O Capital, de X.L. Méndez Ferrín (Faro Vigo, 10-10-08)
De súpeto os medios de comunicación volven usar a palabra que durante tantos e tantos anos ignoraran: capitalismo. A crise do capitalismo que estaba tan prevista coma o próximo terremoto de San Francisco está aí e é froito da acumulación desordenada e da cobiza de lucro. Fálase de capitalismo pero os grandes sabios da economía burguesa que tan ben nos ensinaron que a historia chegara ao seu fin e que a liberdade absoluta de mercado é o principio que debía rexer no mundo e que a disciplina do Estado tiña que ser sustituida pola disciplina da Empresa e que o liberalismo debe gobernar as nosas vidas coa mesma violencia con que a selección natural e a adaptación ao medio gobernan na Natureza viva, non saben senón tatexar desculpas. E agora é o Estado o que ten que salvar o capitalismo. É decer, despois de que os burgueses levaran o mundo financeiro ao caos temos que ser os probes os que paguemos o desastre a través do Estado. Non existe a alternativa socialista en forma de URSS pero a soa posibilidade de remedio segue a ser o socialismo. Tamén se pode revisar a política económica e facer que o Estado interveña para controlar a crise e que, unha vez esta superada cos sacrificios dos traballadores e do resto do pobo, voltemos ao desorde que terminará por culminar nunha outra crise e así polos séculos dos séculos. Xa iremos vendo a ver.Pola miña parte, leo cada día a prensa de Galicia por ver o que o club financeiro de Vigo, despois de informarnos de que o idioma galego constitúe un inconveniente para o empresario florecer, nos informa sobre a resolución da crise financeira. Gostaríanos comprobar que o clube financeiro de Vigo, alén de estar formado por sociolingüistas expertos, tamén pode falar de asuntos tan relacionados coas finanzas como é o da crise na que nos achamos enchoupados. O feito é que a avidez capitalista nos levou ao crack e á crise e que é o Estado e os pobres os que temos que llela solucionar. Estes días, como todos os días, a lectura de Marx pode servirnos para centrar as ideas. Eles prefiren botar unha man do fondo de reservas intelectuais keynesiano. Pro a admonición de Altusser será máis fructífera para os espíritos ceibes: ler O Capital e, como non, o Manifesto Comunista (hai versións en galego).Neste intre dexenerativo fálase do capitalismo pero no é doado ouvir falar do fracaso do capitalismo, aínda que no carozo máis interior e fundamental de tal sistema encóntrase necesariamente o seu propio fracaso. Neste clima de crise celebrou o pasado sábado catro de outono, en Vigo, a Central Unitaria de Traballadores (CUT) o seu congreso, e del saíron uns novos estatutos co cal esta sindical se aprechou para os tempos difíceis e para facer visibel o espectro que percorre, xa no só Europa senón o globo terráqueo. O pensamento obreiro é rico e en Galicia encóntrase (ao revés que en Cataluña) ben enxertado no discurso nacionalista. A perversión advírtese no feito de que cando hoxe o pensamento hexemónico fala de "igualdade" non está a falar da idea de Igualdade que aflorou na Revolución Francesa e que constitúe o único horizonte verdadeiramente alternativo a este desastre e a esta miseria que hoxe amosa a faciana dos cadáveres.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
43 comentarios:
nom estaría nada mal que leram o se guiaram por Keynes. Podese ser aplicado, marx pode ser lido e certas coisas aplicadas
Na miña falible opinión, nesta frase de Ferrín hai unha falsidade total e unha media verdade: "O pensamento obreiro é rico e en Galicia encóntrase... ben enxertado no discurso nacionalista".
Para que a inxección de diñeiro público teña resultados satisfactorios, o mercado debería de incorporar un principio altruista na súa autoregulación.
