22 jul. 2008


Ramón Piñeiro y la CIA, de A. Baamonde (El País 21--08)


Siempre se ha acusado a Ramón Piñeiro de haber sido agente de la CIA. Podría haberlo sido, como el filósofo Isaiah Berlin lo fue de los servicios secretos británico. Lo más probable, sin embargo, es que el ensayista gallego no haya pisado jamás las oficinas de Langley, la sede central de la agencia en el estado de Virginia, lo que tal vez debemos lamentar. Al fin y al cabo el PNV colaboró con la OSS -la Oficina de Servicios Estratégicos, antecesora de la compañía en los años de la Segunda Guerra Mundial- desplegando una gran actividad en América Latina y en todos aquellos lugares en que los nacionalistas vascos tenían presencia. El entonces Lendakari José Antonio Aguirre puso a miles de exiliados a trabajar con los norteamericanos. Cabe indicar que Vázquez Montalbán noveló en El caso Galíndez a uno de los miembros de esta red asesinado por Trujillo, el dictador dominicano. A Galíndez también está dedicada La fiesta del Chivo, la novela de Vargas Llosa.

"La acusación contra Piñeiro es una muestra más de la frivolidad del país"
Si Ramón Piñeiro y el Partido Galeguista hubiesen hecho lo mismo habrían estado en su perfecto derecho y, desde luego, no sería malo si a través de ello se obtuviese algún resultado tangible para la causa de Galicia. Lo que les habría guiado sería lo mismo que a los nacionalistas vascos: lograr más peso e influencia en la potencia que podía derrotar a Hitler y a Franco, o condicionar el momento de su desaparición de la escena. Ramón Piñeiro que colaboró con el PNV en aquellos años y que compartió estancia en la cárcel con Koldo Michelena muy bien podría haber compartido esta visión y nada se habría podido objetar a ello en aquellas circunstancias. Lo que hay que lamentar no es que Ramón Piñeiro fuese o no agente de la CÍA, sino que el galleguismo no tuviese valor alguno a los ojos de los estadounidenses. (...)


105 comentarios:

Anónimo dijo...

En galego por favor.
Ou que se vaia para España.

Karlos dijo...

Este señor Baamonde dende logo que non lle chega aos pés a Ramón Piñeiro, pero de que vai este home, escribindo en español sobre Piñeiro na sección galega do "Es PaIS". Dende logo que non debe ser da CIA que debe de pagar mellor, senón que se revela como un pobre mercenario, que vende o pais por media cadela. Vergonzoso.

Anónimo dijo...

O verdaeiramente vergoñento señor Karlos, son os "razonamentos" que vostede emprega. Pobre país noso se vostede representa a alguén que poida chegar a mandar nel...

karlos dijo...

Señor anónimo, os razonamentos obviamente non están expostos. Simplemente deixo a miña protesta ante este comportamento dun ensaista de fortuna.
Condear aos mercenarios non ten que ir acompañado necesariamente dun tratado ético sobre esta modalidade de asasinos.
Ademais vostede tampouco expón os seus argumentos.
Hai unha recriminación por unha conduta lesiva para a cultura galega, e parece que a vostede lle escoce, iso é bo.

Anónimo dijo...

Diga logo o anónimo defensor de Baamonde porque non é nocivo escribir en español, na edición galega do El Pais?

Xosé M. González dijo...

Houbo un tempo no que axente da CIA era a acusación suprema dirixida a alguén que se estimaba danaba especialmente algún movemento ou causa (auto)considerada progresista. Ata do Paco Rodríguez chegou a comentarse tal hipótese, á vista de certos comportamentos con efecto un tanto disolvente no nacionalismo galego. Eran os primeiros 80.

Ora que en efecto: de andar Piñeiro en tales historias (desmesurado parece) ou calquera outro do seu ámbito e volume, ¿tería vido algo bo para o país? Cabe calculalo, sobre todo tendo en conta o pouco que parece ter vido de Rusia.

O último do parágrafo anterior é, obviamente, unha boutade provocativa, produto da (por fin!) calor nocturna estival. Máis interesante resultaría aquilatar os merecementos ou conveniencia de dedicarlle a Piñeiro o ano que vén. Pero calculo que iso xa o deberon facer vdes. en ausencia miña.

Teñan boa noite.

karlos dijo...

Si X.M., iso dicíase porque participábase do mito da omnisciencia da CIA, secularizada o día que derrubaron o WTC.
11 / _ _

Medela axente da T.I.A. dijo...

Pregunten a Carlos Zayas, 'ex' de Massiel, sobre o tema. Talvez saiba algunha cousa.-

Medela axente da S.O.B.R.I.Ñ.A dijo...

O asasinato de Kennedy e as torres WTC foron o gol máis importante encaixado pola CIA.
No entanto, sembraron unha nube de dúbidas, apropiándose nebulosamente de certa responsabilidade para acrecentar esa omnisciencia da que fala don Karlos.-

Medela axente da A.V.O.A. dijo...

Quero dicir, certa implicación en ambos casos. Falsa, evidentemente. Mais, ás veces dá máis prestixio ser considerado conspirador-asasino que parvo-incompetente.-

medela axente da C.U.Ñ.A.D.A. dijo...

Ou financiar relatorios institucionais (Com. Warren) ou moreas de libros sobre o tema das torres xemelgas, enormemente extensos e pouco profundos, para non desvendar talvez métodos pouco ortodoxos ou contactos con outros grupos sociais (mafia) ou infiltracións en partidos...

Anónimo dijo...

