14 oct 2008

Opinións críticas sobre literatura, de MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO (Galicia Hoxe 14-10-08)

Tres opinións ben diversas: Francisco Rodríguez, Carod-Rovira, Rexina Vega.

50 comentarios:

Anónimo dijo...

Como di o patrón, casualmente hoxe pola mañá poñía eu unha mensaxe en fío de máis abaixo. Extracto e apego aquí o seu derradeiro parágrafo:

Consecuencia: sustento unha boa parte do que expón o autor do artigo; pero é consecuencia ou correlato claro do perfil e altura institucional galegos. Á fin e ao cabo, por unha banda os opositores á normalización do galego poden desvirtuar a realidade con renovación diaria -por oral e por escrito- sen custo ningún; pola outra, a literatura que temos, co seu nivel de desenvolvemento e madurez, sobarda expenencialmente o desenvolvemento político do país.

Obviamente, este humilde nacionalista galego non se propón como modelo de nada. Con respecto a Francisco Rodríguez entendo que, por unha banda, probablemente as letras nacionais de agora non respondan ao seu senso do comprometido, que obviamente a militancia é unha opción e posiblemente se rexistre menos da conveniente (no lingüístico, verbi gratia); por outra banda, que o real circundante ten diversas caras, admite distintas imaxes e ao mellor nunca foi tan poliédrica en tal sentido a nosa escrita; rematando que, en efecto, a nosa forma de institucionalización é ben mellorable, pobre, se cadra mesmo un tanto miserenta.

Diría, en todo caso, que unha das nosas maiores pobrezas dáse, ao mellor, na exhibición de autoestima. Así é que eu, agora, nin chío máis.

Anónimo dijo...

Aínda que formalmente contraditorias, tanto as opinións de Paco Rodríguez como as de Carod sobre as respectivas "literaturas nacionais" son da mesma natureza, pois parten dunha concepción instrumental da produción cultural. Tamén nos informan do "talante" ideolóxico de cada un deles: agonístico en Paco, expansivo en Carod.

Eu, particularmente, entre un e o outro, entre o derrotismo e a propaganda (ambas políticas), afirmaría a autonomía do campo cultural e, en todo caso, quedaría nunha posición intermedia. Nin tanto nin tan pouco.

É un dicir...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O que non entendo moi ben é como se miden as bondades dunha literatura. Quen decide que eso é así e, sobre todo, como se establece esa especie de competencia entre literaturas escritas en distintas linguas. Que sabemos da literatura lituana? Da danesa? Da literatura grega? Mesmo da literatura italiana? E canto saben os lectores en español da literatura dramática arxentina, da poesía en Perú ou da novela boliviana? Eu creo que non temos datos suficientes para facer afirmacións tan contundentes.

Anónimo dijo...

Arume: E quen entende algunha cousa de literatura galega, caso de esta existir? Eu non.
Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Estou dacordo con Apicultor. Un país con semellante número de escritores como di ter o noso -os poetas saen de debaixo das moutas- ten que producir boria, aínda que haxa individualidades sobranceiras. Pero todos son necesarios. A creación é unha especie de pirámide na que os de abaixo van termando dos pouquiños que chegan ao cume. Verbo do que é a boa literatura, opino que é máis doado saber cal é a mala. E hai ben dela, cando menos nas linguas nas que eu poido ler.

Anónimo dijo...

Estou dacordo en que unha grande parte da actividade literaria mundial nos (me) pasa desapercibida; en realidade, pásanos con literaturas enteiras, coma as que cita o Arume e outras. E porén, falamos de literatura universal e mesmo damos (dou) clase dela.

Porque aínda con todas as autonomías e diversidades que se queira, necesitamos abranguer, organizar un pouco a vida para gozar e aprender dela o que posible sexa. Como tamén se institucionaliza en prol da pervivencia, con todo e a autonomía das artes; e os políticos de países non soberanos -polo menos, os políticos soberanistas- realizan (ou deben realizar) un esforzo extra para suplir o que o aparello de Estado facilita onde o hai.

Ou sexa: que ben entendo ao Paco Rodríguez, aínda disentindo.

Anónimo dijo...