A necesidad de obter, en situacións críticas, beneficios rápidos, para compensar as perdas, levará aos bancos a facer inversións de risco, en mercados globalizados,polo que o diñeiro pode ir a engrosar o tesouro dos piratas, e desaparecer dos mercados onde foi inxectado. O grao de incerteza sobre o exito das operacións é o mais sorprendente na actualidade. O principio altruista referiríase a renunciar a rapidas e cuantiosas ganancias, a cambio de dinamizar a economía mais proximá, . Pero o estado non ten forma de controlar o destino do diñeiro, e se o fixera, daría ao traste co mercado tal como o coñocemos.Estaríamos ante un mercado dirixido por intereses políticos locais, onde a liberdade comercial sería restrinxida, por intereses estatais. Daríase ao traste coa globalización e inaugaríase un capitalismo de estado, un mercado coa man visibel dun gran irmao que iría pouco a pouco devorando ao mesmo mercado.
Sóñase con volver a unha situación anterior restaurada, esquecendo que o que ocorre é unha dimensionalización da circulación de capitais que nos situan nunha nova realidade económica con consecuencias inaprazabeis social e políticamente. O capitalismo chega ao seu paroxismo as receitas son Remendos, intentos de volver atrás...todo pasará, pero a velocidade dos negocios, as instantaneas convesións, a xigantesca capacidade de xenerar débeda escapan a todo control razoabel e sitúan ao capitalismo ante o seu dilema final:
Economía humanizada ou morte
Ultimamente teñen saído "expertos" en economía até debaixo das pedras. Pasa como co fútbol: xente que non sabe explicar un fóra de xogo, non ten inconveniente en latricar e latricar.
Mentres latricar sexa gratis e non estea gravado por impostos estatais ou por xuros bancarios, xa sabemos o que nos agarda nos vindeiros meses: "expertos" a eito que, devaluados, deveñen en "expertos" a céntimo de euro... ou de dólar. É o sino dos nosos tempos: a democracia do latrique.
Era algo que se vía vir. O voraz capitalismo non entende de riscos. Cando hai beneficios, a tarta para uns poucos. Cando perdas, as perdas páganas os pobres. O mal é o sistema aínda que moitos intenten disfrazalo con bonitas palabras e asocialo a un determinado réxime.
¡Marchando outra de expertos!
Ese tal Constatando é un autoritario de escasa intelixencia.
Só poderían, segundo el, opinar os expertos ata nun blog de parloteo informal como este.
Este policia das ideas imporía a esixencia dun certificado para opinar. Debe padecer alucinacións e confundir este blog cun foro intelectual oficial que imparte e esixe certificados de competencia sobre as diferentes materias suxeitas a opinión.
Hai que expedirlle un certificado a el, o de incompetente, porque non sabe discernir os diferentes espacios de comunicación.
Home, a min máis que autoritario o comentario de Constatando paréceme pura retranca. E coido todo un achádego a expresión "democracia do latrique".
Na miña opinión, calquera pode opinar do que sexa, pero a condición de que despois tamén se poidan escoitar ou ler opinións a contrario. E a contrario opino que o comentario precedente é desmesurado no insulto e que retrata negativamente o seu autor (el non será que comeu allos?).
Pois non lle vexo a retranca ao señor Constatando, nin identifico insultos na resposta ao seu intento(é unha opinión) de censura.
Se hai dialéctica as opinións resultan enriquecedoras, senón, o xogo esepecular dirixe a reflacción a un esteril infinito.
Pois non lle vexo a retranca ao señor Constatando, nin identifico insultos na resposta ao seu intento(é unha opinión) de censura.
Se hai dialéctica as opinións resultan enriquecedoras, senón, o xogo esepecular dirixe a reflacción a un esteril infinito.
Home, cada quen percibe as cousas segundo o cristal polo que mira.
A min paréceme que ninguén dos que poidan escribir aquí poida en realidade "censurar" nada, entre outras cousas porque é materialmente imposible.
Por outra banda, desde o meu cristal eu considero que a utilización de palabras ou expresións como "autoritario de escasa intelixencia", "policia das ideas", "padecer alucinacións" ou "incompetente", téñenme toda a pinta de ser insultos tan grandes como unha catedral, e máis aínda que van todas no mesmo lote.
