31 oct. 2008

OPINA A RAÍÑA
ANDOLIÑA 31-10-08

Opina a raíña Sofía no novo volume haxiográfico que lle preparou a xornalista Pilar Urbano. E creo que non debería opinar porque o discurso oficial era que a nosa monarquía se caracterizaba pola súa discreción, prudencia, espírito de sacrificio, etc. E opinar de temas políticos, que atinxen ás institucións representativas, estalles vedado por principio. Sempre se dixo que en España había máis juancarlistas que monárquicos, pero non sei se a personalidade de dona Sofía participa con entusiasmo desa categoría de apoios.
É previsible, dende logo, que a raíña sexa moi conservadora, estea en contra da eutanasia e do aborto ou queira manter a relixión nas escolas. Pero debería reservar as súas opcións cando as mesmas están presentes no debate político e no foro parlamentario. Moito máis grave aínda é pronunciarse contra a Lei do matrimonio homosexual, que está recorrida no Tribunal Constitucional por un partido político.
O máis simpático do libro é comprobar a falta de empatía dos monarcas con Aznar, a quen lle reprocha a súa "expresión tan seria" fronte ás gabanzas que merecen Felipe González, Alfonso Guerra ou Rodríguez Zapatero. Si, temos unha raíña conservadora, pero ben orixinal.

18 comentarios:

Anónimo dijo...

Anque desmentíu a noticia penso que esto indica que a reina é vella. E ten todo o dereito a selo.

Hai tempo que me dacatara que por ter eu máis de corenta anos non asimilaba certos cambios, en troques os máis novos sí o facían. Ate o punto de que asumir ou non asumir certos factos podería ser indicador exacto da época na que nos criamos. Como unha línea de referencia da xuventude, madurez, vellez e senilidade. Algo así como o método do carbono 14 aplicado.

A reina é vella. Pero non vos escandalicedes. Ten que haber vellos, como ten que haber novos e xente madura. O problema está na proporción, na pirámide de edade que dá idea do dinamismo e futuro .

Ollo, a min como mor de corenta anos foime difícil aceptar a adopción por parellas do mesmo sexo.

O que opine a reina para mín non ten máis creto nin máis importancia. Peor para quen lle-la otorga. Xa bastante ten coa edade.

asdo:Féderis Arca (L.)

Anónimo dijo...

Medela dixo

Ehem.

É máis virtuosa a raíña por (argüidamente) empatizar máis con Zapatero que con Aznar??

Sería 'mellor' raíña se mantivese posturas máis tolerantes cara o aborto e o matrimonio homosexual??

De que estamos a falar, da lexitimidade da monarquía española ou do comportamento dos seus membros??

Grazas.

Anónimo dijo...

XDC dÍ:

O propio concepto de "raíña" é conservador, cómo non vai ser conservadora a raíña.

Anónimo dijo...

Con todo, cómpre lembrar que nas Hespañas é imposible que saia un libro con estes contidos e relativos a estes personaxes sen pasar antes por vinte filtros da casa real (ou alguén vai a vir a estas alturas co discurso da liberdade de creación, información ou expresión). Por iso dá que pensar que vexa a luz un libro no que,supostamente, a raíña diga algo así co visto e prace de quen corresponda.

Herba.

Anónimo dijo...

Miren, señores (e algunha señora):
"Raiña" só hai unha: a nai de cada un. E pra princesas xa chega coa moza ou parenta de cada un.
Todo o demáis son ganas de amuelar. Polo tanto, para se referir a estes persoaxes pre-constitucinais chégalles, e moito, os seus nomes reais: Juan Carlos Borbón, Sofía, Felipe Borbón, Leticia Ortiz, etc.

Anónimo dijo...

Xa pero existen, a raíña e o rei.

Cecais o problema esté no rango social que cada un queira darlle ou prestarlle. Eu non sei se lle son republicano ou non, nin quero perder o tempo nesas disquisicións. Pero estou a favor de que siga existindo a monarquía pero co rango de asociación cultural e que os monárquicos a paguen. Paguen todos os dispendios teatrais ( outra vez o teatro, vedes como o ser humano precisa do teatro ). Incluso que o que poda merque un título nobiliario e que o rei fixe o prezo.

Claro que non tería ningún rango oficial ou administrativo, quedaría como unha actividade en maus dos seus afeizoados, como os amateurs de coches antigos ou bombardeiros da segunda ghuerra mundial. Como os que participan no Couto Mixto, ou no reino da Nova Galicia en México.

Sofía Ghota de Grecia e Borbón por parte de marido seghuiría a ostentar os títulos, total non sirven para nada, só para eso. E seghuiría opinando en función da súa edade. Por que non?. Probe.

