30 jul. 2008


Congresos.
pAN por Pan 30 xullo. Debuxo: Otto Dix.
Se vostedes se molestan en revisar a información sobre o congreso do PSdG-PSOE da fin de semana, en todos os xornais, comprobará dúas cousas. Primeira, o 80 por cento do publicado refírese ós cargos e responsabilidades: quen foi elixido, quen non, quen entrou na dirección ás tres da mañá, etc. Segunda, a abraiante ausencia de novas sobre os debates ideolóxicos e programáticos do congreso, que tivo que haber, pero que se descoñecen. O mesmo vale para un encontro do PPG ou unha asemblea do BNG, aínda que, por filtracións dunha banda ou doutra, dos nacionalistas acaba por saberse todo. Ou sexa, que do que queren que nos informemos é de quen manda a partir de agora no partido. O cidadán ignora as diferenzas estratéxicas entre Pachi Vázquez e López Vidal, se é que as hai. O cidadán case está a pensar que os congresos só serven para fixar como se reparte o poder interno.

13 comentarios:

lovesio dijo...

É vero, é vero. Será que eso é o que preocupa ós cidadáns. Con quen caciquear próximamente, a quen ten un acceso e a quen non. No fondo da cuestión eso é o que subxace porque ata dubido que a xeneralidade sepa analizar os grupos de poder e o que representan.

Canto máis "ideoloxías", nin soñar, deso pouco, ou nada.

Lembrades o grupo "nacionalista" ou "galeguista" de Ceferino Díaz?. U-los?. Eses tamén naceran a beira da mesa camilla de Piñeiro.

Daquelas a "ortodoxia" tamén chamada "oficialismo" puteabaos chamándolles "nacional-socialistas".

Sí é certo, os medios de comunicación só falan de persoas que acceden e persoas que marchan, sen máis. Pero que representan os Ismaelitas por exemplo, alén de un grupiño de presión persoal. Que supón de pensamento diferenciado para a xestión do futuro de galicia?.

E patchi vázquez que quere decir cando representa a Ourense?. Ten ideoloxía Patchi?. E si a ten cal é e que ten de orixinal para o noso futuro?.

E os secreatarios de área fan algo?. E os secretarios executivos fan algo alén de reunirse e seguir a discutir do mesmo?: distribución de poder, listas, eleccións, etc..

Os cidadáns empezamos a pedir máis. Estamos fartos de polo. Hai corenta anos era un luxo comer polo os domingos.

Vai e estes cabróns van acabar meténdonos pavo. Israelí.

Anónimo dijo...

Propoño aos xornais un exercicio xornalístico: tirar do fío para saber quen veñen sendo realmente no partido pachi vázquez, ismael rego, ricardo varela, dolores villarino ou mar barcón, e así no seguinte congreso sempre poderán acompañar a información con "perfís" aclaratorios sobre a ideoloxía (que eu creo que a hai, vaia se a hai), a mesa camilla, o territorio ou a camarilla de cada quen. mentres as crónicas políticas dos xornais galegos non inclúan esa información esencial pouco poderemos falar

Witimiro episcopum auriense dijo...

Eu non dubido que o Patchi teña seghidores, territorio, pero non ten ideoloxía.
Perdón, se vostede lle chama ideoloxía a especular, facer negocio non sempre partindo do traballo, maximizar beneficios, soñar con terreo urbanizable mentras se conduce o mercedes ( ou cambiou de coche?), pois sí hai ideoloxía, pero é de dereitas.

Patchi representa a dereita metida a facer política no Psoe. Por falta de espazo noutros lugares, ou escasa máis-valía.

Cecais non había máis remedio. Non houbo máis remedio porque o poder da dereita foi tan omnipresente, tan omnímodo que para tomarlle territorio e cheghar a ghobernar houbo que tolerar "aliéns" dentro de casa. Non digo lobos, por respeto ós lobos. Alien está a facer un bó traballo pero habería que controlalo. O día de mañá devóranos, ou rompe.

Manda carallo pro tipo. Salíu na prensa que as dúas da mañá Touriño foise declarando :"a mín ninguén me vota pulsos". Que decimonónico é este Patchi, el jefe, chacho, como no século XIX. Pero pode ser así porque os demáis "no saben/no contestan".

Esto vexoo desde unha posición ben particular. SE eu estivese alí estaría a tanguer e chamar por o Alién. Acontece que eu non estaba, nin estou, polo tanto vexo os touros desde a barreira e vexo o perigo inminente que a "cuadrilla" non quere ver ou pensa ter controlado.

Somos moi ambivalentes os humanos. Dependemos do contexto. Esto que estou a defender, tratando de ver os tempos "Post-Patchi", e criticando ó patchi, non se me pasarían po-la cabeza se eu pertenecese ó psoe no momento que houbo que cambiar, por inservible, ó "gonzalito lagunero". Estaría a partir un piñon con "alien", o octavo pasaxeiro. Abesullando un horizonte incerto de gherra incivil.

