15 jun 2008


A mirada retida (La Región 14 xuño 2008)
A PONTE NOVA.

Xa dicía don Vicente Risco, nun texto dos anos 20, que a chamada Ponte Nova nunca podería competir en elegancia coa Ponte Vella. Situada sobre o antigo “Porto Vello”, abría aínda máis as comunicacións co concello de Canedo e coas saídas a Vigo e Santiago. O deputado liberal Vicente Pérez iniciou en 1895 as xestións para a súa realización, pero as obras non empezaron ata 1911 e só se inaugurou sete anos despois, o 13 de xaneiro de 1918. Representa a chegada á urbe das novas tecnoloxías de ferro da arquitectura contemporánea. Seica da man de enxeñeiros e proletarios vascos. Significa máis cousas: o apoxeo dunha clase obreira cada vez mellor organizada que once anos despois inaugurará unha flamante Casa do Pobo preto do Posío. Nas beiras do Miño, baixo as pontes, celebrábanse os xantares de romaría do Primeiro de Maio nos comezos daquel século, como lembra “Xente ao lonxe”. Cando eramos nenos baixo os seus piares acubillábanse os carromatos xitanos: semella que pasaron cen anos desa lembranza.

57 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Non era Vicente Risco un reaccionario antiprogreso tecnolóxico? ¿Non gustaría dunha Arcadia rural e paleotecnolóxica?

Anónimo dijo...

Pepe, es máis pesado ca unha vaca en brazos ¿Por qué non deixas de facerche o gracioso con tanta pregunta? ¿Non ves que estás a cair antipático?

Anónimo dijo...

¿Por que fala en nome de todos cando só está emitindo a súa opinión persoal? ¿Quen lle deu permiso para erixirse en portavoz? E vostede qué: ¿cae moi simpático?

Anónimo dijo...

¿Non sabe que preguntando se chega a Roma? ¿Que facerse preguntas é o modo de avanzar no coñecemento?

Anónimo dijo...

Don Pepe: Un pouco de respecto para don Vicente Risco. Máis nada. Só un pouco de respecto.
Por favor.
Grazas.-

Anónimo dijo...

goto das sus perguntas pepe, levam un fundo con muito socaire

Anónimo dijo...

¿Ten lido algo de Risco, don Júlio Medela?

Anónimo dijo...

Non. E tamén non teño lido nada de don Marcos Valcárcel, que tamén está a levar a cabo un inxente traballo en prol da cultura nacional, (p.ex. neste blog) e tamén foi infelizmente maltratado de palabra na súa propia casa.

De todo o modo, lamento o ton crispatorio da miña intervención.

Saúdos, sr. Preguntas.-

Anónimo dijo...

¿Non será que confunde o respecto coa reverencia acrítica que o que fai con Risco é fosilizalo no canto de entendelo?

Anónimo dijo...

Desculpará, don Pepe, mais eu non teño abondo nivel cultural para manter unha dialéctica con Vde. E tamén, e non o tome por mal, non gusto de sofrer interrogatorios.
Boa noite, señor.

Anónimo dijo...

Medela, creo que Risco está enterrado en Allariz, no cemiterio de arriba. Non sei como carallo é que os de Allariz sempre andades trazando liñas divisorias (barrio de arriba, barrio de abaixo; cemiterio de arriba, cemiterio de abaixo; Bloque de arriba, bloque de abaixo...). Cando poda, lévelle unhas flores ao "mitteleuropeo alaricano" de parte do Pepe Preguntas e deste Anónimo. E ollo co viño, que o que serven no "miringalla" da Praza de arriba (no Santuario dos Milagres do Bloque non hai maneira de librarse de arriba e abaixo) estalle moi bon, que eu xa o teño probado. Grau arriba, grau abaixo, as botellas do "miringalla" andan nos 12´5%. É ou non é, Don Julio?

Anónimo dijo...

Eu teño pensado ler este verao aqueles sete ou mais volumes das obras completas de Don Vicente, menos o de Satanás e o das Tinieblas, que me dixeron que eran de terror metafísico e que daban moito medo. Don Julio, faga coma min e non se meta neses, que logo veñen os pesadelos nocturnos. E non se lle ocurra pasar de noite por los arredores del cemiterio de arriba, que Satanás no descansa y las Tinieblas lo acechan a uno.

