se espalla dende os 60.
Supoño que o tema provocará debate. Agora soamente quero subliñar a transcendencia do cambio. O azul está na bandeira da Galicia e sempre foi, pois, símbolo identitario. Podíase engadir aínda que é a color do mar, nun país mariñeiro, e a color da Terra dos mil ríos.

56 comentarios:

Anónimo dijo...

No seu día (xa choveu), aprendín do Pepe Barro que a simboloxía política adoitaba combinar unha cor fría e unha cor quente como xeito -penso que era iso- de acadar ou suxerir unha imaxe compensada, abranguente. Achegaba o exemplo da UCD (verde, laranxa) e mailo de Fuerza Nueva (azul e vermello). Obviamente, desde tal semántica o vermello dos grupos de esquerda significaba bando e parcialidade; ou sexa, partido.

A min gústame a estrela vermella e non a aristotélica. Como me gustaban máis os carteis e propaganda do Bloque hai de dez a quince anos, cando o Mario López Rico desempeñaba posto semellante ao de agora; pero non vou armar lío ningún. Tal e como doutras cousas posiblemente poderei falar con certo coñecemento de causa, en materia socio-electoral debo entender máis ben pouco.

Anónimo dijo...

NADA É VERDADE NIN MENTIRA, DEPENDE DA CÓR CON QUE SE MIRA.

Pensamento profundo dun xogador de golf. Hoxe toca Valderrois. Por certo na casa club cómese moi ben, están convidados o plato do día.

Anónimo dijo...

Profesor González: Lembro unha ocasión en que estaba aborrecido, en Lobeira, e fun dar un paseo, en coche, ata a Peneda, santuario arraiano.

Alí estaba un individuo (português)tirando fotografías, talvez eramos as únicas persoas que por alí andaban; imaxine, un martes de novembro, a chover.

De inicio, pensei que o tal fotógrafo era louco, polas cousas en que falaba. Mais unha delas me fixo, non sei por qué, reflectir.
Sostiña o português que non era casual que tanto en zonas deprimidas do interior de Galiza, como do norte de Portugal triunfasen candidaturas de partidos de dereitas, reaccionarios e ineficaces. E non era casual porque para el (estudoso da linguaxe simbólica en todas as súas manifestacións), dicía que para el a dereita simboliza e cataliza os sentimentos femininos das persoas. É dicir, entra en contacto directo co refugallo mental do matriarcado que houbo e hai na comarca. Proba diso era o poder espiritual das señoras da montaña (Peneda, Viso, Clamadoira, Xurés…) e das outras señoras máis discretas (as mouras) que tamén gozaban da súa parte de poder simbólico.

- E entón?… Respondín eu.

Entón, aparecen en escena os partidos de esquerda, rodeados de profusa simboloxía: Estrelas vermellas, etc., que para a mentalidade relixiosa popular simbolizan o poder do masculino, incompatible coa sociedade matriarcal tradicional agropastoril; ese poder que está en constante conflito co matriarcado desde o proceso de abandono da aldea cara ao burgués e urbano. Por iso, salvante contadas excepcións, nunca triunfarán en circunstancias normais as candidaturas de esquerda no atávico rural.

Uf...............................

Anónimo dijo...

Esauto, Medela. Porque os símbolos sempre son representaciós do abstracto, masculino,e non do concreto, femenino.

O home era louco ou estaba "maluco"?.XD.

Anónimo dijo...

Ainda non lera isto Medela, perdoe, pero deixeme releelo.
No alto da montaña, en novembro, choiva, o val no fondo, o atavismo dos símbolos da esquerda, o matriarcado, o paternalismo garimoso da dereita de sempre con quen son dóciles, a estigmatización da rebeldía coma un abismo de fatáis consecuencias, a mai: "vaite agora mesmo á casa de D. Julio e pídeslle perdón, e nunca lle volvas contestar, e anque o seu fillo sexa un cabrón, e che copie os deberes, e te insulte, e che rompa o aradiño do avó, tí calas, porque se non vas ir interno para o seminario, e así aprendes doutra maneira".
Novembro, alto da serra espida polos lumes do derradeiro verán, dous homes sós, as nubes escurecían os pensamentos, a choiva non deixaba de maldecir, teimuda coa memoria...

Anónimo dijo...

Pois non lle sei, Medela. Porque a dereita -polo menos naquel tempo- algo machista si que adoitaba amosarse; por veces cando menos.

Anónimo dijo...

