11 jul. 2008

Un artigo agardado: poden vosteder interpretar, se queren...

Á espera de Ramón Piñeiro, de Xosé L. Méndez Ferrín (FV. 11-7-08)

(...) Clamamos, xa moitos, porque a memoria histórica se exerza tamén sobre a Resistencia ao franquismo en todas as súas formas e sobre a represión sobre ela. A figura de Ramón Piñeiro está implicada nesa Resistencia e padeceu esa represión e compre saber (primeiro) en que consistiu a pecularidade de Piñeiro como axente efectivo galeguista contra o franquismo. Logo, a figura de Piñeiro servirá de referencia para falar de outros e de outras: de todos os que, de Alexandro Bóveda a Moncho Reboiras, se enfrentaron á monstruosidade histórica con honor. Penso que a Academia certou, como certa sempre, ao nomear a Ramón Piñeiro como personaxe central do próximo Días das Letras Galegas.

19 comentarios:

apicultor dijo...

Un artigo, ao meu ver, un tanto raro, críptico, quizais como temendo algunha cousa non desexable para o autor. Ou todo o contrario.

XDC dijo...

Críptico, sí. Por exemplo, cando di "...certou, COMO CERTA SEMPRE,...". Que pode querer decir que certóu "tanto coma sempre". Que pode ser moito, pouco, ou nada...

Anónimo dijo...

Ten razón Ferrín...vai ser o tempo de falar tamén dos outros "outros", dos que puñan como exemplo a seguir, Albania, Korea, a revolución cultural chinesa ou Stalin e que endexamais desbotaron, polo menos publicamente, eses "exemplos"... si tamén vai ser tempo de falar destes outros...

Galicia-Hoxe.com dijo...

Repensando a Piñeiro

11.07.2008

PEDRO RIELO

Hai quen quixo matar o pai cun aquel de rebeldía xuvenil de salóns e de xogos florais. Circulan lendas urbanas como que era a particular gorxa profunda galega da CIA. Custa imaxinar que desde o seu cenáculo de Xelmírez 14, o outro don Ramón tivese trato coa chamada axencia de intelixencia, pero non creo que ese papel de meigo, que prepara conxuros e que establece unha rede de contactos, lle desgustara.

Fixo un gran labor de aglutinador de sensibilidades, axudou a moitos escritores, a maioría mozos irados que foron perdendo folgos, e foi un perfecto escoitador. ¿Puido facer máis? Todos puideron facer máis, pero a única realidade é que daquela se foron publicando libros en galego e que houbo unha resistencia silenciosa porque a restauración democrática chegou só coa morte do ditador.

É curioso que unha institución tan vetusta como a digna Real Academia sinale no comunicado oficial que o intelectual galeguista "debe ser unha referencia moral indiscutible para as novas xeracións". Un desexo porque Piñeiro é un gran descoñecido para eles. Proben a facer unha enquisa entre os mozos máis próximos e, cando escoite o seu nome, poñerán a mesma faciana estrañada que cando pasan unha hora e non reciben unha mensaxe no móbil. Pero é salientable dedicarlle o Día das Letras a unha persoa próxima no tempo e que suscita controversia, a unha persoa coas súas arestas porque só existe a perfección para quen cultiva o sectarismo como estratexia para andar pola vida.

Tivo tachas como calquera, pero fica o home xeneroso que abría as portas da súa casa para quen tivera algunha idea de país. Piñeiro tiña a crenza socrática de que se aprende máis das preguntas que das respostas, por iso o súa figura se podería trazar cun grande interrogante. Metáfora da súa andaina.

Non tiña aversión polos que democraticamente pensaban de xeito diferente porque, teño para min, que estaba convencido de que existen puntos de encontro, un lugar común na defensa da identidade. Un pensador, un home que meditaba moito o que dicía, que debería servir de exemplo para quen ve na política unha loita de intereses, de latricar e non saber onde se atopan as referencias. O intelectual da saudade, sempre preocupado pola lingua, chama a quen se queira unir nun galeguismo que daquela moitos non entenderon. Era tempo de leas e de moitas desconfianzas.

Queda a lembranza do home pausado, dialogante, preocupado pola lingua e que tivo un relevante papel político, quizais demasiado á sombra da mítica mesa de braseiro.

As cousas claras dijo...

Eses "outros" dos que fala tan ufano Ferrín son os que racharon co galeguismo republicano democrático abrazando con entusiasmo o delirio totalitario comunista. Ferrín era e é un deles. ¿Quen foron os que realmente traizonaron a tradición galeguista? Si, vai haber moito do que falar: xa ía sendo hora.

XDC dijo...

"...delirio totalitario comunista...",mmmm..., copiar e pegar en bloc....mmmm....

Delirium Tremenditario dijo...