Pero xa digo, alá cada quen co cristal polo que mira e coa palabra que redacta. Ou sexa, que polo que a min respecta, que sega a "dialéctica as opinións".
Verbo de "o xogo esepecular dirixe a reflacción a un esteril infinito", nada podo dicir nin a favor nin en contra, porque recoñezo que non entendín que se quere dicir con iso. O que non sei eu é se os demais lectores, con moitas máis luces ca min, o comprenderon.
Tómese en serio aos demais lectores, e faga o esforzo que unha pragmática da comunicación require.
Cóstame facerme a idea de que non entendou o da refracción especular.
Home, unha "pragmática da comunicación" require antes ca nada -digo eu na miña máis crasa ignorancia- un esforzo a prol dunha expresión o máis clara e directa posible que permita que as persoas se poidan entender. Ou polo menos iso foi o que me ensinaron na escola.
Pero xa dixen, alá cada quen coa palabra que redacta.
Hai quen confunde ser escuros con ser profundos, e non é o mesmo.
Veña Api, a sincopear un pouco
O pensamento oco moitas veces pretende enmascararse dunha escuridade supostamente profunda.
Home, sempre hai excepcións, anómino dous. Por exemplo, ben se ve que o anómino un é unha delas ;).
Por suposto señor anónimo pre-anterior,as veces ocorre así e o escuro pasa por profundo.(deixo de ser anónimo e paso a ser Jimy)
Comprendemos un acto da fala cando coñecemos aquelo que o fai aceptabel. En condicions normais esta interacción require que os participantes compartan un mesmo universo normativo,(roles sociais, regras de conducta) e expresivo (representacións simbólico-culturais)
Mais hai duas dimensións básicas da interacción: a dimensión instrumental e a dimensión comunicativa, ou o que ben sendo o mesmo, accións orientadas ao éxito e a accións orientadas ao entendimento.
A primeira circunscríbese ao teleolóxico-estratéxico, promove unha interacción baseada en intereses comúns e nun cálculo adecuado das posibilidades de éxito. A segunda caracterízase polo desenvolvimento dese proceso cooperativo de interpretación, que posibilita unha comprensión da situación común aos individuos que se encontran afectados por ela, co que se produce unha formación da vontade compartida xeneradora de acordo. Entenderse, é un proceso de obtención de un acordo entre suxeitos lingüistica e interactivamente competentes. A dinámica deste proceso esixe que os participantes compartan un mesmo universo normativo, feito que permite o asentimento e o diálogo crítico das pretensións de validez dos actos da fala dos interlocutores.
"Se hai dialéctica as opinións resultan enriquecedoras, senón, o xogo esepecular dirixe a reflacción a un esteril infinito."
No caso de non haber competencia ou intención comunicativa, é dicir, cando non se produce a necesaria interacción, senón un mero reflectirse sen consecuencias comunicativas, a acción é como se se reflexara en dous espellos, un frente ao outro, que reflictisen eses actos infinitamente, mais sen consecuencias comunicativas.
Api, non sei, de verdade, se o non entendemento do parágrafo citado obedece, a incompetencia (de calquera dos dous?)
Ou a falta de intención comunicativa.
Á miña incompetencia, á miña incompetencia, seguro, ..., como pode dubidalo?
O rollo de de Jimi púxome flaccida a reflación da pragmática da comunicación.
O Altuser ese que di Ferrín que dixo que habia que ler a Marx, ¿non é o que matou á súa muller e logo se suicidou? Xa podía citar a outro máis inocuo...
Con todos os respetos, algúns a teñen flácida sen necesidade de recurrir a Jimmy. Tómense unha azul a contenten ás súas parellas.
O universo de sentido encóntrase constituido polo intercambio comunicativo que se produce na intersección de distintos niveis da realidade. Por esto é preciso chegar a analise prágmática da linguaxe e relacionar adecuadamente o programa da teoría da acción lingüstica, coa teoría sociolóxica da acción.
