15 jun. 2008

Premios Nacionais da Cultura Galega 2008

Estabamos convidados e fun a Compostela, con Afonso Monxardín, á gala da entrega dos Premios Nacionais da Cultura Galega. Do acto falarán hoxe os xornais, así que só deixo unhas pequenas notas complementarias.
Dos premiados, os máis aplaudidos foron, xa antes de falar, Isaac Díaz Pardo, Manuel Lourenzo e Ferrín. O discurso máis simpático e breve foi o de Isaac, que só lembrou a famosa anécdota de cando Unamuno recibiu un premio de mans do rei Alfonso XIII:
- Sorprendeume vostede, díxolle El Rei, por non usar a fórmula retórica de que non o merecía.
- É que eu si o merecía, dixo Unamuno.
- Pero os outros premiados declararon que non o merecían.
- E iso tamén é certo, rematou Unamuno.
Os xornais recollerán, supoño, outros datos do acto. Ben elaborados os discursos de Díaz-Fierros, reivindicando a ciencia como cultura, e de Margarita Ledo, lembrando a Carlos Velo e reclamando un cine en galego. O discurso de Ferrín, como sempre, rotundo e contundente, agradecendo á consellería a feliz idea de lanzar os premios. Antes del Manuel Lourenzo fixera un pequeno chiste-aceno ó pronunciar “Galiza” (como escapando, por se lle pegaban) e Ferrín na súa intervención debeu sentirse provocado e deletreou “Galicia”: foi unha das anécdotas da xornada.
O espectáculo paralelo gustou bastante, polo que oín: Mercedes Peón e o Centro Coreográfico Galego, algunhas pezas de jazz e música clásica e un “Lingua proletaria do meu pobo” a ritmo de rap (confeso que isto non me entusiasmou): dende logo unha estética moderna, moi arredada da tradicional nos encontros culturais da etapa fraguista.

Ó remate, en forma de cóctel, tivemos tempo para charlar un pouco con Ferrín e felicitalo, claro, e eu quixen tamén felicitar en persoa a Margarita Ledo, máis que nada polos días do pasado, ela xa sabe. Tamén houbo anacos de conversas con amigos como Ramón Villares e Berta, Antón Baamonde, Henrique Monteagudo, Lourenzo Fdez. Prieto, Cristina Berg, etc.
Tamén foi bo momento para saudar, ás presas, a moitos outros amigos/as, como Suso de Toro, Avelino Pousa Antelo, Xelucho Abella, Clodio González, Rosa Aneiros, Felipe Senén, David Otero, Anxo Angueira, Nemesio Barxa, Olivia Rodríguez, Tuco Cerviño, Lois Celeiro, Ramón Caride, Encarna Otero, Xabier Puente Docampo, Xosé Mª Lema, Antía Otero, Iñaqui Basallo, entre moitos, moitísimos máis, outros. A Manuel López Foxo,compañeiro de mili nas Andalucías, creo que non o vía dende os anos 80. En fin, unha xornada agradable e chea de acenos culturais. (Das autoridades, por se a alguén lle interesa, presidía Touriño e asistían o vicepresidente Anxo Quintana e creo que todos os conselleiros do BNG; tamén vin por alí ó Secretario Xeral socialista Fernando Salgado).

Con motivo dos premios a Consellería editou un fermoso catálogo con textos, entre outros, de Anxo Angueira, Olga Novo, X.M. Beiras, Xavier Seoane, Pilar García Negro, H. Rabuñal, Manuel Rivas, I.Díaz Pardo, Carmen Blanco, Alonso Montero, Darío Xohán Cabana, Albino Prada e Iñaqui Basallo, que explica a simboloxía da peza escultórica en castiñeiro que se entregou a todos os premiados.

53 comentarios:

Pepe Preguntas dijo...