Talvez porque o machismo e o matriarcado se retroalimentan, tal e como o feminismo e a sociedade industrial marcada polo dominio do operario especializado varón.

Penso que matriarcado e machismo son temas transversais, non contrarios.

Saúdos, sr. profesor.

Anónimo dijo...

Esauto don Arxides (Grazas, da Coba).

Exacto.

Fatal e inequivocamente esauto.

O eterno retorno do identicamente esauto.

As causas confúndense coas consecuencias.

A retroalimentada dupla causalidade recíproca.

O guerreiro terá que tornar princesa o feo sapo, e el saberá como ha de facer, porque doutra maneira, non lle sei, don Arxides, non lle sei.

Saúdos, señor.-

Anónimo dijo...

Arxides, foille así.
Xúrollo:

"Novembro, alto da serra espida polos lumes do derradeiro verán, dous homes sós, as nubes escurecían os pensamentos, a choiva non deixaba de maldecir, teimuda coa memoria"

GRAZAS.

Anónimo dijo...

A estrela vermelha de cinco pontas representa, na Galiza, e em qualquer parte do mundo, o internacionalismo proletário.

Parece que o Bloco se envergonha de ter sido uma força da esquerda transformadora e anti-capitalista na Galiza. Má estratégia, na minha modesta opinião, a que tem sido adoptada pelo Quim, isto num momento de derrocada do capitalismo e em que urge outras alternativas.

Cumprimentos do sul do Minho (Não propriamente de Ourense!)

Anónimo dijo...

Hostia Medela!. É vostede merecedor dun cão de Castro Laboreiro.
Ó rei de "Purtugal" éranlle entregues catro en tributo por as xentes desas terras.

Á dignidade que eu represento acaba de ocurrírselle tal distinción. E de paso protexer o noso, o autóctono, coa distinción de agasallar con un can de Castro a quen tiver probado paixón por o noso.
Ferrín sería o primeiro, despois de D.Duarte Pío.
De momento é simbólico pero algún día concretarase.
E non sei cando é masculino ou feminino; se será can ou cadela.
Teño pouco nivel de abstracción e non sei nada de filosofía (por culpa dos profesores, que eran licenciados en pedagoxía).
Se meteran seminaristas , mellor lles fora

Anónimo dijo...

Não entendo o seu comentário "metafórico" e, quiçá "irónico". Foi dirigido a mim?! (sou o anónimo que o antecedeu)

Anónimo dijo...

Bispo Ederonio: Daquela o espectral português da Peneda tiña razon nas súa teses sobre matriarcado, seguindo o que Vde. di, eminencia:

"O meu fillo, é xenéticamente meu, pero optou por non engancharse a miña cultura. Sí o fixo coa da nai, que é dominante, poderosa, omnipresente, omnisciente e omnívora".

Anónimo dijo...

Estou a botar un cigarro na varanda da miña casa.

Hai un silencio en Allariz que se mete nun.

Mi madriña!!!!!!!

Anónimo dijo...

O silencio é ouro, Kyra:PREMER.

Anónimo dijo...

Grazas polo vídeo, Da Coba; sabía? Hai algo de opresivo neste silencio.
Estou a ver... Pasa un grupo de persoas. Ah, van ao concello, debe haber casamento. Unha das señoras ten unhas pernas espectaculares. Outro ten cara de se chamar Armindo. Talvez Ricardo.

Uffffffffffffffffffff

Anónimo dijo...

Ou Magín, ou Luís... E traballar cunha retro-escavadora Magirus-Deutz,e ter 200.OOO euros a prazo fixo...
Leva patillas.
Un traxe oscuro. Camisa azul, tipo orquestra.
Cadea d'ouro con crucifixo.
Non volverei velo na vida.

Anónimo dijo...

Noble anónimo do sul do miño. O meu comentário nada ten de irónico, nin tiña visto o seu, ou non tiña reparado no seu coméntario anterior. O seu, probablemente entrou mentras eu escribía o meu.
Fago o que podo, intento comunicar e as veces sálenme ou enténdense cousas que non quixen decir. É falta de hábito na escrita, oficio máis difícil do que pensaba e que estou a comprobar neste blog. Nunca tanto escribira, ou si o fixen non foi lido por ninguén e non foi correxido. Acabamos de lerlle ó Chesi que unha das tarefas da escrita é o moito correxir.