A linguaxe non é un mero instrumento designativo, senón o medio a través do que os individuos se constrúen como suxeitos. Mediante a súa aprendizaxe posibilítase o sesenvolvimento cognitivo-evolutivo (api disculpa a pendantería) o que implica tamén a asimilación dor roles sociais e normas.
A praxe comunicativa da vida cotidiana prodúcese segundo regras e principios (non explicitos) que poden reconstruirse racionalmente: aparecen entón os elementos formais, pragmáticos e empíricos que se encontran na base dos procesos de comunicación e comprensión, a partir dos que será posibel reconstruir un concepto de acción racional.
Ánónimo, para eu non se lle poña flaccida
Corrección:
Para que ao anónimo non se lle poña fláccida.
Susanita, ¿onde che vai o rato?
¿Gala Fláccida?
O Jimy anda desesperado por dar unha conferencia. O de menos é que o entendan.
Althusser recoñecíase a si mesmo nunha autobiografía como un farsante. Que ninguén se dea por aludido, eh.
Si, señor anónimo, ando entusiasmado con dar non unha conferencia,tamén un concerto, amizade aos meus amigos, e moitísimo amor a miña amada.
É certo Althuser dicía eso de si mesmo, dicía que el en realidade apenas controlaba a Marx. Dicíao como ciclotómico na súa fase baixa. Mais cantos quixéramos ter o coñecimento dunha figura intelectual de primeira fila, como el tiña de Marx.
Althuser precisou cuidados psiquiatricos raiz da súa estadía nun campo de concentración. Tiña epocas altamente productivas seguidas de outras de profunda depresión. Por propria vontade someteuse, na súa desesperación ao tratamento de electroshok.
Unha vida desafortunada, sobre todo na súa fase final.
Carafio, pois non vai dar abasto, Jimy. Moi gracioso, por certo, o seu lapsus: "Ánónimo, para eu non se lle poña flaccida".
¿Altuser era cicloatómico?
Ciclotímico, coido que Jimy quería dicir ciclotímico, non ciclotómico. Penso eu, vaia.
Jimy: ¿fuches discípulo de Altuser? ¿quen foron os teus mestres?
Altuser matou á súa muller mentras lle daba un masaxe e dixo que el non quería, que lle foron as mans, porque era ciclotónico.
Xa non me aclaro: ciclotímico, ciclotómico, cicloatómico, ciclotónico, ... Por favor, que veña un especialista e nolo explique.
A Jimy indixestouselle Habermas.
Ca, Habermas é discípulo de Jimy, home non.
Jiiiiiiimmmmmyyyyy, a ver, home, sácanos de dúbidas.
Habermas é un prato forte e por tanto ten unha dixestión lenta. Agora ando lixeiro e disfruto de outros pratos, mais o regusto de Habermas advírteme que o fundamental no proceso comunicativo é querer comunicarse, sen esa intención, todo é simulación, e perversión comunicativa, amigo Api.
Que durman ben, e até a próxima semana.
Pois quedei chafado: ninguén é quen de dicir como é o "palabro" ese.
Jimy, véxooo moi franciscano hoxe. Celebro que, desta vez, non lle dese por ir de anónimo salvaxe.
Boa noite, pois.
A Jimy o que lle gusta é comunicar comunicación. É un vicioso da autorreferencia. Pero a autorreferencia é a madre da ciencia.
De verdá que eu a todos estes comunicadores, referenciadores, franciscanos, habermasianos, viciosos, ciclotímicos ou cicloatómicos, expertos, censuradores, insultadores, trapecistas, simuladores, flacidores, indixestos, estupefacientes, pragmáticos, simbólicos, constatadores, keynesianos, humanistas, mortecinos, deambuladores, retranqueiros, científicos infusos, clarificadores, redactores, depredadores, alucinóxenos, cibernéticos, desparafusados, altruístas, piratas, globalizados ou globalizadores, incompetentes, desgraciados e chistosos, a todos, a todos eses, digo, mandávaos a un gulag de Siberia a -40ºC pra que sobuesen o que é a puta vida por un puñado de pan resésego.
Publicar un comentario