¿Podía falarnos da calidade do cóctel? ¿Que era o máis sobresaínte, que estaba máis rico? ¿Foi abundante? ¿Volveu con fame e tivo que petiscar algo ao chegar a súa casa? ¿E das bebidas que nos di: eran variadas, estaban frescas, que foi do que máis se bebeu?

arume dos piñeiros dijo...

Mojitos ou cubalibres? Je, je. Parezo PP Questions.

Anónimo dijo...

Quen foi a mellor vestida?

marcos valcarcel dijo...

Do cóctel, moi normaliño. Suficiente, entre moderno e enxebre: o polbo estaba bo. Das mozas, case todas moi elegantes,p.ex. M. Ledo, e non digo máis.
Si anotei, en varias conversas, o peso do sector TVG-audiovisual-radio: en tempos só había literatos nestas cousas; agora case son minoría, pero sobran as caras coñecidas audiovisuais.

arume dos piñeiros dijo...

Aparte do Petronio da literatura galega (adiviñen), quen era o millor vestido?

Pepe Preguntas dijo...

¿Non cren vostedes que se o cóctel foi "normaliño" e "suficiente", algo moi grave está a suceder? ¿Que imperceptiblemente, en medio da pasividade total, se están a perder as esencias máis prezadas da nosa cultura tradicional? ¿Que se desaparece a "cultura da enchenta" Galicia xa non ten futuro, que está condenada ao fracaso e á esterilidade máis absolutas?

arume dos piñeiros dijo...

Pero se, como di o noso anfitrión, predominaba a liña televisiva, a paparota, de sempre relacionada co sedentarismo simposíaco da literatura, licores cafeses incluidos, vai morrer en nadiña. Xa pode Ferrín escribir un artigo en que ademáis de pedir aumento de premios vaia solicitando máis contido nos pratos.
Por certo, o polbo en madeira ou en pratos de Sargadelos?

Pepe Preguntas dijo...

¿Non cren vostedes que é unha grave contradición que nuns Premios Nacionais de Cultura se desprece e se faga caso omiso a un dos sinais de identidade máis característicos de Galiza/Galicia como é a "cultura da enchenta"?
¿Non consideran que a globalización de costumes nos está a invadir e que a Consellería de Cultura tiña que ser a primeira en reaxir para impedir que se instale entre nós o xérmolo da autodestrución como pobo? ¿Que tiña a obrigación, ética e política, de agasallar aos asistentes cunha "mesa farta" e así demostrar que a nosa identidade ten futuro?
¿Nestas condicións de colonización culinaria e de costumes alleos, que valor poden ter os Premios Nacionais de Cultura?

Pepe Preguntas dijo...

¿Estase a producir e a agrandar unha irreversible fenda entre a "cultura oficial" (a das elites culturais e políticas) e a "cultura real" (a do pobo)?

Anónimo dijo...

Don Marcos: ¿Faltou alguén? (xa me entende. As invitacións supoñen tamén peneirar e desbotar o "farelo")

Pepe Preguntas dijo...

¿Non pensan que a esta frase pronunciada durante a entrega dos Premios: "Para que exista unha cultura hai que vivila", lle falta algo? ¿Algo fundamental sen o cal a cultura e a vida non teñen sentido?
¿Non cren que sería mellor que dixese: "Para que exista unha cultura hai que vivila... e para vivila hai que comela"?
En consecuencia, ¿non cren necesaria unha campaña a nivel nacional que proclame o noso orgullo culinario e que defenda a nosa identidade baseada na tradicional "cultura da enchenta" que nos identifica como pobo?
¿Imos deixar que os globalizados canapés de pan de molde troceado e untados con salsa industrial de cor rosa substitúan á empanada, á carne ao caldeiro, ao churrasco, á caldeirada de peixe, ao polvo cocido con cachelos e pementón, á bica, ás torradas, ás filloas, etcétera?
¿Imos consentir impávidos este brutal atententado contra a nosa identidade? ¿Non habería que amosar o noso rexeitamento como pobo ante esta nova aldraxe, erguendo un novo "Nunca Máis" de dimensións xigantescas?
¿Onde están os verdadeiros patriotas? ¿Comendo esas trapalladas homoxeneizadoras de orixe imperialista que uniformizan o mundo? ¿Vai triunfar a McDonalización? ¿Ímolo permitir?

