24 sept. 2008


Cerebro e medo.
Pan por pan martes 23

Un estudo de politólogos da Universidade de Nebraska seica relaciona a actitude política cunha estrutura cerebral. Segundo estes investigadores a xente que non se asusta doadamente defende o pacifismo, o control de armas, unha política tolerante coa inmigración e o apoio económico ó Terceiro Mundo. En cambio, os máis asustadizos apoiarían o patriotismo, o gasto en defensa, a guerra de Iraq e a pena de morte. Algo semellante indiquei eu neste recuncho noutra ocasión. É perigoso tomar estes traballos ó pé da letra e inferir unha base biolóxica nas condutas políticas. Pero tamén é lóxico que persoas optimistas, que cren na vida e na convivencia, saiban domear por igual os nosos medos internos e aqueloutros que nos queren impoñer. Os asustadizos, di o estudo, tamén están contra o matrimonio gai, a pornografía, o sexo preconxugal e o aborto. Mira ti que cousas!

77 comentarios:

XDC dijo...

De existir base biolóxica prás diferentes actitudes frente os cambios, que son a base dos medos, poderían interpretarse como diferentes estratexias evolutivas en actual competencia.

lobo afouto dijo...

Amor e medo son emocións en estado puro. Como é un campo recente ainda non se poñen dacordo. Hai quen afirma que son cinco e quen pensa que poden ser sete.

Fixen un curso "heterodoxo", sobre o medo. O profesor era un mestre de artes marciais, 10º dan . Engadíu técnicas de chi-kung e Pa-kúa. A este mestre filmárono para un programa Redes de Punset.

Hai cousas que non poderei revelar por pacto de silencio. Montaña rusa emocional. Que aprendín de fundamental?.

Primeiro: sabedes que o reverso do amor é o odio?. Védelo?. Sen o un non hai o outro. Estudouse con centos de parellas "enamoradas", coas novas técnicas de visualización interna tipo "resonancia magnética". No decurso da investigación que durou anos algunhas parellas racharon, por traición, abandono...estudando esas persoas "traicionadas" que pasaran a odiar o anterior suxeto do amor, viuse que o metabolismo desas "emocións" transcurría nas mesmas áreas cerebrais. Cando lle-lo expliquei a unha amigha miña abandonada por o seu ex de mala maneira, díxenlle: o amor e o odio transcurren por o mesmo "cableado". Entendeume perfectamente. Son o anverso e reverso da mesma moeda.


Eu cheghei de chulo o curso afirmando que non tiña medo de nada. Non sinto medo. Eso me parece.

Cal no é a miña sorpresa cando descubro que o reverso do medo é a ira.

Eu son un home profundamente iracundo, contínuamente coa tensión do enfrontamento, da raiba, da agresión verbal do máis soez e duro..

Entón decateime que o que me acontece é que son enormemente medroso. Cecais porque as agresións , que son moitas, me firen moito máis (hipótese da sensibilidade). E a miña resposta e a ira. Debo carecer de estratexias de defensa, o cual é unha burricie máis.

Hasta que escribín estas líneas pensaba que eu era pacifista, antimilitarista, etc...pero é falso...eu formo parte da lexión dos que se alegraban co das torres xemelgas...e a cifra a medida que aumentaba dabame un xúbilo secreto....
Canta xente vive así enganada?.

Sí, era medo.

E a ansiedade que me fixo tremer un tempo polas rúas cinsentas da noxenta cidade de ourense, a ansiedade que me entrecortaba a respiración , il non será un medo, subliminal, contínuo, imparable?.

Desde que o comprendín, troqueille un can que eu crei, o Merlín, mellor cachorro de castro laboreiro do ano 2008, por unha escultura do MEDO, a Fran Remiseiro. Espero que ande por estas páxinas.

E miro a cara ó medo, para familiarizarme con él.

lobo neghro dijo...

