Presentación L. González Tosar
Onte, no Simeón: Estúrdiga Materia. O poeta axuntou un grupiño importante de amigos, contra as calores do xullo auriense. Había por alí algúns contertulios. Tamén estaban Víctor Campio, Eduardo Ananín, Mariluz Villar, Monxardín, Luís Menéndez, Xoán Fonseca, o Celso de Maceda, etc. etc.
Dos presentadores, moi emotivo o seu amigo o pintor Lamazares. Rigoroso, exacto, como sempre, Gonzalo Navaza. E Bieito Iglesias, ademais da análise literaria do poemario, todo un crack: Accatone de Pasolini, Amarcord, Buenos Aires, A Chabasqueira, a linguaxe e o non ruralismo (si visión dende dentro dunha comunidade campesiña) dos textos, John Berger, Faulkner, Cunqueiro e Blanco Amor, foron algúns dos esteos da súa intervención. Moi ben tamén o violinista armenio.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
13 comentarios:
Ten razón o Bieito Iglesias cando dí que os urbanitas quedanse en visiós bucólicas do mundo campesiño, sen poder ser capaces pensar en termos de esa propia cultura. É coma quen aprende unha lingua nova , pero sólo pode usala "traducindoa" á sua propia lingua materna. No fondo, subxace un rechazo subconscente a considerar a nova lingua ó mesmo "nivel" que a súa.
O empresarios de turismo rural saben que os urbanitas aguantan en realidade moi pouco tempo no que imaxinaban un "paraiso". A cara de felicidade coa que volven á cidade é de alivio de volver. Coma o turismo a países exóticos, que sólo se disfruta se un pode seguir vivindo como na casa, nos oasis dos hotéis, sen "empaparse" verdadeiramente da cultura deses paises. E todo se fai pensando na volta á casa: fotos , videos, anécdotas. Pra ensinar ou contar ós amigos, o verdadeiro "grupo de referencia" cultural.
Aos urbanitas fetén, non aos que se refire sempre o amigo Bieito en moitas conversas, lles importa ben pouco o mundo do campo. Saben de certo que non é nada idílico.
Nunha acampada que orgaicei nunha grande cidade cuns amigos que nunca estiveran nas condicións que eu propuña no monte, nin durante tanto tempo, puiden recoñecer, personificados, a importancia dos hábitos, das rutinas e da grande violencia que supón un transplante do medio. Aos catro días estaban deseperados por un Market, ou algo que lles recordase a súa cómoda vida urbana. Houbo quen non aguantou, a quen se lle rompoeu bruscamente o soño bucólico e liscou escorrentado como un can cara o seu teobo urbano.
Noutra ocasión andei tres dias rio abaixo eu só, cando pasaba por un pobo, eu coidaba que me tomarían por tolo ou por un fuxido da xustiza, pero encontreime con que se interesaban por min, que me recibían, e que aportaba algo as súas vidas, baixaba o río e aumentaba o meu caudal humano, facíame mais humano, como na vida, chegando ao mar.
Bieito e un dos mellores escritores galegos, conta cun púbrico fidel, e é persoa de fidelides, como as de antes.Sempre unha entrañabel referencia.
A "cultura rural" ten unhas características comúns polo mero feito de ser rural, ao marxe do país no que se dé, como apuntaba Bieito na súa charla.Igual que a "cultura cidadá" (en oposición á rural). Debe de ser difícil diferenciar esas compoñentes culturáis independentes,da cultura do páis en sí mesma.
O Tosar recitou varios poemas acompañado polo violinista, pero a xente só aplaudiu no último (e nos "bises").
Cómo se conseguiu que a xente permanecera respetuosamente calada ao final de cada poema, e só aplaudira ao final do acto, coa correspondente "sensación conclusiva"?.
O violinista remataba cada peza na "nota sensible",da tonalidade ("séptima"), transmitindo a sensación de que "aínda non rematóu", e inhibindo o aplauso. A última peza, rematóuna claramente en tónica, tras "cadencia perfecta".Aplausos. O poder da música na dinámica de grupos.
Alarde técnico por parte do violinista. A parte, xa monódicamente complicada, dunha obra de Sarazate, tocada por "terceiras diatónicas" (no violín!!) en todas as notas da melodía. Outra parte, tocada a "pizzicattos" con ligados descendentes ás cordas ao aire, sempre dentro da armonía do momento.
Na versión de "Unha noite na eira do trigo", a pesares de ser musicalmente impecable, conocíase que o músico non falaba a língua da letra asociada, o galego. O fraseo musical non estaba ás veces en consonancia coa fonética da letra. Unha sílaba con consonante fricativa , non debe levar un "staccatto", ataque seco, na nota musical asociada. Ou, viceversa, unha con consonante oclusiva , non queda ben reflexada nunha nota "a legato". Sempre pasa cando o músico non coñece ben a língua ou a letra da canción. Pero o subconscente dos oíntes percebe o esforzo do artista i eso faino máis "charmante". Coma cando oímos a un extranxeiro esforzarse por falar na nosa lingua. Percebimos os fallos fonéticos, pero non lle damos importanza e préstanos incluso máis.
