MATERNIDADE E NATUREZA
ANDOLIÑA venres 17 outubro
Dende cativiños recibimos unha mensaxe subliminal: a concepción do home como o gran centro do universo e dominador da natureza. Por iso os antigos imaxinaron os seus deuses e mitos como humanos laretas e caprichosos e nos contos infantís inventamos animais adobiados con xeitos antropomórficos. Pero o certo é que o mundo animal rexistra, na práctica, as mesmas condutas que a especie humana.
Fala un documental da TVE-2 das nais adoptivas no mundo natural e dos fillos criados por elas: nalgúns casos, como o cuco, trátase dun engano e a nai adoptiva non o percibe, polo famoso fenómeno da improntación (xa lembran: os parruliños que ó nacer seguían a Konrad Lorenz), de xeito que coida da cría pensando que é a súa propia.
É dunha crueldade sorprendente a escena do cuco recén nacido roubando o niño e botando fóra., con todas as súas forzas, os outros ovos. Pero velaí o macacus rhesus, cun poderoso instinto de maternidade: tanto que algunhas femias secuestran as crías doutras, ás veces provocando a súa morte porque non teñen leite. Como Rebecca de Mornay en “A man que mexe o berce”, máis ou menos. E vemos unha femia cunha cría colgada, que xa leva días morta: de certo, hai moitos centros no universo.

1 comentario:
O instinto, como a burocracia, fóise deseñando pra resolver, respectivamente, problemas da especie e problemas da sociedade, non dos individuos.
Son soluciós estadísticas e automatizadas a problemas estadísticos. Baixando a casos concretos, podemos atopar circunstancias en que a burocracia non sólo non resolve un problema persoal do tipo para o que foi creada,sinon que o agrava, entrando en contradicción a "letra" có "espíritu" da solución . COas leis pasa algo semellente, todos sabemos o inxustas que poden chegar a ser na sua aplicación a casos concretos.
DO mesmo xeito,moitas respostas instintivas, en certas circunstancias , consiguen o efecto contrario ao buscado. POdemos atopar centos de exemplos, mesmo no ser humano.
A "intelixencia" persoal do individuo, no caso do ser humano, ocúpase de resolver esas contradicciós. Esa "intelixencia" aparece precisamente, a nivel de especie, cando as circunstancias vitáis son tan variadas e variables que as soluciós "automatizadas" xa non son estadísticamente rentables.
Publicar un comentario