22 jul. 2008

Polo mesmo prezo, dúas columniñas (ben simpáticas), de Monxardín

Os ollos das agullas (Galicia Hoxe 22-7-08)

Malditos cargadores (La Región, 22-7-08)

Así como nos promiscuos enchufes das paredes ou nos portos USB das computadoras entra calquera cousa periférica, non sei porque cos móbiles non podían facer algo semellante. Pero non. Teñen os seus buratos -cargador, auriculares...- reservados en rigorosa exclusividade, non xa para cada marca, senón para cada modelo. E cando se derrama un móbil desaparece de forma máis ou menos rápida pero o cargador escóndese no fondo do caixón de ferranchada tecnolóxica listo para a nosa confusión posterior. Cando o descubrimos non nos atrevemos a tiralo ao lixo por medo a desfacernos do equivocado e meternos nun lío. Estou seguro que se vostede agora revisa ese maldito caixón dos cables enzerrovellados atopará polo menos un par de cargadores que non ten nin idea de a que aparello serven. Algo así como a versión moderna das putas chaves de filiación descoñecida.

3 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Canta razón ten Monxardín sobre os cargantes cargadores!

XDC dijo...

No meu caso son máis que os cargadores. Tamén me volven tolo os "adaptadores de corrente". Manexo un montón deles, pra non arruinarme a pilas, en moitos "tarecos" cós que traballo. Cada un có seu diseño, có seu voltaxe de saída, coa súa polaridade... E logo están as regletas e "ladrós" de corriente, que esa é outra...

XDC dijo...

A mín gustame moito un proverbio wolof que di:
- "Por moito que teñas, saes á rúa e ves cousas que non son túas".

Debe de ser grande sufrimento, na xente ambiciosa, acumular tantas cousas e sair á rua e seguir vendo outras que non son suas. Ou que teñen blutú.