Piñeiro non sería da CIA, pero que entorpeceu todo o que pudo o agromar do nacionalismo de esquerdas poucos son quen de o negaren.

Medela vai durmir dijo...

E a CIA falseou sistematicamente as eleccións italianas de posguerra, tornou xenio un malísimo escritor como Orwell e axudou a esmagar o nacionalismo periférico e o comunismo en España apoyando incondicionalmente o PSOE, mesmo moito antes da morte de Franco.
Lembra alguén a Felipe González a berrar "Gora Euskadi Askatuta" en Anoeta-1976.
Home claro.-

Voceiro da internacional loba dijo...

Hai xente que traballa para a cía sen o saber. Non teñen porque ser necesariamente axentes con "espíritu de cuerpo" e formación acorde.

Fálase de que eses pobres mormóns que andan engaravatados a facer proselitismo son "utilizados" por a cía, sabéndoo eles ou non. Así sacan información de moitos países, son xente que sabe idiomas. Tamén infiltran movementos, os que lle conveñan, e paghan a través de fundacións, ou outros organismos ideoloxías que lles veñan a coallo.

Un psicólogo canadiano dixérame no ano 1993 que ían rebentar a productividade xaponesa meténdolles o feminismo. Non vou argumentalo. Pero ten senso.
A cía a traveso dos organismos que fose, fundacións, ongs nutriría as asociacións feministas para suscitar un debate e un replanteamento de roles que nos levamos 30 anos facendo. Mentras discuten e se divorcian perden de traballar esas dez horas medias de traballo diario.

Anque non volo pareza nos estamos avanzadísimos con relación a eles. Eles en electrónica, nos en relacións humanas e madurez afectiva. Claro que queda moito por andar pero en algúns aspectos somos avangarda da humanidade. Europa.

A cía é moi ladina. A mín non me extrañaría que ó mellor non directamente Piñeiro, pero que a través de García Sabell o tivesen controlado. Daquela maneira.

E eso é bo ou é malo?.

Moitas feministas niponas poden estar a traballar para a cia sen se prodecataren.

Detrás da corriente new-age está a cia. O que non entendo é porque a cía lle interesa o Budismo.

Piñeiro, e o Bochechas ou os seus círculos puideron ser nutridos por altos intereses "expúreos". Quero decir que non eran os nosos.Pero daquelas no contexto da gherra fría houbo que facer todo o posible para que estos territorios non caesen do lado dalá. Portugal correo un serio peligro despois do 25 de abril. E claro, tiñan qeu ter tocados moitos homes da "nomenklatura" política daquela. Home non. Vai e son parbos. Moitos tiñan que estar tocados.

lobo neghro dijo...

E ollo cos ecoloxistas.

Tamén están infiltrados.


A veces , alcatrean.

XDC dijo...

No blog hai inflitrados da CIA, da KGB, do Mossad e do MI5.Olliño.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Reúnense un día destes, creo que o xoves, a xantar nun local de Ourense que non podo revelar.

Anónimo dijo...

Reúnense un día destes, creo que o xoves, a xantar nun local de Ourense que non podo revelar, co espírito de Piñeiro presidindo a mesa para que todas as pezas encaixen e as cousas discurran asegún mandan os cánones da saudade.

arume dos piñeiros dijo...

Piñeiro? Quen ven sendo?

internacional loba dijo...

Piñeiro érolo tí, Arume.

Anónimo dijo...

Amo o pensamento galego de Piñeiro e teño unha reprodución en miniatura da mesa camilla nunha vitriniña caseira á que lle rezo cada día. Que devoción a miña.

XDC dijo...

Lobo neghro,levo días sin velo. Póñase en contacto conmigo, que non teño o seu telemóbel.

Anónimo dijo...

(Libertad Digital) Oscar Pereiro está ingresado en la Clínica Fátima de Vigo donde ciclista será operado este miércoles de la fractura de húmero que le provocó la caída del domingo en el Tour de Francia.

En la entrada del centro médico, su esposa ha contado a los periodistas las consecuencias que les ha acarreado la firma de Pereiro en el Manifiesto en Defensa de la Lengua Común. Le explicó a un periodista de la televisión autonómica que prefería hablar gallego porque si no "los de Galiza no sé qué van a por mí".

Y es que según cuenta desde que Pereiro apoyó el manifiesto les están "acribillando", en páginas webs de corte nacionalista, con mensajes del tipo de "jódete, tu te los buscaste, tienes mal karma porque renunciaste a tu patria, ya no eres gallego..."

Sobre la procedencia de estos mensajes, la mujer del ciclista no cree que procedan directamente del BNG, dice que son "radicales, que no tienen nada que ver con el Bloque". Aunque lo cierto es la firma del manifiesto desató una virulenta campaña contra el ciclista desde sectores nacionalistas, como ha sucedido con quienes lo han apoyado en Cataluña o en el País Vasco.

arume dos piñeiros dijo...

Dos Piñeiros, s'il vous plait.

karlos dijo...

Iso de amar o pensamento galego de Piñeiro, está moi ben, sobre todo cando o pensamento de Piñeiro é inextricabel da súa galeguidade. Non había un pensar en Piñeiro sen referise a un ser galego. O ser galego en Piñeiro é universal.
Foi unha perosa clara co idioma, clara, mesurada e contundente, non como eses mercenarios que esciben non Pais, que van, de "listillos", con ese oportunista e desfasado discurso de calificar de paletos e retrasados mentais aos nacionalistas. Foron de nenos terribeis, mentres o nacionalismo galego non reaccionou, agora van ter que medirse, e agardo que lle pagasen ben os servicios pasados, porque a partires de agora van ter que sudar .
O nacionalismo non vai ser mais un branco facil para estes paiasos do "EL pais"

arume dos piñeiros dijo...

