Aloitadores, de Bieito Iglesias (ANT dixital 14.07.2008)
A medida que nos facemos grandes, tendemos a asumir un programa ideolóxico de vellos: o importante é ter saúde. De aí que a política e demais paixós xuvenilistas acaben por cansar. No entanto, cando xa estamos máis cheos de política que se a comeramos, aparecen axentes provocadores pra devolvernos á condición de “aloitadores” na rapa das bestas. Velaí por caso o Manifesto pola Lingua Común, subscrito por falsarios que declaran defender os direitos lingüísticos individuais. O liberalismo pode ser discutible neste campo, aínda que resulta plausible: se Savater e cía denunciasen a Constitución por impor o castellano, daquela empezaría un debate liberal; sucede, en troques, que queren botarnos a lingua de Cervantes pola gorxa abaixo, calcándolle co dedo do autoritarismo. Claro que consideran aceptable a protección folclórica de “otras lenguas”, pero que metan o paternalismo por onde se enfían as agullas. Máis un exemplo: certo tribunal vén de sentar doutrina sobre a consulta de Ibarretxe e seica a soberanía vasca deben acordala os españois todos. De crermos aos tribunos, o Estado sería como un marido que, abandonado pola esposa, recorre á chamada violencia de xénero. É do xénero tonto pensar que a autodeterminación de Euskalherría ha de votala a España cañí. A este paso, como letra do himno español adoptarán aquel estribillo que moito cantaba o amigo Temes nas troulas universitarias: "¡Qué tontería, pensaba que tú eras mía!”
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
34 comentarios:
sobre os direitos das linguas eu ouvi estes argumentos os defensores dos manifesto:
Os teritorios não tenhem linguas nin direitos linguisticos, as pessoas são as que tenhem o direito a falr en tal ou qual lingua.
e estou confuso, porque, bom os territorios não falam mas o castelhano impoe-se porque estamos en espanha,no territorio espanhol. E eu que supostamente tenho direito a expresar-me en galego, não podo pedir que en Valladolid se me aplique ise direito individual que como pessoa tenho a o ser cidadão galego-espanhol con direito a usar o galego.
se calhar tenho unha confusão.
E se fala por teléfono cún de Valladolid, en qué lingua falan?. O que chama, e polo tanto paga a chamada, ten dereito a elexir lingua?. Ou cómo é, desde o punto de vista legal?.
O senhor doutor Reis não tem confusão nenhuma.
O que se passa é que Reis é God... E aínda não o sabe.
Lóxica e argumentalmente o manifesto non hai por onde collelo. Parece mentira que haxa filósofos implicados nel, pero como son de corte tradicional española, é dicir irracionalistas, cabe, como non, e así lles vai, facendo o ridículo por todo o territorio fora do planeta español. Ainda que o planeta pode ser, como ben sabemos, ofensivo, involucionista e impor a súa irracionalidade con algo tan español como os "güevos".
O outro día nunha libraría tiven un libro na man, titulábase "filosofos españoles actuales", curiosamente non figuraba o artífice do manifesto españolista, esto percuroume un sorriso, como dixen fai moito tempo, podese vivir sen el, obliterándoo, incluso na mesma España.
Obliterar obliterarei lalalalalalala lalalalalalalala lalalalalala...
Siga home siga...e logo di que mira polo ben do blog.
Oblitérame,
pero no con humo
que asfixia el aire.
Vete, pero sí con tus ojos y con tus bailes
Vete, pero si con la rabia y los malos sueños
Oblitérame, no te mézcles conmigo
que bajo mi rama
no tendrás abrigo.
Oblitérame, no te mézcles conmigo
que bajo mi rama
no tendrás abrigo.
Cuéntame el cuento de las cadenas
que te trajeron, de los candados
y los viajeros.
Dame los ritmos de los tambores
y los voceros, del barrio antiguo
y del barrio nuevo.
Oblitérame,
pero no con el humo
que asfixia el aire.
En italiano obliterare significa furar ou picar o billete de autobús ou de tren.
Arume, non estará propoñendo pasar a accións máis cruentas ?.
Volvédesme matto con paroles,paroles, tan bizarras: OBLITERAR.
Moito coidado, anónimo, que te van obliterar o conducto ou cavidade.
para Kyra, tal vez, se calhar você será o eleito para entregar-lhe os novos mandamentos e conduzir a o nosso pobo a terra prometida, olhe para o alto de Monte-alegre e procure um sinal divino. Tenha fe.
De verdade que os vou a obliterar a todos e aos mais díscolos ablacionar.
Firmo agora
En que nós se encadrará o tontaina anónimo anterior?. Dende onde fala?. Fantasías dun pantasmín.
Non vou deixar un e ao que comeza dicindo: "non digas que non te avisaron" vouno oblacionar, seguro. Vaise preparando.
Firmo
esta terapia recordame o anuncio de aquarius
...y después vino una bebida para deportistas , aquarius, y quiso contar nuestra historia,
los hombres están locos, no, el ser humano es maravilllloooosooo.
