9 jun. 2008

A FAME: FRACASO EN ROMA
La Región 9 xuño. Imaxe de I. Lloret

O cumio da FAO. Fracaso total en Roma, no cumio da FAO sobre a fame no mundo ó que asistiron un total de 183 países. Iso contan os xornais. Nin sequera se puxeron de acordo nas causas da carestía dos alimentos: a especulación, os monopolios da distribución, o cambio climático, o proteccionismo dos países ricos, os efectos reais dos biocombustibles, etc. Cada país defende os seus propios intereses. O real é que cada 30 segundos morre un neno de fame e cada día son 25.000 seres humanos as vítimas da fame. Un problema de 850 millóns de persoas, pero que non lle restará tempo nas televisións á Eurocopa nin ós reality-shows, non hai caso. Esoutro día a escritora Rosa Pereda reclamaba nun artigo: que alguén nos explique por que millóns de nenos van morrer de fame?. É unha pregunta vella: rematamos o século XX con moitos encontros semellantes que proclamaban que a fame ía ser un problema do pasado. Pero os especialistas recoñecen que a crise alimentaria durará cando menos ata o ano 2015: dá pavor facer contas dos millóns de persoas condenadas á desesperanza que iso significa.
(o artigo completo en comentarios)

3 comentarios:

marcos valcarcel dijo...

A FAME: FRACASO EN ROMA
Marcos Valcárcel

Timor Leste. O xornalista ourensán Luis Menéndez é un dos mellores ollos da TVG mundo adiante: demostrouno percorrendo os países celtas de Europa e agora con “Terras de Acolá”, percorrido pola pegada da cultura portuguesa no mundo. O sábado pasado permitiunos achegarnos a Timor Leste, un país sempre envolto en guerras, dende o 1515 en que chegaron os portugueses ata o 1999 que logrou a súa independencia, con Xanano Gusmao, o lider do FRETILIN. País católico (á beira de Indonesia, o país de máis fieis musulmáns do mundo), pero onde sobreviven crenzas animistas e achegas culturais chinesas. Cunha economía baseada no arroz, nos bananais e nas plantacións de café, ademais do petróleo, que explotan os australianos. A reportaxe entrevista ó arcebispo Ximenes Belo e ó avogado José Ramos Horta, actual presidente. País de múltiples etnias, con dezaseis linguas autóctonas e o crioulo (“tetu”) e o portugués como linguas oficiais. Con todos eles enténdese moi ben Luís Menéndez dende o seu galego, lingua nai do portugués: a vinte mil quilómetros de distancia.
Do inimigo, o consello. Iso di o dito popular. Digamos mellor do adversario, fóra a linguaxe belicista. Da crise do PP, que segue sen pechar as súas feridas, está case todo dito. O amigo Ian compara no seu blog “De paso” a crise das dereitas española e mexicana. Paga a pena traer aquí a súa conclusión final: “Integrismo católico, uniformismo españolizante e inmobilismo especulativo nos mercados son os tres cabos que forman tamén o nó de aforcado que encora ao Partido Popular. O seguidismo do programa COPE, a sacralización do unitarismo estatal e Pizarro como homo oeconomicus son a fórmula fracasada o 9-M. Mariano pode gañar o Congreso pero resulta moito máis dubidoso que a dereita sociolóxica se alivie significativamente deses tres compoñentes neocons nos que macera desde o 2000. O cisma entre o PP-liña Rajoy e unha parte do seu zócolo socioelectoral é o prezo por purgarse do «faescismo». Economía de risco: perder agora para gañar máis tarde. Aí mídese a viabilidade política do marianismo”.

Famento dijo...

Teño fame.

marcos valcarcel dijo...

pARA famento: tampouco é este un tema para brincadeiras, non?