Os meus nomes son brincadeira, estou a pasalo ben,a interrogarme sobre moitas cuestións para ultrapasar límites, toupo de risa con algunhas ocurrencias dos contertulios, estimúlame o debate, as veces síntome ferido por malentendidos pero non pretendo meterme con ninguén. Se as veces son durísimo con algún político teña a seguranaça que antes él moito me amolou a mín.

O órden dos cães de castro laboreiro, é unha distinción que ten corpo desde hoxe, como la "legión d`honneur", "a orden da jarretera", ou o "toison de ouro".

No blog estou a encontrar cousas interesantes. Moitas grazas a quen me lembrou que o futuro está na diócese Bracarense.
¡ Me k. na Kona moura! ( homaxe ó meu pai).
Gaudisteo,episcopum Auriensis (650?)

Anónimo dijo...

Noble Medela: espero que se entenda que quen é poderosa é a "cultura" da nai, a "española", enténdame.
Non me refería "omnipresente...omnívora", a miña muller. Líbreme deus. Vostede me entende. Se a miña muller fose así adivine o que lle quedaba ser ó meu fillo (según freud). "Arrenéghote demo".

A xaramea da miña muller, está documentadísimo, son descendentes dun canónigo que veu de Badaxoz en 1587,acompañando a un bispo. Deixou filla, consérvase o testamento, e moitos dos seus descendentes traballaron ligados a catedral (menuda empresa,daquela é o que había).
Un descendente cura veu para xunqueira de Ambía e deixou fillo, e todo-los apelidos que hai alí son descendentes destes padróns. Na miña aldea, (acabaron casando con labregos) sempre levaron o mote de "os castellanos", ninguén tiña constancia do porque.

E un pouco longo. Xa daquela eran da outra cultura. Nas primeiras datas do século XX , algún descendente labrego, con moita intelixencia, emigrou a cuba, retornou na década dos anos 30, instalouse en ourense e renunciou os eidos, e a língua. Avó da miña muller.

No testamento ano 1607, o dr.B. de la Serena di: "item digo y declaro que yo tengo en mi poder una muchacha que se llama Ana García que tendrá seis años la cual tube de una mujer soltera a ......".

Eu tamén son descendente deste personaxe, anque non tan directamente como a miña muller.Un bisavó meu, supervivinte da gherra de cuba leva o seu apelido.

É bastante interesante todo o testamento porque fala dos seus criados, bens , e tamén dunha biblioteca : "Item mando que la libreria que tengo en mi casa se benda y de lo que della procediere se cumpla"....naqueles tempos os libros eran valiosísimos e escasos.

O meu fillo non fala "castellano" por todo esto pero axudar, axuda.
Vostedes me entenden, espero, e se en algho lles faltei, disimúlenme donas e cabaleiros.

Ederonio, Episcopum.

Anónimo dijo...

Daquela, don Ederonio, Vde. e máis a súa esposa son parentes, non??

Anónimo dijo...

O meu fillo é primo cuarto meu, a miña muller terceira do meu pai. Pero non o sabíamos cando nos coñecemos no ano 1990.

Tamén pode que vostede sexa parente noso, fíxese no apelido da nena filla do canónigo. A súa nai, "moza soltera" e ama de llaves del Dr.B. de la Serena, chamábase Leonor García.

Creo que coas técnicas xenéticas actuais xa podemos saber en que punto da árbore xenealóxica temos antepasados comúns, vostede e calquer outro. Lín de casos de xente dispar que lle dín: vds. teñen os primeiros antepasados comúns na xeneración 35, século tal.

Non o dubide, "máis temprano que tarde", temos antepasados comúns.
xa non lembro con que bispo teño que firmar. Temiño?

Anónimo dijo...

Fredulfo, sabía a etimoloxía do seu nome??

Free + Wolf: Lobo Ceibe.-

Eu teño un antepasado, Julio Medela Gándara, párroco en Xunqueira de Ambia na década de 1920.

Saúdos.-

Anónimo dijo...

Grazas pola aclaración, quedareime con este.

E Wolfgang, como Mozart, que quere dicir?. Clan do lobo?.

Flipo cos curas. Sen eles quen estaría eiqui?. E sen a Eirexa que se ía conservar da cultura clásica?. E sen o seminario cantos non ían estudar?. U-los institutos daquelas?.

Levantade a mau cantos dos que circulades por eiquí sodes de seminario?.

Fredulfo (anno 962), episcopum auriensis.

Anónimo dijo...

Fredulfo, nome de inequívoca raigame suévica.

