8 oct. 2008

dúas convocatorias

Hoxe en Ourense
PRESENTACION Do LIBRO: “LA INVENCION DE LAS ENFERMEDADES MENTALES”. J.María Álvarez Martinez; Ed. Gredos, 2008.
José María Álvarez Martinez, Doctor en psicoloxía pola Universidad de Barcelona, Psicoanalista Membro da ELP-AMP; psicólogo clínico CSM La Victoria II. Consorcio Psiquiátrico Río Hortega ; Valladolid
Coloquio co autor a cargo de:
Santiago Lamas, Coordenador de psiquiatría del CHOU.
José R. Eiras; psiquiatra CHUVI, psicoanalista Membro ELP_AMP
Chús Gómez; psiquiatra, psicoanalista membro ELP-AMP; H. Psiquiátrico Dr Cabaleiro Goás; CHOU-Ourense
DIA 8 DE Outubro 2008, 20.30H Edificio Simeón- Ourense

En Vigo, o día 17 (enviada a este blog por Jim Morrison e pola Fundación Casares.
A TODOS OS AMIGOS DE ANXO REY BALLESTEROS
Un grupo de persoas ligadas a "Café Voltaire", tertulia viguesa da que forma parte o noso amigo Anxo Rey Ballesteros, vanse reunir para desexarlle unha pronta recuperación da súa enfermidade. Nese acto, brindarase á súa saude, leranse fragmentos da súa obra e falarase da súa significación na literatura galega recente. Invitamos ao seus amigos de toda Galicia a compartir con nós eses momentos -e, eventualmente, a ler algún texto ou lembrar dalgún modo ao amigo enfermo-, acudindo a Vigo o Venres 17 de Octubro, ás 20´30 no Central Pork, en Via Norte 40 (xunto á estación de ferrocarril). Rogámosvos que fagades extensiva esta convocatoria á xente que vos pareza oportuno.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Quen é Anxo Rei Ballesteros?

marcos valcarcel dijo...

Sobre REY BALLESTEROS, pode consultar na rede, no Cervantes virtual, este artigo:

"20 años de novela gallega (1979-1998)"
De Xesús González Gómez
Cuadernos Hispanoamericanos n.500, maio 2000

Encóntrao en Google con ese título: alí fala XGG das novelas de ARB, "Dos anxos e dos mortos" e "Loaira".

apicultor dijo...

Unha aperta para Anxo Rei Ballesteros e para todos os seus amigos, que me consta que son moitos e bos.

Jim Morrison dijo...

Unha aperta para o noso amigo Anxo. O máis culto, intelixente e orixinal de todos os escritores galegos vivos. Un tipo estupendo.

Anónimo dijo...

Iso era Anxo Rey Ballesteros: un escritor.

Anónimo dijo...

Pode ir xente que non coñeceu a Rey Ballesteros pero gusta dos seus libros?

apicultor dijo...

Si, eu penso que poden ir todos os gustadores da obra de Anxo Rei Ballesteros, aínda que non o coñezan persoalmente. Sen dúbida que será un acto entrañable.

Jimy de Rairo dijo...

Se teño que facer balance, pasar a conta e ser claro, dígolles que son menos que os dedos dunha a man, os escritores galegos actuais que entraron na miña sincera consideración. Un deles é Anxo Rei Ballesteros. Forza, palabra vigorosa e senso no tempo. Na obra de Anxo hai creación, aproximación ao instante eterno, que é o que mais dura e alento, moito alento. Cando o coñecin advertín como a súa obra se prolongaba por el, observei un intelecto poderoso, e unha visión da cultura extremadamente xenerosa, Anxo regálase a literatura, gástase, comete dispendio, como grande señor que é. Unha figura de xigante no noso pequeno mundo literario, un exceso de talento e humanidade na marxe porque no centro, non hai lugar para os mais auténticos

Anónimo dijo...

Algúns que están nas marxes perden o cu por estar no centro. E nin con esas.

estrada dijo...

Ese non é de ningún xeito o caso de Anxo rei Ballesteros.

MSS dijo...

Ballesteros é do mellorciño que ten dado a literatura galega e como tal é envidiado aínda que non ocupe un lugar no centro. Non sei se lle gustaría ocupalo, pero parace que non lle preocupou moito. Esa é a verdá.