Outra cousa que me sorprende do Dalai Lama e dos Gurús Indios que practican meditación é que os sentimentos (emocións xa intelectualizadas) e emocións negativas, tratan de "obxetivalas", velas, deixalas estar...non tratan de eliminalas nin censuralas ou escondelas. Ravi Shakar di: "deixaas estar dediante de tí hasta que se solidifiquen".

Eso fanno todo-los días. Todo-los días.

O Dalai Lama dí que ten que meditar media hora ó día para por en órden o odio e a rabia que ten. Tamén falan dos ciúmes.

Entón decateime que esto forma parte da humanidade, acontécelle tamén ós santos. Pero eles traballan con esas emocións, non as machacan.

Apunte congruente.
Non sei de quen é.

"Lo que niegas te somete, lo que aceptas se transforma".

Olé!.

Eu teño medo básicamente do futuro.

Aceptádeo. Pode eiquí de que tendes medo. Obxetivaino. E así empeza a transformarse.

lobo meigo dijo...

De que tendes medo?.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Eu, dos politólogos da Universidade de Nebraska.

jacques delapierre dijo...

Eu ténolle medo a ZP.
Diránme que son un pouco pedestre e ordinario, pero ise home vai acabar conmigo.

XDC dijo...

Din que ter medo é creer en algo que non é certo.

O medo é un inhibidor da acción?.

Fixádevos o que di aiquí sobre a "metus causa". O Delapierre sabe o que é: PREMER.

XDC dijo...

A mín gustame unha frase que me decía a miña abóa: "Moito medo e pouca vergonza!".

XDC dijo...

Teño un amigo que ten un can que se chama "medo", e que lle garda as viñas.

Anónimo dijo...

Explica a bioloxía o repunte de odio e racismo que se deu en Alemania nos anos 30? Ou os linchamentos a negros no século XIX e comezos do XX? Estaban todos tolos?

Forcheville dijo...

Eu teño medo da xeración "I" (EU): I-pod, I-phone, etc. Esta xentiña que se cre o rei do mambo sen dar "palo al agua". Que cre que o papá Estado lles ten que resolver a vida. Que se enfouzaron en débedas porque alguén lles dixo que tiñan que mercar un piso. Que teñen pouco aprezo polo servizo aos demais e moito polo "eu", "min", "meu".

Forcheville dijo...

Ou dito doutra maneira: isto ten que estoupar por algures. Non se pode manter este circo de "consume, consume sen parar" por moito máis tempo sen que haxa unha crise fonda que bote abaixo este sistema económico.

lobo neghro dijo...

Azaña dixo que os españoles, xusto antes da contienda civil, estaban transidos de medo.

Eu fixen unha composición cun retrato de Stalin e fotos alucinantes das súas víctimas inocentes. UN millón setecentos mil represaliados (fusilados, asesinados), algún héroes da revolución.

Stalin estaba caghado de medo. E tiña pouca vergonza ( ausencia de moral, psicopatía).

Estou a interesarme moito por o medo.

lobo teimoso dijo...

Dacova, non fuxas. De que tes medo hom?.

Tes medo de recoñecer que tes medo?.

jacques delapierre dijo...

O Da Coba está tomando un vermú, ca(r)gadiño.

Salomón dijo...

Aunque se asienten ante mí ejércitos en campaña, nada temeré, porque El está conmigo.

XDC dijo...

Será por medos!!

A ver si padecen algún de estes :PREMER.

XDC dijo...

Falta o Horror Vacuii.

MEDELA ARREGLANTE dijo...

GRANDES FIESTAS EN XUNQUEIRA DE AMBÍA. ENTREGA DE PREMIOS CAMPIONATO DE TUTE E SOLTEIROS CONTRA CASADOS. PREGÓN A CARGO DE LIZ HURLEY. FUEGO FIJO Y VOLADOR. PULPO E CARNE AO CALDEIRO. VERBENA A CARGO DE LA AFAMADA ORQUESTA NEBRASKA DE CELANOVA. A PREGOEIRA VAI BOTAR UN BAILE. O NOSO AMIGO LOBO OBSERVA, SEMI-AGOCHADO NA BARRA DA CHURRERÍA LOLITA. LIZ OLLA PARA O LOBO. O LOBO NON SE ATREVE A SACALA A BAILAR. O LOBO TEN

MEDO

Anónimo dijo...