Ulfe, Cartelle:

Awulfus/awulfi.

Idem.-

Anónimo dijo...

AC- ¿Tú conocés el significado de Wolfgang? Porque según mi diccionario deriva del germánico, de Wolf, lobo, metafóricamente "guerrero arrojado", y gang, "expedición bélica", por lo tanto significa "la expedición bélica del guerrero arrojado", y no "el paso del lobo", o "el que camina con lobos" Y yo siento que ese es el resumen de Mozart.

Anónimo dijo...

Grazas Petete pola aclaración.

Lobeira,

Tamén existe un bispo Adulfo (hacia 820, según o libro de Xosé Carlos Fdez). Todolos nomes son interesantes ata cheghare a Edoronio (1071-1088). A partir de eiquí comenzan os nomes comúns, Diego, Martín, Pedro....

Anónimo dijo...

Pode que derivara en Adolfo.

Entón, ese olfo final ven de ulfo, lobo?. E o "A" ?. Adulfo.

Anónimo dijo...

Si, foi nesa altura cando os nomes de orixe xermánica (latinizados) foron perdendo progresivamente o seu prestixio fronte aos latinos, e/ou xudeus.

No entanto, a densidade de toponimia xermánica no país é abraiante: Gondesende, Senderiz, Baldemir, Guntín, Guede, Roiriz, por se teren formados estes núcleos na época post-sueva.

Non hai que esquecer que a idea de división episcopal é propiamente sueva, xermánica, así como o cultivo perfeccionado dos cereais, o arado cuadrangular, os montes en man común, a institución do morgado...
E a crenza no tardo.-

Uf, qué bien me ha quedado.

Anónimo dijo...

Onde queda o Urso?, se era o rei dos animais en Europa durante toda a idade media.
Moita importancia lle daban ó "ulfo".

Os irmaus Lusitanos chamábanlle ó Pastor Alemán "Lobo de Alsacia".

Anónimo dijo...

Lobeira, teño que ir a cama, chámanme. Os meus estiveron a ver un filme mentras eu latricaba cos lobos e bispos. Gran achádego o de lobo ceibe, mercedes lle sexan concedidas,(merci).
Deixei un ovo posto no artigo de Timor.
Non podo seguir.

Descansen vostedes ben

Anónimo dijo...

Para o outro lobo: O 'A' inicial de Awulfus é moi problemático. Tanto é así que a aldea de Ulfe, en Cartelle, é denominada A Ulfe, non sendo ese 'A' un artigo. Velaquí unha falsa segmentación, como en Agolada, que non é A Golada, e tamén Agrela (A Coruña) que non é A Grela.
{Perdón, don Paco Vázquez, es La Grela.}

Ben, ao conto. É imposible dilucidar como era exactamente a palabra Awulfus na época sueva, por falta evidente de fontes escritas. Wolf/Wulf/Awolf/Awulf/ son lexemas xermánicos que significan 'lobo'. Probablemente, fose pronunciado 'awulf', e de teren lingua escrita os bárbaros dos suevos, así a grafarían. Seguramente houbo un, ou unha caste de guerreiros que metafóricamente foron denominados 'lobos' polas súas virtudes. Daí os nomes derivados e a toponimia asociada.

Adolfo, significa literalmente 'lobo'. É dicir, o lobo por autonomasia, o guerreiro de élite adornado coas virtudes do lobo, para nos entender.

Que deriva de 'Awulf', evidentemente. Que 'Wolfgang' perdeu o 'A' inicial, tamén é evidente.
Hai sabios que derivan o nome de Adolfo dun primixenio 'Adawulf', xustificando a caída e perda do 'd' intervocálico.

E alucine, non falta quen fale nun calco do possessor xermánico sobre un antigo tema paleoeuropeo relacionado coa hidronimia...

Anónimo dijo...

Quen diría que a etimoloxía de O Cristal, Celanova, non procede da cápsula de vidro venerada no santuario homónimo, con microscópica talliña da virxe no seu interior.
Non. Parece mentira mais non.
Procede dun possessor, chamado
Vistrar, que pasou a
Kristrar, Kristar, Kristal, Cristal, O Cristal.

Evidentemente, ambos os conceptos se retroalimentaron, como Bandua (a divindade da Baixa Limia) e o possessor Vanate, para dar o nome de Bande.-

Anónimo dijo...

Vou durmir. Para consultas urxentes...

