23 jul 2008


Abelardo Pérez Gabriel,
Ánimo e adiante...!!

Moitos o coñecerán pola TVG e o seu papel de cacique en Libro de Familia. O domingo o FARO daba a coñecer que está a enfrontarse co seu guión máis difícil.
Encontreime onte con el, en zona de médicos, e falamos un pouco. Pouco porque nunca sabes qué dicir nestes casos, ademais de darlle unha aperta. A situación é moi difícil, iso si puiden comprobalo.
Aproveito esta solaina, que é casa tamén de tantos ourensáns e galegos/as, para mandarlle unha nova aperta a Abelardo e unha mensaxe de ánimo, que lle fai falla, seguro.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Lín a entrevista do Faro hai uns días, de casualidade. Sinto moito o de gabriel e espero de verdade que se arranxe a situación. Non sei se está ben darlle ánimos ou o mellor será calar pero como sei de que va ese asunto, alomenos mándolle unha aperta.

Anónimo dijo...

A miña mensaxe de ánimo e bos desexos ,Abelardo, vai xunto co agradecemento polas sentidas palabras que no xornal "La Región" lle adicaches o meu amor.Aquel que sempre te saúdaba con un efusivo "Hola amigo". Nunca tiven a oportunidade de conocerte, nen darche as grazas, tampouco sei se esta será a mellor ocasión, en todo caso recibe unha aperta ben forte e "adiante amigo".

Anónimo dijo...

Esta, dedicada ao Abelardo, que, pra quen non o sepa, tamén encabeza unha asociación de amigos dos anos 60, en Ourense :PREMER.

Anónimo dijo...

Força camarada.

Xa che escribira esta mensaxe pero por acaso non salíu publicada.

Somos lexión a ter pasado por un trance similar.

Iremoste ver e acompañare.

Anónimo dijo...

Unha aperta para Abelardo. Se cadra atópoo mañá mesmo de fronte e dóulla.