Vou un pouco máis aló do que indica Arume dos Piñeiros.
Sinceramente, nunca comprendín moi ben esa arela (cuantificable en campañas de promoción, ergo cartos) dos responsábeis culturais galegos e de certos editores por "prestixiar a literatura galega fóra de Galicia". Non a habería que priorizar o coñecemento da literatura galega entre os propios galegos?
A non ser, claro está, que nese "prestixiar" a literatura galega o que se queira dicir é "compraventa de dereitos de autor". É sintomático que unha páxina como "Readgalicia.com" só inclúa obras moi recentes (ningún clásico galego). [Por certo, as obras reseñadas son moi poucas e xa practicamente non actualizan a páxina: acabouse a subvención, acabouse a romaría. Velaí un exemplo, máis, de como se tiran os cartos neste país].
Por outra banda, ese concepto de "literatura galega", non é amplo de máis? Como imos "prestixiar a literatura galega" se aínda ninguén se dá posto de acordo en cales son as mellores obras (narrativas, poéticas, teatrais) dos últimos anos?

Anónimo dijo...

Vexan vostedes o que din deste blog en LANDOA.

Anónimo dijo...

O señor de Lándoa escribe moi ben e opina sempre con moito fundamento, e ademais é xeneroso. Que máis se lle pode pedir? Pois que pase a formar parte da confraría d´As Uvas con asiduidade: o blog gañaría moitos enteiros.

Ana Bande dijo...

XdC...a miña nai quere saber día e hora do seu programa...

Anónimo dijo...

Encontro de menos a don Leituga One e máis a señorita Doninha.

Anónimo dijo...

Dixen o de lacónico por aquela performance de marraos demediados que parecía carnificio e era tómbola.
Vostede non se vaia cortar, amigo Medela.

Anónimo dijo...

jajajajajajajaja!!!!!!!!!

Bravo, Arume, pola 'carnificínica' expresión!

Lembra a salmodia daquel paisano da tómbola que parecían rezos do Dalai Lama caso ser restaurado rei de Tíbet??

E o paisano aquel do traxe con chaleco e faria que viña da zona cero??

So encontrei en falta un posto de venta de santos. Xa sabe, amigo, pola compra do San Antonio un San Pancracio de regalo, señora...

Anónimo dijo...

Gallego, se non lembro mal o nome do Dalai Lamas ese en luces de neón.

Anónimo dijo...

Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii
Gallego, é certo!!!!!!!!
Un auténtico Centauro do Lameiro, o Lamas ese...
jajajajajajajajajaja

Ana Bande dijo...

ja...ja...lémbrome do cuadro de Tansey do que faleiaquí. Nesa ocasión a vaca deu para un profundo debate sobre a inocencia do ollo, pero moito me temo que neste caso só dará para botar unhas risas, en fin.

Ana Bande dijo...

Ei, perdón, o anterior comentario era para poñer noutro bló...deus...estou toleando

Anónimo dijo...

Supoño que terá que ver con esa exposición na casa da Parra, da que fala coa gracia habitual Fragmentos da Galaxia. Moi boa a crónica de Ana Iglesias.

Anónimo dijo...

Pra Ana Bande:
Mañá Mércores, contra as 22.45, onde estén falando un sindicalista policial do SUP e un sindicalista guardia civil da AUGF, é ese.

Anónimo dijo...

Señor Arumes, Paco Rodríguez si ten eses datos, Paco Rodríguez tenos sempre. De feito, penso eu, ese mesmo discurso podería aplicarllo á política galega actual e (quitando o do moito traballo) tamén estaría acertado, coma sempre. Os sabios é o que teñen. E Paco Rodríguez éo (ou iso debe crer).

Anónimo dijo...

¡¡¡Un oráculo é o que é!!!

Anónimo dijo...

Identifíquese: ¿o alcalde de Ourense ou o líder preclaro?

Anónimo dijo...

¡Ningún deles! Disimúlenme a homonimia, pero a culpa é do meu pai, que tamén se chamaba así e tamén o sabía todo ata que eu cheguei ós doce anos...

Anónimo dijo...

O anónimo de on
te ás 07:53:00 PM, no seu último parágrafo, apunta outra das deficiencias (eu tal a considero) do noso sistema cultural, neste caso literario: a inexistencia dun canon medianamente visible e no esencial aceptado.