Efectivamente, sr. Reis, do alto de Montealegre pódese ver Penagache, a Serra do Laboreiro, o principio do mundo.
Non cómpre fe. Só ceo limpo e día claro.
Saúdos.-
Nunca subín ó Monte Alegre, por ser o "olimpiño" de auria, e milito no aborrecemento a Ourense.
Pero xa que o dí vou subir por 1ª vez. Grazas polas indicacións Kira.
Evidentemente, e como sempre, don Lobo Neghro é máis que racional. Suprarracional e hiperemotivo, alén de evocador-invocador.
Hoxe non se ve Penagache. Hai demasiada evaporación. Verifiqueino "in situ".
E desde Penagache dexérganxe os Ancares.
Penagache é a capital da patria Kallaikoi.
Lobo Neghro o augur.
Eu ando de coche por ver de conquistar bonitas propietarias de tendas-bar. Son máis prosaico.
Adoro este blog.-
Mañán eu irei polo monte Caxado desde onde se ven os white cliffs of Dover e as cruces de pedra da Bretaña. E tamén os muiños de vento que son xigantes por toda a Capelada.
Non sei se lembran os de Ourense que hai unhos dez anos houbera unha psicose colectiva porque unhos lobos mataran un burro no Montealegre. Ninguén se atrevéu a ir por alá durante semanas. Nin paseantes, nin "joggers", nin parexas . Os policias que patrullaban a zona durante eses días pasmábanse ao ver ao único toliño que non lle debía ter medo aos lobos,e que tocaba unha guitarra ou leía un libro á sombra dun penedo...
O toliño éralo ti?.
Drug moi Medela, se anda de carro por ver á "bonita propietaria" de tenda-bar sobre cabeza de encoro no Lima, mándelle saúdos de un outro admirador segredo.
O.K.
Aínda por riba, sorrí, cousa estraña nas rapazas bonitas.
Serán dados, don XDC.-
Medela, por favor, senta esa cabeza e déixate de lolitas e rapazas bonitas, que xa és un home feito e dereito e non estás para eses trotes e desparrames. Ou é que non a pensas sentar nunca? Home, por dios y por el diablo, que non se diga que non és quen de centrarte no que tes e deixar un pouco para os demais. E o que é peor, andar de "alcahuete" e mandarlle saúdos á nena bonita de parte de XDC, para quedar ben con el e compracer os seus desexos mais inconfesables e pecadentos. Manda carallo coa parelliña de vellos verdes que temos na Solaina. Marcos, zorrégalles na badana a estes dous "calaveras" e traficantes de desexos coas nenas bonitas.
jajajajajajajaja
Sabe, estimado Anónimo, en que se parece Vde. e máis a miña avoa (que El Señor teña na Gloria)???
En que non acredita na amizade home-muller...
(E eu teño dúbidas razoábeis)
Continúo a adorar este blog.-
Saúdos, e parabéns polo magnífico texto, señor.-
Rabia rabiña
que tengo una piña
que tiene piñones
y tú no los comes.
(Miréi de traducila ao galego, pero non rima...)
E teño un catálogo /oh, cielos, qué machista/ de walkyricas xerentes de tendas-bar, celestial invento comercial en perigo de extinción.
Catálogo que evidentemente só comunicarei ao señor Da Coba.
jeje
kyra, concordo, o mundo empeza en Galiza, a dicir dos irlandeses ( cito a Manolo Rivas), e iste é o principio do mundo, e con iste mundo podemos ir po-lo mundo adiante, coa cabeza moi alta, acredito. saudos e parabens.
o anónimo sou eu.
as questãos duvidosas , minhas , são resoltas no "PAIS" de hoxe non artigo de ignacio sanchez-cuenca:
"En cualquier caso, ¿tiene sentido hablar del derecho de las personas a elegir la lengua vehicular de la enseñanza? Cabe dudarlo. Qué contenidos deban impartirse en los colegios públicos es una decisión política de los poderes públicos. En España, por ejemplo, nadie tiene el derecho a recibir enseñanza pública religiosa en la que se apoye el creacionismo y se condene la teoría de la evolución, del mismo modo que no existe el derecho a no recibir Educación para la Ciudadanía si las autoridades deciden que esa asignatura forme parte de los planes de estudios."
"Los promotores del Manifiesto no han abordado estas cuestiones. Han preferido defender sus posiciones a base de responder a críticas especialmente lunáticas y zafias. Esa salida es tan decepcionante como lo sería atacar el Manifiesto por el hecho de que lo hayan ensalzado reaccionarios de toda laya. El debate sólo será provechoso si se abandona la demagogia de los derechos y se discute con datos y argumentos sobre el fin a alcanzar (bilingüismo efectivo o dominio del castellano en las comunidades con lengua propia) y los medios para conseguirlo. Justo lo contrario de lo que han hecho hasta el momento los intelectuales firmantes del Manifiesto"
Publicar un comentario