Anónimo dijo...

Ao PPreguntas había que poñerlle un blo só pa el. Sen ninguén mais. El mismo faría as preguntas, agardaría uns momentos, e logo contestaríase a si mesmo.

Como unhas preguntas levarían a outras eu creo que co tempo acabaría sufrindo un curtocircuito. Sr Troll PPreguntas, vaia r...

Anónimo dijo...

Señor Anónimo das 11:58:oo PM, por min que lle poñan ao Pepe un bló para el só, pero primeiro deixe que me axude a pagar as flores para Risco que Don Julio se encargará de levarlle ao cemiterio de arriba, ao pé das escaleiras que levan ao de mais arriba, que o cemiterio de arriba componse tamén da parte de abaixo e da parte de arriba. E non é coña, que aí está Don Julio para confirmalo. Boas noites aos de arriba e aos de abaixo. E aos do bló para eles sós.

Anónimo dijo...

Home, tanto como reaccionario é moito decir. Pero un "cheiriño" de desconfianza hacia os progresos tecnolóxicos eu sí que o percibín nos seus escritos. Pero non se pode xuzgar eso cós ollos de hoxe. Esa actitude era a usual entre xente culta a principios do s.XX. E tamén esa era a actitude de moitos xenios da ciencia, que diferenciaban o coñecemento científico das suas aplicaciós tecnolóxicas.

Eu non sei se vostedes lembrarán que, cando eramos nenos, a meirande parte dos profesores rexeitaban as máquinas calculadoras.

Cóntase que Einstein visitóu a rotativa dun importante xornal. O director, orguloso da maquinaria, íballe explicando todo o proceso de impresión, que estaba automatizado. Ante a pregunta "Qué lle parece, profesor?", Einstein respondéu: "Sólo falta a máquina que o lea".

Anónimo dijo...

Medela d´arriba ou d´abaixo, que non sei, contestar non lle contestará ó PPreguntoiros, pero carallo se pr´outras cousas non fala de máis con esa incontinencia tecleal que o caracteriza, sempre pra riba e pra baixo coa Kyra co carallo (con perdón) e todas esas macanas de troll de mil nomes chupa pantallas que cansarían a pacencia de don Vicente querido pero non lido por vosté, señor incontinente, vai ter que visitar un especialista, pesadísimo que se pon, home, non ve que ninguén lle sigue o rollo, a ver se contesta e fala coma as persoas normais e deixa de tantas macanas de Zarraplaquistán e demais pendejadas darriba ou dabaixo, que tampouco lle sei ben, señor.

Anónimo dijo...

Da Coba, non sabe o que se bota de menos a súa presenza e efecto: neste e outros casos, matizando o tópico, sexa interrogativo ou non.

Leven boa mañá.

Anónimo dijo...

Anónimo das 7:25, dice textualmente o diccionario xerais: "Non se fixeron as pérolas para os porcos".

Anónimo dijo...

Contención, que diría ese anónimo anónimo que pide contención sempre e cando non están metidos o apicultor e d. marcos. Por certo Apicultora/o, estás enganchada/o, non ves que o ranking te delata.
PD. Graciñas Dacova

Anónimo dijo...

Grazas polas súas palabras, amigo Xosé M. González. Alégranme o día.

Eu non teño que correxir un "enxame de exámenes" coma vostede, pero teño varios frentes de actividade que resolver pra non caer na "parálisis por análisis" e quedar "colgado" como o ordenador . Posiblemente comente pouco estos días. Vai por ciclos, como os biorritmos.

Estou agora mesmo relendo "Morfología del cuento" ,de Valdimir Propp. Delicioso. Quen sabe. Igual prá próxima temporada me poña a escribir relatos, ou guiós de películas...

Anónimo dijo...

Ñoo ko bokk, Sempronia.

("De nada, en wolof". Lit. "Nós compartímolo", có senso de "o ben é para os dous").

Anónimo dijo...