URXENCIAS PETETE

Anónimo dijo...

CONTENCIÓN

Anónimo dijo...

Contención porque non é recomendable monopolizar en exceso o blog cunha narrativa circular e idéntica a si mesma que oculta e inhibe outras intervencións; contención porque o prioritario é a interacción e o intercambio de ideas, non o texto masturbatorio (por moi interesante que puidese ser); contención porque o pouco pode ser moito e o moito pouco; contención porque os lectores visitantes pódense aburrir de atopar sempre o mesmo estilo e contido; contención porque hai que deixar espazo para todos e porque todos teñen dereito á isonomía; contención porque hai que deixar xogar tamén aos demais; contención porque é recomendable para a saúde; contención porque me peta e me sae de dentro.

Dixit.

Anónimo dijo...

dixit dixo moi ben

Anónimo dijo...

Hai moito tempo xa que o bloque non é de esquerdas,

Anónimo dijo...

¿En que momento, segundo o seu parecer, deixou o Bloque de ser de esquerdas?

Anónimo dijo...

Dixit anónimo, como te pasas, non serás a Laurita que tan ben coñece Arxides?.
Cada un fai o que pode, ninguén te manda ler nada en concreto, e por outra parte es libre de escribir se tes vagar. De que vas?. Estás a brincar?. O espacio é ilimitado, cada quen lle pon os límites que quere, ninguén lle impide xogar a ninguén.

Cecais caín nunha celada.

Anónimo dijo...

Para os que mantemos unha posición centrista na política, identificada como galeguista, contraposta a nacionalista, o Bloque non deixou de ser de esquerdas. Pero claro, si quén opina e un marxista-leninista independentista, o Bloque quédalle pola dereita.
Non sei neste momento como está a correlación de forzas no entramado do Bloque pero observo que está en alza a posibilista, e só con escoitar a Quintana apelando a ser a maioría gubernamental, sendo a súa teima fundamental non quedar como unha forza residual na que unha entente no Estado entre PP e PSOE, os deixe fora do Goberno, o que significaría para moitos un fracaso decisivo.

Anónimo dijo...

Se o Bloque mantivera na campaña electoral que despois das elecións e segundo o resultado formaría goberno ben co PSOE como co PP, vostede que faría.
Observe e trato que mediatizarlle a resposta, xa que PNV e CiU e o que fan.

Anónimo dijo...

Dixit ten toda a razón. Non se pode monopolizar e tapar outros intervintes aparecendo sempre á dereita o mesmo en mensaxes novas. Se hai moito que largar individualmente e sen apenas relación cos demais nin cos temas dos post, o normal é crear un blog propio onde descargar toda a enxurrada. Do contrario, hai que ter certa contención. Os límites ten que poñelos un mesmo. As árbores non poden tapar o bosque.

Anónimo dijo...

Eu tamén.

Marcos Valcárcel López dijo...

E, de paso, deixen en paz a esa moza da política ourensá-galega que citan que, polo que eu sei, non colabora neste foro e, xa que logo, non se pode defender, sobre todo cando se trata de acusacións persoais.

Anónimo dijo...

Para o BNG, derrota vén sendo sinónimo de vitoria. Todo é posible. O certo é que nunca unha derrota sen paliativos (baixar de 17 a 13 deputados autonómicos) transformouse en vitoria. O certo é que nunca a carencia de apoio popular (ou sexa, votos da cidadanía nas urnas) á pretensión de Presidencia de Galicia para “Quin” fixo, cando tiña a súa cabeza (politicamente falando) pendurando dun fío, que se convertera en vicepresidente. Dito doutro xeito, nunca unha dura derrota do BNG converteuse en doce vitoria para Quin, quen comezou a emular a política populista de Fraga na súa Galiza (festas, vellos e gaitas), intentando vender aos veciños e veciñas de Galicia que el era quen marcaba o paso do Goberno Galego.
Polo ben do país coido que é mellor que o PP non estea no Goberno galego, para o que sería necesario que acadara 38 deputados. Como non chegou a esa cifra, a Presidencia recaeu na segunda forza máis votada, a dos socialistas galegos/as (que aumentou 8 deputados con referencia aos comicios de 2001), apoiada pola que fora segunda e agora terceira forza en Galicia, o BNG.
O paso, queiran ou non, márcao o presidente de Galicia. O proxecto da Galiza do BNG cae tanto polo seu peso como incluso polo nome. Vénse de dar a coñecer que para a Real Academia Galega a única denominación oficial do país é Galicia, aínda que historicamente sexa lexítima tamén a de Galiza. O BNG impuxo nas súas consellarías, alcaldías e concellarías a denominación “oficial” de Galiza para sinalar publicamente a súa diferenza có Goberno de Galicia. Pero aí tampouco tiñan nin teñen razón.
O responsable do BNG, Quin, di que nas vindeiras eleccións galegas será esa a forza que marque o paso dende a Presidencia. O primeiro chanzo é o cambio de estrela. O segundo, ao igual que fixeron xa CiU e PNV (cós que comparte Galeuzca), ben pode ser pactar co PP esa Presidencia, facendo así certo o que escribe Arxides nun dos últimos comentarios en “Símbolos e nacionalismo. O Bloque colorea de azul a súa estrela vermella”.
Claro que, coma sempre, sempre se lle poden botar as culpas aos demais, salientando que os demais están errados e que a solución a todo só está en mans do Bloque.