E sería importante acadalo, aínda que certas correntes (non necesariamente nocivas) poidan inclinar cara outros obxectivos. Bo é para aquelas literaturas con presenza secular no ensino; para os que pouco máis temos ca unha referencia globalizadora, abertamente insuficiente.

Anónimo dijo...

Falando de cousas realmente importantes. A min paréceme fetén inciativas como esta, exemplo dese nacionalismo de proximidade que propón Quintana, e que tanto disgusta aos predicadores do nacionalismo de palabras máxicas.

Anónimo dijo...

Pois non lle sei. De todas maneiras, sobra Quin na foto. Como en todas esas de inauguracións. Seica as prohiben en datas prelectorais. Eu xa as quitaba de vez. Se compran un quirófano enteiro, se abren a autovía do cantábrico, non atopo eu necesario que estea alí o que pagamos entre todos para que o faga. Un servidor público debe ser discreto. Pero iso debeu ser nunha desas eras da glaciación.

Anónimo dijo...

100% con Arume sobre a pose artifical, forzada, e demagóxica de QUin na foto.

Anónimo dijo...

Sobran todos os políticos de todas as fotos, xaora. Con todo, todos saen nelas, polo que sexa, até pola máis mínima nimiedade, hai unha verdadeira competición por querer saír na foto.

Daquela, se ese é o xogo, se iso é o que hai, sería un suicidio non facer o mesmo. Non emito un xuízo, simplemente constato un feito: a democracia mediática é iso, a discreción non forma parte da súa linguaxe. Diría máis: a discreción é a antítese do político. Nunca houbo iso, nin sequera cando se "inventou" a política.

Forzada? Claro que é unha foto forzada. Todas as fotos de todos os políticos sempre son forzadas. Sempre.

Ora, qué queren que lles diga. A min que se preoupen e ocupen dos nosos vellos paréceme ben. Será que un ten o seu corazonciño... e un chisco de idea de xustiza social.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Pero xa que se poñen de acordo para non saír de inauguracións en campañas e precampañas, podían poñerse de acordo na llimitación de acenos coma os que vemos de xeito tan habitual. O malo é que unha certa familiariedade con este tipo de actos (por repetidos) impide miralos como algo anómalo e rexeitable.

Por certo: segue nas radios a omnipresente publicidade institucional para solemnizar o obvio. Hoxe foi escoitar que os barrios de Vigo forman tamén parte da cidade (pensen que alguén sostivera unha cláusula contraria) e que constitúen un lugar de vida dos seus habitantes (vaites). Arreglando o futuro lembra o Concello de Vigo en cada pausa do noticiario. Propagando que é xerundio.

Anónimo dijo...

Estou de acordo en que tiña que haber unha normativa legal estrita que restrinxise moito o uso da propaganda. Pero non só dos gobernantes e das institucións políticas, senón tamén doutros organismos, como universidades, etc.

Mais... quen lle pon o axóuxere ao gato?

Anónimo dijo...

Hai un tipo de publicidade institucional, moi extendida polas administracións municipais e autonómicas, que consiste basicamente en dicirnos que traballan por nós, que somos moi guapos e que este é o concello/país da eterna felicidade.
Talmente como cando pagamos para ir á peluquería, pero aquí no podemos escoller o corte.

Anónimo dijo...

O axóuxere ao gato non llo pon ninguén, porque os medios de comunicación están na allada, tal como sempre estiveron. Primeiro, xa que eran medios de partido ou ideoloxicamente marcados (El Progreso. Diario Liberal, cabeceira do 1908); e alí o enxeño ou esforzo de vocablo era arma. Agora, que seica son todos informativos e imparciais, que a foto e titular subliminalmente intencionada suplen os antigos esforzos, pode que os motivos teñan máis que ver con acordos puntuais (igual non é preciso concretar), necesidade orzamentaria, xuízo ou criterio de afinidade, conveniencia do sistema...

Engadan a lóxica dos así chamados medios públicos en cada concreta e partidaria lexislatura. Mesturen, axiten... e resulta que subscribo (ao cen por cen) o que di o Apicultor na mensaxe das 12:23:00 AM. Ora que tamén podería sustentar moitas das que din todos vdes.; sen ningún problema.