Á miña nae dalle medo cando hai moito aire, e tampouco está na relación. Podio engadir logo: "Eolofobia".
E prá miña aboa, o medo ós tronos.Non aos dos reis,que tamén podía ser. Aos das tormentas. Pero non sei como se din, nin en latín nin en grego.

XDC dijo...

Eu tamén tiña medo de sacar a bailar ás rapazas. Acababa por sacar sempre á mesma. Non era moi guapa pero era a única que me decía que sí. Agora sospeito que xa o tiñan entre elas acordado así.

XDC dijo...

O último anónimo tamén son eu.
O medo aos anónimos debe de ter nome tamén.

J. A. Valente dijo...

Eu teño meda á xeración do 27.

Xabimusic dijo...

E o meu pai dicía: "O medo é libre"

Lobo dijo...

É certo, os anónimos teñen medo.

lobo medroso dijo...

Medela, é verdade, tiña medo a sacalas a bailar. E tiña medo de sacala. Cando falemos de complexos entenderao.

Cando cambiaba de parella, o que sucedeu máis veces das que desexei, coa nova, invariablemente tiña medo de que non se me levantara. E invariablemente sucedía a primeira vez. Tiña que polo en evidencia (verbalizar) "o medo", para superalo. Mira tu por onde, vai e o que dín os líderes espirituais budistas e hinduistas, ten razón ata para esto.

No fondo o medo é o mesmo, disfrazado. E as fobias acaban sendo da familia dos medos, e a ansiedade una sucesión de medos....

Porque o medo é unha emoción fundamental!. Primaria. E primixénia.

Medea, medea, que algho queda!.

o indio errante dijo...

Arume. Y luegho?.

Que din os chismorrosos

da universidade de Nebraska,

Na costa verdescente,

Ao prácido luar?.

Que dín, que dín?.

XDC dijo...

A mín gustame moito a palabra con que designaban na aldea ao que tiña moito medo: "Cagarrán".Plural:"Cagarrás".

Decía a miña aboa: "Ter pistola é de cagarrás".

XDC dijo...

Arume, a mín a inmensa maioría dos "estudos" de politólogos, sexan de Nebraska ou de onde sexa, fanme rir "a mandíbula batiente". E o malo das investigaciós "científicas"financiadas con cartos privados. Case sempre, casualmente, chegan a resultados favorables aos intereses do sponsor.

Xulio Medela de Nebraska dijo...

O querido amigo Da Cova dixit:

"Eu tamén tiña medo de sacar a bailar ás rapazas. Acababa por sacar sempre á mesma. Non era moi guapa pero era a única que me decía que sí. Agora sospeito que xa o tiñan entre elas acordado así."

Ben, o servizo secreto das Uvas, en arriscada misión, acaba de localizar esa moza. Non é de Rebordechao, non; tamén non é de Molgas, nin tan sequera de Mariñamansa. É de Nebraska.
Da Coba, se esta moza non era moi bonita, como serían as veciñas dela!

ESTA É A COITADA DA MOZA ESCOLLIDA POLAS COMPAÑEIRAS DA SÚA ALDEA DE NEBRASKA COMO VÍTIMA PROPICIATORIA PARA ATURAR AO SEÑOR DA COVA

medela dijo...

E esta é a fabulosa orquestra que estaba amenizando a divertida e melancólica verbena en que a señorita Bergquist (Gretchen para os amigos) tomou a difícil, heroica, controvertida decisión de bailarlle ao Dacova.