O Apicultor padece unha forte adición que lle vai a dar problemas.

Anónimo dijo...

É verdade que había serias cautelas ao progreso, mesmo por parte de xente culta. Como agora, por outro lado. Pero esa xente, culta, era normalmente tildada de conservadora e reaccionaria. Pero si, culta podía ser. O de non xulgarmos cos nosos ollos o pasado tampouco non pode levarnos ao proceso inverso e deixar de valoralo.

Anónimo dijo...

¿Por que hai algúns tan obsesionados co Apicultor a pesar de que estea calado?

Anónimo dijo...

¿Como se di en galego normativo: perlas ou pérolas?

Anónimo dijo...

¿Por que hai algúns que están obsesionados cos que disque están obsesionados co que disque está calado Apicultor?

Anónimo dijo...

Por que non fai coma os nenos de dez anos, que xa saben consultar un dicionario? Vaia, ho, vaia, a ver se se lle pega algo

Anónimo dijo...

Anónimo das sete e vinte e cinco atinxe a xenialidade cando fala de Zarraquixplán e das demais macanas e pendejadas.
Roberto D'Aubuisson non o tería feito mellor.
Grazas, señor.-

Anónimo dijo...

¿Pero vostedes non o saben todo?

Anónimo dijo...

CASE, sr. Preguntón. Pola vaina esa dese case, aquí lle estamos con estas pendejadas.

Anónimo dijo...

Teño que recoñecer que Pepe o Preguntas me cae simpático, ocurrente e deliciosamente non-ofensivo... Un estilo Risco do "Porco de pé".

Anónimo dijo...

E tanto me leva falado o Júlio do tal Apicultor, que tamén lle quero. É como se fose da familia.

Anónimo dijo...

E o meu rapaciño ferralleiro tamén fala nun tal Leituga The One, que seica anda a espereita do que aquí se fala e pouco colabora...

Anónimo dijo...

Este soy yo Lutgarda, confía en mí, soy un especialista.
Recuerda, Bufete de avogados laboralistas y para cánidos de D. Eleuterio Inciso Contuso, de nuevo con Vds, todo tipo de servicios

ELEUTERIO INCISO-CONTUSO

Anónimo dijo...

Don Julio, e do cemiterio de Allariz e do "miringalla" que lle citou un Anónimo, non pensa dicir nada? Teña unha deferencia co pobre Anónimo.

Anónimo dijo...

E da superbonita e supersimpática e superglamourosa Mary, a xerente -propietaria do Micalla {'Miringalla'}.

Mañá vou facer un acto de desagravio a don Vicente, no cemiterio (de arriba).

Prometo enviar fotografías e comentarios.

Estou cansado, cansado, cansado, deste luns horríbel e gris...

Saúdos, amigo Anónimo, pensei que a ninguén interesaban os meus comentarios.

Anónimo dijo...

Desconfiar do progreso tecnolóxico; propor manexalo con sentidiño; mediante un certo distanciamento (alternativo ao abraio) ver de tornar empachos ou secuelas perniciosas, non debe ser tildado de reaccionario. Xaora, considero imprescindible o discurso, literario ou non, que expresa as devanditas renitencias; quen sabe que progreso habería sen elas.

E, claro, convén avaliar o pasado con ollos do pasado. Que non quere dicir, obviamente, transplantar permanentemente os propios ollos de un.

E volvo ao outro. Boa mañá e bo día.

Anónimo dijo...

Os progresos tecnolóxicos, sobre todo os aplicados á satisfacción de necesidades da vida cotiá, incrementan o "nivel de intelixencia" do entorno, pero non estimulan a nosa propia intelixencia, na maioría dos casos. Outra cousa é que eso importe ou non. Eu, particularmente, prefiro que a intelixencia esté na miña cabeza que nos electrodomésticos ou nos coches. Pero tamén é certo que pra moitísima xente a preferencia é xustamente a contraria.

Anónimo dijo...