Por qué non facemos o máis fértil exercicio intelectual de pensarmos sen Piñeiro? Non hai tarefa máis estéril e mesmo aborrecida que pensar no que puido ser e non foi. E triste, engado.

Anónimo dijo...

Arme está empeñado en que pasemos de Piñeiro porque, como bo socialdemócrata galeguista, non quere que o critiquen. Pero este é o ano de R. Piñeiro, non si?

karlos dijo...

Pensar é unha suma, amigo Arume, unha suma na que previamente se restou. Pensar é actualizar o sentido, o que non implica negalo, senón sumalo á experiencia intuitiva que nos refire ao que é aí. Piñeiro, como outros autores axúdannos nesa actualización, porque nos orientan, e para pensar, é fundamental, como dicía Kant,
estar orientado. Ramón piñeiro, pensou en termos que nos orientan cara o feito xenuíno de pensar...

Por qué non facemos o máis fértil execicio intelectual de pensarnos sen os Presocráticos, Platón, Aristoteles, Averroes, Tomás de Aquino, a Escola de Florencia, Erasmo, Maquiavelo, Hobbes, A ilustración Escocesa, Kant, Hegel...?
Por que Arume non fai o máis fértil exercicio intelectual de pensarse sen Arume?

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

E dalle. Non lin nin unha soa liña de Piñeiro. Non me interesa o máis mínimo. Nin me interesa o debate sobre se interesa o máis mínimo. E, por suposto, amigo Karlos, eu sempre penso sen Arume, o que non quere dicir que sexa fértil o meu exercicio (intelectual). Faltaría máis. Arume (este moitísimo mási) e mailo Piñeiro son completamente prescindibles.
Como resulta imposible mudar os prexuízos, non vou tentar siquera afirmar que non son nin socialdemócrata (se existe tal cousa) nin galeguista (se tal cousa ten un significado máis alá da proclama persoal).

Anónimo dijo...

A este Arume o que lle gusta é dar a nota.

Xosé M. González dijo...

Confesión de parte: a diferenza do Arume, eu si que lin liñas de Ramón Piñeiro; pero poucas fóra do artigo de prensa, obra colectiva ou prólogo, máis ben sentinlle algunha conferencia e entrevista.

A priori, igual incorrendo en exceso, non me parece figura literariamente de grande relevancia; como penso desta feita penso ler A linguaxe e as linguas (publicarase, espero), tempo haberá para a posible rectificación.

Co que entrariamos noutro debate, que supoño xa foi dado aquí: son adecuados os criterios (non sempre literarios) para designar a figural anual das Letras? Sintetizo que, desde o meu punto de vista, sempre lles encontrei algunha pertinencia. E que Piñeiro, xaora, resulta figura de bastante interese para falar e analizar a fondo; aínda que, se fose eu, non sei se non agardaría unha década ou así por aquilo da perspectiva.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Sacto. Por fin, alguén me comprende.

Anónimo dijo...

"Non lin nin unha soa liña de Piñeiro". Arume, mentirosinho.

González, ese libro xa está publicado en Galaxia. Pregúntelle a Arume, que seguro que xa o leu.

Dimitrov dijo...

A obra de Piñeiro é escasa, sen dúbida, pero non máis que a de outros que xa foron nomeados para O Dia das Letras. E ten o interese engadido de representar un material inexcusable á hora de historiar a cultura deste país e de facer proxeccións de futuro, pois obriga a pensarnos a nós mesmos en relación ao que Galicia foi, ao que é e ao que puido e pode ser.
O argumento de adiar o Dia das Letras adicado a R. Piñeiro adoitaba ser o argumento dos que non querían que, en ningún caso e en ningún dia, se lle dedicase o Dia das Letras a R. Piñeiro. Se as Letras galegas modernas son hoxe o que son débese a moita xente, pero, fundamentalmente, a R. Piñeiro. Negar esto pode responder a razóns intelectuais, pero soa "cicatero".

Anónimo dijo...

Que sería de nós sen Ramón Piñeiro. Fundamentalmente.

Xosé M. González dijo...

Segundo se dicía, nos arredores de Galaxia (e Piñeiro algo tería que ver, é fama) estimábase que a literatura galega de creación debería tirar polo neopopularismo de Fole ou a marabilla de Cunqueiro; sei que o resumo é limitado, pero tampouco non excesivamente.

Se as letras galegas modernas son hoxe o que son, débeselle a unha morea de xente, entre os que Ramón Piñeiro desempeña un papel relevante pero non ostenta primacía absoluta, en absoluto. Nin inventou a metafísica da saudade, nin Spengler é máis relevante ca Mitteleuropa nin dirixiu ou animou o proceso xa desde mediados dos setenta. En efecto, é discutible o merecemento de autores anteriormente celebrados; en efecto, Piñeiro é figura importante.

Todo isto xa o dixen máis arriba, pero non me importa repetilo. Engado que o ano de Álvarez Blázquez debería ter deixado claro que non só houbo Galaxia na xestión do galeguismo cultural, nin esta parece ter sido, necesariamente, o mellor xestionado ou ideado. E conclúo: espero que non nos veña enriba un ano de panexírico obrigatorio; no seu caso, eludirei de momento indagar por que.

Karlos dijo...

