5 sept 2008

Andrea Camilleri

Veño de lerlle A pensión Eva, traducida en Galaxia hai un par de anos, e gustoume bastante. Hoxe tamén é noticia (Galicia Hoxe):

Camilleri gaña o Premio RBA de novela negra
O escritor, director teatral e guionista italiano Andrea Camilleri (1925) foi o gañador da segunda convocatoria do Premio Internacional de Novela Negra RBA, dotado con 125.000 euros. A obra gañadora titúlase El crimen del Garlasc, primeira novela negra de Camilleri sen a presenza de Salvo Montalbano, o seu entrañable comisario de policía.
"O crime do Garlasco", que adopta desde a súa primeira páxina un enfoque xornalístico, sitúase en gran parte da súa acción na redacción da RAI en Palermo, no despacho do seu director, e a historia relatada está inspirada nun "elemento histórico", segundo sinalou o autor.

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Alguén leu a novela de Chesi "la soledad de las vocales"?
Ven precedida de moi boas críticas, pero eu concretamente non me dou atopado co que esperaba.
Se non son o único, agradecería algún outro comentario, sei que o autor colabora néste blog, e, como decilo?, esperaba algo máis

Anónimo dijo...

Autunno. Già lo sentimmo venire
nel vento d'agosto,
nelle pioggie di settembre
torrenziali e piangenti
e un brivido percorse la terra
che ora, nuda e triste,
accoglie un sole smarrito.
Ora passa e declina,
in quest'autunno che incede
con lentezza indicibile,
il miglior tempo della nostra vita
e lungamente ci dice addio.
Vincenzo Cardarelli

Trebi dijo...

Camilleri!,home claro que gusta, o menos amín (creo que todas as publicadas_deben ser vintetantas- ,teñoas lido)son fan da sua lectura.
Para amalfitano: Pois, recomendolle siga a leer a Chesi, collera gusto si o faí:Empece por
"Las estaciones de la muerte",siga con "Cabo de Hornos" e podrá enton dixerir e gozar de NEMBROT

Anónimo dijo...

Eu lin a novela do Chesi, e soportei o soporífero experimento até o final porque ma recomendara quen ma recomendara, agardando algo de vida, pero sinto concordar con vostede, Amalfitano, Oscar supoño, resultoume inverosimil e artificiosa, moi no ton dividinoso e de afinidades incontestables ó uso solaineiro.
Por certo, por prescripción episcopal, linlle hai tempo unha noveliña en galego titulada: "En perigo de extinción", e non parece o mesmo escritor, por moito que sean idiomas e contextos distintos, e anos distintos...

Anónimo dijo...

E por certo, xa que firma Amalfitano, qué recordo me trae á cabeza da novela que ven tan a conto do que estamos a falar; decátase do Testamento Xeométrico de RafaeL Dieste, colgado do tendal, co nome de dieste en minúsculas, e o dos agradecementos á reedición en MAIÚSCULAS E DE MOLDE. Bolaño era chileno, pero nunca un galego podería explicar tan ben esta lacra tan galega

Anónimo dijo...

Estamos agardando como auga de maio a novela seminal do señor Arxides que sen dúbida será moi superior aos "soporíferos experimentos" do señor Chesi, faltaría máis.
Nótase que Arxides ten moito talento narrativo e unha gran claridade de ideas. Ha ser unha novela única, incomparable, marabillosa, dinámica, verosímil e natural. Ea, póñase á faena, señor Arxides!

Anónimo dijo...

Eu comprei a novela de Chesi por solidaridade.

Cando coñezo personalmente a quen escribe normalmente compro dous exemplares, un para mín e un para agasallar.

Non a lín. Fareino. Pero teño unha tasa de lectura moi pequena.

Fixen cursos de fotolectura para chegar a taxa de mil palabras por minuto como Kenedy, F.Castro, ou o Fragha, pero non cheghei. Re-intenteino, e recunquei, nada....anos despois entérome por unhes neurólogos que eso só está ó alcance dun quince por cento da poboación.

Pode que algúns de vós teñades esa capacidade; Lourixe?, alguén máis...seghuro...eu asumín que non correrei nunca a maratón, nin tocarei a J. S. Bach. Que lle imos facer.
O da taxa de lectura sen dúbida é o máis limitante, porque se vos fixades cecais sexa a porcentaxe de tempo de traballo máis grande.

