16 jul 2008


























Lembranza dun gran artista (de oficio, fotógrafo)

45 comentarios:

Anónimo dijo...

Qué forma máis rara ten a lúa na foto do grupo nocturno. Pentagonal. Se fora a lúa, e a foto tivera unhos segundos de exposición, tería salido movida, con forma elipsoidal. Se o tempo de exposición é pequeno, con luz dirixida ós modelos, a lúa non sae. Será cousa da aberración producida pola abertura de diafragma?. Algún fotógrafo que me explique esa "lúa"!.

Anónimo dijo...

A velliña parece sentarse nunha banqueta sen respaldo, e reservar a silla boa pra o "arradio".

Cómo farian pra que estuvera quieto o can?. Deseguro que é un can disecado, que xa o ten o fotógrafo pra eses mesteres.

O rapá do avión, qué carallo ten na man esquerda? Unha bola de trapo?.Onde será o sitio?.

Anónimo dijo...

A radio da cadeira é unha Telefunken Sonata modelo U-18/25 de 1959.
Creo que o nené ten na man un parrulo de madeira.

Anónimo dijo...

Deus lle conserve a capacidade interpretativa da súa vista, Myrna. Un parruliño, eso é.

Xa me gustaría saber qué tipo de xogo se traía o rapá entre mans, pra que os protagonistas foran un parrulo e un avión. Podería aventurar eu algunha posibilidade, pero estou certo de qua as solucións de Myrna han ser máis imaxinativas.

Anónimo dijo...

Lembro en Lobeira, talvez por volta de 1970, que lle trouxeron un avión similar a un amigo meu, un casal que viña de Caracas.

Vendíanos nas tendas dos aeroportos, así como as camisas "guayaberas", ritual uniforme do venezuelano retornado ou de ferias.

O parruliño de madeira tamén non era un brinquedo propio de onda nós.

O neno leva "uniforme" de verán, talvez de día de Corpus/Primeira Comuñón, aínda que o aspecto do nené é demasiado laico para tal evento. A chaqueta era inevitable, mesmo con 40º á sombra.

Si parece día de festa, co persoal sentado detrás do nené como esperando pola procesión ou a banda de música.

Tamén pode ser neno fillo de emigrantes de visita no lugar, que non fai aspecto de aldea, senón de capitalidade municipal.

Eu teño fotografías miñas con ese look.

Porfa, Da Coba, diga Vde. que é o que opina.

Anónimo dijo...

Segundo a información que fornece a Internet, a foto do neno debe de estar tirada en Beariz, Forcarei ou Avión, por volta de 1964.
Uf.......... Vou durmir.
Até mañá, Da Coba.

Anónimo dijo...

As parras moitas follas non teñen. Moi dentro do verán aínda non será: corpus parece boa data, pero antes tamén vale.

Anónimo dijo...

Finais de maio, talvez?

Saúdos, Arume, muito prazer en miralo de novo.-

Anónimo dijo...

Hai en Forcarei, Lobeira e outros lugares do país, manifestacións de factos históricos (convenientemente virados lendas) sobre razas malditas que repoboaron esas 'hirsutas' terras.
Seica eran grupos pechados, que casaban só entre eles, mais non por capricho, senón porque a combinacións dos seus RH provocaba case inexorablemente a deficiencia mental do segundo fillo. Hai antropólogos que pensan que os agotes, os pasiegos, maragatos, etc, sufriron as consecuencias desa política.
Sabe disto un rapaz de Forcarei, que foi concelleiro de cultura... En tempos enviárame libros sobre o tema, porque en Lobeira tamén temos algunha cousa parecida.

Anónimo dijo...

Como lle chaman ós "moinantes" de Lobeira?.
Luparios?.

Moinantes, outro grupo "marxinais-herméticos" dos arredores de Carballo.

En Castro Laboreiro tamén teñen os rabudos, disque descendentes de judeos.

Anónimo dijo...

E quen o fotografo?

Anónimo dijo...