Anónimo dijo...

Fai anos, fíxose o seguinte experimento con programas informáticos de traducción automática. Dábanlle ao ordenador unha frase en inglés pra que a traducise ao ruso. Logo, metíanlle esa mesma frase rusa pra que a volvese traducir ao inglés, e observaban a distorsión. Sometéronse a ese proceso miles de frases, e os resultados adoitaban a ser cómicos. Lembro que a frase inglesa inicial "A carne é debil, pero o espíritu é forte" dera como resultado: "a carne está estropedada pero o vodka é bó".

A mín ténseme ocurrido someter simboloxía diversa a un proceso similar. Imaxine que lle damos a imaxe dun "logo" político a alguén pra que o describa estrictamente con palabras. Logo, dámoslle ese texto a un ilustrador pra que recompoña unha imaxe axeitada. Posíblemente obteríamos resultados interesantes á hora de facer "evoluir" certos símbolos...
É unha idea que dou gratis a todos os encargados de diseño corporativo...

Anónimo dijo...

Fai anos, fíxose o seguinte experimento con programas informáticos de traducción automática. Dábanlle ao ordenador unha frase en inglés pra que a traducise ao ruso. Logo, metíanlle esa mesma frase rusa pra que a volvese traducir ao inglés, e observaban a distorsión. Sometéronse a ese proceso miles de frases, e os resultados adoitaban a ser cómicos. Lembro que a frase inglesa inicial "A carne é debil, pero o espíritu é forte" dera como resultado: "a carne está estropedada pero o vodka é bó".

A mín ténseme ocurrido someter simboloxía diversa a un proceso similar. Imaxine que lle damos a imaxe dun "logo" político a alguén pra que o describa estrictamente con palabras. Logo, dámoslle ese texto a un ilustrador pra que recompoña unha imaxe axeitada. Posíblemente obteríamos resultados interesantes á hora de facer "evoluir" certos símbolos...
É unha idea que dou gratis a todos os encargados de diseño corporativo...

Anónimo dijo...

Un diputado elexido polas siglas IR, durante a segunda República casara cunha muller que fora monxa antes de que as forzas masónico-republicanas expropiaran o convento, asunto éste que resultou, o da expropiación, menos traumático do inicialmente previsto para a muller en cuestión. Tiña a corpulencia dunha abadesa medieval ou tamén dunha cociñeira novecentista. De “sierva del Señor” converteuse con fervor e ledicia en “sierva” dunha pandilla de refuxiados na France do xeral Petain, indo e vindo da cociña para o comedor coa lixeireza dun globo, e servíndolle cada día un suculento xantar. Sentíase tan orgullosa do seu novo estado de casada que non soltaba unha frase enteira sen mentalo marido. “Mi marido por aquí… mi marido por allá…”. Parecía satisfeita de vivir en París, ainda que lle costaba asimilar que pola rue onde vivían, xusto á beira da estación de ferrocarril de Saint-Lazare, circulaba a todalas horas tanta xente “como por la calle de Alcalá en un día de toros” e por riba todos falando en extranxeiro.
A/A do Sr. Medela. Sección Matriarcado 1

Anónimo dijo...