Anónimo dijo...

Despois do que ten chovido, suponse que todos pagaron a escote ao saír !!!

Anónimo dijo...

O discurso máis simpático e breve o de Isaac, que só lembrou a famosa anécdota de cando recibiu un premio de mans do rei Alfonso XIII:
A verdade e que non contaba eu que o Sr. Diaz Pardo fora tan maior.
Conservase moi ben.

Xosé M. González dijo...

Élles culpa do Touriño, que igual có Alfonso Guerra debe ser un repunante para comer. É o deste último anónimo, de libro: como non, ímolos poñer bonitos desde aquí.

[Desculpen a liberdade o Arume e mailo presi: para ambos casos, é puro falar barato. E haxa boa xornada].

Xosé M. González dijo...

Referíame ao anónimo penúltimo, o do escote: o outro escorregouse mentres eu redactaba.

marcos valcarcel dijo...

Preguntan vostedes demasiadas cousas. O polbo era en prato de madeira, creo, estilo feira.
Das ausencias que pregunta un anónimo, non sei a quen se refire. Podía haber alí un mínimo de 400-500 persoas e, por suposto, non as vin a todos. Non vin, con todo, algunhas personalidades que xa sospeitaba que non estarían (F.R., X.A.M.), pero ó mellor estou errado e si estabna ...

marcos valcarcel dijo...

tAMÉN podo engadir que os debates do xurado para escoller os premiados creo que foron grandes, mesmo non había moito acordo nas categorías dispostas.
Dixéronme que se valorará que os premiados, ademais da súa valía profesional en certos campos, tiveran sempre claro un certo compromiso coa cultura e, s.t., co idioma galego: iso eliminou algún dos nomes inicialmente propostos.

Anónimo dijo...

Acabáramos... Só falta que recoñezan a Julián Ríos, non te fastidia.

Pepe Preguntas dijo...

¿Pode alguén aclarar se o que dixo Díaz Pardo sobre Alfonso XIII se refería a si mesmo ou é que contou unha anécdota que lle aconteceu a Unamuno facéndoa súa?

Pepe Preguntas dijo...

Dado que Díaz Pardo naceu en 1920 e que Alfonso XIII deixou de ser rei de España en 1931, ¿non lles parece raro que o rei lle dese un premio cando o neno Isaac só podía ter como máximo once anos?
¿Non cren que, máis ben, debe tratarse dunha anécdota sobre Unamuno que Díaz Pardo fixo súa na súa intervención?
¿Por que a xente non se fixa no que din os demais e tende a confundir tan doadamente as cousas?

Pepe Preguntas dijo...

¿Non pensan que o que realmente aconteceu foi isto que relatan en Vieiros?
"A min, que non son un ninguén no Laboratorio, non me doen prendas en falarlles con claridade", comentou Díaz Pardo, quen a continuación relatou unha anécdota con Alfonso XIII e Unamuno de protagonistas. "Cando o escritor recolleu o premio presumiu de que tiñan razón os outorgantes porque era un recoñecemento merecido, e ante a sorpresa do moncarca, que comentou que os outros premiados afirmaran non ser merecentes, retrucou que tamén eles tiñan razón", contou Díaz Pardo entre os risos dos presentes.

arume dos piñeiros dijo...

Desculpado, Saavedra. Eu sigo o mantra de Medela: contención. E parece ser que o de protocolo tamén. Tampouco M. Peón parece de grande comer.
Eso si: deume pena o pobre de Leiro que se non come no Tío Benito de Barrantes (Callos os domingos) ou no Odeon de Tribeca ( doble cheeseburguer para o brunch), non está para ninguén.

