2 oct 2008


O lobo (pan por pan 2-10-08)
Dedicado a Lobo Neghro

Emiten en TVE, na Dúas, unha interesante reportaxe sobre a sorte do lobo. Xa saben, é unha especie en vías de extinción. Xa na época de Carlomagno, na Alemaña organizaban cacerías masivas para exterminalo naquelas paisaxes. As Igrexas colaboraron na carnicería presentándoo como unha besta satánica. Hoxe a súa sorte é moi diferente nas zonas onde quedan algúns milleiros de exemplares. Hai bastantes en Rusia, pero carecen de toda protección legal e son cazados con saña e todo tipo de armas e trampas. Si están protexidos en Romanía: o documental ofreceu imaxes dunha cidade romanesa na que un lobo entraba de noite, todo pancho, a rebuscar no lixo; tamén o facían os osos. En fin, o lobo ten os días contados. A cambio metemos nas nosas casas os cans, os seus descendentes. Ós humanos encántanos domesticar todo. Nós mesmos xa estamos moi domesticados.

14 comentarios:

Unknown dijo...

Que razón tes, quédome coa última frase que penso que nos define moi ben ante a pasividade coa que o ser humano está a vivir..."Nós mesmos xa estamos moi domesticados".

Anónimo dijo...

Moitas grazas Marcos. Vín parte da reportaxe, non me dei levantado do asento oindo os "ouveos". Sédanme completamente. Son un lobishome, que lle quere.

En Ourense ainda hai máis lobos dos que pensamos, son esquivos saben onde non deben fozar. Aínda así causan baixas no ganado do macizo central e os pastores cázanos con trampas. É un fenómeno oculto e máis extenso do que pensamos.

O ben que podan facer non somes quen para calibralo. Só podo por un par de exemplos.
En ourense "opera" un falcón pelengrín. Din que ten o pousadeiro na torre San Martín. Eu seino porque vin varias pombas depredadas. Son inconfundibles, o xeito que lles dá para vaciar o esquelete. Levo visto tres en varios anos, desde o ano 1987 ate fai un ano. Desde Ponte Pelamios a rúa Curros Enríquez. Eu xa non vexo aquelas bandadas invasivas de pombas, moitas deformes, e noxentas. Hai pombas dentro dun órden. E non transmiten enfermedades se as poboacións fican dentro dun órden. Supoño que as primeiras en enfermar son as primeiras en morrer. Os pelengríns conteñen coa súa depredación a transmisión descontrolada nunha poboación que inza descontroladamente.

Outro exemplo é cos baños de augas termais. Si prolongan o estado de saúde non o podemos calcular, nin valorar a curto prazo, pero sábese por estudos feitos con método e rigor que así é.

Penso que a acción do lobo pudo evitarnos ós humanos transmisións de algún andazo. Depredarían ós animais máis "tocados", e desde o momento que escomenzaran a coxear ou floxear.

Por eso un día fixen eiquí unha valoración de ciencia ficción, desemuládeme o atrevemento: "se os ingleses non exterminaran ó lobo, non terían vacas tolas". Salvando as distancias, pudo ter sucedido con outras enfermidades sen nos decatar.

Un cazador-ecoloxista e sensible de ourense, monsieur Casiano, famoso Drag Queen, preguntoulle un día a unhes cazadores badulaques: Como hai máis perdiz, con águias ou sen águias?. A pregunta ía por ehi. Os badulaques pensan que a águia compite, rouba caza e que disminuen os efectivos. Pero pode ser ó reves. Ten dereito a vida, algunha función fará. E sen águia, paradóxicamente fan presa dos bandos os andazos diversos que causan máis mortandade que a depredación do "gran simio", o "simio puliticú".

Évos certo. Viva o lobo ceibe. Poder popular!. O lobo tiña que ser o símbolo da Galiza.

Unha serea?. O Castelao era de mar e non coñecía a montaña.

Anónimo dijo...

Os romanos xa che eran ben listos daquela.

Anónimo dijo...

Gústame moito esta foto do lobo regañando os dentes. Nótase ben que o lobo non está "posando", que a expresión é auténtica: "Eu non che me ando con ostias". Creo que os animáis dos zoos adoptan "poses" prás fotos dos turistas. Esto é, aprenden cales son as posturas máis anodinas, pra que eses turistas os deixen en paz cós flases.

Anónimo dijo...

Aiquí hai outro lobo que ten inda máis peligro: PREMER.

Anónimo dijo...

Fíxense qué curioso. Nos Estados Unidos, os organismos relacionados có medio ambiente pídelle aos cazadores colaboración, informando si ven ao lobo, ou algún signo da súa presenza, pra mellorar a xestión na conservación de especies en perigo :PREMER.

Anónimo dijo...

Hasta se molestan en poñer a pegada a tamaño real, no panfleto informativo.

