23 oct 2008


O legado de Alberti
PAN POR PAN xoves 23 outubro

Contaba onte EL PAÍS que hai moitas queixas sobre o estado do “legado de Alberti”. Protestan os editores, os expertos e familiares como a súa filla Aitana, que cando nena fotografara o noso Eduardo. Seica existe unha sociedade mercantil, controlada pola súa viúva, que está a poñer moitos problemas para autorizar reedicións do poeta gaditano. E que impide, con esaxeradas pretensións económicas e outros medios, que se fagan películas sobre el ou mesmo un Festival musical que andaba a organizar Kiko Veneno. Aínda máis, hai uns anos no Liceo comentábanos Benjamín Prado, amigo do poeta, que as edicións das súas memorias, trala súa morte, estaban a ser editadas con censuras e cambios sorprendentes. Quizais a súa viúva teña todos os dereitos ben asegurados, pero Alberti é de todos os seus lectores. Era xeneroso, di a súa filla Aitana, e están a traizoar o seu espírito.

43 comentarios:

Anónimo dijo...

jacques delapierre dixo...................
Redunda no que se dice, pero tamén a mín me pasou algo comentable.
Dos primeiros Arcos -feira de arte de Madrid, 83 ou 84,- nunha das casetas de artistas galegos, máis "in", estabamos Leiro, Pestana, Lamazares e eu. Casualmente pasaba por alí, Alberti, acompañado polo comisario e invitóuselle a entrar na galería dos artistas galegos.
Sentou, falou con Pestana, e dinlle un catálogo de Arco para que mo firmara. Ca...., amigo......
Unha mán feminina, díxome que de ningunha maneira. Molesteime e díxenlle canto costaba a firma de Rafael Alberti, e sin ningún tipo de rubor, díxome 5.000 ptas.
Saquei do peto un billete mourado, dinllo e teño firmado por Alberti un catálogo de Arco, que non sei por onde andará.
Testemuñas, Leiro, Lamazares, Pestana e Valle -a miña parenta como dice XDC-,

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Tome nota dos últimos versos, mon ami Delapierre.

LOS ÁNGELES MUERTOS

Buscad, buscadlos:
en el insomnio de las cañerías olvidadas,
en los cauces interrumpidos por el silencio de las basuras.
No lejos de los charcos incapaces de guardar una nube,
unos ojos perdidos,
una sortija rota
o una estrella pisoteada.
Porque yo los he visto:
en esos escombros momentáneos que aparecen en las
neblinas.
Porque yo los he tocado:
en el destierro de un ladrillo difunto,
venido a la nada desde una torre o un carro.
Nunca más allá de las chimeneas que se derrumban
ni de esas hojas tenaces que se estampan en los zapatos.
En todo esto.
Mas en esas astillas vagabundas que se consumen sin fuego,
en esas ausencias hundidas que sufren los muebles
desvencijados,
no a mucha distancia de los nombres y signos que se
enfrían en las paredes.

Buscad, buscadlos:
debajo de la gota de cera que sepulta la palabra de un libro
o la firma de uno de esos rincones de cartas
que trae rodando el polvo.
Cerca del casco perdido de una botella,
de una suela extraviada en la nieve,
de una navaja de afeitar abandonada al borde de un
precipicio.

Anónimo dijo...

XDC dice:

Joer, Delapierre, se foi no do 84, pode que tamén anduvera eu por alí.
Facía eu unha viaxe a Madrid por outros asuntos, e cuadróume de compañeiro de autobús o pintor ourensán Carlos Vello, que iba de visita a Arco-84. Creo que xa contéi cómo, durante a viaxe, lle pedíu ao chófer que proiectase unha película "porno" pra escandalizar a unhos curas que iban no autocar.
COmo eu non tiña nada concreto que facer hasta o outro día, acompañéi ao pintor un bó anaco pola exposición.
-------------------------
Conte a verdade. O autógrafo foi gratis, e vostede inventa o dos mil pesos, pra vendelo máis caro.
COmenza a subasta do catálogo. Cuarenta euros dóullos eu, se o atopa.
Quen da máis?.

Anónimo dijo...

XDC fala:

Música pra o post:
Hai varias versión en youtube, pero escollín esta pra ver se o Xabimusic da sináis de vidaPREMER.

Anónimo dijo...

XDC waax na...