O mesmo dijo...

Xabier PUENTE DoCampo

Anónimo dijo...

O premio a Margarita é escandaloso. A súa producción visual é invisibel. Un insulto ao gusto e intelixencia dos espectadores, que so crea confución e impotencia entre os novos creativos visuais.

arume dos piñeiros dijo...

Ninguén falou do Woodstock ese de Carballiño con 50.000 persoas ao redor do Vice? A min parécenme moitas, pero igual tamén é insignificante. A verdade que o dos podólogos gratuitos foi boa. Pero ao mellor trabucouse a xornalista: EL PAIS de onte.

Anónimo dijo...

O Vice vai conectando porque el é un vello de espiritu.

Anónimo dijo...

Coma o vello Fraga, si, coa única diferenza de que o BNG están a pór en marcha unha rede de centros de día e residencias, escolas infantís, etc. que antes non había...
Por certo, teño entendido que a comida non a pagaba a Xunta.

Pepiño Preguntón dijo...

¿Por que di un anómino que o premio a Margarita Ledo é escandaloso? ¿Ten sobrados argumentos para dicilo? ¿Pode expoñelos para que os coñezamos todos?

Anónimo dijo...

Ti cala, Pepiño, e aprende. Non sexas a vergonza do teu papá.

Pepiño Preguntón dijo...

¿Quen é vostede para mandarme calado, señor? ¿Non lle aprenderon educación?

Myrna (peinadora karakalpakstanita) dijo...

jajajajajajajajaja
Pepiño anxo caído...
jajajajajajajajajaja

Anónimo dijo...

Dan pena moitos comentarios que se ven por aquí. Parecedes unha versión resentida do Corazón Corazón.

Pepiño Preguntón dijo...

¿Non cren, como eu tamén creo, que o anónimo anterior ten razón? ¿Que hai moito resentido pero que non canta en ningún grupo musical? ¿Será esa a razón da súa evidente mala educación? ¿Non pensan que deberían ir aprender hábitos de bo comportamento?

Anónimo dijo...

E ao blog do Marcos non o premiaron, que tomen nota, que creen unha nova modalidade, e ala, ao favoritismo e a comenencia, tu agora dasmo a min, logo eu dareicho ati, repartímosnos o pasteliño e todos contentiños, dicimos que se tivo en conta a traxectoria, a innovación...e como Marcos está no allo da peloteria oficial acabará tocandolle, e todos os que pasen por aqui firmes, que Marquiños toma nota de todo e ao que se mova demais, ou ao que repinique ou critique sen a debía cortesía: ÑACA.

Pepiño Preguntón dijo...

¿Non sabe que ser un envexoso é algo moi feo?

Anónimo dijo...

O pepiño está a facer méritos co Marquiños.

Pepiño Preguntón dijo...

¿Non sabe que é tamén moi feo sinalar co dedo?

Anónimo dijo...

...pero mais feo é o que vostede fai.

Xosé M. González dijo...

No asunto do Carballiño, a min chámanme a atención dúas cifras. Primeiro, cincuenta mil parece moita xentiña; aínda que se houbo catrocentos autobuses, multipliquen por cincuenta e xa se cobre parte. Segundo: é ben sabido aquí que eu estou dacordo con que se fagan estas festas co Super Piñeiro, e grandemente satisfeito con que Quintana baile coas vellas (aínda que menos ca elas, seguramente); ora ben, se gastaron douscentos mil euros, parece moito billete así por xunto.

Tendo en conta, por outra banda, que a comida foi pagada coma en Ribadeo: cada un o seu. Coma en todas as xuntanzas anteriores, por certo, que os habituais críticos e comparadores co evento fraguián case sempre parecen (vaia, hom) eludir o dato.

Anónimo dijo...

