ETERNO RETORNO
PAN POR PAN mércores 22 outubro.
Foto, publiucada en GALICIA HOXE 15-10-08: Miro Casabella (dereita) no concerto dos pobos ibéricos que se celebrou no 1976. Detrás del, conversan Benedicto (esquerda) e Raimon.
Foto, publiucada en GALICIA HOXE 15-10-08: Miro Casabella (dereita) no concerto dos pobos ibéricos que se celebrou no 1976. Detrás del, conversan Benedicto (esquerda) e Raimon.
Xa saben do meu interese polas teorías do Eterno Retorno. O Tempo, nesta concepción antropolóxica, tería un principio e un fin, que pola súa banda xera un novo principio. Na teoría máis estrita do ER, os acontecementos volven a repetirse na mesma orde que xa sucederon, sen variación ningunha. Nietzsche ata planeou a tese dunha repetición infinita das ideas, pensamentos e sentimentos. Penso eu no Eterno Retorno lendo os xornais: volven con éxito Fuxan os Ventos e Miro Casabella e Raimon con concertos en Compostela e na Coruña. Volve o querido Antón Pulido, agora Fillo Predilecto de Amoeiro. Ata volve, nas pantallas dos cines, o mito Che Guevara. Tería eu 14 ou 15 anos cando vin os primeiros cadros de Pulido no Museo Arqueolóxico. Naquelas datas unha man agarimosa e intelixente deume a ler os textos do Che: volverá tamén a súa idea do Home Novo?
1 comentario:
jacques delapierre dixo....
Estivemos o pasado día 18 en Láncara, e saudei ó Miro, e díxenlle que xa estabamos vellos.
Miroume e asentiu.
Fuxan, Miro, por Deus se somos do século pasado, onde estea Massive Attack, St. Germain, e Cía, como Bush, estamos amortizados.
Non me fagan demasiado caso que veño de Grolos de comer con unhos amigos, e xa saben..............
Publicar un comentario