E, por certo, non parece mala a idea do Alberti, a de facer parecer á muller o "policía malo" do "tándem". Tíñano tan ben ensaiado ,que hasta o Delapierre picóu.

xoan dijo...

hello,probando nick

Anónimo dijo...

Medela
E por donde é que anda o Apicultor?

Anónimo dijo...

jacques delapierre dícelle o Medela que o Apicultor está moi ocupado nas fins de semana, xa que ten sogra que aturar, muller que contentar, fillos que manter e mel que recoller.

Marcos Valcárcel López dijo...

De parentes interesadas de escritores, habería para encher unha Enciclopedia. Un editor galego apalbrara un libro con CJC pouco antes de darlle o Nobel, por unha cantidade pouco relevante (para este caso):
despois do Nobel alguén se encargou de cobrar polas alturas o encargo, en especie.

Anónimo dijo...

XDC.


A diferencia entre un escritor de éxito e un "morto de fame" debe de ser unha "parienta".
Searchez la fémina...

(Moitos escritores homosexuáis deberán o seu éxito á forte "compoñente feminina" do seu carácter).

Anónimo dijo...

Delapierre, engádolle dous verbos da terceira conxugación:

Sogra que aturar,
muller que contentar.

Fillos que manter,
Mel que recoller.

Xa non podo vir
onde me fan rir.


Xdc.

Anónimo dijo...

Pode rematar:



Son o Apicultor,
que "castro" mellor
(entendan o albur)
coa colmea ao Sur.


Xdc

Anónimo dijo...

Medela
Medela
Medelam
Medelae
Medelae
Medela

Medelae
Medelae
Medelas
Medelarum
Medelis
Medelis.

--------------------------

O blog está enmedelado!
Quén o desenmedelará?
O desenmedelador
que o desenmedele
bó desenmedelador será!

---------------------------

Xo,Dc!

Anónimo dijo...

Contención!

Anónimo dijo...

Marcos, cobrar en especie, no meu pueblo (Nazareth de xudea), é cobrar en trato carnal. Refírese vostede a eso?.


Mater castíssima (L.)

Anónimo dijo...

Estou fodido, levo dous días asinando cos recitatório da letanía. E leváme o cacipo desde onte bloqueandome decindo que o url contén caracteres non permitidos.

O requilindórion vai por órden.

mater inviolata, (L.)

Anónimo dijo...

Dacova, nun curso heterodoxo que fixen sobre Masculino-Femenino, quedei pasmado cando me entero que a creatividade é un atributo femenino.

Por eso pensei que hai tanto creador homosexual. Pode, se o primeiro é certo, que sexa conditione-sine-qua-non. E aquel que non teña un cérebro altamente afeminado non sería un auténtico creador. Eu penso que non falla.


mater intemeráta (L.)

Anónimo dijo...

XDC baralla:

Pode ser tamén, pero, volvendo ao tema do post,eu penso que unha diferencia importante é a capacidade de administración dos cartos e dos recursos que hai no peto.

A muller de Alberti consideraba a firma do seu marido como un ben có que non se podía "tirar".

A estratexia do sexo masculino, biolóxicamente falando é "tirar" a semente por todas partes. Un home pode , potencialmente, ter unha cantidade arbitrariamente grande de fillos na súa vida. O seu corpo xenera millós de espermatozoides ao día. O da muller, un óvulo ao mes, que, no mellos dos casos, dará un fillo ao ano durante a sua vida fértil. O subconscente da muller está entrenado pra "administrar o que ten".

En tempos de crisis económica, a estratexia masculina é incrementar ingresos, "picando flores", buscando máis e mellores traballos. A estratexia femenina é reducir costes superfluos, contando có que hai.

Todos somos a mixtura dun número enorme de homes e mulleres que nos antecederon, prácticamente na mesma proporción. A nosa persoa particular parece ben pouca cousa á hora de desequilibrar a báscula.

Marcos Valcárcel López dijo...

para o Anónimo 8,o1:
non, o cobro en especie aquí non era carnal, non;
refírese a que esa voz feminina esixiu (e logrou) que se lle mandase boa parte da edición do libro de CJC apalabrado antes do Nobel. Que fixo logo cos libros??

Anónimo dijo...

XDC oulea:

Por certo, mater maternalis, gustóume moito o de "curso heterodoxo".
No futuro, posiblemente me poña a organizar "cursos heterodoxos" de esto e do outro. Que os "ortodoxos" non me gustaron nunca.

Anónimo dijo...