Anónimo dijo...

En Italia, os cazadores de corzos fan cursos antes, estudan, e despoís considéranse "xestores do medio ambiente" ou coxestores xunto coa administración.

É que cando se caza hai que saber moi ben o que se fai, seleccionar. Houbo un tempo no que non abatíamos femias, para que criaran, ata que nos decatamos que de "poligamia", pouco, un macho non pode con demasiadas femias. Entón tamén se sacan femias pero procúrase que sexan vellas, eivadas, etc...

A caza ben feita é unha arte.

Os cazadores que eu coñezo teñen un coñecemento superior do medio, moito máis profundo ca mor parte dos ecoloxistas, (fenómeno urbano).

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Aquí sempre falan de lobos e nunca de lobas. Coma facía Leonard Cohen..

Anónimo dijo...

vim o primeiro lobo quando tinha seis anos, no monte, no verão, na apanha das patacas, nunha zona chea de xestas, e con muito monte, xa daquela, não olvidei numca, estavamos a sombra, cos meus pais e meus tíos, era a hora do almoço que faziamos alí no campo, ainda estou a ve-lo, e como todos lhe berrabam , os cas ladraban e eu e mais ele cruzamos uma olhada que numca esquecim.
Numca volvim a ver mais, oia lendas, relatos, e o medo prendia en min, e sempre me deziam que não se recordava que ouvera algúm ataque do lobo a o home. Fum muito pelo monte e sempre ia pensando que ele me estaría olhando, e sempre o presentim no monte, hoje vou pelos mesmos sitios e ja nom o presinto, ja sei que não está.
Depois de muito tempo, vinte anos mais tarde, numa manha de verão as beiras da Serra do Larouco, vim con meu pai numa manha seis lobos, vinham do seu percorrido da noite, da caza perto das aldeias, olhavam-nos e caminhavam tranquilos, nem nos lhe tinhamos medo nem eles a nos, pasou um, mais tarde outro, recordo algum muito grande, foi um recordo único, numca mais volvim a ver outro, a estes tampouco os olvidei, talvez o primeiro pelas lendas da infancia dos anos sesenta o vê-lo ficoume mais recordo.
Estando muitas noites no monte ja fá anos, nos sententa, no verão ouvia os berrar e comunicar-se de longe a mais longe, enchiam os montes co seu son. não esquece-lo-ei.
recordo com muita tristura tendo ums cinco anos como num dia de inverno, todo chuvioso, trouxeram o povo um lobo duma camada , que alguem colheu e como os rapazes do povo jogavam con ele, como um trapo até que ....
Símbolo de Galiza?. bom, mais tambén está o mar.
o lobo é simbolo de nobleza, loita, astucia, duro o frio e o calor ( frigoris et caloris patientia par..), social, caza en grupo e mais coisas.
Acho que as femias podem ter filhos de dous pais diferentes, e ouvi que erea a ntureza que se adaptaou para poder terem descedencia a o haber poucos machos disponiveis, adicados a caza .

Anónimo dijo...

Moi cerquiña da miña casa, na aldea, hai unha pequena touza, propiedade da familia. Cando era moi pequeno, os meus abós dixéronme que non fora xogar alí porque "viña o lobo". Teño recorrido en solitario moitas fragas ,e montes, e serras. Pero inda hoxe son totalmente incapaz de pasar cinco minutos solo nesa pequena touza. É superior ás miñas forzas.

Anónimo dijo...

Non deixa de ser curioso engado que lles tén a algúns o lobo, cando tradicionalmente se lle mira con tan malos ollos.
Algunha vez lin que a mala fama deste animal no vén só da seu carácter depredador de gando, senón que ten mesmo unha orixe relixiosa:fronte ás almas cristiás representadas polos cordeiros ou años, erixíanse os lobos como o devorador das mesmos ou demo.

Marcos Valcárcel López dijo...

amigo/a herba:
de feito a súa idea estaba xa na miña SEGUNDA COLUMNIÑA SOBRE O LOBO (máis enriba no blog). Saúdos.

Anónimo dijo...

Ten que desculpar a reiteración, meu estimado Sr. Valcárcel. De feito decateime delo nada máis publicar o comentario. Vese que terei que ser algo máis metódico e ordenado na lectura para evitar estas redundancias,pero cando un é zoupón por natureza...
En todo caso, aproveito para darlle os meus parabéns polo blog. Frecuento a súa bitácora dende fai xa case un ano e gosto moito dela. Se non me prodigo máis en comentarios é pola alta consideración en que teño non só ao seu autor senón aos seus agudos comentaristas asiduos e polo alto nivel das súas intervencións ao que dificilmente podemos estar algúns. En todo caso, agradézolle moi sinceramente que me abra a porta da súa solaina e para que poida sentar e escoitar.
Un saúdo.