Anónimo dijo...

Hai que ver, tamén, como lles gusta aos representantes da coroa española saír nos medios, apoiando as causas boas e xustas e os homes e mulleres xenerosos coa cultura española:

*A Coruña vístese de glamour para a entrega das Medallas de Belas Artes e a presenza dos reis de España, de Luz Casal, Roberto Verino...
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=353743&idEdicion=1038


*Savater gana el Premio Planeta con 'La hermandad de la buena suerte'
La Infanta Cristina, el premiado Fernando Savater, y el presidente del grupo Planeta, José Manuel Lara
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=11&idNoticia=353910

Anónimo dijo...

Falando de medios públicos: algunha vez podería aparentar que o Telexornal empeza a aplicar o aquí proposto criterio de anonimato para os políticos. Este verán, un día saíu a información (case breve reportaxe) sobre unha das chamadas Festas dos Maiores; viuse a reunión, a multitude, falaron os maiores (incluído un berciano) e seica a celebración se organizara soa: en ningún momento se pronunciou a expresión Vicepresidencia nin o nome Anxo Quintana; eu mesmo, naquel momento, non sabía se todo aquilo o promovera a Caixa de Aforros, Centro Galego de Sabadell ou Concello de Vilalba.

En tal sentido: pídese aquí anonimato, tamén, para Emilio Pérez Touriño, ou a cota presidencial dáse como descontada, lóxica e consabida? Dígoo xa que tal nome e asunto non se mencionan para estes efectos (nin agora nin antes), e xa que veu a conto a TVG; ben me entenderán, supoño.

Anónimo dijo...

Eso de "facelo porque é o que fai todo o mundo" ten xustificado verdadeiras aberraciós no pasado, en diferentes ámbitos. É unha espiral perigosa.

Moita da culpa téñena os medios de comunicación. Parece que sólo saben buscar noticias indo a fotografar ó político de turno, esté onde esté e ao marxe do que esté facendo. UNha visión bastante estreita da "realidade". É o máis cómodo pra unha prensa mediocre, e o máis favorable prós políticos. Favorable aparentemente, porque hai moita xente, coma Arume e coma mín, á que lle repugnan ese tipo de poses. Pero é máis "políticamente correcto" criticar ós políticos que ós medios. Por qué o redactor xefe seleccionóu esa foto entre outras do evento, seguramente con valor informativo maior?. Os políticos, desde o poder ,favorecen con diñeiro público ós medios que entran nese xogo. O de sempre. Menos mal que nos queda internet e as colaboraciós "periodísticas" de xente do común, libres pra opinar e falar.

Anónimo dijo...

A publicidade institucional á que fai referencia o anónimo faime rir moitas veces. Gastan media páxina, por exemplo,poñendo algo así como "Concello de Vilacotovía. Traballando por Vilacotovía". QUe é mais ou menos como decir "Concello de Vilacotovía. EStamos en Vilacotovía". A ver si alguén se anima a coleccionar anuncios surrealisticamente tautolóxicos como eses, e fai unha exposición. Pode ser máis divertido que as esquelas.

Anónimo dijo...

Non fai falta engadir (pero ao mellor si) que na miña censura vai todo quisque. Non hai excepción. O presidente, ademáis, o primeiro. Faltaría máis.

Anónimo dijo...

Xa, pero a TVG, ten entre outras funcións, informar do que fai o Goberno da Xunta.
Esta información poderíase facer parcial ou imparcialmente.
Se eu fora responsable da TVG, só falaría ben de quén me elixiu e pouco da oposición.
Miren, eu, Nós, ou como queiran, facemos actos na provincia de Lugo os que invitamos a prensa e non veñen.
Pero lle dan unha plana enteira ou tres minutos no parte ó tipo que anda marcha atrás durante un día, ou a un comunero de montes de Vilacotovía que lle entraron lobos neghros na corte, ou que a raiña das festas cumpre 18 anos en Santos e que quere estudar para emfermera.
Cada quen que se aproveite namentras está xa que en canto non estea, acabouse.
Así moi besta pero é o que penso.
Pídolle desculpas o andarín, o comunero, máis a filla do Médela, raiña das festas de Allariz que quere estudar para emfermera "como el jefe de su padre".