XDC delira:

Vaia, non está mal o de "cobrar en libros".

A partires de agora, no canto de agasallar os libros que vou lendo, vounos gardar, pra montar unha empresa no futuro ,e contratar solamente empregados dispostos a cobrar en libros usados. Non estou moi posto en lexislación laboral, pero creo lembrar que nese tipo de contratos pódese estipular o "cobro en especies". Delapierre, sáqueme de dúbedas, xa lle pagaréi cun par de libros.

Xaime dijo...

En calquera contrato, se pode fixar a retribución en especie, pero necesariamente ten que cuantificarse xa que conleva unha cotización a Seguridade Social.
Non teño ningunha dúbida que vostede pode pagarlle os seus empregados en libros xa usados, pero a cara da oficinista da Oficiña de Traballo, cando lle diga que tamén vai contribuir en libros, a bon seguro tería que facer unha consulta o seu responsable, que automáticamente aceitaría o contrato e mandaríao a vostede para Quitapesares ( o psiquiátrico de Segovia, que ten un nome moi bonito).
A mín os libros sóbranme, mande un bó viño e non ande con trapalladas

Anónimo dijo...

XDC acontece:

Non era en "memorias de un amante sarnoso" onde Groucho Marx contaba que il, ou un dos seus irmaos, cobraban o seu traballo en determinada empresa en papel secante?.
Tiñan a casa chea de papel secante.

QUizáis era en "Groucho e eu".

É o problema de leer certos libros en tomos de "obras completas". Logo non lembras a qué libro pertenece cada cousa.

O pago en viño, non sei se poderéi permitirmo. Pero o pago en botellas vacías, sobre todo de viño blanco albariño, igual sí.

Anque o seu amigo Cunqueiro decía: "Viño, é o tinto. O blanco é bebida".

No canto de deitalas no contedor de vidrio, vounas vender ben vendidas.

Cunha lenda que diga: " O viño de este recipiente, bebéuno Xohan da Coba". Hanse vender, ben vendidas.
E, si se engade, "durante o XXIII Contubernio das Uvas da Solaina", aínda máis caras.

Medela: é vostede o encarregado de gardas as "garrafas".

Pagarán a viaxe e os gastos do XIV contubernio a... (dígao vostede).

Anónimo dijo...

Sabe sr. Dacova, consultémoslle ó mestre Dalapierre, aínda hoxe se poden facer contratos de aluguer pactando cualquer tipo de revisión: o prezo do café, do ouro, das patacas, en troques do vulgar I.P.C.

Acontece que ninguén o fai por comodidade. Ou vai vd. a saber. A vida supera a ficción, o que non saberemos.

Estou hasta os collós de:"La url contiene caracteres no permitidos".

Asdo: mater immaculáta (L.)

Anónimo dijo...

Dacova, non se atormente.

Eu tamén vou organizar cursos heterodoxos.

Asociémonos díxolle ó león a Xesús na segunda tentación que en realidade era unha alucinación por o xexún. Asociémonos e xuntos, gobernaremos: ROMA.

o xeito que tivo de declamar Roma é inesquencible.

Asdo. Mater amábilis (L.)

Anónimo dijo...

O libro que vostede citou onte: aprender a dibuxar co hemisferio dereito do cerebro é boísimo. Eu teñoo eiquí para traballar co fillo, gústanme as citas e consideracións que fai.

Oe?. E vostede, cando traballa?

Lembran a novela de CJC, A colmea?. Hai un que estuda unha oposición, non sei se era para notarías. Chega un momento que a moza lle pregunta, Ti cando estudas?.


Asdo: mater admirábilis (L.)

Anónimo dijo...

Probando, probando. Verán, a mín cando firmo cos epítetos que lle dan a santísima nai de noso señor, vai o ordenador e non me deixa publicar. Dí que o url contén caracteres non permitidos. Asino ó final. De modo que vou escribir outro mensaxe anodíno para ver se me deixa.

Se me deixa é a proba máis evidente de que esto está infiltrado por a mafia católica en conexión coa red Echelon de Bush e a cía, ó servicio do imperio. SE non me deixa é que a electrónica évos un misterio. E tería tamén que explicarme porque me fai faltas de ortografía. Algunhas son eu pero outras non. Xúroo.

Comprobado, hai algo que falla, sigue a url anunciándose.Non me deixa, nin con outros nomes. Só podo publicar en anónimo. Please, alguén me pode desatascar?. A que botón lle teño que calcar?.

asdo: mater boni consilii (L.)

