15 jul 2008


Un tema do que se falou nesta casa varias veces:
a Xunta e os cartos ós medios
na revista TEMPOS (sobre os contidos, ver Comentarios)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

TEMPOS Novos nº134: os diñeiros da Xunta aos medios



Axudas, contratos publicitarios e convenios sen convocatoria pública, por valor de 52,1 millóns de euros dende 2005 a 2008, son os piares da dependencia entre a Xunta de Galicia e os medios de comunicación, que o bipartito non estivo polo momento disposto a erradicar. A TEMPOS Novos nº134 (xullo de 2008) pon branco sobre negro as cifras desta relación opaca e perversa, consolidada durante o fraguismo e perpetuada agora, sen un proxecto de Lei de publicidade institucional á vista.



Amais, o equipo de investigación de TN revela a instrumentalización do Club Internacional de Prensa e os convenios asinados pola Secretaría Xeral de Comunicación en 2007 e 2008 cos medios, por importe de máis de 2 millóns de euros, “para a mellor da difusión” das súas actividades. A carón, relatamos tamén o recente episodio de La Región, cuxos apuros financeiros -malia á xenerosa e perenne contribución económica das administracións galegas- tentaron resolverse hai apenas un mes coa entrada da Deputación de Ourense no accionariado do grupo de comunicación. Á fin, a presión exercida por outros medios e a desaprobación de Emilio Pérez Touriño desarmarían o invento de José Luís Baltar xunta á familia Outeiriño.



Anne Phillips, profesora de Teoría de Xénero na escola de Ciencias Éconómicas de Londres, responde ás cuestións de Rebeca Baceiredo na entrevista central do número. Justo Beramendi dedica a súa crónica política ao desenlace da crise do PP, mentres que Camilo Nogueira escribe sobre o non irlandés ao Tratado de Lisboa; Xoán R. Doldán, da crise enerxética en curso e Dionisio Pereira, de cómo proseguen as dificultades para investigar a memoria dos vencidos da Guerra Civil española . No apartado de Entreculturas, revisamos o herdo do CGAC tras a celebración do seu quince aniversario e entrevistamos a Manuel Segade, actual director de Exposicións do Centro e comisario da mostra Situación, con traballos de artistas galegos emerxentes.



Completan o número de xullo de TEMPOS Novos o Suplemento de Ciencia e Tecnoloxía, cuxa cerna teórica é nesta ocasión a mitificación do xenético; as seccións Redes Cívicas, verbo da participación cidadá nas políticas públicas, Riscos da Comunicación, con artigos de Nicolás Xamardo e Xabier Paz, e mais o humor gráfico do Guau-Guau. A revista conta coas colaboracións habituais de Bieito Iglesias, Leo F. Campos con X.C Hidalgo, a entrevista curta de Diego Ameixeiras e o relato do Aquén, este mes asinado pola escritora Elvira Riveiro Tobío.

Anónimo dijo...

Salio a compralo coma un foguete, fiuuuuu!!!!.

Anónimo dijo...

Bó artigo. Fírmao "Equipo de investigación TN", qué curioso.