Últimas novas:
Poño en coñecemento de a quen lle poidera interesar, abrirase unha suscripción voluntaria para axudar a pagala fianza a que ten que facer fronte o Reverendísimo e nunca suficintemente ponderado, colaborador asiduo déste blog, Mariscal Medela, preso por prescripción da autoridade portuaria de La Coruña, quen, polas atribucións que lles foron conferidas dende o Vaticano polo Señor Embajador en exclusiva para este pedazo de Reino Divino Independiente, queda terminantemente prohibido o uso do dialecto gallego, costumbre que infrinxiu flagrantemente e en presencia de múltiples testemuñas o susodito mentado, quen nun acto de indisciplina e indiscreción indescriptible, incluso se repuxo a familiares directos de primeiro grado de consanguinidade e afinidade. Pola gravedade dos feitos acaecidos, atópase néstes intres en situación de prisión preventiva e coa fianza fixada en aumento (dado en parte pola súa contumacia). Prégase a quen teña confianza con él, o convenza de que desista e depoña a actitude belixerante que mantén. Os seus máis próximos están a sofrir néstes amargos momentos de trance, de irreparables consecuencias, crisis de histeria e convulsións de diverso grado e contundencia.
Para calquer aviso e apoio desinteresado contactar con: Bufete de Avogados de lo criminal, laboral, canino e dialectal de D.Eleuterio Inciso Contuso e filhos adoptados Asociados Ltda.- Sucursal de La Curuña.

Anónimo dijo...

Pero home, poña directamente un número de conta corrente, ou un enlace pra pagar con tarxeta.

Anónimo dijo...

Hai unha entrada moi boa que tamén trata este tema no blog de Eladio Osorio, http://caldelaodecaldelas.blogspot.com

Anónimo dijo...

As leises do consumo obrigan a explicar as cousiñas "claras, veraces e precisas". Como prosumidor e presunto defensor do Medela, non entendo nada a demanda de socorro do inciso contuso.

Fago o favore e explíquese mellor que os chinos e asiáticos están a competire con enorme forza e empeño e un non ten vaghare de andar a desentrañar o significado.
asdo: o movemento das forças armadas 17 de júlio, em apoio ó Júlio Medela, M.F.A.J.A.Ju.Me. Emefajajume, 17 de júlio.

Anónimo dijo...

Dame no corpo que a foto do rapá có parrulo e en Soutelo de Montes, mesmo frentre onde para o coche de línea, mirando en dirección a Ourense. O fotógrafo estaría frente ao bar dos afamados bocadillos, onde durante moitos anos estuvo un auto fúnebre abandoado. Na foto hai moitas menos casas que hoxendía, mesmo se ve monte ao fondo. Vou imprimir a foto e levala na carteira pra cando pase por alá, comparar coas casa que aínda podiá estar en pé.

Anónimo dijo...

Glorioso Capitão do Movimento 17 de Julho:
Efectivamente, na aba lobeirense da serra do Laboreiro tamén son coñecidos como "rabudos" esas persoas que Vde. refire.
Consulte, aí está todo explicado, o traballo de Xocas: "Antiguas habitaciones de pastores en la Sierra del Leboreiro", de 1933. Mesmo fai referencia ao abandono dos anciáns inútiles para a colectividade (Eutanasia familiar primitiva).
Espeluznante traballo, do que ben seguro que gustará.
Saúdos.-

Anónimo dijo...

Don Inciso: Todo foi un mal entendimento ao preguntar por unha rúa: Eu dixen "Paseo das Pontes" e contestáronme "Querrá usted dicir paseo de las puentes".
Boeno, polo si ou polo non telefonei para un xesuíta coñecido. Nunca se sabe.

Inciso, Vde. quen c. vén sendo??

Me voy al Corte Inglés.

Se alguén sabe dun que no barrio dos viños de Coruña por volta das dez da noite anda medio achispeado a berrar Viva Lobeira e Viva Galiza Liberal, non dubiden. Fun eu.

Saúdos.-

Anónimo dijo...

Liberal, mais non da cuadrilla de Rajoy, oghito.

Católico, mais non de Rouco.


jeje

Anónimo dijo...

E tamén Viva Allariz e Viva a Solaina, que c.!

Levo tres horas aquí e xa teño saudade.

Anónimo dijo...