Desexo máis do que podo, e por riba estou sometido a "neurose centrífuga da sociedade de consumo". Non aproveito o tempo e pérdome en mil caralladas.

O tema da lectura non é bobada, poderíanmos reenseñar, e reenseñar, e reenseñar a ler varias veces na vida, de xeitos diversos e con metodoloxías novedosas. Pero, Ka, o sistema sigue a priorizar os contidos, a aberración das múltiples materias como embuchado dos alumnos. A lectura é FUNDAMENTAL e nunca suficiente.

Como os deportistas de elite teríaselle que dedicar catro horas ó día nas escolas. Todo o demáis, agás o pensamente abstracto son rabos de ghaitas.

Algún de vós é quen de ler 365 libros por ano, enteiros, gardando os contidos. ó mellor amoládesme porque este é un blog de "raritos", pero a mor parte da poboación non atinxe, nin sabe, nin sabe que se pode aprender e mellorar.....


Teño máis libros dos que podo ler no resto da miña vida.

Ríndome.

Anónimo dijo...

De verdá que todo aquel que ouse criticar a obra do tovarich Chesi, vai ir a un gulag a -40ºC en Siberia. Ollo, moito ollo.

Anónimo dijo...

Austeridade para os políticos

El Correo Gallego, 06.09.2008

MIGUEL SUÁREZ ABEL ESCRITOR E PROFESOR DE INSTITUTO
¿Por que non han de aprobarse medidas de austeridade nos salarios dos deputados e altos cargos así coma nos gastos públicos? ¿Por que ese argumento tan inmediato de que iso é "o chocolate do loro", que non supón solución ningunha para os graves problemas económicos que se padecen? Por suposto que a situación financeira mundial, o derrubo da construción, a carencia de formación profesional, a falta de confianza no consumidor e a suba dos prezos enerxéticos non se solucionan con conxelar os soldos dos deputados, pero ¿por que desestimar esa medida como demagóxica e populista?

Se algo lle molesta ó cidadán é a percepción de que ó carro político soben un bo número de profesionais mediocres que, de non abandonaren a súa actividade e instalarse na confortable seguranza económica que ofrece a vida de político profesional, xamais gozarían de nivel de vida tan elevado. Recorrente resulta a discusión de se os políticos han de estar "dignamente" remunerados para que poidan acceder a tal actividade os mellores así coma para arredalos da corrupción. Por suposto que quen se dedique á vida de servizo público ha de poder vivir con dignidade, pero sempre tendo en conta o contexto do país do que é representante (resulta escandaloso o nivel de vida dos políticos de países que viven na miseria) e do momento polo que se está pasando. E en canto á corrupción, visto está que é unha enfermidade tan corrosiva que non existe dique salarial que deteña tal velenosa serpe. Lóxico que en función da responsabilidade, capacidade e dedicación se reciba unha remuneración en concordancia. Pero non sobraría unha lei de autocontrol que limitase os poderes da clase política, tan doce e harmónica á hora de se pór de acordo na regulación dos seus propios salarios. E, por suposto, en tempos nos que se han de tomar decisións dolorosas, nos que o control do gasto ha de medirse con exquisito rigor para poder protexer os máis zarandeados polos malos tempos, non sobra que os representantes dos cidadáns tomen algunha medida que demostre empatía co momento que se vive. Sen depositar unha confianza inxenua nin máis aló do que a medida o merece, prefiro unha clase política que demostra unha miga de sensibilidade axustando o cinto, aínda que só sexa simbolicamente, a outra que, fría e distante, se desentendese do asunto. Claro que existen áreas de aforro dentro da administración e da burocracia que repercutirían máis na economía do país, pero esta tampouco sobra.

Anónimo dijo...

Lobo neghro. Vostede agóbiase por non poder ler máis libros como outros se agobian por non deitarse con máis mulleres.XDDD.Tranquilo, home, faga o que podia, e xa está.

A velocidade da leitura está en realidade ligada á velocidade de comprensión do texto, ao grado de familiaridade có tema
e có seu vocabulario. Aqueles exercicios de leitura rápida, coas palabras máis separadas do normal, ou en diagonal, non eran máis que caralladas.
Dígame vostede qué verdadeiro senso ten correr cen metros en 9.7 segundos, qué significatividade real ten eso, fora do deporte. É como si unha cociñeira resolve o peso da fariña pra facer un pastel hasta a centésima de gramo: unha chorrada.
Non é unha cuestión de "ratio" de palabras/minuto ou letras/minuto. Delapierre lee unha sentencia xudicial moito máis rápido que vostede e ca mín ( de xeito comprensivo que o único do que ten senso falar).

