24 jun 2008


Prediccións.
Pan por Pan martes 24 xuño

Seica esoutro día, nunha tertulia, Carrillo falou dos horrores do século XX: dúas guerras mundiais, o nazismo, os totalitarismos, etc. Segundo me contan, mesmo se atreveu a entrar no campo dos futurólogos, pois anunciou o seu temor de que o século XXI no que vivimos sexa moito peor. Pode ser. Pero, no campo da política, facer de adiviño é un risco xigantesco: quen lembra, por exemplo, a Fukuyama e a súa tese sobre o fin da Historia?
Warren Wagar, historiador norteamericano, avanzou nun seu libro un holocausto nuclear para o 2044, que destruiría Norteamérica, Europa e o subcontinente indio, así como o 70 por cento da poboación do mundo. Oxalá se equivoque, claro: eu preferiría non velo. No canto XX da Divina Comedia, Dante mandou ós adiviños ó inferno: alí estarían co pescozo e cabeza retortos cara atrás, pola falsidade das súas visións. E Dante era un tipo moi listo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Dentro dunhos intres, vou facer unha predición. Escriban nun papel "Sí" ou "Non", según pensen que se vai cumprir ou non.
...........................
...........................
AGora, faréi pública a miña predición. Se se cumple, e puxeron "Sï", ganan vostedes. Se non se cumple , e puxeron "Non", tamén ganan. Noutro caso, gano eu.
Aí vai.

A predición é: "Vai poñer NON".

Anónimo dijo...

Entrevista có futurólogo Alvin Toffler, que tanto medo ó futuro nos metéu no corpo nos anos setenta:PREMER.