Anónimo dijo...

A información agora mesmo sobre o que fai o presidente xa está feita de antemán polos gabinetes de prensa. A información precede ao propio acto. O protatonista só ten que ir cumprir o escrito. E o xornalista a certificar que, en efecto, cumpriu a palabra.
Se perdésemos un elo da cadea perderiase mesmo a necesidade de producir información.

Anónimo dijo...

Con todo, aínda hai graos. A propaganda dos concellos, que segue fielmente os modelos sinalados, adoita ser a máis inútil de todas, pois só di: -Eh, oiga, que estamos aquí, non se esqueza.

O amigo Jacques Delapierre pon o dedo na chaga: todas as organizacións políticas, das máis grandes ás máis pequenas, das máis ás menos importantes, sexan do signo que sexan, ademais de asociacións de veciños, culturais, sindicatos, etc., todas sen excepción perden o cu por saír na TV e na prensa. Porque saben que, se non saen, simplemente non existen.

Podemos estar permamentemente a laiarnos, a criticar, a deostar, pero iso é o que hai. Por moi lamentable que sexa.

Anónimo dijo...

Hai anos, podía eu sintonizar por parabólica a RTP. Dunha vez seguín certa campaña electoral e verifiquei a presenza de grupos extraparlamentarios (con moi escasa porcentaxe de votación) en telexornal de "prime time", declaracións do candidato e ampla minutaxe. Non sei ben se exemplar, pero pareceume bastante máis xusto, lóxico e informativo có que se ve por aquí.

E ao mellor, de empezarmos por aí, terían outro pasar as nosas demandas.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu creo que ocupan moito lugar nos programas de debate nese prime time os xornalistas. Substitúen as forzas civís. Xa sei que eles mesmos cren representar esas opinións, pero o trato cotián entre eles (ese frecuentar os mesmos lugares, falar dos mesmos temas, recorrer as mesmas conferencias de prensa, nutrirse das mesmas fontes, retrofagocitar) fai asimilable e intercambiable o seu discurso, agora case de casta.
Por iso tamén bota de menos vostede, amigo Saavedra, outras voces.

Anónimo dijo...

Esa tamén é outra. O poder omnímodo do xornalista sobre a información, sexa obxectiva, sexa opinante. Igual dicir "omnímodo" é exceso; pero, por veces, algún ton parece o de quen pretende mirar desde moi arriba.

Anónimo dijo...

E céntrese a miña suposición, no texto enlazado, con respecto ao derradeiro parágrafo.

Anónimo dijo...

O xeito de "perder o cú por sair nos medios" é diferente según se esté na oposición ou no goberno. Percibéo maís ou menos todo o mundo. Pero quen máis o percibe é o periodista . Contéstanlle á chamada ipso facto se o destinatario está na oposición, pero non lla contesta en absoluto ou lle cambia o número desde o día mesmo que que ten un cargo.

Anónimo dijo...

JMGonzález, gustaríame sintonizar a RTP. Houbo un tempo no que a recibia sen ter feito nada e vin reportaxes extraordinarios sobre o Brasil. Decateime do "inmenso" culturalmente que é ese país, cantas culturas alberga, o sincrético que é, e do enorme potencial de futuro.

como posso fazer?.

Anónimo dijo...

Na miña aldea, xa nos anos setenta, tiña eu sempre á miña disposición os dous canles da TVE e a "portuguesa". Cantas películas en V.O. subtituladas en portugués vin eu, xa daquela!.

Anónimo dijo...

Dacova, aghora vai, e somos medio portugheses.

Anónimo dijo...

Hermano Lobo: Experimente neste enderezo, a ver se puider sintonizar a tv de Portugal.-

http://ww1.rtp.pt/multimedia/index.php?tv=1&tipo=log

Anónimo dijo...

A RTP ten unha canle específica RTPi, "Internacional") que antes se pillaba vía satélite e agora, en dixital, por cabo. R tena nos seus paquetes grandes, e sintonízase co número 200. Non sei se estará en Vía Dixital ou os outros, supoño que tamén.

Non lle é a mesma programación ca na RTP-1 nin 2, pero ten interese; en todo caso, a programación figura na web da compañía. Espero que isto lle valla de algo, Lobo.