21 jul 2008

´Guardiamarines´

Sobre o uso do castelán (e o Manifesto) escribe hoxe Ferrín no Faro.
Por certo, onte contaba o mesmo xornal que nestes días se xubila o noso egrexio escritor no Santa Irene: velaí algunhas das súas opinións sobre o ensino, en xeral moi sensatas (sinto non poñer a ligazón, pero buscar novas atrasadas na web do Faro é insufrible).

11 comentarios:

Anónimo dijo...

É teima antiga esta da deturpación dos idiomas. Eu non o vexo así. Os idiomas evolucionan (evolúen, din outros, por exemplo) e calquera cambio non é máis ca iso: cambio. Que os de León (inclúe Zamora e Salamanca?) queden excluidos non ten demostración empírica. Pero xa que nacer en tal provincia (aínda que o Bierzo/Berxidum non conta) dá ese prestixio, pois benvido sexa.

En As Pontes, terra mariñeira de sempre, tamén levaban marines na procesión do carmo. Do Ferrol mesmamente, aínda que un lixeiro parecido cos que facían a comunión provocaba o desconcerto.

Anónimo dijo...

Tamén eu lin con atención a entrevista que lle fixeron onte a Ferrín, no Faro. Có pracer engadido de lela nunha terraza de Vilanova de Cerveira, onde por certo se celebraba (inda segue,creo) unha feira do libro.
Como eu son sufrido, aiquí a enlazo:PREMER.

Anónimo dijo...

E de onde ordia (desculpen) virá iso dos marines? Porque o cambio (tamén chamado mudanza) cambio é, pero non todos do mesmo carácter nin con semellante incidencia. É coma a cousa do mercado: hainos que propugnan que este sexa o único rexente das relacións sociais e económicas; en fronte, a maioría defendemos a existencia dunha entidade rectora, ou correctora.

Ou sexa, estado e academia, ou ente democrático e entidade normativa. Pero, ¿virá o dos marines de aquí do dos marines de aló? Pregúntomo nun verán no que experiencia precisa me amosa a implantación de, por exemplo, o modismo cool en francés e en alemán. Polo menos.

Anónimo dijo...

Unha parte burlesca non é descartable. Eu así o creo. Vounos chamar marines (se son de Marín ou da Estribela, aínda máis) de aquí en adiante.
Sobre as medidas rectoras ou correctoras tanto para o idioma como para a economía tampouco convén esaxerar. O propio mercado se adapta fácilmente ás correccións. Nun plis plas. É como poñer portas ao campo ou encher cestos con auga. Quen me vai impedir dicir chintófono, que non figura no diccionario?

Anónimo dijo...

Da entrevista gustoume esa confesión de que o último curso foi un dos mellores que tivo nunca. No contexto dunha visión apocalíptica do ensino (unha mistura de Sodoma, Gomorra, Babilonia e Armaxedón), afirmar que o curso de 2007-2008 foi dos millores é unha heroicidade.

Anónimo dijo...

Home, chintófano é coma tareco ou pirandárgallo: insubstituíble. Non o compararía eu co aluvión de estranxeirismos celebrado en forma case orxiástica; desculpe(n) o barrene, veño do río e igual as defensas andan baixas.

É o que vde. di: convén non esaxerar. Pero quedemos en que algo, algo, haberá que ordenar; seica.

Anónimo dijo...

Profe González: *Tareco, que linda palabra, que eufónica e suxerente.
A un amigo meu, de Lobeira, cando o pai o botou da casa, díxolle textualmente:
"Colles eses catro tarecos que tes no teu cuarto, e carretera...".

Anónimo dijo...

A min friki gústame. En xeral, os estranxeirismos gústanme. Engádense ao que temos.
Hoxe escoitei a unha muller duns 70 anos dicir borde. Ás veces, ou sempre, os camiños da lingua son inescrutables.

Anónimo dijo...

Vaia frikada!

Non sei se "borde" virá de "borderline", que pode ser sinónimo de "friki".

Anónimo dijo...

O problema non son os estranxeirismos que engaden, senón os que substitúen e non un nin dous. Supoño que nos entendemos e xa vou parar, non quero dar lugar a máis lamentable desistimento; dito con pesar e sen mínima retranca.

Friki non me gusta nada, sábeme a raquítico. Postos a importar e consolidar, ¿non se podería optar por unha certa eufonía, garsón, boitel, draiver? En vez de barbarismos fonéticos tipo *jol?

Anónimo dijo...

Corrixo algunha ortografía: bóitel, dráiver.