O peor que pode ocorrer sería un ano de panexírico. Pero entón para evitalo, hai que ler a Piñeiro, pero a fondo. Hai un debate moi fructifero que se pode abrir, unha actualización do seu pensar que pode das ainda sorpresas, e desvelar teimas que operan ainda que se creían superadas, ou se daban interesadamente por superadas. É de agardar que os axentes culturais, como Marcos Valcarcel, en Ourense, tomen nota e estén a altura,para facilitalo, dun debate que é conveniente abrir, sen protocolos asfixiantes nin panexíricos vanais, senón dende a competencia intelectual, para non so celebrar.

Anónimo dijo...

"Hai que ler a Piñeiro, pero a fondo", e mais a fondo aínda hai que analizar o seu labor político, porque segundo Ferrín "foi un escritor ao 10% e un activista político ao 90%". Nove veces mais a fondo.

Anónimo dijo...

Di un anónimo defensor do bilinguismo armónico de Baamonde:

O verdaeiramente vergoñento señor Karlos, son os "razonamentos" que vostede emprega. Pobre país noso se vostede representa a alguén que poida chegar a mandar nel...

mar jul 22, 08:01:00 PM


Mais ben pobre pais o que desexa este señor, non que a critica sería estigmatizada mediante a acusación de intencións totalitarias. E pensar que van de democrátas e de progres reconvertidos a postmodernidade. Pero a súa faciana vaise amosando:"Intelectualillos" de fortuna ao servicio do españolismo.

Anónimo dijo...

?intelectualillos? ?ao servicio do españolismo? Hai que ler un pouco máis e afastar os clixés binarios e sobre todo: facer inferencias ben alicerzadas. Os argumentos ad hominen e ainda máis cando son imaxinarios din moito de quen os fai e moi pouco de quen os que os ten que aturar. E de vostede din moito. Hai que se gardar do que veña de vostede

Karlos dijo...

A practica idiomática non é imaxinaria, realizanna esas persoas que critico, e eu reservome o poder de facer un uso simbólico destas prácticas.
Non hai intención ad hominem pola miña parte, en abosluto. Critico o que estimo criticabel. Vostede, podería facer de min inferencias mellor alicerzadas, eu dende logo que as podo mellorar, pero ese é un proceso intersubxectivo que require das vostades implicitas no asunto.
Pola miña parte encantado de argumentar a partir de agora.
E por certo coñezo os limites dos clixes binarios que sei exclusivamente aplicabeis ao cálculo computacional, e non se me ocorre nin remotamente a este ambito discursivo.
Boa tarde.

Karlos dijo...

Suso de Toro acaba de publicar un libro en defensa do galego, cando el publica en españos os seus artigos na sección galega de "El pais". A min e perdoenme a esaxeración, dame para un caso no que un alemán se adica a publicar discursos en defensa dos xudeos, que sufren a inxustiza nazi, e logo se apunta a un grupo de voluntarios que teñen como misión empuxar aos xudeos ao interior dos fornos crematorios.
Como se vai tomar en serio o traballo intelectual destas persoas, como Suso de Toro, Baamonde ou Xosé Carlos Caneiro, naquelo que se refira a sociedade, e política?. A diferencia entre o que din e o que fan delataos como persoas non serias, de persoas de que toman o común das xentes por tontas.
Se se adicasen a lóxica ou a ciencia non haberia ningunha incoerencia, pero a materia de que tratan remata por evidencialos como uns incoerentes. Non é facilmente dixeribel, dicer que se está fundadamente pola defensra da cultura galega e publicar en Galicia en español.
Pode que nun principio fose un despiste, un devaneo, un silbido de sibila, pero a practica persiste no tempo e por tanto, non teño outro remedio que consideralos como uns impostores.

K dijo...

facer inferencias ben alicerzadas:
Pobre país noso se vostede representa a alguén que poida chegar a mandar nel..

argumentos ad hominen e ainda máis cando son imaxinarios din moito de quen os fai:
1)Hai que ler un pouco máis
2)Hai que se gardar do que veña de vostede

K dijo...

facer inferencias ben alicerzadas:
Pobre país noso se vostede representa a alguén que poida chegar a mandar nel..

argumentos ad hominen e ainda máis cando son imaxinarios din moito de quen os fai:
1)Hai que ler un pouco máis
2)Hai que se gardar do que veña de vostede

Max Brod dijo...

Arue, telo claro. Ese Karlos do carallo e as sías indentificacións primarias cos que escriben no PAIS, o seu xuizo (ben razonado, por certo) de que vostede é un "socialdemócrta" polo que ten vostede unha ferida que hai que pechar como sexa (a ser posible co que di Beria: ou sexa, Em Siberia), o elementalismo do discurso de Karlos (Arguiñano, supoño: tén o cebebro na forno pirolítico, que se di), isa zafiedade propia de Karlos (nunca de K: respeutemos a Franz Kafka), quedan aí como merda lixeira que flota no aire (aer, ar) do fondo amor pola terriña e que lle dean por onde lle guste (a Karlos). Cajoento.

Anónimo dijo...

Arue, sías, cebebro, na forno, isa, respeutemos, merda lixeira, que lle dean, cajoento...

"Respeutemos", si.

K dijo...

?

arume dos piñeiros dijo...

Hoxe houbo contubernio no Pazo do Canedo: mesa de braseiro e todo. Eso si: comemos que nin diola. E non digo nomes, pero era a Xunta Directiva en pleno, agás o Saavedra que foi informado puntualmente da operación.

marcos valcarcel dijo...

Sentín moito non poder estar no contubernio desta ocasión, por problemas familiares e médicos. Agardo non faltar no seguinte. E celebro que comeran ben. A conversa debeu ser o mellor prato, sen dúbida.

O fillo putativo de Max Brod dijo...