Da Coba, as fotografías están publicadas nun libro, supoño que en Torga o terán e no pé de foto há fornecer datos.
Soutelo de Montes, OK.
Era, penso, o lugar onde máis traballou o autor, que de alí viña sendo.
Saúdos.-

P.D.: O nené ten unha expresión triste e forzada, non é?
Coitado.-

Anónimo dijo...

Tómelle unha no Bombilla ás nosas saúdes.

Anónimo dijo...

E se é o 64, non estarán de vintacinco anos de paz, un primeiro de abril? Demándome eu.

Anónimo dijo...

Alí estaremos, no dito "Bombilla".
Déixolle un viño pago, Arume.
A nome de quen??

jeje

Anónimo dijo...

En Coruña eu son forasteiro.
jeje

Anónimo dijo...

Se se lle acercan senegaleses pra venderlle cousas polos viños, que por aí hai moitos, doulle un pequeno diccionario de wolof (escríbollo fonéticamente,léao en castelán):


-Canto costa?: Ñaáta laay Llar?
-Non teño cartos: Amúma Jaális.
-É caro: Llafé ná.
-Cómo te chamas?: Nánga Túdu.

-A nena tamén paga?: Ndáj doom bu Lliguéen fey na itam?.

Anónimo dijo...

As mellores tapas están en "C/Riego de Agua", que non sei quen dixo no blog que era en realidade "Rego de Egua".
Si nos pode iluminar algo sobre microtoponimia corognesa...

Anónimo dijo...

En que bar, amigo Dacova: no que substituiu, wengé e pratos carré mediante, a vella Barra?

Anónimo dijo...

Dacoba: O único que sei é (que non o sabe coruñés case ningún) que Riazor vén de 'Rivaceolum', mal traducido por 'regato' (castellano 'riachuelo') e que significa realmente pequena canle de rego, 'augalevada' 'levada', etc. Esa auga era aproveitada en San Pedro de Nós e pasaba por preto de onde hoxe está o Campo de fútbol. Aínda quedan (estou a velos) restos dese mini-acueducto. Nada a ver con Ría nin Azor nin cousas polo estilo.
Serve para cando vaian a Coruña e queiran gañar unha cea sobre unha aposta cultural.
Hai outra famosa, en Coruña: Calle de los caballeros. Mal traducida para Rúa dos Cabaleiros e en realidade Rúa dos Alcabaleiros (recadadores).
Hei mirar iso de Rego de Egua.
E que, malia ser coruñés por parte de nai, non coñezo absolutamente nada deste micro-estado.-
Esquecía: Agrela, La Grela, A Grela. 'A' non é artigo. Agrela é un diminutivo de Agra, que vén de Agrus.
Polígono de La Grela: Horrendo
Polínono de A Grela: El Horror
Polígono de Grela: Tonechada.
Hai máis...
P:D.: Anoto dicas de sobrevivencia perante vendedores ambulantes.-

Anónimo dijo...

Deu no scopo, amigo Arume.

Eso de "auga levada" ten a seu miolo , non sí, Medela?. Había que lle pagar a quen fixera a canalización. De xeito similar ás "peaxes" e cousas así, non é?.

Anónimo dijo...

Don Júlio, confésolle cun aquel de vergoña que, a pesares dos premios que lle teñen dado e do fermosa e próspera que está grazas a portentosa intervención dos homes e mulleres do Bloque, que o teñen dado todo por ela, nunca estiven en Allariz. Xa sei que é un pecado dos mais piores de todos os mortais, pero, por favor, prégolle que saiba comprender o meu caso excepcional e que non me berre nin me pegue. Deste verán non pasa, díxenlle onte á miña compañeira e dígollo aquí e agora a vostede, eximio representante diso que chaman alaricanismo ou alaricanidade, que non lle sei ben cal é o maus correuto. Estiven informándome do que hai para ver e degustas no referente á arte e á gastronomía e respeto da primeira recomendáronme a igrexa de Xan Benito da Coba ou algo parecido e da segunda o Fandiño. Eu en principio penso comezar por estas duas xoias alaricanas e logo o que veña. Non quero molestalo, que xa sei que anda vostede moi ocupado, pero se ten a ben recomendarme algo da sua colleita propia, son todo oidos. Agora que me acordo, informáronme tamén que polas noites había visitas guiadas á tumba de Don Vicente Risco para convocar os espíritos de non sei quen, e eu a isto último non lle fixen moito caso nin lle concedín moito crédito, porque a min estas cousas de ultratumba póñenme os pelos de punta e non me van. O que haxa de certo ou de mentira nesta aleivosía nocturna, vostede non faga moito caso, que eu tampouco o fixen. Teña vostede boas tardes e que a "fianza" lle sexa leve.