ORQUESTRA QUE AMENIZABA A VERBENA DE WAYNE, NEBRASKA, NA PEOR NOITE NA VIDA DE GRETCHEN. DACOVA LEVABA CINCO COPAS DE LICOR-CAFÉ E, EVIDENTEMENTE, CANDO A ORQUESTRA COMEZOU A TOCAR MOONFLOWER... BAILAS? BOEEEENO. E AS CARITATIVAS AMIGUIÑAS DE GRETCHEN, A ESCACHAR CO RISO

lobo mulato dijo...

Medela, é certo, tes razón. A rapariga é ben feia, esblancuxada e cos ollos clariños. Non ten futuro biolóxico. Xa está calculado que en 200 anos desaparece o último loiro. Ademáis son moi proclives a desenvolver melanomas que co burato na capa de ozono van aumentar considerablemente.

Perteñecen ó etnocentrismo dominante que nos impón o seu canon estético a traveso dos filmes, principalmente de vaqueiros....

É millor apostar por as mulatas que gozan de un enorme poderío dado por a hibridación.

lobo neghro dijo...

Dacova, confírmase, ves como tiñamos razón. "Ter pistola é de cagharrás". O que lle aconteceu a Stalín, estaba armado por cagharrán. E canto máis medo tiña, máis empregou as súas armas.

Estou a decatarme que o paranoico é unha caste de medo. Todos os medos a mín!. E antes de que me liquiden liquídoos eu a eles. E ós do lado que pasaban por alí, para que se enteren.

Os americanos están armados "hasta los dientes", ergo os americanos están caghados hasta a boca. Bórzalles por os miolos.

E eu quería máis desastre nas torres porque lle teño medo a colonizción dos estados unidos de américa do norte.

Van a doblegar a Europa por a producción de alimentos.

E os rusos vannos domear pola enerxía.

E nos de ecoloxistas infantiloïdes tratando de recuperar unha tartaruguinha mutante e internala nun centro específico onde medre feliz e contenta. Ollo co transporte, ten que ser en debidas condicións, que non sufra. E desprazar oito funcionarios para o caso.

E si falo de meterlle un puto tiro a ese sapocuncho repoludo, é porque lle teño medo.

Sí teño medo do futuro, próximo. Porque controlamos moi poucas variables e estamos vendidos.

anónimo euxenista dijo...

Non ás indoeuropeas esbrancuxadas de pel de leite fervido e ollos azuis.

Si ás oestrimias de prominentes fazulas e ollos verde mel (por non dicir marróns, directamente).

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Moito home hai por aquí: o arrecendo a Varón Dandy ultrapasa o ecrán. Mimá.

medela de cheyenne city dijo...

Sr. Anónimo Euxenista: Esta moza (a da dereita da imaxe)parece curmá de Gretchen, miss Nebraska; pasaba perfectamente por Lady Idaho ou cando menos raíña das festas de Cheyenne City; talvez campioa de patinaxe en Montana.

Pois non. Élle de Lobeira...

Sonlle trasnadas da xenética!

{jeje}



MONTANA??
IDAHO??
CHEYENNE CITY??

NOOOOOOOOOOOOON...

LOBEIRA!!!!!!!!!!!

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

En estado de gracia permanente, amigo Medela. Facía tempo que non ría tanto. Vou facerlle unha pequena homenaxe: espero que me perdoen.
JAAAAAAAAAjAAAAAAAAAAAJAAAAAAAAAAAAJAAAAAAAAAAAAAAAAAJAAAAAAAAAAAAAA

medela para Arume dijo...

Sr. Arume:
Estes sonlle mozos de Wayne, Nebraska, si, a aldea onde o noso común amigo Da Cova coñeceu a Gretchen.
Repare no ollar dos dous da dereita. Coñécese que Gretchen non quixo bailar con eles... E para máis INRI, como o sr. Da Cova é simpaticote, meloso, bo conversador, educado e bo rapaz, pois Gretchen bailoulle a segunda peza.
É dicir, despois de 'Moonflower', bailaron 'La colegiala'.
É dicir, que cando se deron de conta, xa estaban no bar da comisión trocando o número dos móbiles.
Ben, os mozos de Nebraska non vían demasiado claro o tema!

