17 jul 2008



VIRXILIO VIEITEZ.
Andoliña xoves 17 xullo

Eu non tiven a fortuna de coñecer a Virxilio Vieitez, antonte falecido. Vexo o seu retrato e vexo a cara dun home que viviu moito, traballador, quizais un algo escéptico. Non sei se el sabía tamén, se o soubo sempre, que era un gran artista. Tivo a sorte, a finais dos 90, de toparse co fotógrafo Manuel Sendón, que foi quen nolo redescubriu como creador: logo a súa obra foi exposta, admirada, estudada.
Fotógrafo de pobo ou de oficio, formado en Cataluña, coas súas imaxes deixounos unha das visións máis profundas da Galicia de posguerra. Cando deseñaba os seus retratos, con tanto detalle, estaba a falarnos con extrema sensibilidade da emigración, dos soños frustrados, da miseria dun tempo e das feridas a cicatrizar dun pobo tantas veces enganado. Supoño que os retratados non o chamaban como artista, pero quedarían satisfeitos dunha imaxe que ofrecía para o mundo, para os familiares emigrados en América ou Europa, o mellor das súas vidas.
Nas súas fotos, ó carón das flores e dos automóbiles da época, hai moito amor e moito coñecemento do país e das súas xentes. Quizais el tardou en saber que era un artista. De certo un creador non é o que o vai por aí proclamándose como tal, por moitas performances que asine.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Quizáis o xenio non sexa moitas veces consciente de selo. O artigo, creo, é moi claro ó respeuto. Hai que ven por aí alardeando de algo que non ten e hai outros que fan o seu oficio con xeito de artesán, máis que de artista, e ó final conseguen ser artistas. As fotografías de Viéitez resultan espléndidas, directas, sinxelas: balas ó corazón do país. Na liña dos mellores fotógrafos dos que escoitamos falar a miúdo. E aí están, aí permanecerán para sempre o plo menos ata que resistan as imáxenes a descomposición do tempo, da química ou da historia.

Ana Bande dijo...

Maravilloso Virxilio, coma Ramón Caamaño, tamén falecido, nada que envexar aos Evans, Dorothea Lange e outros da F.A. que tamén deixaron valiosas pegadas da pobreza en América. Excelente post.

Anónimo dijo...

Os fotografados non lle chamarían "artista" senón "retratista". As fotos eran todas "retratos".
A do post, é moi posible que fora a dun rapá criado polos abós. A foto faríase pra enviarlle por carta aos seus pais emigrados. O retratista tería instrucciós de sacalo ben guapo,aseado, gordiño, con coloretes nas meixelas,sano. Si había varias mulleres na casa, tías do rapá por exemplo, o aspecto, a roupa e o peinado do neno, tiñan que pasar o "visto e prace" de todas elas. As negociaciós poderían prolongarse moito tempo hasta chegar a un acordo compatible cós gustos de todas elas, e tamén do fotógrafo. Esa foto era algo moi serio. Era todo o que unha mae tiña do seu fillo, a miles de kilómetros.

Cando eu tiña unhos dezaséis anos e facía fotos pola aldea, os vellos non entendían que fotografara a paisaxe ou ós animáis domésticos. Tampouco entendían que fotografase á xente nas suas actividades cotiás sin avisala, sen que poideran "arreglarse" prá foto, sen adoptar unha "pose".

Trebi dijo...

Marchoume... un espello ,magoa outro dos mellores que se me vai.
!Co seu arte...,que non farían hoxe ese fotógrafos xenias¡ca tecnoloxia doxe: dupli_tripli_ ou moitisimo mais......, nos quedaría no seu legado-

Anónimo dijo...

A mín posábanme invariablemente firmes, caseque militarmente, como nun cadro naïf.

Marcos Valcárcel López dijo...

Graciñas polas consideracións gabanciosas sobre o post.