26 sept. 2008


O RACISMO CONTRA OBAMA
PAN POR PAN xoves 25 setembro.
Escribín eu neste recuncho hai meses que o principal perigo de Obama nas eleccións norteamericanas era o racismo latente naquel país. Pois oxalá nos equivoquemos, pero unha enquisa on-line realizada aló amosa que o 40 por cento dos votantes brancos ten unha visión parcialmente negativa” dos afroamericanos. Aceptaban nese traballo adxectivos despectivos cara os negros como “violentos”, “preguizosos”, “irresponsábeis”, etc. Iso afectaría tamén ós votantes demócratas e por iso Obama non dá arrincado nas proxeccións de voto. O comentarista Ben Smith dixo que “aquí hai xente que non votaría por un home negro aínda que viñese camiñando sobre as augas da man de Cristo e Moisés”. Tamén é certo que a crise económica podería axudar ó candidato demócrata, pero nos tempos duros aínda medra moito máis o racismo. En fin, oxalá nos equivoquemos, repito.

8 comentarios:

Xosé M. González dijo...

Parecía evidente, desde o empezo, que o Partido Demócrata asumía un risco de cara a estas eleccións, tanto no caso de que levasen como candidato unha muller coma un negro. De feito, que Obama vaia por diante nas enquisas ten mérito, e posiblemente demostra ata que punto a administración republicana debe estar desacreditada.

En todo caso, e sobre todo se gañan, os demócratas establecerán o fito que culminará un proceso de décadas: derrubamento das leis Jim Crow, acceso de non brancos a postos lexislativos, vitoria de Kennedy (católico de orixe irlandesa), Colin Powell, Condoleeza Rice...

Todo iso probablemente non sería así sen Rosa Parks, Martin Luther King, etc. Agora, a culminar, coincidindo ademais coa caída de Bush. Esperemos.

chesi dijo...

Estou co tal Ben Smith. Se un candidato (sexa da cor que sexa), aparece camiñando por riba das augas da mán de Cristo e de Moisés, resulta evidente que está facendo un truco tipo Copperfield e que ven co engano por bandeira: eu tampouco o votaría. O caso é saber se os que se presentean sen trucos aparentes, non gardan tamén un truco aínda que non tan evidente. E, sobre todo, se un candidato aparece camiñando con Moisés e Cristo, xa temos unha relixión metida nalgún artigo constitucional; e prantas a idea relixiosa na terra da constitución, a regas tódolos días e, ó cabo de uns meses, agroma unha pranta chamada Rouco Varela e entón si que a cagaches.

lobo neghro dijo...

E que Bush non cae. Vaise. Acabouselle a corda e está prohibido darlle máis. Esa é unha das cousas que poderíamos promover eiquí por sanidade. Limitación de mandatos. Para o rei tamén.

Etxe. dijo...

Sr. Lobo.
Cada día lle son máis monárquico. Digo, menos mal que hai algo que non escollemos. Cales serían as opcións ¿Aznar vs. Felipe González?
E non escolleriamos como fixemos xa a Jesús Gil y Gil ou ao Ruíz Mateos?
Creo que a monarquia é radicalmente absurda e antihistórica. Por iso a defendo. Precisamos algo fóra da historia, da lóxica e do tempo. Algo para consumo do Hola e das peluquerías. E para que os nenos non teñan clase cando casen. Para que os hispanoamericanos nos consideren. Un rei, mola, é simpático. ¿A outro presidente da república coma eles daríanlle chance? Non. A precisa proxección de España naquel mundo pasa por conservar a monarquía.
A cuestión de monarquía ou república é tan intrascendente como se gana a liga o Valencia ou o Betis. ¿Son máis libres os franceses que os Holandeses? ¿Pagan menos impostos os austríacos que os españois? ¿Finlandia república e Suecia monarquía, son tan diferentes na súa organización?
A min, tanto me ten. Por iso escollo o máis barato: Non cambiar de inquilino no palacio para non ter que pintalo e facer un novo contrato... E só por catro anos. Un horror.

lobo emocional dijo...

Verá Dr. Etxe, o que vostede non sospeita é que eu estou totalmente dacordo co que dí. Va que non?.

Eu non falo en república. Onde a menciono?. Eu falo en limitar os mandatos. Máis nada. Vostede entendeu perfectamente, seghuro. Oito anos para os presidentes de ghoberno. E limitar os mandatos dos reis. Pero non dixen cantos anos para a realeza. Habería que discutilo, eu vou propondo 24 anos, 16 anos, "adepende".

Non me foda que o que lle está a facer a Isabel de Injalaterra o pobre orellán do seu fillo non ten nome. Acaso quería vostede ter unha nai así?....home....póñase no seu lugar...que souca a eso lle chaman "inteligencia emocional".

Etxe dijo...

Sr. Lobo.
Pois tamén lle concordo co que vostede di.
Limitar sempre estiveron limitados pola lóxica e a razón, sen concretar. Chamábanse "abdicacións" e facíanse cando se vía preciso cambiar. Era lóxico que este Juanca noso, abdicase para pasarlle o marrón ao marido da periodista.
Pero tamén me alegro de que non o faga para foder ao Sr. Losantos.
Na familia esa de Inglaterra que menciona, sonlle todos borrachos.Claro que orellas está fodido. Que chame a un portugués e arregle a cousa.

Anónimo dijo...

capturar e matar o bin laden (obama dixit no debate)

XDC dijo...

Outra cousa que podiamos copiar dos USA : fixar por lei a data das elecciós. Non permitir que o partido no poder podia xogar ó seu antoxo có adianto de comicios en aras do seu propio interés .
Pero, claro, esa medida eliminaría un anaco de xogo político. Ese xogo que tan indiferente lle é a un numero cada vez maior de cidadáns, pero que resulta útil ós intereses corporativos da "casta".