MOZOS DE NEBRASKA, VECIÑOS DE GRETCHEN, QUE NON VEN NADA CLARO O INICIO DA AMIZADE DA SÚA VECIÑA CO SEÑOR DA COVA. REPÁRESE NO ENLOUQUECIDO OLLAR DOS QUE VISTEN DE NEGRO. O QUE VISTE ROUPA DEPORTIVA É O CONCELLEIRO DE CULTURA DA CÁMARA DE WAYNE, DO PARTIDO REPUBLICANO, PRIMO TERCEIRO DE SARAH PALLIN, QUE TENTA DEITAR AUGA NA FERVURA...

XDC dijo...

Os machistas téñenlle medo ás mulleres?.

Non seu onde lin que, canto menos autoridade ten un home no plano laboral ou profesional, máis dominante é na cama, coas mulleres. E viceversa. O Lobo neghro chámalle "mecanismo de compensación", acredito.

Anónimo euxenista dijo...

Trasnadas da xenética? Non: Inmigrantes suevos pseudo-romanizados.

A única, auténtica, loura galega nativa é esta

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Eu teño medo aos avións (incluidos os de feira), aos pantanos e ás alturas. Nunca subo a ningún edificio alto, salvo ao Empire State Building por razóns sentimentais. Pensei que estaba Deborah Kerr agardando por min. E estaba.

XDC dijo...

Eu téñolle medo ás cobras, cando as vexo. Parece que é un medo xenético, non aprendido. O aprendido é "aprender a non terlle medo". Curiosamente, se vexo unha éntrame unha ira tremenda, e ganas de matala como sexa. O que di o Lobo Neghro.

XDC dijo...

Se lle teñen medo ás cobras e amor aos nenos, non vexan esto:PREMER.

lobo popular dijo...

Dacova, Freud non era do meu pueblo; non era do meu pueblo (díghoo coa boca ghrande), no que acontece caxe todo.

Ademáis o Ómphalo, non está en Delphos, non tal, eso é chovinismo dos
Gregos, o Ómphalos está no meu pueblo, na aira do concello.

Eu non teño nada a ver con Freud, el era xudeo, de Viena (cidade) e do século XIX. Cocainómano. Eu só cato ayahuasca e café. Moito café.

Non me amoles, ôh.

Morenas del noroeste dijo...

Anónimo euxenista. Pénsolle que nin eso. A Rubia Galega foille unha invención creo que de Rof Codina.

No meu pueblo, no meu pueblo no que acontece caxe, todo había vacas marelas, pero non rubias nin loiras. Nada a ver coa que circula aghora por ehi.

fiera brava dijo...

Moito me trabuco na puntuación por correr. Desemulenme meus xefes.

lobo fierabrás dijo...

Para Jacques. Il non lle terás máis medo ó Blanquito?. Pero como é do teu "pueblo", e somos moi galegos, ó mellor non te atreves a reconocelo.

medela do noroeste dijo...

jajajajajajaja
'morenas del noroeste'
jajajajaja
magnífico nome!!!!!
Parabéns, súper-morenas!

lobo mouro dijo...

Medela, morenas del noroeste son: a caldelá, a vianesa, a frieiresa, a limiá e a súa cachena.

Bueno a cachena está entre as autóctonas de ourense pero non sei se está catalogada como "morena del noroeste", porque debe pertenecer ó tronco "Afro-Mauritano".

Se lles levanta o rabo verá que teñen a cona (desemúleme a pobreza léxica pero non coñezo outra denominación) moura ou negra. Se teñen despigmentación son cruces.