Sobre todo, sobre todo, que os monárquicos paghen a movida esa. Xa organizarían rifas, comilonas, subasta de títulos nobiliarios etc..ó final sería rentable para todos.

O día que casaron os príncipes non entrou nin unha alma en urxencias. Algún efecto "terapeútico" terá, como o teatro, como a arte.

asdo: salus infirmórum (L.)

Anónimo dijo...

Se Sofía fose quen de facer declaracións noutro sentido non sería raíña. Xa que logo, hai unha contradición "in terminis". O peor é que non estea caladiña e se limite a poñer cara de risa ou cara de pena, segundo o acto no que lle toque estar. E non é cousa de ser vella. Eu teño dous anos menos ca ela e vexo o mundo doutra maneira ben diferente, quizaves porque o miro sen prexuizos.

Caña contra España dijo...

El País:

ERC pide saber los bienes de la Casa Real para hacer público "el gran agujero negro de los negocios del Rey"
El grupo parlamentario ha formalizado la petición a través de una enmienda a los Presupuestos del Estado

ANABEL DÍEZ - Madrid - 04/11/2008

El diputado de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) Joan Tardà ha asegurado hoy en el Congreso que su grupo parlamentario defiende una enmienda a los Presupuestos Generales del Estado para "pedir la congelación del sueldo del Rey". "Exigimos que los miembros de la Casa Real hagan públicos sus bienes para salir del gran agujero negro de los negocios del Rey, es decir, de los negocios típico y atípicos del Borbón y de su familia", ha asegurado. A pocos metros de distancia, en la Carrera de San Jerónimo de Madrid, la Reina presidía una mesa peticionaria de la Cruz Roja.

Anónimo dijo...

Tranqui, que o Jorquera e a Olalla votarán en contra.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

El gran agujero negro... Mimá. Eu non quero sabelo: aparten de min tal visión.

A corrección lingüística (por eufemismo) leva a preferir peticionaria a petitoria. Co fermoso que era eso da mesa petitoria.

Anónimo dijo...

´La Corte de los Milagros´

X. L. Méndez Ferrín

Vexo na tele Pilar Urbano. A xornalista intervén, ex deliquio, cos olliños faiscantes e sen dar terminado unha triste oración, sobre un seu libro/entrevista a lo divino no cal deixou falar a Raíña de España. Fíxome moita graza cando dixo de Rouco Varela algo así como "que Dios le conserve el báculo", pro que facía mal en andar nas manifestacións. "Los curas que se limiten a lo suyo", engadiu ela con esa sinxeleza tan característica do estilo mañico e nada solemne da Escrivá de Balaguer. Ouvindo a Urbano veume á memoria a famosa diatriba contra as beatas que saía en El valor divino de lo humano, libro (dun autor non sei se Urteaga ou Arteaga) que representou (non tanto Camino) a pedra angular sobre a que se edificou en Compostela A Estila e noutros lugares diferentes edificios, non espirituais senón fisicamente tanxibeis, do Opus Dei para dar cobexo a actividades de signo nacional-católico. Sábese que o Opus gosta moito da doutrina da Graza de Estado, por iso "La perfecta casada" de Luis de León e as "Coplas" de Manrique son textos literarios moi aprezados no seus círculos. De xeito que os metalúrxicos deben ser bons metalúrxicos, as criadas de servir boas criadas de servir, os ministros de Franco bons ministros de Franco, os xornalistas bons xornalistas e os arcebispos de Madrid-Alcalá nada máis ca iso. Loitar por saír fóra do propio estamento no agrada aos ollos de Deus, provoca revolucións tribulación e non favorece a santidade das almas. Para Pilar Urbano a clase de tropa que forma a camarilla de Rouco Varela (kikos neocatecumenais, legionarios de Cristo e seitas así) leva o purpurado por mau camiño.
"O corazón aberto e as portas fechadas", soe decerse no seo da Opus Dei cando alguén o abandona ou cando un competidor disidente lle atranca o camiño a algún membro disciplinado da facción. Pilar Urbano, no mesmo programa de televexo, axustoulle as contas a Jaime Peñafiel usando do tópico vixente na Casa: "como persona le puedo donar un riñón pero como periodista mis puertas le están tan cerradas como las de la Casa Real, donde no lo reciben". Despois do seu éxito, Pilar Urbano parece chamada a ocupar o posto vacante de Sor Patrocinio no retábulo isabelino de Valle-Inclán en versión de debuxos animados.
Si, Pilar Urbano acaba de lle render un grande servizo á Casa Real. Chamaba demasiado a atención a simpatía do Rei polos socialistas e, antes, pola xente que aglutinaba Adolfo Suárez. Mercé á Urbano isto contrapésase xa coa identificación da Raíña cos principios irrenunciabeis do Opus Dei a respecto do aborto, da eutanasia, da homosexualidade, obrigado ensino de Relixión e así. Veleiquí unha interesante diversificación das imaxes das dúas testas coroadas. Pro os éxitos do Opus non paran aí.
Hai pouco Covadonga O´Shea entrevistaba Amancio Ortega en virtude dos bons oficios interpostos por Francisco Vázquez, veciño do home de negocios na coruñesa Rúa das Tabernas. Covadonga O´Shea é impulsora do novo feminismo católico e da atención que este lle empresta a Pardo Bazán, que tamén morou nas Tabernas. En canto a Vázquez, sempre se supuxo el ser a cabeza visíbel do grupo de presión do Opus Dei no seo do PSOE.
O PP cabalga cara o ocaso, coma as personaxes de M.L. Estefanía. Por unha banda a Casa Real non perde o seu ligame co PSOE e pola outra interésalle non cortar os contactos co esencialismo católico. O Opus, con Urbano, asegura esta ambigüidade. Pro tamén o Opus, con O´Shea´, mantén drenadas as canles vivificadoras entre o PSOE e o grande capital.