Anónimo dijo...

E que a etimoloxía é para persoas experientes, Da Coba. Eu son só un afeccionado.
Levada vén de 'elevata' (acueducto), ou de 'lata' (abundante)??
Lembremos Augalevada (Cartelle) ou Agolada.
Levar tamén é sinónimo parcial de traer, en galego: Auga da traída.
Coñece o filme "A cruz de ferro", realizado en 1968 en Castro Laboreiro, sobre unhas mortes por causa do regadío do verán, triste paradoxo nunha das paraxes máis chuviosas de Europa??
Lembra o oficio de 'levadeiro' ou captador de 'levadas', os traballos comunais de captación nos montes e as exhorbitantes multas para os que non acudisen?
Os homes pendentes dos sinais do sol na capela de San Lorenzo, nas Quintas, prontos para desviaren o curso da levada na rega do millo... As mulleres portuguesas dos Portos de Castro Laboreiro a cavaren o millo e cantando constantemente... Meu pai, que aparece cun presente para min, un camión con basculante cheo de porquiños de plástico... E a miña avoa a calcetar á sombra, a vixiar as cavadoras, a vixiarme a min cos pés metidos na levada e as campás da igrexa a daren o mediodía... E todo rodaba como máquina perfectamente engraxada... E non sei por que estou a piques de chorar aquí na Coruña, neste magnífico apartamento emprestado digno de Sharon Stone e só sinto saudade nesta vila e non en Sanabria nin en Porto nin no Estoril, só aquí... De donde vén a metade do meu sangue. E vexo o mar e non vexo Penagache, e no alto de Santo Domingo parei por me despedir dos cornos do Xurés e do planalto do Laboreiro e continúo a ver o mar e o ex-acueducto do Rivaceolum e non sei que demo está a pasar e quero regresar para os ammióticos campos de millo regados coa auga traída pola levada e só me sinto á vontade onde podo ver Penagache e o que faltaba é o telescopio emprestado polo meu mánager Monxardín-tío e aínda ben que parei en Melide, que estaban en festas, e nun carrusel brillaban enormes letras "LOS NIÑOS PAGAN TODOS" e o xerente levaba unhas patillas para alucinar e rin e rin e os coches a pitar por detrás... E chamei a un amigo para llo contar, a un rapaz que comprende estas cousas e continúo coa nostalxia, co ex-acueducto e o mar a mallar nos penedos con forza e acábanme de chamar de Allariz e só teño saudade aquí, entre Castropol e Faro, só na Coruña, que raro, xogueiras do inconsciente, diría unha sicoanalista que coñezo, fadairos, unha bruxa amiga...

Anónimo dijo...

Acaba de chegar a miña muller. Vén da peinadora. Maquillada. Ummmmmmmmmmmmmm.
Vouna convencer para non irmos ao Corte Inglés.
Vai frescote. 18 graos. Vento e nubrado.
A angustia diminúe. O vudú dos campos de millo transfórmase en simple lembranza.
Allariz, Lobeira, Penagache, uterino, talvez non amniótico.-

Anónimo dijo...

Non me cadra a mín Melide no camiño de Ourense á Coruña...je je.

Anónimo dijo...

Da Coba, pensei que era Vde. máis romántico.
Allariz-Ourense-Lalín-Agolada-Melide-Betanzos-A Coruña, todo polas estradas vellas, esas nas que aínda se vén celtas indoeuropeos con feixes d'herba ás costas e cartaces "Funeraria Tojo".

Ben seguro que Vde. ten un BMW e vai d'Ourense á Coruña en hora e cuarto.