Cecais teña vostede razón e o que lle puxo "morenas del noroeste" foi o mesmo que inventou "la rubia gallega". Na zona da Limia e do val do Támega a esas nosas vacas chamábanlles cachorras.


Penso que o anónimo euxenista publicou unha vaca cruce de charolesa con limousin, crendo tratarse da nosa "rubia gallega" inventada por Rof Codina .

Concordo tamén con quen dicía que esa loira de Lobeira é Sueva. Sueva como meu pai. O meu pai alén de ter os ollos azúis como os de Rimbaud (j'ai les yeux bleus-blancs comme mes ancêtres les gaulois), non para de berrear. Pénsolle que eso tamén ven dos Suevos. Ou é celta?.

medela indoeuropeo celto-suévico dijo...

Os suevos tamen eran (foran) celtas; deran en evoluír máis ou menos no 500 a.C., abandonando progresivamente as linguas celtas e adoptando a lingua franca alemá por contacto con outros pobos, principalmente os lapóns. O que pasa é que os nosos celtas foron vítimas seculares do chamado inmovilismo atlántico, tal vez porque os condicionantes xeográficos lles impediron avanzar para ningures.
É dicir, que hoxe é aceptado que no século XII, os galegos aínda eran, por costumes, polo seu mundo simbólico e relixioso e por todo, "celtas". Por certo, os romanos de Decimus Iunnius Brutus tamén eran celtas indoeuropeos.
A moza de Lobeira e miss Nebraska son, ambas dúas,e con toda a seguridade, celtas indoeuropeas e descendentes dos suevos.
Cumprimentos, don Lobo!!

medela ex-celta dijo...

De todo o modo, os ollos azuis non son rasgos "celtas". Os celtas seica viñan do cáucaso, pasando despois unha temporada en Hallstadt (Austria).
Tal vez os ollos azuis sexan máis propios de pobos chamados nórdicos.
Uffffffffffffffffffffffffffff...

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Medela: voulle dar unha penosa rima e un disgusto:
o seu tronco familiar non é suevo: é etrusco.

medela pre (paleo)-{indo}europeo dijo...

Ben, o euskara garda asombrosa similitude (seica) co que argüidamente podía ser a lingua etrusca decifrada non hai demasiados anos. Mais entón teriamos que falar do sustrato pre-pre-pre-celta, pre-pre-pre indoeuropeo, de cando as linguas paleoeuropeas,ibéricas, vascas, etruscas, cretenses, lígures, etc, partillaban elementos comúns ou tal vez fosen máis ou menos a mesma. Evidentemente, descendemos dese persoal.
Cando Deus creo o home e máis a muller, non eran celtas. Hai vida antes do celtismo, e despois, espero.
Un abrazo, Arume.-

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Medela. A min non cabe ningunha dúbida: somos fenicios. Comerciamos con todo, inventamos as moedas e a estafa, a usura e o contrato por horas. Preferimos o marisco ás patacas (mesmo se son da Limia ou da Terra Chá). E temos, como rasgo principal, o sexo en altísima estima e tendemos a espirnos cada vez que a altísima estima que temos ao sexo precisa demostración. Non cabe dúbida, pois: somos todos fenicios.

lobo celta dijo...

Sí no decir dun profesor Yanquí que coñecín, os celtas eran morenotes e tiñan a cachirula como esos ayatolas iranianos. Os iranianos son primos dos celtas.

Xa Ferrín escribira unha obra de teatro que me partira de risa, "celtas sen filtro", puteando un pouco a nosa obsesión céltica.

lobo intentando concentrarse dijo...

Firmeza, firmeza, concentração, concentração!!!...


Assím cantan e bailan os membros da comunidade relixiosa do santo Daime. Comulgan con ayahuasca,( drogha enteóxena visionaria), e para non perderse nos desvaríos cósmicos cantan de pé: "firmeza, firmeza, concentração, concentração"...

É o que nos fai falla.