arume dos piñeiros dijo...

Ríe la comadre feliz y carnal,
y un temblor cachondo le baja del papo
al anca fondona de yegua real.

Nota: é pouco frecuente atoparmos un Ferrín de tonalidades satíricas. Agradécese.

arume dos piñeiros dijo...

Do mesmo e grandísimo Valle, neste caso sobre Alfonso XIII, o mesmo día en que se anunciaba a República:

Alfonso, ten pestaña
y ahueca el ala,
que la cosa en España
se pone mala.
No sea que
el Pueblo Soberano
te dé mulé.

Anónimo dijo...

Como diría Vita Nova ese poema de Valle é un pufo.

Anónimo dijo...

como poema, pero non como proclama.

Anónimo dijo...

Vita Nova é o mellor crítico literario do mundo. Todo é malo menos a súa noveliña.

Anónimo dijo...

Vita Nova fai moi boa crítica pero é totalmente ágrafa/o. A escrita só a practica neste blog.

Anónimo dijo...

http://www.anosaterra.org/nova/un-grupo-proximo-ao-psoe-leva-o-54-das-axudas-.html

Un grupo próximo ao PSOE leva o 54% das axudas

Manuel Vilas . Medio Ambiente tentaría crear coa FEGAMA un 'ecoloxismo a medida', denuncian FEG, Verdegaia e ADEGA. Estas tres asociacións advirten unha 'manobra caciquil' para favorecer á Federación Galega de Medioambiente, creada hai só un ano e con varios cargos que foron candidatos do PSOE.

A gran beneficiada das axudas ao ecoloxismo da Consellería de Medioambiente –controlada polo PSOE– naceu hai un ano e ten varios dirixentes que foron nas listas electorais socialistas. Con todo, a Federación Galega de Medio Ambiente (FEGAMA) recibiu máis de cen mil euros este outubro. Coas subvencións logradas polos seus asociados, a suma é de 622.790 euros, o 54% do que repartiu a Xunta.

Cinco colectivos nudistas

A maioría dos 30 colectivos da FEGAMA foron creados esta lexislatura. A lista de socios é ben curiosa, pois cinco asociacións defínense como “naturistas”, o que popularmente se coñece como nudistas. Varias delas fundadas en lugares inhóspitos para andar espido, como Guitiriz ou Chantada.

Fontes do colectivo ecoloxista interpretan que os socialistas “clonaron” os estatutos e os nomes das novas asociacións e coas présas confundiron “naturista” con “naturalista”.

A Federación Ecoloxista Galega, Verdegaia e ADEGA denuncian que a FEGAMA é un intento socialista para crear un ecoloxismo afín á Consellería. Hoxe dan unha rolda de prensa para criticar a falta de diálogo co conselleiro Manuel Vázquez.

Directivos nas listas do PSOE

Catro dos directivos da FEGAMA presentáronse en listas electorais dese partido. O representante da Asociación naturista do Ribeiro, Avelino López Espiñeira, foi na candidatura dos socialistas ás locais de Boborás. O mesmo pasa con Edmundo González Nóvoa, representante da Asociación para a defensa do Medio Ambiente de Verín, e número dous do PSOE nas listas de Monterrei. Idéntico caso o de José Manuel Juiz Cidre, da Asociación Medioambiental de Rodeiro, e membro da Executiva socialista dese concello. Hilario Moliner Piñón, representante da Asociación Ecoloxista da Mariña de Lugo, foi candidato en Ourol.

