30 jul. 2008

Microrrelatos Concurso Carlos Casares Liceo de Ourense

Dende hai unha semana o xornal La Región, de Ourense, está a publicar algúns dos microrrelatos presentados neste 2008 ó concurso Carlos Casares do Liceo de Ourense. Publícanse cuns interesantes debuxos de Xoán Baltar (fillo de XLG, O Carrabouxo).
Por suposto, pedímoslle permiso previamente a todos os escolmados e algúns preferiron manter o carácter inédito do seu relato e non publicalo. Eu mesmo fixen a escolma dos que sairán en LR.

Como mostra, deixo aquí, en COMENTARIOS, algúns exemplos dos xa publicados. Estes:

VUELA LIBRE, por LIDIA GREGORIO SELAS, de VIGO (accésit)

EL OTRO, por GUILLERMO MASCARÓ LLINÁS, de PALMA DE MALLORCA

ADEUS, BOLBORETA!, por RAFAEL LASO LORENZO, de VIGO

Novo ensaio sobre a cegueira, por JORGE EMILIO BÓVEDA ÁLVAREZ, de OURENSE

Histórica cuántica de Röos, de Mariña Pérez Rei. por MARIÑA PÉREZ REI, de SANTIAGO

5 comentarios:

marcos valcarcel dijo...

VUELA LIBRE, ,
por LIDIA GREGORIO SELAS, de VIGO (accésit)
L a primera vez que la vi pensé que era el
bicho más asqueroso del mundo. Mi hermano
me la trajo metida en una
caja de zapatos por mi cumpleaños.
Enroscada en una
esquina, me recordó a un
cinturón, hasta que escupió
su lengua viperina, rápida y
zigzagueante.
–Es una pitón–- Aseguró
como si aquello le otorgara
prestigio al regalo.
–Estupendo–. Fue lo único
que atiné a decir.
Al poco rato nos quedamos
solas, ella en la esquina
de su caja, yo en la esquina
de mi sala de estar, no pensaba
acercarme, y por
supuesto decidí deshacerme
de ella al día siguiente. Así
que no sé como llegó a convertirse
en mi compañera.
Se paseaba por la casa y la encontraba acomodada
en el sofá, rozaba su fría piel de reptil
a la mía en una lenta y enroscada caricia. Llegó
a medir dos metros, la gente se quedaba
asombrada al vernos,
e n t r e i n c r é d u l a y
asqueada. Yo la quería.
Por eso me preocupé
mucho cuando dejó de
comer, lo único que
hacía era seguirme a
todos lados, se estiraba
a mi lado en la
cama y me miraba
con sus ojillos. A la
tercera semana de
ayuno la llevé al veterinario,
le conté escuetamente
los síntomas, cruzando los
dedos para que me dijera que
no era grave.
–Sacrifícala–. Fue su helada
respuesta.
–¿Por qué?–. Pregunté perpleja.
–Porque te está midiendo para comerte.

marcos valcarcel dijo...

EL OTRO

por GUILLERMO MASCARÓ LLINÁS
de PALMA DE MALLORCA
I
Una vez más, caminó lentamente y
con ayuda de su bastón hasta el espejo
que estaba colgado en la pared de su
habitación. Se sentó justo delante, largo
tiempo, mirándose fijamente.
II
Me miro y me vuelvo a mirar
en el espejo y sé que esa imagen
que refleja no es verdadera, no
es la mía. He aquí un ejemplo
claro del engaño de los sentidos.
No sé porqué extraña circunstancia
la vista me falsifica la imagen
que estoy viendo, de tal
manera que no veo la mía, sino
la de otro. Sé que soy viejo,
pero también sé que ese rostro
que refleja el espejo no es el mío.
En él no me reconozco, no me
veo. Ese rostro denota muerte cercana, no tiene
esperanza. Yo, en cambio, estoy repleto de vida,
de entusiasmo por hacer cosas.
Es imposible que mi espíritu,
que siento tan vivo, tenga ese
envoltorio tan gastado, tan roto
por el paso del tiempo, tan
inerte y tan falto de energía.
Y sé que es él, el del reflejo,
el que debe padecer esa
enfermedad que me han diagnosticado
a mi por error. Un
anciano moribundo no piensa
como yo, no siente como yo
siento, es imposible que ése sea
yo. ¡Cómo me gustaría poder
aliviar a mis hijas de esa pena
que sienten! Pobres inconsientes
que creen que me quedan pocos días de vida.
II
-No por favor, no le quiten esa sonrisa a mi
padre –dijo Magdalena dirigiéndose a los empleados
de la funeraria– parece tan feliz...

marcos valcarcel dijo...