Soñaba eu unha Galiza- república socialista soviética, pra facerlle "a pinza" ao resto de Europa . O seguinte paso: abrir un brazo de mar, prolongando a Veiga do Eo hasta Sanabria, e logo hasta cara o Oeste hasta A Guarda. Galicia sería xa non sería Finisterre senón a Cuba -Atlántida.

Anónimo dijo...

que nos anos 60 aparezan en Galicia movementos políticos que pretenden a autodeterminación e o socialismo dende unha nova perspectiva nacionalista non é nada estraño e moito menos representa ningunha traición. Nunca estes movimentos renunciaron ao legado do antigo Partido Galeguista, máis ben se consideraron unha ponla nova nesa tradición. A esencia da súa identidade, antes que no capital de Marx,estaba no Sempre en Galiza de Castelao. Bóveda era tan seu como Reboiras. Pretenderon encher eles mesmos (e baixo a sua propio óptica) o espazo que o Partido Galeguista abandonou coa súa disolución, creando plataformas unitarias onde todas as ideoloxías do galeguismo poderían estar representadas.
O que sí hai que preguntarse é porqué Piñeiro renunciou á loita política e se mantivo tan lonxe destes plantexamentos.

XDC dijo...

Bonito artigo do Ferrín, no Faro de hoxe, sobor do galego nas Canarias. Mágoa non atopalo na Rede.
Por certo, o Bochechón era o "mal nome" que recibía aquel alcalde de Cangas, Pena, baixo cuio mandato houbera graves disturbios fai anos. Non sei se Ferrín se refire a él coa expresión "Bochechón de Cangas" ,no artigo, ou é outra cousa que se me escapa. Si hai algún de Cagas por aiquí e mo pode aclarar, graciñas.

cóntame un conto dijo...

"creando plataformas unitarias onde todas as ideoloxías do galeguismo poderían estar representadas"


Quen che contou ese conto, meu?

Anónimo dijo...

Ferín anda decoñesido.Traga todo.

arume dos piñeiros dijo...

Non discuto eu a importancia de Piñeiro, pero merece a pena debatir ad nauseam o que xa está máis ca debatido e publicado?
Se atendemos ás porcentaxes de Ferrín (un dez por cento) e á esencia do día (ou sexa celebrarmos máis letras galegas ca espíritus) non pasaremos todo o ano que ven mareando perdices? Ou é que, coa excusa do veciño da rúa Xelmírez, desexamos reflexionar sobre o noso pasado político inmediato?

marcos valcarcel dijo...

Seguro que o último, amigo Arume. Hai un debate pendente, ben se ve.

marcos valcarcel dijo...

"creando plataformas unitarias onde todas as ideoloxías do galeguismo poderían estar representadas"

Quizais existiu esa intención, eu non o nego. Os propios dez puntos fundacionais da UPG son máis propios dunha fronte interclasista que dun pc. Pero, se así foi, por qué acabaron tan mal a maioría das plataformas unitarias do galeguismo nos 60-76: dende a convivencia nas asociacións culturais (choques UPG-PSG) ata o Consello de Forzas Políticas Galegas e a ANPG e escindida APG?

Anónimo dijo...

"por qué acabaron tan mal a maioría das plataformas unitarias...?"
Porque a realidade cotiá é máis difícil de construír que a teoría e máis para forzas minoritarias, clandestinas e hostigadas permanentemente. Nono esquezamos.
En calquer caso, algunha vez habería que recoñecer que a UPG-AN-PG-PSG e o que se queira engadir, tentaron de xeito bastante lúcido poñer en marcha un movemento interclasista e diverso que preparara o país para a previsible democracia. Todo baixo un acordo de mínimos. Moito deso chegou dalgún xeito ate os nosos días (sindicatos,etc.).
Estou seguro que a actual UPG suspira hoxe (cos matices que se queira) polo mesmo que suspiraba nos anos 70: un centro-dereita nacioalista forte que organice ao empresariado e profesionais do país. En definitiva, un sistema de partidos políticos propio. Xusto o contrario do que quería Piñeiro, por certo.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

O que eu quixen dicir é que tal debate non está pendente: está en estado de efervescente latencia. Polo que a min respecta, poucas novidades agardo sobre o particular. Porque entre outras cousas, o debate xa está esgotado. O máis que poidemos agardar é rectificacións, palinodias, matizacións, rencontros, bágoas. Ou sexa: non un debate senón unha catarse.

reis dijo...

gato branco, gato negro o importante é que caze ratos.
sería uma forma de fazer catarsis é deixar os debates. Talvez sobre debate é falte praxis.

arume dos piñeiros dijo...

Tamén pode haber un intento desa nova disciplina (deconstructora) que consiste en artellar de novo por forza da invención (histórica) o debate. Unha historia da historia (da historia?) do pensamento. E así, en ebrio abismo (esa mise en abîme do pedanterío mundial), ata a d/reconstrucción definitiva.

reis dijo...

nel mezzo dil camino io me retrovai per una selva oscura ...( ou algo así..) Dante aligheri, Divina comedia.