Anónimo dijo...

Hai moita creatividade espallada por o blog.

Asdo. mater creatóris (L.)

Anónimo dijo...

XDC divaga:

Eu que pensaba que determinados contratos eran "nulos de dereito"... Nunca entendín ben o que significaba eso, hasta que un amigo me puxo un exemplo:
-Si contratas a un traballador e acordades que lle pagas dándolle polo cú, por exemplo.

Agora xa me dou conta, grazas ao Delapierre, que é por que non é doado facer que Facenda leve a sua parte. Que si non...xa veriamos.

Contáronme que ,na época romana, se non pagabas unha deuda, o acreedor podía abrirte en canal, en tantas talladas como denarios lle deberas.
Non entendo moi ben en qué senso se podía considerar resarcido o agraviado, salvo que podera vender os cachos pra algún tipo de ritual.

Cando eu era neno, un persoaxe de cómic era o "Vázquez", que lle debía a moita xente. Non era o da buhardilla da "Rue do Percebe", era outro.

Tamén cando era neno, no "pai noso" rezabas pra que che perdoaran as débedas, a cambio de que tamén tú perdoaras a dos deudores. Agora falan de "ofensas". Non seu por qué cambióu o asunto. Eu, sigo preferindo que me perdoen as primeiras. O perdón das outras é unha "contradictio in terminis".

Dicen que a deuda recoñecida está media paga. Pagas a metade, recoñeces ó resto, e sólo che queda por pagar a cuarta parte ...mmmm.

Decíalle a muller ao marido: "Cómo podes dormir tranquilo sabendo que lle debes a Fulano?". Responde él :" Xa abonda con que non durma il".

Mágoa que teña tanto sono, que o tema da de sí. Pero din que as "deudas de sono" có propio corpo son impagables.

Anónimo dijo...

XDC xa espertóu:

Soñéi que se atopaban na rúa o inquilino da buhardilla do 13,rue Percebe, e o Vázquez. Acabaron a ostias porque se debían a mesma cantidade de cartos un ao outro.

Costes financieros incluidos.

Vou vender o exemplar de "O último que queda é o amor" do A.F.PAz, cun dibuxiño do autor,moi bonito, dunha volvoreta. Ou llo cambeo ao Delapierre polo do Alberti e unha botella de rioja.

Volvemos ao troco. Ou emitiremos nova moeda,respaldada por viño (picado).

O viño, en wolof, chámase "biiñ". Non se sorprendan. Os primeiros europeos que chegaron alá foron os portugueses, á desembocadura do rio Senegal, na fronteira con Mauritania.
"Chave" dise "chaavi" (escrito caabi). Máis galego, ou galaico-portugués, ou portugués de Galiza, ou como se chame.

Nos meus tempos de estudante, sólo estudaba si non tiña cartos pra ir de troula.Gastaba todo o que tiña en viño, en dous días, e así estudaba logo todo o mes tranquilo. As relaciós entre os cartos e o viño son inescrutables.

Un famoso multimillonario dixo que o mellor que che podía pasar na vida era arruinarte mentras eras novo. Eu xa cumpro a premisa. Fáltame sólo a conclusión.

Ese tipo de proposición non pode ser certa si o consecuente é falso. Faréime millonario de un momento a outro.

Mentras tanto, escribo unha obra dramática: "Esperando por os cartos". Mellor "ESperando por o ouro". Mellor, en inglés: "Waiting Gold". Mellor "Waiting Godot". Mala ostia, xa a escribiron. Sempre me pasa o mesmo.
Ou en francés, que rima: "En attendant l´argent".

Este sol que cae sobre Auria agora mesmo é ouro. Xa saben que os antiguos pensaban que o ouro eran raios de sol solidificados.

Creo que fora Dióghenes o que preferíu o sol "gaseoso" que o sol "sólido", cando llo ofreceron.
"Sólido" non ten nada que ver có sol. Imaxino que ten que vero có "solo", co "chan".
O chan está moi sol-iño.

O chan, cando se anda nel, é cam-iño. ÁS veces é "camiño solitario".