PARA ANONIMO: Tén vostede razón. Se falla a gramática e a ortografía falla o sistema que sostén o mundo. De aí, por exemplo, que Roberto Arlt sexa un escritor infame, que as construccións gramaticais de Pío Baroja non estean á altura dun neno de ESO. Coma contraargumentación: Suso de Toro non sabe escribir en castelán: cada vez que o intenta, fai dise idioma algo similar a un discurso de Belén Esteban. Pero, a parte do argumento ad hominem, perdón, contra a gramática (nen sequera iso: contra os lapsus linguae), ¿pode aportar, por favor, algún argumento aínda que sexa con calambures, jitanjáforas, anacolutos ou eructos, señor García de la Concha?

Anónimo dijo...

Baamondiño... quen te viu e quen te ve...

Anónimo dijo...

Carallo pra o menú do Canedo!

Arume, que tal estaban os calambures? E as jitanjáforas?

Iso si que son papatorias!

Sorriso16 dijo...

Os "x" contertulios do Pazo de Canedo estaban sendo minuciosamente observados, i escoitados, con dispositivos de espionaxe profesional desde unha mesa adxacente.
As gravaciós correspondentes xa obran en poder da CIA, i están sendo analizadas morfolóxica,sintáctica,fonolóxica,fonética e semánticamente por expertos.
Eso si, a conversa non foi íntegramente rexistrada, porque ao espía acabóuselle a cinta, de tanto que "desbarraron".
Circula xa o rumor de que acabaron a ostias, e que tuveron que ser separados polos camareiros do local, pero este extremo non foi oficialmente confirmado, e máis ben parece unha maniobra de intoxicación informativa orquestada por escuros intereses.

Pra saber cantos eran, resolver a ecuación:

(x/2)+3x=10+x

A CIA agradece en metálico calquer nova información ao respecto.

Anónimo dijo...

Cuando escribo en El País me siento plenamente realizado y las jitanjáforas fluyen de mi imaginación cual arroyoa cristalinos de lucidez.

Anónimo dijo...

arroyoa cristalinos de lucidez.

Anónimo dijo...

Estes da tertulia de Canedo deber de vir piripis.

Anónimo dijo...

Os da Xunta Directiva mamadiños de todo. O peor o Arume, o que parece o mais formaliño. Gústalle moito o líquido elemento. Afortunadamente, para a decencia do blog, xa están dormindo a cogorza. Como virían que o sorriso16 puxo unha ecuación que non ten solución.

Medela Flecha Rota dijo...

Anónimo: No dormimos, no. Siempre en vela, como centinelas de Occidente, prontos para desenmascarar y aniquilar a los ocultos enemigos de Dios y la Patria.

Ou que pensabas... Que un simple xantar, vermouth previo, catro pratos por persoa, sobremesa, garrafa de viño unipersoal e copiñas de herbas nos ían deixar fóra de combate???

P.D. Pasamos scanner por ver de micrófonos ocultos. Habíaos, e foron neutralizados. Sabiámolo.
Home non.

Kyra moza do sr. Delapierre dijo...

O coronel do servizo secreto, de Lugo, un cabaleiro.-

Kyra cantando o himno galego dijo...

A sala de xantar, pendente de nós.

Y luego eses quien vendrán siendo??

E nós, evidentemente, a rir, a promocionar e destruír carreiras, vidas, traxectorias profesionais...
Poder, poder, poder!!!
Pegañoso poder...

Video-conferencia cun axente secreto ausente, e presente nos nosos patrióticos corazóns...

Lembranzas emotivas para ilustres (e xustificadas) ausencias.

Os fillos de Galiza sacrificando o seu lecer, o seu tempo libre, a súa intelixencia ante o altar sagrado da patria.

E aínda hai quen di que estabamos bébedos!

Linguas 'vespertinas', como dicía aquela rexoubeadora de Celanova.

Breogán, non perdiches o tempo, meu.

MEDELA ARREGLANTE dijo...

Boeno, a próxima, en Allariz. Convida un servidor...
Non se me poñan ciumentos.
Aos poucos, como dicía a miña avoa.

Medela a cortar ferralla dijo...

Encontrei de menos algunha camareira bonita, de idade indefinida, matriarcal, suxerente, de melodiosa voz e inspiración inconfesable.

E tamén alguén de Lobeira ou comarca, para saudar. Ao cabo, na fin do mundo sempre hai alguén de Lobeira que di:
E logo, que andas a facer?
E o mundo continúa a dar voltas.

Desculparán o machista comentario anterior. Non o podo remediar. Fun criado e educado na casa da miña avoa.

Hoxe participei nun dos xantares máis decentes da miña vida.

Medela a dicir pendejadas, huevonadas e cojudeces dijo...

E non é por nada, mais... Que lindos coches teñen os axentes secretos.
A patria demanda sacrificios, mais tamén sabe corresponder.
E que elegancia, a dos axentes. Dignifican a roupa, non a roupa a eles.-

lourixe dijo...

Por contradecir ao anónimo que "debe ser de letras" (a expresión despectiva preferida do meu irmán), a ecuación de sorriso16 ten solución, e única. Ven sendo 2,5 x = 10 ou sexa x = 10/2,5 ou sexa x = 4

the spywaiter from the Canedo dijo...

Hai un principio de acordo entre forzas de Allariz e Recatelo para formar unha nova rede galeguista digamos de terceira xeneración, unha especie de PG 3.0.
Esa é a primeira conclusión do contubernio. Se cadra a máis prescindible, porque a exaltación da amistade (entre freba e freba da carne e a ensalada Pazo) superou con moito ás insignificantes chamadas á unión dos partidos galeguistas.
Sinto que a camareira non puidera atendelos: estaba a facer as pancartas para hoxe en Santiago. Doutra vez será.
[Tomaron un Campillo: por se alguén quere facer a historia, á altura do xantar de Conxo].

arume dos piñeiros dijo...