O amigo ao que telefonei para lle contar o do patilludo do carrusel non se estrañou en absoluto do meu periplo.

Non se pode un fiar de ninguén. Regresa a angustia vudú, a negra sombra...

Anónimo dijo...

Despois das Férias propómoslle ó Dr.Markus que nos deixe colghare us afotos nosos en similiares circunstancias. De pequenos.
Je veux et j'exige, j'exige et je veux, voir al Medela de Flecha de la oje.

Eu creo que só teño unha montado nun conxénere.

Anónimo dijo...

Teño eu papado boas merendas por Melide, Agolada,Rodeiro, Vilar de Cruces, Monterroso ,Merza...

Heille ensinar, Medela, unha ínsula reconvertida en área recretiva no Ulla, con carballeira e "barbacoa" de pedra incluidas...

Collemos unha boa tranca e logo imos chimpar o castelo de Pambre, xa que non reussiron os irmandiños.

Trebi dijo...

Don xdc, fai moito non vai pola Coruña. En Riego de Agua, xa non hai Tapas.Alí estaba o",Bar Submarino",nos meus tempos mozos co mellor "Ribeiro e Marisco,servido por Luis de Beade,de quen fun ben Amigo.
Saudo Trebi

Anónimo dijo...

Pois non teño ido moito últimamente, non. E, pola parte vella, aínda fai máis que non vou. Desde que non hai mercadillo en Maria Pita os domingos, perdéume algo de encanto chegarme hasta alá.

A niña madriña de bautizo elle unha "histórica" da Coruña. Sempre vivíu na Rúa Real, frente ao Teatro Colón. O meu padriño, ó que xa non coñecín porque falecéu nun accidente de tráfico, era un coñecido abogado coruñés.

As visitas á miña madriña fóronse espaciando porque me fai doer a cabeza coas suas loubanzas ao "Caudillo",Franco, da que era e sigue sendo fervente admiradora.

Anónimo dijo...

Non sei se lembran a noticia, de fai unhos anos, de que caera unha grua nun edificio da Rúa Real e danóu unha casa. Era a dela. Foi ela a que saíu queixándose do incidente na TVG.

Anónimo dijo...

Don Lobo Fritido: A miña(s) fotos de flecha da OJE serían motivo de desgusto para os partenaires nela, algún deles alcalde hoxe.
Aínda luns estiven nas Sinas, Vilaxoán, derradeira actuación 'live' na post-OJE.
Entrei, despois de 26 anos no campamento, e unha monitora díxome:
"Y luego, buscas a alguien?"
E eu respondín: "Luego no. Hace muchos años que me busco y no me doy encontrado".

P.D.: Noto máis tolerancia en Coruña co galego, desde a desaparición afortunada de Paco Vázquez.

Saúdos, Grande Lobo e Iniciático Dragón.

Anónimo dijo...

Mariscal Medela atópase dentro dos lindes da portuaria cidade da Coruña. A súa filla amosa cada vez máis unha natural tendencia a falar o dialecto castellano pese os ímprovos esforzos do Mariscal para que as evidencias non deriven en escarnio público. Non hai xeito de convencelo, enfróntase a cadaquén como quen quixera limpala súa deficinte concencia á servíndose do uso de múltiples e moi variados exabruptos. E foi nun déstes momentos, cando acompañado dun nutrido grupo de persoas de visita conciliar polo Corte Inglés, ateigado de xente naquela mala hora, e en presencia de familiares directos, de rancio abolengo e coñecidísimos entre o máis granado da sociedade curuñesa, se atopou de bruces co seu admirado (todo hai que decilo, dende pouco há, e coincidindo coas declaracións a favor déste regio blog) Manuel Rivas, afamado escritor de actualidade. Os cadrís cruxiron e o flequillo bicouse cos nocellos na reverencia, pero cando, por fin erguido, coa man dereita en alto e emulando o mellor ton de don Outeiro y Pedraio abraiaba xa ó insigne escribidor mergullado definitivamente na súa incontinencia xestual, foi cando a nena achegóuselle a todo correr e lle dixo: “¡ Papá, quiero un helado que no estéa muy frío!”. Risitas de Mario López Rico, que asistía no séquito en representación da facción nacionalista do “condumio eterno”, comando “María Pita”, mentres a egrexia cabeza do afamado letrista inclinaba suavemente sobre o ombreiro dereito e alcanzaba o misticismo dos presentes coa complacencia da mirada doce crara, adornada de tibieza e divinidade, que os colocou a todos en éxtasis e a Medela levitando.
Segundo o derradeiro parte médico “se encuentra aparentemente fuera de peligro, salvo complicaciones”, Do informe policial case mellor non falar “toda la casuística apunta a un intento de suicidio por convulsiones sin precedentes…”