Patchi é a demostración da xigantesca debilidade do psoe ourensano.Misérrima. Algúns candidatos que puxo el son de dereitas puros e duros, votaronlles a xente do pp e sairon alcaldes, como os de Cortegada e S.Amaro, ( a este nutríuno previamente con obras, é contratista), estes iranse con el. Incluso o de San Amaro foi leal cos seus camaradas e consultou con Manolito o facha, alcalde de Beariz, ( nos chamabámoslle así cariñosamente en Santiagho cando se puña de camisa azul, impasible el ademán, na praza do Toural, a vender recordos e símbolos fascistas), quen como bó compadre lle aconsellou que onde estivesen as fabas....e se deixase querer. Contoumo el en persoa, na alameda, vale?. O ano pasado, rematadas as municipais.
Con quen permanecerá Mighel Fidalgo Areda?. Despois de terlle feito tan xentilmente de lacaio?.

Supoño que se xubilará e zurcirá calcetíns. Tres ou catro anos. Non máis.

Vai.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Hai eleccións ou non hai? Que lles parece? Vanme facer caso. He, he.

apicultor dijo...

Pois resultou que Touriño pasou duramente das súas suxestións, amigo Arume.

XDC dijo...

Teño entendido que por presión do BNG, ao que non lle conviña o adianto, entre outras razóns, polo cacho de pastel das eólicas...

apicultor dijo...

Penso que tivo que moito máis que ver a dialéctica interna dos socialistas (Pepe Blanco, etc.) e a necesidade de Touriño de amosar autoridade e dar un golpe de efecto. A capacidade de presión do BNG foi, ao meu ver, moi escasa, por non dicir nula. Todo indica que Touriño pasou duramente de Quintana. Pero, en fin, calquera sabe...

Un saúdo, amigo da Cova.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Non empregaría eu a palabra duramente, porque tivo todo o mes de agosto levedando o asunto. Se o tivera tan clariño, non andaría con argumentarios de doble fío ou con solemnidades tan desproporcionadas.

apicultor dijo...

Deixémolo logo en "cariñosamente".

Xoan da Cova dijo...

A explicación de Apicultor é a "oficiosa", a posteriori. Pero os coqueteos que amosaba o BNG có PP en moitos asuntos, non fan pensar nunha presión "blandiña" dos nacionalistas.
Saúdos, amigos Apicultor, Arume dos Piñeiros e todos.

jacques delapierre dijo...

Pesaron sen dúbida as razóns expostas de amosar autoridade e independencia do aparato de Madrid, pero a miña impresión é que se están calmando as augas do Congreso e que se precisa tempo para face-las listas sen que haxa ferid@s.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Como entenden vostedes este editorial de Tempos Novos? Por un lado hai crise e por outra lévanse ben. Un editorial, e perdoen, que parece certificar o tópico (que algúns tratamos de combater) da indefinición galaica.

Finalmente, as eleccións serán na primavera. Pérez Touriño deu a talla negándose a secundar as directrices de Ferraz, que as querían para este outono. Tentaban experimentar en Galicia o voto da confianza con dous obxectivos. En primeiro lugar, para que a suba de votos que agardan contribúa a desactivar os efectos políticos da crise económica, que xa comezou a detectar o CIS. E tamén para que a reedición da coalición socialistas/nacionalistas incentive a operación vasquista, na que Zapatero empeña unha parte moi importante da súa credibilidade política, renunciando a todo o que non sexa sentar a Patxi López en Ajuria Enea. De someterse o presidente galego a eses cálculos, supeditaría os intereses de Galicia á estratexia do PSOE. Porque non se dá ningunha das circunstancias que puideran xustificar excepcionalmente un corte tan abrupto da lexislatura. Malia as tensións, a coalición de goberno mantense estable, e segue a ter a maioría parlamentar suficiente para executar compromisos políticos e lexislativos dos que vai depender en boa medida que se substantive ou non o cambio prometido. Entre eles, os que lle han devolver á sociedade civil a autonomía que lle subtraera o fraguismo.

O compromiso de esgotar a lexislatura –cun adianto técnico mínimo para non coincidir coas eleccións europeas- fai inevitable, non obstante, unha crise de goberno. Hai consellerías que carecen de dirección política, presentando déficits preocupantes tanto nos seus proxectos, escasamente ambiciosos, como na súa xestión. Superada a proba de autoridade á que o someteron Ferraz e algúns dos seus propios colaboradores, quédalle a Touriño estoutra non menos importante da crise. Para chegar a marzo sen demasiados sobresaltos.

apcultor dijo...

Eu non lle vexo ningún problema de coherencia argumentativa a ese editorial. Mais ao mellor é que ando un pouco baixo de reflexos.