Anónimo dijo...

Por certo,Lobo neghro, pase a saudarme. Teño un par de agasallos pra vostede. E non ten que lelos: teñen audio.

Anónimo dijo...

Dacova, eu quería ter fotolectura, baixar as páxinas en ringo-rango e en catro olladas, e non ten nada que ver coa dificultade do texto.

A dificultade sólo é un engadido.

Quixera aprender a ultrapasar (fíxeno) os movementos sacádicos dos ollos (vintecinco por cento do tempo) e sobre todo non subvocalizar mentalmente. Hai xente que move os labios, non-si?, os que apenas saben ler. Bueno ler en voz alta é máis lento, non-si?. Pois eu anque lea (como nos insinaron) en voz baixa, non me dou librado do sonido mental. Penso que subvocalizo mentalmente.

Parece que a poesía debería lerse en voz alta. A mín non me fai falta. A miña cachola é unha caixa de resonancia. E eso penso que debería correxirse. Ler imáxenes e non sons.

Insisto que a escola podería ser un lugar cuasi-único de aprendizaxe da lectura durante anos e anos e anos.


Claro que leo ben, se teño tempo, e para ter unha visión correcta do texto, da súa estructura e da súa música interna fai falta tempo.Creo que non vale eso de ler vinte minutos aghora e trinta a noite e quince mañá. Fan falta mínimo dúas horas seghidas. E eu, e moita xente máis non as arranxamos."Neurose centrífuga da sociedade de consumo".

Por eso vai vir unha era maioritaria de textos breves, e poesía en lugar da novela e textos longos.

Que lle queres, hom, eu esforzomo polo menos. Eso dín algúns alumnos.
"Esfórzome verdade", "polo menos inténtoo verdade, profe"..."merezo aprovar"...Verdade.

Tamén quería ter a ghaita máis grande.

Anónimo dijo...

Neurose é un término Freudiano, e eu non son Freudiano.

O da ghaita tamén debe ser Freudiano.

Entón son semi-Freudiano.

Anónimo dijo...

Algunhas veces xogo coa miña parienta nunha desas maquiniñas dos bares que teñen incorporado o xogo do "Trivial Pursuit". Van aparecéndo preguntas no ecrán, e debe escoller, tipo "test", entre tres respostas. Ela enfádase conmigo porque dí que marco a resposta antes de que ela remate de ler a pregunta. Pero teño comprobado que, en temas dos que non adoito a ler, non pasa eso, mesmo anque saiba igual a resposta.
Antes de visitar este blog, lía moito menos en galego do que hoxe. Comprobéi que agora leo moito máis rápido. Teréi que cronometrar a velocidade de lectura noutras linguas, seguro que moi inferiores ao castelán, mesmo en textos sin problemas de comprensión.
Cando vai conducindo un coche, ten que "ler" unha gran cantidade de información emerxente das diferentes sináis de tráfico. Si é un conductor responsable, adecua a velocidade do vehículo á sua velocidade de "lectura comprensiva" de toda esa información. Comprobe qué pasa con esa "velocidade de lectura" cando conduce por lugares descoñecidos.
Todo é a práctica,Lobo.

Anónimo dijo...

"Todo é a práctica, Lobo".

Oui! O mesmo pasa con f...

Anónimo dijo...

Eu non vou caer no comentario sexista do Lobo dicindo que tamén a querería máis grande, que logo as donas póñennos no noso sitio.
Pero tampouco máis pequena, eh!

Anónimo dijo...

Sr. Leyno:
Como vostede pode comprobar ainda me queda un chisco de vergoña e nunca escribo do que non sei, dou a miña opinión do leido e, xustamente por contraste con outras cousas lidas recentemente, chego á conclusión que chego, sen máis. E como estas cousas que lín son tan boas, denantes de metela zoca, non cometo a ousadía nin de pensar que podería facelo semellante, e así non estou exposto a que tipos coma min me tilden de artificioso, banal, petulante, inverosímil, divino... a min chégame con seguir exercendo de artista pendular da vida.
Sen ren máis que engadir, despídese éste que vos ama... con fervor.