Anónimo dijo...

Don Marcos, faga algo, por favor.
Só fun ao Corte Inglés para comprar un traxe de baño.

Acabo de chegar de Laxe e encóntrome con este cúmulo de deturpacións da realidade e verdades a medias.

O único famoso que vin na Coruña foi o tal Gayoso.

A última vez que vin a Mario López Rico foi en Compostela; por certo, presentoume un libro dificilísimo de encontrar.

Preciso axuda do servizo secreto, don Marcos, da división de contra-insurxencia e contra-rexouba.

Por en canto, vou tomar uns viños na voráxine petisqueira da Coruña.

Saúdos á sahariana auria.

Aquí, 24.5 graos.-

Anónimo dijo...

Medela. Esto élle un forno, así dín os da miña aldea. Onte saímos as cinco da tarde e había 38 graos.

No tocante ó da súa filla, non se incomode, como lle dixen, o meu fillo tamén me salíu castllano-falante.
Se somos varios xa se converte nun fenómeno sociolóxico. Non se laie vostede e evite o complexo de culpabilidade. Eiquí un amigho para socorrelo.

Lembre, piore fora que nos falaran Húngaro. Non habería quen os entendera.

Ademáis non hai mal que por ven non veña.

Acabo de parir varias ideas:
Constituir unha asociación de pais dagnificados, como existe a de víctimas do terrorismo. Póñalle vostede nome, eu ocúpome dos estatutos.

Buscamos varias líneas de subvención, unha en normalización lingüística para re-educare fillos díscolos de pais galego-falantes empecinados en seren castelán-falantes. Imaxine colonias re-educativas de vrau, xentilmente xestionadas por nós, off-course. Haille moito, moito carto en normalización.

Despóis podíamos tocar en servicios sociais e buscar unhas axudiñas para rehabilitarnos psicolóxicamente. O padecer e quebranto psicolóxico é inmenso e sei que non nos entenden.Por ehi hai outra línea de traballo.

A miña muller cando lle tocou o cancro, esto é moi duro e os contidos poden ferir susceptibilidades, aviso, déronlle unha minusvalía dun trinta por cento por motivos de ansiedade psicolóxica. Duroulle dous anos, despois quitáronlla. Non vexa vostede Medela canto se aforra en "declaración de hacienda" en-tendo unha minusvalía do trinta por cento.

Medela, noble amigho, eu non descartaría pedir algho así aducindo trastorno ansioso-depresivo derivado dunha neocolonización e secuestro abducido dos fillos.

Cando un non controla o medio, decae nunha caste de depresión xa descrita, e nun acortamento da vida.

Quero que o ESTADO que nos provocou esto, paghe.


ESTO Élle À SERIO.

EU SEMPRE ESTOU À SERIO.

Fághame caso. A asociación por suposto é ácrata, ou anarquista se non lle incomoda. Bueno nacional-anarquista. Bueno tamén vale o de cristiano, eu son cristino.

Cristino-nacional-anarquista.
Nacionalista e cristiano- anarquista. SE non se lle engade o de anarca, non se entende desde a razón, o exposto arriba. Bueno esto está en fase de xestación.

Todo é negociable. Estou aberto.

Anónimo dijo...

Teño entendido que en Cuba hai unhas clínicas cojonudas. Haberá que engadir nos nosos estatutos "socialista"?.

Falamos.

Esto débollo ó Padre Silva, il era Cristiano-Marxista e con tal motivo nunca paghaba ós seus acreedores.

Aghora anda co Chavez, vino.