Os "camiños do ceo" teñen bastante de metáfora. Só os ven as pombas, que non precisan do sol,e os pilotos de avión. Cando non beberon moito viño, claro.
O grado de solidez é relativo. O líquido é sólido con relación ó gas. O gás é sólido con relación ó plasma. Os espíritus, como son gaseosos, camiñan firmemente sobre as augas.
Xesuscristo, xa non. Que lle furaron os pés na crucifixión, e afonda. (Desculpen o chiste irreverente, queñes teñan convicciós relixiosas. Non pretendo ferir sensibilidades).

Voulle dar outro grolo ao viño.

O Xesuscristo, díxolle ao Pedro: "Ademáis de ter fé, tes que pasar polas pedras".

Cando eu era neno, os camiños da aldea estaban cheos de auga, no inverno. Había que ir facendo equilibrios sobre certas pedras que sobresaían. Pero esas pedras estaban colocadas ás distancias axeitadas pró paso dun adulto. Eu caía moitas veces na auga. A que se lle conte, non o cree.

Vou parar que me van banear. Contención.

Anónimo dijo...

Eu son a Voz que clama no deserto. No deserto, por non haber, non hai nin eco.
Decían que o terror sería oir cantar a unha enredadeira. Pero sería máis terrorífico berrar "DESERTO" nun deserto chá e escoitar "ERTO ERTO ERTO". SIginificaría que, nalgures, hai unha parede infinita,infranqueable e invisible. Mañá vou berrar á Terra Chá luguesa, pra ver si hai eco. SI non o hai, xa teño título pra un libro: "Non hai eco na Terra Chá", ou algo parecido.
Fágame o favor, Lourixe. Saia fora, á chaira, e berre: "Son LOURIXE". Dígame si se oe "LOURIXE LOURIXE", ou "IXE, IXE", ou "XE,XE",ou nada en absoluto. COmprobe a "resposta polar", esto é, si hai cambios según a dirección. Fágame "un diagrama de resposta polar dos ecos na Terra Chá". Graciñas.

O ruido non alimenta, dí o refrán africano. Mágoa, porque có ruido que fan os do botellón por baixo da miña casa os sábados á noite, quedaba comido todo a semana.
Podería resolverse o problema da fame, se nos alimentásemos de decibelios.
Que pasara un avión supersónico sobre un poblado etíope, seguido pola "onda de Match", e quedaran comidos os rapaciños pra unha semana.
No canto de "maná" chamaríase "match-á".

Xa, xa paro, oh.

Anónimo dijo...

XDC sigue baixo a influencia do CH3-CH2OH:

Okéi, Okéi, non estades aí.

Decía aquel encabezamento de capítulo "Espíritu, estás aí?".

Imaxino que "capítulo" quere decir "pequena cabeza". "Encabezamento de capítulo" debe de ser unha rebundancia.

OS espíritus non teñen cabeza. O "capuchón de franciscano" sempre está valeiro. ÁS veces póñenlle unha careta "gore". Algús levan a cabeza debaixo do brazo.
O espíritu do can de San Roque leva o rabo na boca, colgando. Móveselle igual cando está contente.

O espíritu dunha cadeliña que tiña de neno estame mirando desde o ceo. Desde o ceo dos cás, porque hai inferno para cás.
Cando era neno, pensaba que Deus miraba desde o Ceo, por buratiños. De noite, como no Ceo quedaban as bombillas acesas, filtrábase aluz por os buratiños i eso eran as estrelas. CAndo chovía era porque deixaran aberto o grifo, inundábase o Ceo e caíanos a nós, polo buraco das estrelas. E non lle podiamos ir protestar ao Presidente da Comunidade, por que era Deus mesmo.

Anónimo dijo...

Eu creo que aos parvos que piden un autógrafo a quen sexa, fan moi (quen sexa) ben en cobrarllo (aos parvos). Non debería existir xente que diga "¿asinasme o libro?" (ou o que sexa) senon que o autor do libro (ou o que sexa) conceda xenerosamente: "Se queres firmocho", ainda que poida parecer cousa da soberbia. A axente-dona de Alberti, fixo ben; e se un tipo como Cela cobraba millóns por unha entrevista, deixemonos de parvadas: a Mercante era unha perra pero el un grandísimo cabrón a quen o negocio gostáballe e, dese xeito, amparado na arpía da sua dona, obtiña os beneficios dos que tanto presumía. Dixo alguhna vez que necesitaba 1.000.000 de pesetas ó día para vivir: para morrer se necesita menos (para ser soterrado, bastante máis), cousa que quedou demostrado coa morte do "fino estilista". O tomar polo cú as estrelas do bisnes literario, os seus axentes, as súas donas, os seus fillos, os seus albaceas, os seus viciños, os que lle reclaman entrevitas (e están dispostos a pagalas), os que lles piden autógrafos e, na meirande parte dos casos, ata os que os len.
ASINADO: O neto de Carmen Balcells e a nai que o botou.
P.S.-E, por certo, o poema de Ángel González (para que yo sea...) é un poemiña que para ornamento dunha postal está ben, máis ou menos.