Espero que os asuntos médicos non sexan nada, amigo Valcárcel. Sentimos moito non telo no contubernio canedista.

Kyra Oswald-Ruby-Kennedy-Piñeiro dijo...

En afortunada expresión Piñeirista /de Arume/ o contubernio canedista marca un antes e un despois da historia da humanidade.

Anónimo dijo...

Poderían facer unha relación dos asistentes ao banquete de Canedo?

Medela dijo...

Yo pecador me confieso...

XDC dijo...

Todo está na Rede: PREMER.

Desde Nukus con amor dijo...

Ejem...
Non andará por aí o sr. Leituga One?
Tiña que falar con el.

Medela Oswald-Ruby dijo...

O señor Spywaiter from the Canedo non bate no certo.
É certo que o tema que menciona saíu entre tallada e tallada, entre grolo e grolo, entre risada e risada, entre rexouba e rexouba.
Si.
Mais era linguaxe secretamente codificada.
Estabamos a decidir se poñemos a Obama ou a McCain.
Éralle só iso, señor Spywaiter from the Canedo...

Anónimo dijo...

Luis Bouza-Brey, 30-5-98

Ramón Piñeiro no fumaba. Y, sin embargo, se mantenía imperturbable cuando la pequeña habitación circundada de librerías de puertas acristaladas se llenaba de humo. Recuerdo aquella ocasión en que tuve que ser yo ---que, por entonces, era un fumador insaciable--- el que le preguntara si se podía abrir la ventana, porque me picaban los ojos.

Piñeiro siempre estaba allí, sentado tras la mesa camilla, sobre la que había una pequeña máquina de escribir, algunos libros, revistas y cuartillas de papel. La ventana daba a una galería sobre la Rúa Nova y desde ella, en las tardes de invierno, podías sentir cómo las gotas de lluvia estallaban en el silencio de piedra gris de la calle, salpicando los charcos de luz blanca. De vez en cuando, entre el silencio rumoroso de la lluvia, se oía el chapoteo presuroso de unas pisadas sobre el húmedo granito.

El recuerdo de aquella habitación me retrotrae a todo un conjunto de vivencias de juventud en Santiago, a mediados de los años sesenta, cuando empecé a estudiar Derecho.

No estoy seguro de si fue Xosé Luis Fontenla o Salvador García-Bodaño quienes me llevaron por primera vez a casa de Piñeiro. De todas maneras, a ambos tengo que agradecerles aquellos primeros contactos con lo poco que había de vivo, cultural y políticamente, en la Universidad de Santiago por aquellos años.

Frente a la miseria intelectual universitaria de aquella época, el contacto con Piñeiro supuso un impacto vivificador, definitivo e indeleble. En él descubrí un modo de situarse ante el mundo que me ayudó a encontrarme a mi mismo y definir mis modos de ser para el futuro.

Ramón Piñeiro era un hombre excepcional. En él se combinaban armónicamente un conjunto de cualidades y capacidades difíciles de encontrar reunidas. Lo que llamaba la atención de su personalidad en un primer momento eran su afabilidad, sencillez, serenidad y modestia. No obstante, detrás de esa aparente falta de brillantez superficial existía una gran entereza de carácter, apoyada en una profunda solidez intelectual y una finísima capacidad analítica.

Pero circundando y dando sentido a todas estas cualidades existía algo más: amor y autenticidad. Cuando, después de conocerlo, leí la "Filosofía da Saudade", entendí por qué su espíritu combinaba tan armónicamente el rigor y la distancia intelectual con el realismo, la apertura mental y la proximidad psicológica. Piñeiro sentía un profundo amor al mundo: a su pueblo, a la Naturaleza y a las personas.

Por eso en él encontrabas un amigo, alguien con quien comunicarte confiadamente, y que te daba lo mejor que tenía con gran generosidad: su tiempo, su lucidez intelectual y su honestidad moral.

A él, a quien siempre recordaré en su habitación de Gelmírez, sentado a contraluz, acompañando su hablar suave y sosegado con expresivos gestos de manos, le dedico con agradecimiento las páginas que siguen.

Piñeiro hubiera visto en el federalismo la única posibilidad de conservar y perfecccionar dos grandes valores históricos de nuestro país: la unidad de todos los pueblos de España en un proyecto común, a fin de hacer posible el desarrollo íntegro y no amputado de la riquísima diversidad de esos pueblos.

the barbecue man from the Canedo dijo...

Hai un enigma aínda sen resolver do contubernio: por que non todos optaron pola filloa flambeada?
A frase que eu puiden escoitar desde a cociña foi
McCain é de Lobeira.
E seica empregaron un trebello para comunicarense cun ghicho, como fan os anxos de Charly co Charly. Non era Monipenny.
Tamén puiden ver que un deles repartía camisetas bermellas. Eso pode ser de importancia. Olliño.
Un deles seica tiña o teléfono da benemérita. Non sei que falaban dun control, soplar, trullo, advogado. Non lles lembro polo de agora máis nada.
Ah si: as olivas que lles puxemos non tiñan carozo, pero tampouco anchoa. E ben que protestaron.

Medela atraizoado dijo...

O triple axente que está sacando a lingua a pastar é, cando menos, simpático.

Chamarlle carozo á carabuña da oliva demostra un altísimo grao de coñecemento e frecuencia no uso do idioma.