Sección Matriarcado 2.
É unha muller de corpo miudo, afrebada pola rudeza dos días que nunca rematan, ainda que dispoñan, só que sexa por dispor das súas respectivas noites. Ten catro fillos, duas meniñas maiores, de nove e oito anos respectivamente, e dous cativos, homes, de sete e cinco anos; as nenas xa deixaron de ir ó colexo, aplícanse na casa e marcharon aprender á costura, e cosen para pagalo aprendizaxe e máis para pagalo sustento, que non abonda, e menos dende que o papái, os rapaces non saben moi ben porqué, tivo que fuxir á présa hai uns días, ainda que algo supoñen porque ós cativos no colexo dinlle que son fillos dun comunista. Comen todos do mesmo plato que prepara a hirmá maior e pon no centro da mesa, e reparte en trozos proporcionáis, mentres o hirmao pequeno cos ollos veloces trata de roubar un pedaciño que xa non chega. É de noite, e a muller do corpo freboso marcha deixando ós nenos ó cargo da hirmá maior, marcha coa noite e cos ollos agudizados, co branco querendo ser escuro, chaman á porta… nenos non abriades. E foron moitos días, quizaves meses ou mesmo anos, non libraron nunca das apreturas, polas que pasaron de nación co esprito imponente na mirada, e ainda miran así
A/A do Sr. Medela

Carqueixa dijo...

Para Rosa, sen acritude e sen que se me identifique como "bloquista", que, por certo, non o son, aínda que máis dunha vez, non sempre, dinlles o meu voto.
O Quin, coma todos os políticos, ten luces e sombras, e o seu labor político e a loita polo poder, como fan todos os políticos, incluídos os do PSOE e os do PP. Como estamos nunha democracia e o poder conséguese por medio do voto, poñénse todos os medios para acadalo, e un dos eidos que hai para o Capitán Quin é o de "festas, queimadas e demáis caralladas", como outros explotan outros eidos.
Deixando aparte o dos chiringuitos, como cualifican o do Consorcio, eu que coñezo o proceso dos Centros de Día, dos cales non vivo nin teño a ninguén enchufado, pódolle asegurar que non teño inconveniente ningún en acompañala a un deles, onde por certo está en "igualdade de condicións" sendo atendida a nai do Capitán Quin, e ver o labor que alí se está a desenvolver.
Afirmo ante quen sexa, porque o coñezo de cerca, que o dos Centros de Día, no que se atenden a unha morea de velliño/as impedidos e necesitados é unha das grandes luces de Vicepresidencia. Que despois tamén consegue os votos dos velliño/as, pois tamén se pode falar sobre iso.
Podíalle falar doutras cousas do bipartito que me decepcionaron profundamente, aínda que por iso non inesperadas, pois un xa é un pouco escéptico coa natureza humana e malia a luceciña de esperanza que un tiña acendida, a cabeciña dicíame que ía ocorrer o que está a ocorrer.
Saúdos

Anónimo dijo...

Mi muy estimado profesor don Marcos:

Su carta del día ocho me ha dejado hecho un mármol. La he leído y releído cien veces, sin atinar por qué razón se muestra Ud. tan airado contra mí, cuando no he dejado el estudio, ni menos jamás lo he mirado jamás con indiferencia, pues continuo en mi propósito de seguir una carrera literaria, y estoy bien persuadido de que sin estudiar no podré conseguirlo.

Es cierto que en los ratos destinados a distracción me entrego a juegos propios de mi edad; pero esto no me privará de demostrar a Ud. en el día del examen, que no es indigno de su cariño su alumno, que de corazón le quiere y desea darle un abrazo.

Julio Medela

Anónimo dijo...

ACTO III-MATRIARCADO

Un inmigrante galego, en Karakakpakstan, camiña silanderio camiño da pensión onde pára. Madrugada de domingo, vén da discoteca Walhalla, onde estivo a beber, en canto a súa supervisora -na empresa en que traballa- tentou facer amizade con el.

O galego, de vinte e seis anos de idade, nada dixo en toda a noite. Apenas ollou de esguella.

Estaba aterrorizado pola actitude da catalá, para el estraña forma de mantis relixiosa con acento fenicio, lonxe das matriarcais e astutas mozas ás que estaba afeito no seu país.

Cando estaba tentando meter a chave na porta do edificio de apartamentos, unha muller (que baixa dun Lada) se dirixe cara a el. Si, é Myrna, a peinadora, a amiga e confidente da súa patroa. Levaba dúas horas seguíndoo.

O inmigrante béixaa, fóra de si. Non ten medo ningún dela. É karakalpak étnica, ‘galega’ étnica coma el, estranxeira na súa propia patria. É dos seus. E Myrna deixa facer…

Despois do breve tormento, o galego esperta ao pé da “bonita” karakalpak de ollos achinesados. Síntese envergoñado. A bebedeira alá foi. Está a romper o día.

