19 jul. 2008


Nais e fillas (Andoliña 19-7-08)

Leo nun magacín da fin de semana unha extensa reportaxe sobre Christina Crawford. É unha das fillas adoptadas pola xenial actriz Joan Crawford. Cando morreu esta, en 1977, Christina escribiu un libro demoledor sobre a súa nai, Queridísima mamá, onde a acusaba de ser unha muller colérica, alcohólica e obsesionada coa limpeza, chegando mesmo a facela responsable de malos tratos físicos contra ela. Outros familiares dan versións totalmente diferentes e falan de intereses espurios naquel libro, do que tamén se fixo unha película. Christina segue insistindo na súa versión: dende logo a súa nai xa non lle pode responder: tería máis valor que publicase o libro cando ela aínda vivía.
A min sempre me cheiraron mal estas biografías resentidas. Aínda que algúns teñan motivos para facelas. Penso en Mussolini, que non era ningún santiño dende logo. A súa filla Eda, que compartía co pai militancia fascista e a admiración por Hitler, casou en 1930 con Galeazzo Ciano, co que tivo tres fillos. O ditador condenou a morte a Ciano en 1944 por diferenzas na política da guerra e a propia Eda viviu confinada en Lipari. Co tempo un fillo de Eda, Fabrizio, publicou un libro cun título abraiante pero verdadeiro: Cando o avó fusilou a papá.

5 comentarios:

filomeno2006 dijo...

Se comenta que la Sra. Crawford tenía 500 pares de zapatos.......

Anónimo dijo...

As relaciós sogro-xenro sempre foron difíciles. Sobre todo cando ambos traballan na mesma "empresa". Mesmo se teñen feito "talleres de convivencia" en moitos lugares pra "limar asperezas".
___________________________________


Un farmacéutico moi simpático de Ourense, falaba sin embargo moi ben do seu xenro. Contaba que fora moi bó rapá, pero que morrera aos 33 anos.
Tiña unha filla monxa.

XDC dijo...

Era eu. Este chintófono ponse tolo coa calor.

arume dos piñeiros dijo...

Sabía que chintófono ou chitófono, Dacova, ven do italiano citofono? Do Dizionario de Mauro, consultable por Internet, "apparecchio telefonico che permette la comunicazione fra i diversi locali di uno stabile, e spec. tra i singoli appartamenti e la porta d’ingresso dell’edificio".

XDC dijo...

Non sabía, non.

Eu considerábao sinónimo de Tranganillo, Trebello,...e un término que usa a miña aboa: "Entrenque".