7 jun 2008

Timor Leste, a illa do Sol (en Terras de Acolá)

Recibín unha mensaxe do amigo Luis Menéndez: “Mirade ó de Timor este sábado, ou como nos entendemos en galego no Extremo Oriente, a 22.000 qms..”.
E vin o programa, por suposto, o “Terras de Acolá”, do que xa falamos ben aquí (ver 16 marzo). E, en agradecemento, vai aquí un breve resume do mesmo.
País independente dende o 2002, está na área da cultura portuguesa no mundo. Unha parte da illa pertence a Indonesia.
Terras de arroz, bananais e plantacións de café. Dende o 1515 andou por alí a presenza dos misioneiros e conquistadores portugueses. E hoxe, a tantos miles de quilómetros, segue sendo visible esa pegada lusa: velaí o Menéndez, no programa, entendéndose, en galego, cos habitantes da illa.
A reportaxe salienta tamén a pegada da cultura chinesa e do catolicismo, que os diferenza dos veciños indonesios (o maior país musulmán do mundo). Vemos imaxes dos túneles que furan a illa, feitos polos xaponeses na segunda guerra mundial, onde hoxe xogan os nenos.
A illa foi colonia portuguesa ata 1975. Logo invadiuno o xeneral Suharto coas tropas de Indonesia. En 1999 aprobaban un referendo de autodeterminación: quedaban douscentos mil mortos dese período de 25 anos.
A reportaxe fala ademais do heroe independentista do FRETILIN (Fronte de Liberación de Timor); Xanano Gusmao, e entrevista ó arcebispo Ximenes Belo e o avogado Jose Ramos Horta, actual presidente, os dous premio Nobel da Paz (nas fotos). Este último fala do seu país como unha terra contraditoria, un pobo guerreiro e pacífico á vez. Cunha moi alta diversidade étnica e lingüística: coexisten 16 linguas autóctonas e son oficiais o portugués e o crioulo (tetu): no ensino poténciase a excelencia do portugués co crioulo como complementario.
E algunhas notas de gastronomía, economía e crenzas. Manteñen, xunto co catolicismo, o animismo: nos camiños vense túmulos animistas feitos con caveiras de búfalo. No plano económico, aspiran a vivir do desenvolvemento agropecuario e do petróleo, ata agora explotado por Australia. O deporte nacional é a pelexa de galos, cunha extrema violencia. Unha lenda di que a illa foi creada, como o mundo, por un crocodilo: e ven nas súas montañas a imaxe do réptil deitado.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Falando de pelexas de galos…

O texto antropolóxico máis famoso de todos os tempos é o célebre estudo "Xogo profundo: notas sobre a pelexa de galos en Bali", do gran antropólogo norteamericano Clifford Geertz, maxistral exemplo de “descrición densa”.

Para Xoán da Cova: Se non o coñece, penso que a vostede lle ha gustar especialmente.

Anónimo dijo...

Tarda un pouco en abrir a ligazón, mais paga a pena.

Anónimo dijo...

Pois sí que está interesante. Xa está no "kingston".

Anónimo dijo...

Vín unha película en Montreal, basade en Chomsky e o estudo dos medios de comunicación onde él denunciaba a hipocresía do seu país, os EE.UU. de América do Norte. Viña a decir que aquiles xenocidios onde eles estaban implicados eran silenciados nos medios, apenas unhes metros de noticias en varios anos de estudos de xornais. En troques os xenocidios onde estaba implicado o "enemigo", os comunistas, eran pasto dunha propaganda inmensa, como no caso de Camboia. Moi desproporcionada.

Parece que os ianquis non toleraron que ganara o fretilin, guerrilla Católico-Marxista e conviñeron con indonesia que invadise a illa. Pregáronlles que agardaran a que Gerald Ford (creo que era él), abandoase a illa, estaba de visita. Unhas horas ou escasos días despóis consumouse a invasión. Morreron xornalistas (australianos, aghora meteron os fuciños, os deste país), lembro que un decía: a tensión corta o aire...faleceu.

Hai que lembrar que detrás da operación de aniquilamento andaba o inefable Enrique Kisinguer, nóbel da paz e armadanzas dos golpe de chile. ¡Presente!.

O que estaba en xogo era un paso de submarinos por dediante da illa.

O xenocidio que practicaron os indonesios foi de un tercio da poboación ( igual que a peste negra). Imaxinade duascentas mil persoas, pero era un tercio da poboación. Detrás,según Chomsky, estaban os Ianquis, o seu país.
O xenocidio dos Jemeres , non queremos xustificar nada, pode estar en torno a sexta parte da poboación, pero a atención que lle prestaron os medios "hexemónicos" ocupaba unha cancha de baloncesto. E os medios do imperio sempre falaron por encima da realidade.

Chomsky fixo un símil, traducindoo a tiras de papel encolado un detrás de outro.

Cando retornei do exilio do Canadá, ano 1993, lembro terllo comentado ó Markus porque me interesaban os clubes onde se traballaban estas cuestións, analizar os medios de comunicación e leer entre líneas, comparando con outros de menor difusión ou de outra ideoloxía. Había verdadeiras perlas que pasaban desapercibidas do gran público. Chamábanse estes clubes, perdoade non quero buscar o diccionario, "literaty média". Xa o comprobarei, non sei onde teño a reseña do filme, pero Chomsky estivo extraordinario.

Hoxe, esta tecnoloxía que estamos a usar facilita todo, daquelas eses clubes tiñan un mérito incontestable.

Hai que lembrar que si volveu a democracia e a liberdade a Timor non foi por a loita, de pouco valeu, é máis ben que recanto xa non tiñá ningún valor estratéxico, nin constituía amenaza para o imperio.

Aghora andan enzoufando os Australianos, Que intereses teñen estos?. Alguén mo pode decir?.

Anónimo dijo...

Os australianos tentaran, seica, que Timor Loro Sae se distanciase de Portugal e da CPLP (Comunidade de Países de Língua Oficial Portuguesa); supoño que terían pretensións hexemónicas. Con todo, a referencia de Portugal foi elemento importante na resistencia contra Indonesia, e o vínculo afectivo moi forte.

Mágoa que non dean estabilizado a situación, despois de toda a esperanza suscitada a partir do 1996.

Anónimo dijo...

Para X.M.González.
Ben a resistencia xa foi, con todo o que tivera de afectivo, aghora ten que haber outros motivos para os Australianos andar a cachafurnear.

Ben puderan ser de tipo económico. Cales?. Porque territorio a xente dos Kan-go-ros non lles falta.

Anónimo dijo...

Petroleo

Anónimo dijo...

Sempre me pareceu que era unha cuestión xeoestratéxica: saíndo Timor Loro Sae de Indonesia, podería Australia situar un peón na Sonda. Ora que se hai algún recurso enerxético, aínda se volve a cousa máis interesante.