O motivo das protestas é que non houbese camareiras bonitas.

De resto, McCain ten cara de ser de Lobeira, é dicir, do mundo. Obama, da cara escura da lúa, ou de Beverly Hills, un actor.

Medela axente da T.I.A. dijo...

A filloa flambeada estaba "de muerte". O licor de herbas, de recepción de normando morto ao chegar ao Walhalla.
Que pena o das camareiras.
Si, xa sei, son insufriblemente machista.-

Medela a escachar co riso dijo...

En Lobeira, gaña McCain, por pouco, mais gaña.

Xosé M. González dijo...

Nenhum amador de Porto no convívio?

Medela, por certo, ¿a que altura andaría vde. onte, a iso das trece horas?

the hairlessspywaiter from the Sugar Cane plantation dijo...

O do Martini Bianco arreoulle ao peixe. "A la espalda". Os outros un Estrella Galicia en vaso xiado.
O que máis me chamou a atención é que non fixeran asemellos.
Seguiremos a informar.

Medela dijo...

Onte, ás trece horas??? Escapando da Quintana para ir tomar unha cervexa con dous do PNG-PG (históricos) e con outro rapaz que anda na nosa onda desde hai pouco.

Penso que fomos preto da Quintana, si, agora lembro, a un bar histórico do núcleo antigo. Compramos tabaco, tomamos, case nin falamos e para regresarmos, en cada silveira nos iamos enganchando.

Andaba Vde. por alí, profesor??
Talvez á unha andabamos coa pancarta do PNG-PG, non lle sei, antes de entrarmos na Quintana. Talvez... Podía ser. O que ía detrás da pancarta, a fumar, era eu.

Anónimo dijo...

E que fumaba?

arume dos piñeiros dijo...

Celtas sen filtro. De caixón.

Medela chico Marlboro dijo...

Noooooooooooooooooooooooon!

Marlboro, desde os trece anos.

Cando saio botar o cigarro, en Celanova, é dicir, cada cuarto d'hora, converso, ás veces, cunha señora moi, moi, moi, maior, que me conta moitas cousas. E faime rir, e eu adoro e quero e estimo e amo as persoas que me fan rir.

E o outro día, 'cual no sería mi sorpresa', que me vén cun cartón de Marlboro, porque dixo que mirara o calendario e decatouse de que era Santa Xulia, ou algo así, e daquela ordenou facerme un presente.

Eu fiquei pálido... Fun para o meu gabinete e case desato a chorar.
Un ritual cigarro dese cartón era un dos que estaba a fumar detrás da pancarta levada polos meus compañeiros.

Un presente dunha señora de Celanova, só por falar con ela, cando aprendo máis con ela que cos vinte ou trinta libros e filmes que levos lidos e vistos na miña vida.

Case todos os da pancarta fumaron cigarros dese mazo; tentativa de transmigración do espírito desa señora celanovense para os galeguistas (non neo-) liberais.-

Leituga 1 dijo...

Aquí Leituga. Chamando a Nukus. Intentando contactar con Nukus. Algún problema por aí? Deixe mensaxe. Repito: aquí Leituga 1. Responda, Nukus. Cambio e corto.

Anónimo dijo...

Interceptado mensaxe, de Leituga 1 a Nukus, poñase en marcha dispositivo, K2teck. Asunto confidencial, activese nivel 3. O contacto vaise producir.

Kyra Argounova dijo...

Ejem...

Ola, don Leituga, son Kyra. Nada, non lle hai problema ningún, non faga caso do anónimo, anda a intoxicar.
Simplemente que non sabía nada de Vde., e encontrábao de menos.

Ben se lle coñece que anda moi ocupado.

Saúdos desde Karakalpakstan.

P.D.: Seica non foi Vde. ao banquete de Canedo...

arume dos piñeiros dijo...

Por onde é que anda, amigo Leituga 1? Nefeuto, botábaselle de moins.

Xosé M. González dijo...

Eu, Medela, parei nas Praterías, tan ricamente sentados o casal e maila prole. Na Quintana debía ser un agobio, coa pantalla amañamos e non en solitario.

Leituga, un saúdo. Desexo que o reciba.

Leituga 1 dijo...

Moi agradecido polos seus saúdos, amigos Arume, González e Kyra. Andei algo enleado, si, e tamén un pouco canso de tanto anónimo e tanta gaita. Máis que nada porque non hai quen se entenda con tanto ruído. Pero á volta de setembro, calculo que xa estarei pra outra..

arume dos piñeiros dijo...

Pero antes de setembro, ben podía facer vostede análise do congreso PSdG. Que logo din que aquí só se malla no BNG.

arume dos piñeiros dijo...

Non sei se aconsellar esta impresionante foto (con moita mala hostia) do Faro de Vigo: Oubiña.

Xosé M. González dijo...

Mala idea é pouco dicir, se cadra (polo da foto).

Anónimo dijo...

Que quere dicir, Arume, con isa foto?

arume dos piñeiros dijo...

Non quero dicir nada, pero impresionoume vela como ilustración da noticia. Moi mala hostia. Demasiada mala hostia para o meu ver. Vostedes dirán.

lobo neghro dijo...

Pois non kamaradas, non lle hai mala hostia. Vai, e o da foto sono eu.

Estaba eu por alí, de casualidade.

Padezo de hirsutismo. Que lle queren?.

Peor é que un fillo llevos salia castelán-falante; ou que kona?.

Tamén teño dereito a vida. E tamén son "de deus".

Pensaban vostedes que eu era unha "entelequia". Pois non. Existo.

