20 jul 2008


A MIRADA RETIDA (La Región 20-7-08)
UN HAIKU EN SAN FRANCISCO
Conta unha das Cantigas de Santa María, o Cancioneiro relixioso dirixido polo rei Afonso X, que un monxe estivo trescentos anos nun xardín escoitando o canto dunha paxariña: así obtivo da Virxe, no que el coidaba só uns segundos, unha visión única do esplendor do Paraíso, vitoria sobre o tempo dos reloxos. Sospeito eu que ese poema puido ser composto nun espazo coma este, o claustro de San Francisco de Ourense, capaz de amosarnos unha imaxe do mundo nas formas e símbolos do século XIV, pero tamén de esvaecer o paso do tempo. O claustro era un dos centros do universo monástico medieval, como di Georges Duby: lugar de comunicación dos monxes cos milagres máis perfectos da natureza, o aire e o sol, as augas, as árbores e os paxaros... Lugar sagrado de meditación sobre os misterios de Deus. Toda esa beleza permanece neste claustro, que por desgraza hoxe non se pode visitar. E toda a delicadeza daquel haiku de Issa Kobayashi:
“Lusco-fusco das cerdeiras.
Tamén hoxe converteuse
en pasado”.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

O protagonista desa cantiga é Ero de Armenteira, abade do fermoso Mosteiro da Armenteira, no concello de Meis aquí no Salnés. É un lugar que paga a pena visitar. A poucos quilómetros está o cume do monte Castrove desde o que hai unha boa vista de toda a ría de Pontevedra.

Saúdos.

Anónimo dijo...

Que sabedoría albergarán algúns mosteiros para que, por exemplo, en Oseira, parasen Syd Barrett (dos Pink Floyd), Sir Alec Guiness, Graham Green, e outros tantos que non sabemos.
Talvez don Lobo Neghro sabe algunha cousa disto...
Preguntei pola rapaza de Coruña que rexistrou as pezas de Syd Barrett que gravara nun magnetófono caseiro, por volta de 1977... A rapaza está en Katmandú.
Hai unhas imaxes de don Graham e o abade de Oseira, daquela, a pasearen nun seat 600 entre os castiñeiros de Oseira. Vinas en Barcelona, hai vinte anos, e non son quen de localizalas.
Saúdos.-

Anónimo dijo...

Podía ser Oseira lugar de paso para persoas que desde 1945 ordenasen abandonar a Europa???

Podía ser don Graham un enlace para estas persoas???

Podía ser Oseira un centro pioneiro no cristianismo zen especializado en desintoxicacións físicas e/ou mentais???

Lembro o 'reservado' daquela cafetería do Passeig de Gràcia, en Barcelona, onde vin aquelas imaxes.
E lembro a chica que puña os videos.

Quen comunicaría aos Pink Floyd que existía ese auriense Tah Mahal???

Saúdos, señores.-

Anónimo dijo...

Sería Mircea Eliade, desde Cascais, o que deu sona a Oseira, en 1945??

Por que é Oseira máis famosa fóra daquí que para nós??

Non é razón abonda para se tornar nacionalista??

Anónimo dijo...

Ignoraba don Vicente Risco o tema??
Parécecheme ben raro...

Anónimo dijo...

Onde está o vinilo rexistrado en Oseira en 1977 por Syd Barrett??

En que emisora de Radio coruñesa se está a encher de poeira??

Ou tal vez está en Nepal??

E "Los Trovadores" a tocaren Cachete con cachete y pechito con ombligo.

E nós, os guapos do barrio, a velas vir, coma sempre.-

Anónimo dijo...

Menos mal que actúa Enrique Ponce (rejoneador de toros y novillos) en La Coruña, que si no...

Anónimo dijo...

E as estrañas cerimonias dos mandos da OJE en San Pedro de Rocas??

Anónimo dijo...

Dormindo nos nichos...

Anónimo dijo...

Permítome recomendar para aqueles que queiran aproximarse ás fantasías de Ero (e o paxaro Leandro) de Armenteira visiten o mítico Tío Benito en Barrantes. Non está ben anuncialo porque rápido todo se enche de ocupantes, pero tomen tal consello como agasallo de noite de verán. Pidan callos. E non digo máis. O resto á vista está.
[Nota: eviten o tinto da zona, pero eu non dixen esto]

Anónimo dijo...

Seica en Coruña están moi amolados porque non lles ven morrer José Tomás. O Ponce é sucedáneo para a peña de san Andrés.
Por certo, cachete con cachete é traducción case perfecta do cheek to cheek. Escoitara eu a miña nai dicir aquelo de "facer cachetitos".

Anónimo dijo...

Para Kyra-guapa-russa-rexoubeira-mística-cotilla va-de-verbena-con-mantilla-a-chorar-chorando e-por-fin-vai-dormir.


Bueno este é un salmo dos que cantamos en Ursaria, mosteiro cisterciense. Ía eu porlle-lo en castelán pero para non enfadala traduzo como podo. Desemúlenme.

Oráculo do señor a meu señor

"Séntate a miña dereita,
e farei dos teus enemighos estrado dos teus pés".

Desde sión extenderá o señor o poder do teu cetro.
Somete na batalla ós teus enemighos".

"Es príncipe desde o día do teu nacemento,
entre esplendores saghrados;
eu mesmo te enxendrei como rocío antes do abrente".

o señor xurouno e non se arrepinte.

"Ti es sacerdote eterno seghún o rito de Melquisedec".

O señor na túa dereita o día da súa ira,
quebrantará ós reises;
dará sentencia contra os pobos,
amontonará cadáveres,
Quebrantará cráneos sobre a ancha terra.

No seu camiño beberá do torrente,
por eso levantará a cabeza.

...................................


kyra, esto cantámolo en dous grupos alternos, con múseka. O que máis me costou foi ter que dobrar o pecozo, e a cintura, dobrase por o medio cáseque en ángulo de noventa graos, en signo de sumisión. Non o soporto ben. Teño problemas co poder, xa moi analizados, e non levo nada ben eso de humillarme. Venme do anarquismo, ou viceversa.

Imaxine, un cristiano-anarquista,

Que lle quere, son un lobo.

Anónimo dijo...

Eiquí hai un esculca do Mossad e por riba sionista.
E enténdese coa Kyra.