Volvamos ó do medo. Teño que repasar o campo léxico desa emoción, algo lín nun presunto diccionario de José Antonio Marina.
Ata a tarde non podo abordalo.

Firmeza,firmeza, concentração, concentração....(enténdase que estou cantando )....

lobo pre-visionario dijo...

Os do santo Daime teñen iglesia en Barcelona. Coñezo xente que se mete a comulgar regularmente con eles. Hai que paghar a dose,( un copo), hai anos eran 40 ouros. Visten de branco, as mulleres saias e os homes pantalón e garavata. No baile as mulleres están no centro protexidas por un círculo de homes.

Paréceme que os de fora permanecen sentados, flipando. Flipar é un término psicodélico. Diríamos, visionando. Firmes e concentrados no que lle prodigue a visión.

xa vin p. norma dijo...

gravata.

XDC dijo...

Flipar, imaxino que se colóu do francés popular "flipper", vostede poderá valoralo mellor.

E agora que o penso, hai unha expresión no francés popular pra "ter medo" que é "avoir le trac". "Ter o rastro, a pista". Non sei cal pode ser a sua orixe, etimolóxica ou psicolóxica. Pero igual lle da ao LObo algunha clave máis.

jacques delapierre dijo...

Pour le lobé nin tan rojé ni tan negré.
Vraiment je le tengué miedé al Blanquito, pour mais au ZP.
Tardo o mesmo en chegar a Palas de Rei que a León, polo que non lle sei cal é o da terra, a parte que en Palas non hai viño e unha viaxe hai que aproveitala.

Alfonso Sanchez dijo...

ULTIMA HORA. "Los girasoles ciegos" es la película española seleccionada para los öscars. Ahora falta que la admita (22 de enero) la Academia en EEUU. ¿Proseguimos el debate?

XDC dijo...

Nun bar de Ourense hai un bar que ten un cartel:
"Hai cecina de León".
E logo, entre paréntesis,engadíronlle: "(Cidade, non animal)".

XDC dijo...

Vaia!. O Alfonso Sánchez, ao que a miña aboa lle chamaba "O Papabello"!.

Doce ovella dijo...

Iste blogue está a porse imposible para os seres humáns.A manda de lobos a causa principal.Que praga !!!!!!

Papabello dijo...

XDC: Dende o máis alá (¿de ónde?) ou o máis acá (¿de ónde?) sigo a comentar as películas imposibles que sempre sempre protagoniza Sofía Loren, a quen, por certo, agardamos todos con fervor case relixioso.

Anónimo dijo...

Vaca rubia, como "pórse rubio" ou "arrubiar", nada que ver co significado actual do "rubio" do castelán, senón co de "sonrojar".

Certamente as vacas "rubias" son "rubias" en galego, ou sexa case "pelirrojas" -o alcume "o roxo", vén máis do cabelo que da política. Esas vacas nunca se lles chamaría "loiras", porque non son loiras, e así, nunca se lles chamaría "rubias" en castlán senón fose agalegado.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Hai uns días falouse aquí do modelo irlandés. Hoxe La voz de Galicia (non atopo a versión dixital) trae unha pequena crónica sobre a crise nese país.

XDC dijo...

Eu sempre me ría do meu abó cando decía que unha das vacas que tiñamos era "roxa". O ignorante era eu,por entender "roxo" polo castelán "rojo". Anos despóis soupen por Filipe, o brasileiro que toca o acordeón con María do Ceo, que "roxo" é un color similar ao castelán "marrón" e que o castelán "rojo" sería "bermello".

medela ruborizándose dijo...

Da Cova: A miña avoa dicía

"Máis vale rubias na cara ca perdas na casa"

*Rubia, en castellano arrebol, ponerse colorado, ruborizarse, ponerse rojo.

Saúdos.-

XDC dijo...

ARREBOL,ARREBOL...Qué é eso de ARREBOL.

lobo roxo a mimetizarse no outono su dos rebolos dijo...