A seis mil quilómetros, na República dos Arraianos, a avoa do galego tamén esperta… Pensa no neto, e tamén cando beixou a fronte da súa avoa que acababa de morrer.

A catalá non ten ollos achinesados. A patroa, Kyra, tamén non. Aínda menos a avoa Concha.

Boa noite, Arxides

Anónimo dijo...

La frontera de JFQ

09.06.2008

CARLOS LUIS RODRÍGUEZ

A la hora de inspirarse, Anxo Quintana no ha recurrido a Ibarretxe o a Carod, ni mucho menos a Fidel o Chávez, sino a uno de los grandes mitos del progresismo liberal. La New Frontier de Kennedy se tranforma en Nova Fronteira en palabras del vice, y con ellas presenta los actos de la liturgia anual del 25 de Xullo, cuando el Apóstol escucha en estéreo las ofrendas que se hacen en la fiesta bipartita.

Sabe el quintanismo que a esa Galicia hacia la cual hay que ensanchar los pasos fronterizos no le dicen nada ni el mesías vasco, ni el republicano pintoresco, ni los dos dictadores salidos del Tirano Banderas de nuestro Valle Inclán. Más bien al contrario. A esa porción del país que quizá espera en la aduana a un BNG que no exija visados, esos nombres le producen rechazo.

¿Qué es el lehendakari sino el símbolo de un PNV empachado de poder que parece aburrirse con la gestión cotidiana, y que para distraerse mete a su pueblo en una aventura? ¿No queda claro con la crisis de la Esquerra que el independentismo de vodevil es el mejor regalo que se le puede hacer al enemigo? ¿Qué son las pompas y las obras de esos sátrapas sudamericanos, sino la prueba de que la revolución oratoria nada tiene que ver con el bienestar real?

Sin embargo, aún subsiste en sectores del BNG una fascinación por ese tipo de líderes, acompañada de un menosprecio por el progresismo real, como el que se plasmó en el vasto programa de reformas de la nueva frontera de JFK. Por eso la utilización del término puede parecer sólo un pequeño paso para el hombre, pero es un gran salto para la humanidad nacionalista.

Como lo es también un silencio clamoroso: el que ha merecido en el BNG el referéndum del susodicho Ibarretxe. Antes de que el estilo de Quintana impregnara la organización, la entusiasta reacción de apoyo hubiera sido inmediata, rotunda. El nacionalismo súbdito se habría sentido obligado a secundar sin más la iniciativa.

Gestos como ése hacían que la frontera fuese más difícil de atravesar para el galleguismo sin sigla, que otea el BNG en busca de signos inequívocos de moderación. Ahora el nacionalismo no se pone enfrente del soberanismo vasco, pero tampoco al lado. Forma parte de los asuntos exteriores. Es una monda de plátano que no hay que pisar, ni por descuido, ni por una mal entendida solidaridad nacionalista.

No tiene sentido ser solidario con una medida grave y traumática, para la que nadie pidió la opinión del BNG, ni tampoco alinearse con un modelo de nacionalismo que a día de hoy parece menos virtuoso que el gallego. Ahí están los números de las elecciones generales y la situación interna de unos y otros para demostrarlo.

Es como si el PNV y Esquerra, por hablar de los nacionalismos históricos que están gobernando, hubiesen vuelto a las viejas fronteras, es decir, a las que marcaban un territorio exclusivista, dogmático y tribal del que están excluidos los tibios. Ellos se repliegan en los dogmas, exhuman soberanismos y ofrecen de paso una gran oportunidad al PSOE para devorar parte de su espacio.

El BNG se esfuerza en caminar en otra dirección, y por eso resulta más incómodo para sus socios y aversarios. No tienen validez ni los antiguos manuales que describían al nacionalismo como epítome de la radicalidad, ni otros más modernos que esperaban toparse con un quintanismo bisoño en el uso del poder. Kennedy es su Apóstol laico, americano e inspirador, para hacer el 25 de Xullo una ofrenda distinta.

Anónimo dijo...

Isto sí é mesturar allos con bugallos.

Anónimo dijo...

Kennedy ou Obama? En que quedamos?

Anónimo dijo...

Para o Anónimo contención. < a href="http://es.youtube.com/watch?v=i-lmfvOOh2U"> Contención amigo conductor