18 jun 2008


Velázquez.
Imaxe: o bufón "O anano de Morra"

Jonathan Brown, catedrático da Universidade de Nova York, é un dos hispanistas máis prestixiosos. Leva 50 anos a estudar a vida e obra de Velázquez e acaba de publicar outro volume sobre o xenial artista sevillano. Home intelixente, Brown recoñece que aínda non chegou ó fondo de moitas obras de Velázquez, malia ser o máximo especialista nese autor. O pintor foi revolucionario na pintura: nos seus conceptos, formas, estilos. Pero conservador na súa ideoloxía, con desexos de ennobrecerse e de asentar unha certa fortuna. Pero, se un observa os seus motivos populares, verá que están tratados coa mesma solemnidade que os retratos dos monarcas e a súa familia. Velaí a vella a fritir ovos, o Baco rodeado dos borrachos, as fiandeiras ou os ferreiros que reciben a Vulcano na fragua. Mesmo os seus ananos e bufóns están cheos de nobreza, sobriedade e autenticidade: as marcas do xenio.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

O primeiro video que aparece en iutube, ó escribir "Velazquez" no buscador:PREMER.

Anónimo dijo...

Outro:PREMER.

(O acorde do segundo 21 é un disminuido. Se o imaxinan prolongado no tempo, verán que é o típico das películas de medo).

Anónimo dijo...

Convén ler a Brown: aparte dun grandísimo especialista na obra de Velázquez (desde case todos os ángulos de vista), exemplifica á perfección o modelo dos estudos anglosaxóns, tan cheos de talento como de sinxela, clara e sintética exposición. Un pracer único.
De todas formas, o que máis me gustou sempre de Brown foi esa percepción iconográfica de Velázquez e a relación dos seus cadros cos xéneros pictóricos habituais na época. A maestría do seu pincel (que foi sempre o máis celebrado en Velázquez) non é nada comparado coa súa maneira de interpretar os cadros épicos de celebración de batallas, a representación semiparódica de mitos, a inversión dos retratos solemnes con suxeitos humildes, ou a metapintura qu representan as Meninas. Sen esquecermos da súa loita por considerar a arte pictórica non unha arte mecánica (ou sexa de obradoiro artesanal) senón unha arte noble, capaz, xaora, de non pagar impostos.
En fin: un pozo sen fondo. Gracias, entre outros pero moi especialmente, a Brown.
[Saben vostedes que lle ofrece unha menina á Infanta?]

Anónimo dijo...

Segun dí aiquí, unha vasixa con augaOnde di Marina Sarmiento.

Anónimo dijo...

María Agustina Sarmiento. Era de Salvaterra de Miño?. Vaia

lourixe dijo...

O meu cadro preferido de Velázquez sempre foi Las Hilanderas, co protagonismo das traballadoras, cerne do cadro.

Mónica dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
lourixe dijo...

By the way atopei este comentario sobre o seu simbolismo erótico.

Anónimo dijo...

PEPIÑOOOOOOOOO...por onde andas que non preguntas. Xa chegei, eu son o Vicente Respostas, o perigoso. Pregunten e xa verán, nunca minto.

Anónimo dijo...

Moi bo comentario e moi completo, por certo. O máis interesante é o do nome do cadro, chamado A fábula de Aracné, porque outorga á mitoloxía a inventio da pintura. É curioso cómo os títulos popularizados dos cadros de Velázquez foron mudando o orixinal ou polo menos aquel que figura nos primeiros catálogos da súa obra: A rendición de Bredá/As lanzas; O triunfo de Baco/Os borrachos, Las Meninas/O cadro da familia ou este de "Las hilanderas". A fragua de Vulcano ou Marte manteñen o título baseado no asunto principal. En todo caso, a singularidade de Velázquez reside en traer o mundo mitolóxico á concreción contemporánea con tipos recoñecibles da súa época, nunha especie de revisión paródica (nun sentido amplo do termo, non necesariamente bulresco) da épica ovidiana.

Anónimo dijo...

Nivelazo o de Arume. Post así son os que fan falta e non as chorradas do anónimo-Vicente.

Anónimo dijo...

GRAZAS POR TãO BONS COMENTARIOS. Cultura rápida en comprimidos, para os que não temos tanta.

Anónimo dijo...

Un búcaro, en efecto. A infanta parece rexeitalo, en sinal de contención (con perdón), interpretada como un rasgo de prudencia política: nas datas en que Velázquez andaba pintando este cadro, a falta de descendencia viril do rei Filipo IV planteou a posibilidade de nomear á infanta sucesora ao trono austríaco. E, porén, Velázquez quixo pintar á posible raíña en actitude severa, calmada, serena, capaz de evitar as tentacións. Os estudios de raios X revelaron que nun principio nesa mesma bandexa había outras cousas tamén atractivas, demasiado seductoras.
Outra interpretación é a de que o búcaro (mordido) era empregado polas mulleres, segundo conxecturas, para paliar as hemorraxias menstruales ou para esbrancuxar a pel: a chamada bucarofaxia, moi extendida sobre todo entre as damas da corte.
Hai infinitas cousas máis, pero teño que facer a cea: qué me suxiren?

Anónimo dijo...

De verdá que o contrataría pra un campo de reeducación a -40ºC a dar clases d´arte aos internos en Siberia.