Gosto do seu discurso musical, amigo Da Cova, deberí prodigarse mais, é un pracer e cognitivo.
Os urbanitas, non necesariamente, temos esa idea idílica do rural, señor Dacoba. A miña idea do rural (en pasei durante anos alomenos un mes nalgún sitio do rural e hoxendía, por cuestión de matrimonio, teño que aturalo) non é en absoluto idílica. É máis: penso que todo ese rebumbio de "Menosprecio de la corte y alabanza de la aldea", adoitan facelo os que medraron na corte e, ó final dos seus días, rematan nunha aldea e, seguramente, con cartos necesarios para vivir sen afogos. Pasei moitos anos nise ambiente: é vin, máis ou menos, o qué é o agro. As labores interminables, os horarios imposibles, a calor e o frío, as colleitas que se estragan... A poesía non era o sustento fundamental das aldeas aínda que agora parece ser que todos os escriores tiñan un abó que contaba historias para suministrarlle ós seus netos argumentos que contar nun futuro incerto, como o tío Celedonio de Rulfo. Non só iso: nas aldeas pequenas que coñezo, as xenreiras son máis fortes porque ún ten que convivir, que cruzarse a cotío con quen detesta, as faladurías máis crueis... Non teño unha idea paradisíaca dise espacio. Nin do mundo: ciudade, pobo, aldea, lugar ou rúa. E hai moscas zunindo todo o día e cheiro insoportable. Certamente, boto de menos as moscas na cidade ou as volvoretas e cheira igual de mal por outras contaminacións. Pero non penso que necesariamente a xente da cidade teña unha idea idílica das aldeas. É como crer que o mar cando estamos de vacacións é ise horizonte infindo, libertario, berce de filosofía, pensamento, poesía e "toujours recomencée". Non: sei (ou intuo) o que pasan os pescadores (se é que teñen traballo e non están parados por mor dalgunha lei) e os percebeiros e as mariscadoras. Non temos (ou non teño) esa idea: teño unha presunción que pode ser errada. E perdón pola disertación tan extensa. Ún non debe roubar tanto tempo a ninguén: é unha descortesía. Aínda que isa é unha das marabillas das aldeas: en xeral, ún pode perder o tempo tranquilamente: que non é perdelo: é compartilo. Finis.
A xente, na aldea, arestora madruga moito menos do que madrugaba. Entre outras mudanzas que se están dando.
Eu idolatro a aldea.
Porque non sufrín o traballo.
Descubrín a extrema violencia que a habitaba cando era xa ben ghrande.
Os meus compañeiros da mesma edade tiñan que traballar coma condenados. Hoxe chamaríaselle explotación infantil.
A mín sobroume o tempo e acabei coméndome o coco e de "loqueiro".
Estaba na escola unitaria e vía pasar algúns compañeiros cun carro de vacas ou axudándolle ós pais cun becerro. Ir a escola non era estrictamente obrigatorio.
A violencia Pais-fillos era diaria, ata o punto de que eu lle chamaba "a lei do estadullo", daquelas había unha serie "la ley del revólver". O estadullo ( podería equivaler a un bate de beisboL ) era o que se utilizaba para bourar os uns nos outros. Non vos digo como se machacaban as rapazas. Creo que as relacións eran menos consentidas ca consentidas, hoxe buscaríase outro término fortísimo para referirse a aquelo. Na miña aldea aqueles precoces que se fixeron homes ós 16 e 17 anos, ou na mili, os que naceron nos anos cincuenta, están morrendo a eito principalmente do tabaco ( empezaron con 14 anos) do pulmón ou do fíghado, alcol.
A aldea era brutal e as relacións moi animais.
Pero eu adoro a aldea.
Eso témolo superado. Hai novas tecnoloxías, máis espazo, recursos que noutros lugares valerían moito. E penso que é hora de ir plantexándonos como volvemos. Máxime neste mundo que se anuncia de consumo voraz, de desequilibrio enerxético.
Como podemos reconstruir sociedade co mellor dos adquiridos. Non só penso que é posibel, senon que me vou aplicar nelo o resto da miña vida.
É o meu proxecto fundamental. Eso son eu no que me quede de vida. E pido axuda, porque sen pobo non se fai nada. SEn pobo non hai desenvolvemento local, e as casas non teñen sentido se non se habitan. Creo profundamente nelo.
Os que queiran que permanezan na cidade, sosténdoa, tamén os precisamos.
Esto é unha acta fundacional.
ALDEIA DO FUTURO ( Ó lado de grândola)
ALDEA UNIVERSAL.
o que queira axudar que levante o dedo.
O chefe de Stadaconé.
Atrás ni para coger impulso!.
Aldea!, ó, muerte !
Aldeaaaaááa
del amore profondoooo
ci sei tuuu
ci sei tuuuuu
Per meeeeee
ALDEÁ.
Acto ciertamente interesante, y con distinguido auditorio.
Publicar un comentario