Certo pros roxos, tamén os ghatos bravos foron roxos, díxomo meu pai. Un día que nevara moito na serra vin un ghato bravo. Como era?. -Roxo.

Os motes "roxo", aludían a cor do pelo e tamén había o "russo", equivalente.

Xa nin me lembraba das vaquiñas rubias. E deixámolas desaparecer, "melloradas" por os veterinarios de León.

Anónimo dijo...

A mimetizarse no outono su dos rebolos.

Ederonio, episcopum dijo...

Para Alfonso Sánchez.
A mín tamén me sorprende a nominación da película "los girasoles ciegos" para o óscar. Que lle quere. Pero non vou comentar nada porque me rifou o chessi e ainda non me recuperei.

Sonlle moi sentidinho, e onde meto a patinha, tardo moito en recuperarme emocionalmente. Pónhome encarnado.

can chivato dijo...

A vaca ki ri é rubia!.

Por persoa interpostaa dijo...

PARA EDERONIO, Bispo (e mártir): Non lle rifou, creo. Lín aquel post e do que falaba (Chesi) era de que había consideracións extra-cinematográficas, de que cadaquen podía opinar o que quixera da película de Cuerda. Eu estou dacordo con eso: a úns lles gostará, a outros non pero sempre:
a)aportando razóns
b)sen descalificar toda a obra de alguén por una película determinada.
O Chesi non creo que fixera máis ca expor eso. Este blog permite debatir calquera cuestión sen xenreiras.
Agora hai xente que di, "outra maldita película sobre a guerra civil" (como o título, case case, de Isaac Rosa, "¡Outra maldita novela sobre a guerra civil!") pero parecen esquecer que dende o final da guerra ata, alomenos a morte de Franco, tódalas películas que se fixeron foron as visións dos "vencedores" que tiñas que tragar por pelotas. Eu soportei dende Raza ata Fray Escoba, e outra xeira de bazofias das que ninguén renegaba en público. E agora, se fas una peli sobre a postguerra ou a guerra civil dende o punto de vista oposto, és un maniqueo e trangalladas así. ¿Alguén pode citar unha boa película dende 1939 ata 1976 que fose decente dende o punto de vista estético, ou imparcial? Pois eso. Non é unha revancha senon unha visión distinta agora que se pode falar de eso. Pero, ó final, o que conta é a calidade do resultado.

Fredulfo, episcopum dijo...

Persoa interposta, verá eu mireille a "penícula" con moita indulxencia e moito augha bendita, porque participaba nela a miña familia, muller, fillo e eu mesmo. Paseino ben ( por o que fose), tamén me rín (creo ter explicado o feito), pero permítame: non me cuadra que sexa unha película para representarnos nos óscars. Sí o é, pode ser por dúas razóns (teño medo, ollo podo porme aghresivo, por a emoción-pura-medo) pode ser porque as outras son máis ruíns e esta é a máis sobranceira no decir dos críticos, da academia ou de quen decida......ou pode ser que Cuerda, o productor, os accionistas, o psoe, a irmandade dos viños, a masonería ....non sei quen carallo manda, teña o "poder" (díghoo coa boca pequena )de designar esa "penícula" como embaixadora do Reino de España na entrega dos premios Óscar da academia de Hollywoode en Los Ángeles de Estados Unidos de América del Norte.

Verá que quere que lle digha. É certo que Cuerda ten obra suficiente para salvarse e reconocelo e non se pode inferir e xeneralizar de modo fácil e lixeiro, pero mire a mín, que quere que lle digha; e eu non son ninghuén para meter o fuciño porque estou implicado; a min ven a parecerme insuficiente. Que quere que lle digha.

hostia chessi, non me jodas, en que falacia incurrin aghora?. vaimo adiantando que a empollo de noite, e espíchocha mañá "de cor".

XDC dijo...

-Qué hai detrás da vaca que ri?
- O tauro que empuxa.