ADEUS, BOLBORETA!

por RAFAEL LASO LORENZO
de VIGO
F rustrado, queimou aquel exemplar do libro
“Un mundo feliz” de Huxley e agardou ata
ver como acadaba os Fahrenheit 451. Xa nada
pagaba a pena, xa nada tiña sentido para él. A
razón de ser da súa existencia deixara de existir.
Como ía poder escribir? Xa non o sabía. Que
podería facer agora despois de tantos anos que
levaba facendo o que mellor sabía? Nada.
Él camiñaba polas rúas silandeiras, escuras
e desertas do baleiro. As súas páxinas
xa non poderían ser lidas nunca
máis. E as que restaban por
escribir, tampouco nunca
máis serían escritas. E
todo polas palabras que
deixaran de existir.
Si, xa non había palabras
porque ninguén as
usaba. E non había ninguén
que as usara porque
a xente desaparecía. As palabras
ían morrendo a medida que a xente
deixaba de usalas.
E a xente ía marchando ó quedar sen
palabras para usar, nunha espiral de
vertixe incontrolable. Para as palabras,
as persoas deixaban de existir
ó tempoque estas deixaban
de empregalas.
E él, o escritor que tamén perdera
a súa razón de ser ó non ter palabras
suficientes para escribir, sequera só un conto
dunha páxina, sequera só para rematar
a derraideira historia que levaba
tempo escribindo, él xa só
tiña forzas para desertar
daquel mundo feliz que
mudara na incapacidade
de comunicarse,
pois as palabras da súa lingua
desapareceran porque
ninguén as usaba.
E él, nun derradeiro acto de amor,
arrincou a folla do caderno no que gardaba
para sí a súa palabra favorita e lanzouna
ó aire, onde empezou a voar. Despois
despediuse cun xinxelo ¡Adeus, bolboreta!

marcos valcarcel dijo...

Novo ensaio sobre a cegueira.
por JORGE EMILIO BÓVEDA ÁLVAREZ
de OURENSE
T eño un problema físico que estimei
unha virtude ate hai pouco; levo
na vida case cincuenta veráns cos ollos
do revés: Nacín cos ollos cara dentro
da caveira, detrás dunhas pálpebras
inútiles que selaron soas de puro inútil.
Teño, polo tanto, unha cegueira
de dúas valencias das que levaba a meirande
parte do meu tempo vital coñecendo
só unha delas. Medrei “mirando”
sempre cara o interior
da miña propia cabeza; o
que supuxo de primeira
man todas esas virtudes
que vostedes poidan
imaxinar: autocrítica, auto
compaixón, auto comprensión,
autonomía espiritual
e, en definitiva, todos
os verbos que exprsan virtudes,
prefixados polo morfema
“auto”. Coñecínme
antes de nada a min mesmo e iso deume
pulo para afrontar con bo pe a socialización.
Pero co tempiño, coa esnaquizada copia
da eternidade suspendida nas nosas
accións, cheguei a descubrir a outra valencia,
a soterrada, a subrepticia, a case ignota;
a menos positiva e desexable: non son
quen de ver os días, os soles, os paxaros,
os firmamentos que describen os
libros que me teñen referido.
Descoñezo a virtude estética,
non podo ter referencias visiais,
non son quen de vivir cara
fóra. Por esa sensata, sinxela
e evidente razón que tardei
tanto en topar. A vida interior
non o é todo. Compendiar
ambos mundos nunha proporción
maior do mundo interior
é o “segredo” para facerse seres
humanos.

marcos valcarcel dijo...

Histórica cuántica de Röos, de Mariña Pérez
Rei. por MARIÑA PÉREZ REI, de SANTIAGO

Chamábase Röos e tiña 18
anos.
Sorría imperceptiblemente
detrás das súas lentes:
2 dioptrías en cada ollo.
(A humanidade está
sobrevalorada).
Vivía a 62 km. de Helsinki,
nun pobo de 25.000
habitantes.
Cursaba o último ano
de Bacharelato. (Alumno
avantaxado de Filosofía).
O seu Rh era 0+.
Escoitaba nun mp4 os
seus grupos favoritos de
hard rock.
Gustáballe ler unha e
outra vez Farenheit 451
e ver Apocalyse now.
Nadaba na piscina
olímpica universitaria (50
metros).
Colgaba vídeos en Youtube cada aniversario
da Revolución bolxevique (7 novembro):
Era o usuario Sturmgeist 89 (Espírito da tormenta).
Declarábase humanista antihumano e ateo
endeusado.
No seu instituto estudaban máis de 400
alumnos.
Pode nevar 7 meses ao ano.
Ás 11:00 a.m. comezou a súa particular
revolución.
(Non culpedes as películas que vin nin os libros
que lin).
Todo durou 20 minutos e 12 segundos.
Odiaba os veciños, a súa ex moza, os compañeiros
de clase e a sociedade
f i n l a n d e -
sa.
Tamén tiña licenza de
armas e unha pistola
semiautomática RX 5,
modelo de 2005.
Era membro do club de tiro da cidade: carné
de socio 3.557.
Morreron 8 menores, disparou 120 balas.