O rexeitamento do progreso non soe ir acompañado de sutilezas. Nin de sentidiño. A abominación do moderno é dunha peza, porque o receo ou temor sempre ten esas características. A renitencia da que fala o amigo Saavedra non é tal, aínda que veña así disfrazada: é unha mera prosapia do antigo, do inconmovible, que soe coincidir coa infancia que un viviu. Velaí a profundidade cronolóxica do pasado. Síntoo, pero só os partidarios do progreso son quen de elaborar discursos máis elaborados.

Anónimo dijo...

E, por certo, cales son os ollos do pasado?
Eu, que xa cos meus, teño bastante para confundirme, como para saber como eran aqueles.

Anónimo dijo...

E que aquí entra todo a machada.

A señora (en provecta idade) de Cristosende que leva debaixo da 'toquilla' unha sudadeira rotulada: "Héroes del silencio".

Ou a de Senderiz, Lobeira, que vén da novena da capela da Virxe das Neves cun gorro de la co símbolo da marihuana.

Anónimo dijo...

Ou, esquecía, o rapaz underground, fillo de médico e farmacéutica que anda pola facultade de enxeñería con chancas e coroza.

Anónimo dijo...

Ollos do pasado, notoriamente, é expresión figurada; para figurar que, de querermos entender, convén escoller o entendedoiro adecuado. A min interésame entender, non exclusivamente autoexplicarme.

Anónimo dijo...

A profundidade cronolóxica pode, en efecto, limitarse á evocación infantil co corolario -se houbo- de amparo e agarimo; ora que tamén pode asentar en cinematográfica experiencia, non necesariamente de cartón pedra e ouropeis. Polo demais, postos ás grandes palabras eu fago o meu contributo: progresolatría. Crítica non pedirá certa renitencia?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Os ollos do pasado é unha construcción do presente e , porén, inzada de prefiguracións modernas. Non imos ter outra posibilidade que afinar a mirada, pero non suxeitarnos a unha inventada perspectiva, sempre falseada.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Ser favorable ao progreso como ás relacións amorosas con donas como Sharon Stone non implica latría.

Anónimo dijo...

Velaí: tales arroubos poden rematar en acoitelamento imprevisto.

Anónimo dijo...

Que lle hei dicir a vde... interpretar o Medievo ou o XVII implica tentar calzar as súas calzas. Coidado co das prefiguracións, que malia as filias un non sempre está en clave romántica. E haxa boa noite.

Anónimo dijo...

Leu vostede moito a Batjin, Saavedra?

Anónimo dijo...

Bajtín é o mesmo que Bakhtin?

Anónimo dijo...

Estáballes ben aparente o Saavedra onte facendo kilómetros polas inmediacións do Parque Rosalía. Como se nota que xa remataron as obligacións profesionais e escomenza o culto o corpo.
E agora que naide nos escoita, unha confidencia: Segundo dí a miña dona e dos homes máis atractivos de Lugo.

Anónimo dijo...

Lugo é unha aldea.

Anónimo dijo...

Unha aldea na que se está moi ben, pódese pasear sen que o embistan a un e cómese de fábula.

Anónimo dijo...

Non acredito, amigo Delapierre. Pero díganos: levaba chándal? Deportivas? Gorrilla? Conte, conte: non vai quedar no superficial.

De todas formas, a min quédame a dúbida de se non foi no Recatelo onde viu correr a Saavedra.

Anónimo dijo...

Saavedra tenlles un uniforme atlético moi característico. Camiseta branca marcando, calentador -non sei como se dí- negro de media perna e zapatillas clásicas con carpíns brancos de deporte. As veces leva un pulsómetro ou un reló xa que elles un maratoniano popular e nunca o ollei cuberto, por que o sol non-o dana, xa que pode presumir de cabeleira, non coma outros.
E como corría con dirección ó parque, xaora que estaba en Recatelo, que unha esquiniña entrañable da aldea, onde hai bós bares, cervezerias, e casas de comidas de renome mundial.

Anónimo dijo...

De verdá que con esta pinta non queda máis remedio que envialo a un campo de reeducación a Siberia a -40ºC. Como se chama el julai: Saavedra?

Anónimo dijo...

Xúrolle beria que ó Xosé Manuel é o único que non-o merece de todos nós. Elle tan riquiño.