Anónimo dijo...

ANONIMO ANTERIOR: Por certo, cando o cabroncete (Cela) escribiu "A catira", a instancias do goberno venezolano, non coñecía a Marina e xa vendera a súa pluma (e a súa alma) por cartos. Entón, non sei se alguén falara de 10.000.000 ou 20.000.000 millóns de pesetas (¿finais dos cincooenta?). Non era como a personaxe de Valle Inclán en Tirano Banderas, cando lle dice o cura ó Vatecito: "Vós no vendés el alma, vendés la pluma". No caso de CJC (Cabrón/Jodido/Cabrón), vendeu alma, pluma, ideoloxía e o que fora menester. E non estaba, insisto, a Marinita Da Cona ó seu carón; é dicir, o chaval xa apuntaba maneiras.

Anónimo dijo...

Oiga
miri
señor Marcos
i no podría vinir el téunico del auntamento a arreglar esto del blo? Firmado: Mr Koruño

Anónimo dijo...

Medela disse:
Penso que precisamos urxentemente do Padre Fortea.-

Anónimo dijo...

Eu cheghei a pensar que era porque mentara a mai de xesús, (o de galilea) e o cacipo estaba altamente infiltrado e colonizado por a rede Echelon, e tiña un contrato que lle impedía o aceso a nicks irreverentes.

O pensar non ten cancelas.


Asdo. Virgo Veneranda (L.)

Anónimo dijo...

O de engadirlle (L.) é para disimular e aparentar unha taxonomía de Linneo. Como se fose o nome científico dun bicho clasificado por ese naturalista. Ten dúas funcións:

1) De tipo profiláctica, non vaia eu recibir castigo por mentar a mai de xesús en vano, e así desemulo.

2) Enganar a rede Echelon que me impedía publicar con ese nick.

Asdo: Virgo Predicanda (L.)

Anónimo dijo...

Medela dixo:
Lobo Neghro!!!!!!!!!!!!!!!
Eiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii
E logo por onde é que anda???!!!

Anónimo dijo...

Medelinhaaaaaaaaa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
ando as veces por eiquí.


asdo: virgo potens (L.)

Anónimo dijo...

---Medela para Lobo Neghro---

Ola, hermano en El Señor!!!!!!!

Nada, que precisaba unha foto súa para acrecentar ao cartaz oficial das Uvas, o do 3º contubernio.

O meu correo:
galeguistas@yahoo.com

Veña, anímese, Lobo.

Anónimo dijo...

En dúas palabras:IM posible.

Ata que o Manolo de Vilar de Cans me fagha unha careta de felo que vai ser pintada co meu rostro por un amigho. Enton si, aparezo.

Xa eu pensara ir ó contubernio vestido de eu mesmo pero non tiña muda.

Ademáis corren malos tempos para nós. Eu desaparecín despois de un anónimo terse chivado ó Beria pedíndolle que levaran para siberia o desmadre de canis lupus que inzaran nunha noite. Sonlle moi sentidinho, deime por aludido.

Por riba un mono-sapiens acaba de filmar a unhes colegas en Mazaricos comendo de noite unha vaca, e veñen a por nós. Non convén mostrarse demasiado. Aghora andan co rebunbio, os do P.P., que si tiñamos infilrado medio ambiente de ecoloxistas ó noso favor porque na administración de entrada non daban creto á história.

Desemúleme, non digha vostede nada.Paso amodiño.

Sabe, na miña aldea, dín para referirse a importancia dos eidos : "o lobo pasa por eles e deixaos".

Asdo:Virgo clemens (L.)

lourixe dijo...

Na Chaira non hai eco. Escriba o seu libro, Eco da Cova no Deserto. Non hai relevo onde se reflicta o son, pola contra hai moita vexetación arbórea que amortece e afoga os ruidos. A néboa tamén fai de esponxa.
O máis espectacular e o mencer na Chaira nevada. Daquela nin as follas tremen, é o máis semellante a estar no medio da NADA. Silencio absoluto.