Pepiño Preguntón
Non se poña trascendente, non alucine cos canapés, son eso, simples canapés e non teñen nada que ver coas esencias patrias da enchennda patriótica inoculada por avésporas espías na crema, antes de reencher os hoxaldres para enbeleñar aos Apicultores do pais e que se perda a mel da patría da que se alimentas os mellores intelectuais.
Sexa sensato, sente a cabeza, camiñe un pouco pola cidade, ou mellor váiase ao monte, deixe de facer pregúntas e respóndase ao que verdadeiramente quere saber:
como darlle sentido a vida?

Anónimo dijo...

Como o mel da patria dependa dos apicultores ao uso imos de carallo.

Anónimo dijo...

¿Non tes outra expresión máis hortera? Mel da patria: ¡hai que foderse!

Decano dijo...

“hoxaldres” e “enbeleñar”… Non lles soa tan competente lexicógrafo con máster na Unknown University? Si, o mesmo que viste e calza.

Kyra Prosokova dijo...

E para máis INRI, o dicionario Ir Indo na rede, xa non furrula.
Mi madriña, qué país!!!!!!!!!

Kyra estuda galego dijo...

E o da RAG, seica non vale, está gagá..................

Kyra estudando os verbos irregulares dijo...

E o marabilloso dicionario Estravís, o mellor, non é normativo.........

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anonimato obrigado dijo...

Isto está cada vez máis cheo de cretinos. Este último, por exemplo. Non ten gracia ningunha, nin tan sequera escatolóxica. O que faí é dicir unha vulgaridade do máis babeca e quedar tan pancho.

Como non se impida que haxa anónimos -a principal peste do foro- que o único que saben facer é insultar e cizañar sen o máis mínimo estilo, isto vai ao pairo definitivamente.

E dígoo desde o anónimato, porque para encontrarse con semellantes especies xa chega con ir aos baixos fondos de Arroutada.

Este último tipo debe ser o que noutro post dixo a burrada sobre Álvarez Blázquez, ou quen sabe se volve ser un dos que dixo algo aquí antes (09:41:00 PM ou 10:05:00 PM).

En fin, que eu paso cada vez máis destes anónimos que, por incapaces e covardes, non son quen nin de manter un nick co que dar a cara no ecrán.

Laméntoo dicilo, pero así é. Paso, e chegará un momento en que xa nin virei por aquí.

Anónimo ocasional voluntario dijo...

Esto está cada día mais intransitabel. Mosqueos convertidos en tema central, censuras do administrador, o blog estase a convertir en desagradabel. Como siga así tamén me vou ausentar.

Anónimo dijo...

Si, e o peor é que están identificados. Ultimamente incorporouse un terceiro, que entra de vez en cando con nick como quen non quere a cousa: "Yo pasaba por aquí y me dije..." (excusarame esta cita nesta lingua hermana)

arume dos piñeiros dijo...

Que bailen ao ritmo de superpiñeiro decenas de miles de mozas e mozos baixo carballiños e carballeiras non debe parecer mal a ninguén. Que Quintana se sume á festa xa parece innecesario.
Outro cantar distinto dos do palco é quen paga a paparota. Pero pague (supoño nise caso que con sentidiño) ou non pague a Xunta, a presencia de políticos resulta pouco pertinente. A menos que queiramos deixar claro quen organiza todo e que nos acordemos del cando toque.
E para que non digan que digo, vale para toda canta parvada que se fai nunha cidade como Vigo e que conta coa presencia do alcalde, sempre, xaora, que por alí aparezan os medios que, por certo, só atenden cando aparece por alí o boss.

Anónimo dijo...

Eu tampouco entendo esta invasión anónima do blog tolerada polo señor Valcárcel. Non sei que gracia lle ve a que fodan todos os fíos.

Beria en Siberia dijo...

De verdá que toda esta invasión anónima vai ir toda de cabeza a un gulag de reeducación a -40ºC en Siberia. Así non darán o coñazo.