Ademais, oito dos dirixentes de colectivos da FEGAMA (na Terra Chá, Fonsagrada, Ancares,Terra de Lemos, Deza, Melide, Compostela e Ortegal) son tamén representantes do sindicato Unións Agrarias –próximo ao PSdeG– nos grupos de desenvolvemento rural.

A Xunta cambiou os criterios das axudas este ano

A FEGAMA acaba de acceder a un gran volume de subvencións, máis de cen millóns das antigas pesetas, xusto despois de que a Consellería cambiase profundamente os criterios da convocatoria. Por exemplo, un dos puntos máis valorados en 2007, “actividades desenvolvidas nos dous últimos anos” desapareceu. A Consellería tamén deixou de valorar outros baremos obxectivos, como o número de voluntarios ou a antigüidade.

A demais, a Xunta lanzou este ano por vez primeira liñas de axudas específicas para federacións; as que só puideron presentarse FEGAMA e FEG. O resultado é que a FEGAMA, sen sumar os seus asociados, recibirá case 180.000 euros. Os seguintes colectivos máis favorecidos na resolución, como a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), non chegan aos 30.000.

Crítica da FEGAMA a Medio Rural

A FEGAMA criticou até hoxe só unha actuación do Goberno Galego. Foi a "descoordinación" da Consellería de Medio Rural (BNG) para apagar un lume no Courel.
VALORACIÓN DA FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA
'É unha manobra caciquil para crear un ecoloxismo dende arriba'
Alexandre Cendón, coordinador da Federación Ecoloxista Galega (FEG), considera que 'ten toda a traza de que un sector do PSdeG está a montar un movemento ecoloxista afín para apoiar a súas políticas'.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Cendón cualifica de “manobra caciquil e clientelista” o nivel de subvencións da Consellería a FEGAMA para crear “un movemento social sen base, dende arriba”.

Malia que a FEG concédelle o beneficio da dúbida á FEGAMA, “está por ver o seu traballo nos anos vindeiros” di o seu coordinador, denuncia que a Xunta non convocou subvencións específicas para federacións ecoloxistas até que naceu o colectivo vinculado aos socialistas.

A FEG integra a maioría dos grupos ecoloxistas máis activos do país, como ADEGA, Verdegaia, Luita Verde, a Asociación Medio Ambiental e Universitaria ou a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
VALORACIÓN DE ADEGA
'É propio dunha actitude pseudocorrupta'
Ante o apoio que está a recibir a FEGAMA por parte da Consellería, Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA, acusa a Pachi Vázquez de 'tentar montarse un ecoloxismo a medida para prescindir do ecoloxismo crítico'.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Eirexas denuncia que a FEGAMA “son 33 asociacións ecoloxistas clónicas sen tradición”. É máis, ADEGA entende que o gran volume de subvencións recibida por esta federación é “auténtico escándalo produto dunha actitude pseudocorruta”.

Ao igual que outros membros da FEGA, ADEGA alerta da “falta de interlocución coa Consellería” durante esta lexislatura.

Cómpre lembrar que o conselleiro de Medioambiente cualificou a ADEGA de “salvapatrias baratos” tras as críticas ecoloxistas ao polémico Plan Acuícola da Xunta.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
VALORACIÓN DE VERDEGAIA
'A Consellería quere crear unha máquina que lle diga si a todo'
Dende Verdegaia Xosé María García Villaverde considera que 'a Consellería tenta crear unha máquina que lle responda que si a todo'. O secretario xeral de Verdegaia denuncia un 'intento de boicotar a nosa labor e dividir o movemento ecoloxista'.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Malia “non querer centrar as críticas no asunto dos cartos cartos”, Villaverde denuncia que “as últimas axudas de Medio Ambiente non tiñan un criterio coerente”.

Verdegaia alerta que a Consellería non valorou criterios como o número de socios ou os anos de experiencia na defensas da natureza. Tamén denuncia que a Xunta sacou unha liña específica de subvencións para federacións que, pola súa natureza, só poden pedir a FEGAMA e a FEG.

Villaverde tamén alerta que Medio Ambiente planea que considerar unicamente como interlocutores válidos ás federacións, algo que considera “absurdo”, pois implicaría excluír a ADEGA e Verdegaia –dúas das organizacións máis activas no conxunto do país– e aos colectivos locais do diálogo coa Xunta.

“Teño a impresión persoal de se está a crear dende arriba unha federación para que sirva de interlocutora a medida da administración, que dea o visto bo ás políticas que os ecoloxistas de base criticamos”, conclúe.

vie nov 07, 01:28:00 PM