A realidade sempre llevos supera a ficción.

Kyra dijo...

Lobo Negro Romasanta (aka. Benito Freire o alobado) é GOD.-

Leituga 1 dijo...

Falei con uns do PSdeG-PSOE, a ver se se animaban a poñer os documentos do Congreso na páxina web. Porque, quitando o dos que entran e os que saen, as que suben e as que baixan, os medios non deron outra cousa. E o Relatorio Marco (houbo unha emenda, creo que aprobada, para que lle chamen así, en vez de "Ponencia Marco") ten bastante substancia, nalgúns aspectos novidosa, para debater. Se me fan caso e poñen o texto na web, medio me comprometo a facer unha análise como a que me suxire don Arume. Así vostedes tamén poderían retrucar con fundamento.

Levita dijo...

Paréceme moi boa idea a de de Leituga. E vindo a conto a min gostaríame acceder aos textos aprobados non último congreso do PSC.
Polo que lin, o nacionalismo de Quintana quedou rebasado polo catalanismo do PSC, e parece que o encaixa mal.

marcos valcarcel dijo...

Sería moi interesante ese seu balance, sr. Leituga, deses textos congresuais, se chegan á rede.

Comrométome a abrir un fío ó respecto. No mesmo poderíanse debater tamén os textos do PSC, como alguén suixeriu, e aínda documentos recentes de CIU-A.Mas, como me suxeriu noutra ocasión Apicultor.

Fredulfo Episcopum dijo...

O probe fillo de Eladio Osorio, Eladio Osorio Montenegro ten un blog que alguén suxeríu eiquí.
Chámase caldelaodecaldelas.blogspot.com.

Como é un home de empresa que traballa e vive da empresa "psoe", fixo un blog filo-psoecialista, con boas intencións. Colgou o "relatorio marco". Supoño que sin enmendar porque ó rapaz escribe pouco e razona peor.

Sorprendeume xan da cova con unha intervención inverosímil e paupérrima para unha persoa que tan ben pensa como el.

O probe Eladio Osorio Montenegro facía nun post unha valoración malfundada e chea de prexuízos sobre o réximen de Castro basada no episodio de "Eliansito". E vai Dacova de botafumeiro a gabalo por , máis ou menos que eu lembre, non ser un "socialista" defensor do réxime de Castro. Eladio trataba a Castro de dictador etc..etc....

O que non tiña nin pés nin cabeza era a relación do neno balseiro coa maldad da dictadura. Eu retruqueille que a Fidel lle saíra moi ben aquel golpe de efecto publicitario.
Un home que razona mal, non pode exercer a toma de decisións ben, como no caso do fillo do alcalde de Castro Caldelas que ten responsabilidades políticas e unha estructura de pensamento cativa.

Pero que facía XDC ghabándoo?. De que vai ese ácrata que a veces xoga a ser amable cos tontos acheghados ó poder?.

lobo.

Witimiro episcopum auriensis dijo...

http://caldelaodecaldelas.blogspot.com

Miñas donas e cabaleiros, pasen e vexan.

E se teñen vaghare vexan no mes de xullo o post sobre Eliansito o neno balseiro e o peloteo que lle fai xan da cova.

Ou que pensabas que o mossad non estamos en todas. Ademáis temos infiltrada a cía. E o vaticano con Pako.

o bispo de Abeleda dijo...

Laicismo e federalismo, ese é o nome da ponencia-relatório marco do 11º congreso do partido dos socialistas de galicia, ps de g ,( esperade que me arghano), pso-¿eh?. Coghada por Eladio (fillo) no seu blog antes citado.

Fariadesme un enorme favore se mirades o post do 6/16/08 sobre "Eliansito el niño balsero cubano", no tocantes a intervención de xdc.

É motivo de apertura de expediente e expulsión da intenacional ácrata ou internacional lobo.

XDC dijo...

Polo que vexo, entendéu vostede xustamente ao revés o que eu puxen nese post. Se o volve leer con calma, verá que vostede i eu estamos de acordo en todo o que atañe ó caso concreto do "Eliansito". Só non coincidimos na visión ,abstracta, do Fidel, que pra vostede é un "xigante" e pra mín un dictador .

lobo naïf dijo...

Leereino, leereino de vaghare.

Xa é a segunda vez que me ocurre de non pillar os segundos sensos. Xa o meu pai me decía, "es inocente como o meu pai", o meu avó , o Manuel das vacas que tiña unha pistola de nove tiros. Era inocente. E por o recorrido que levo por ehi lle andará.

En francia utilizan o término naïf para referirse a unha persoa "inocente".

Sigho pensando que Fidel é un Xigante. Eso non quita que sexa un dictador. Unha cousa non invalida a outra, ou si?.
O fodido é que para mín dictador xa non ten connotación tabú neghativa , desas que xerou o sistema democrático liberal tan fundamentalista e en certa forma estúpido como os demáis.

Como diría Benitiño Freire, da casa, que Fidel sexa un dictador: "Ma suda".

Cando o escoito falar, abráiame. E fico coa boca aberta. É un dictador ilustrado.

"Atrás, nin para coger impulso".

Beria, manda a Siberia ós que falen así.

jaime dijo...

Este bon home deberia ter lido un libro absolutamente recomendabel que fala da relación perversa de alguns intelectuais ca Axencia, cicais de este xeito empezaria a comprender o papel que xogaron xentiñas coma el na consolidacion do dominio total dos nosos amos yanquis, o libro leva por titulo "La CIA y la guerra fria cultural" na version en castelan, non sei si existe traducción a nosa lingua.