17 oct 2008


Unha mirada.
PAN POR PAN venres 17 outubro

Subimos ó autobús, a miña muller e eu, e pouco despois unha nai co seu fillo. “Ola!” e “Ola!”, di o fillo dúas veces. E repite “Ola!”, “Ola!”. Só cala cando a miña muller lle responde agarimosamente “Ola, bonito!”. A miña muller ponse a falar coa nai do rapaz, que eu xa recoñecera: cando era moi neniño, ía ás veces ó colexio coa miña filla, collidos da man. Os nenos con síndrome de Down son moi cariñosos, seino por un meu primo, na miña familia. O rapaz, R., ten xa 18 anos, está feito un home e mantén esa mirada limpa, moi fixa, que che esculca ata o fondo do corazón, abríndoche as comportas das emocións. A súa nai, unha muller leda e miudiña, cansa de pelexar cos xogos do destino, que non nos pide opinión. Trala mirada da nai adiviño horas de sufrimento, incerteza, angustia. Pero hoxe a súa mirada só transloce unha sensación xigantesca de dignidade.

6 comentarios:

Paz dijo...

¡Qué verbas tan fermosas, resaltado o seu ollar, que non os seus peculiares ollos rasgados, pasando da apariencia á súa esencia !
Miña filla escolarizouse durante oito anos con Carlos, foi un máis en todo, pese a que eles marchen ó instituto e il continúe remexendo os seus libros de infantil.
Polas tardes, nas suas clases de ximnasia rímica, compartiu tarima con Elenita, toda unha campeona nos JEDEX.
Vaia o meu recoñecemento non só a esas nais, senon tamén ós mestres que tanto cariño lles brindaron.

Anónimo dijo...

Tés razón, Marcos. Cántas veces nos queixamos por menudencias sen ollar o que está ó noso arredor. Eses rapaces mostran o outro aspecto da vida, son os que nacen xa marcados (coma os pobres e outros desherdados, por empregar unha verba que non me gosta moito) e teñen limpa a cota de felicidade que a vida lles debe, a que nós lle debemos.

Anónimo dijo...

A natureza é constitutivamente inxusta, porque reparte ao chou os seus dons (saúde, intelixencia, beleza, ...), e nunca equilibradamente. Pero para iso debe estar a sociedade: para facer xustiza coa inxustizas da natureza.

Anónimo dijo...

Ten vostede toda a razón Sr Apicultor, pero a sociedade só facer pouco, a mín non me aguapa nen deus nen o demo e a ciruxía estética non entra na seguridade social. :)
E xa contada a miña desgraza, o que eu sei como ensinante na secundaria, é o que coñezo, é que os rapaces ou rapazas que teñen necesidades educativas especiais saen adiante se teñen moito apoio familiar, en caso contrario a sociedade, a escola neste caso, fai pouco por eles, e ata hai algún caso no que en lugar de integrados están aparcados, o cal a min me indigna especialmente e tenme provocado mais dun vértigo.
Este aparcamento non sempre é culpa do profesorado e dos equipos directivos, titores etc, en casos puntuais si, pero en xeral non.
Pero cando tes un alumno NEE non sempre atopas a maneira de atendelo e de facer que aprenda, os atrancos son moitos.
Na aula é dificil atender casos graves que necesitan atención individualizada e menos se as aulas están masificadas.
A escola, os institutos teñen que empezar a ser mais flexible na súa organización, por exemplo, creo que por decreto en calquera aula cun rapaz de NEE debería automaticamente reducirse o número de alumnos a 12 ou 15 ou menos, pero para iso a administración ten que admitir que se forme unha aula mais ou que se desdobren doutras formas, en definitiva hai que flexibilizar.
A administración xa podía ter editado materiais para tipos de alumnos con NEE e polo menos en secundaria non o fixo.
Se este material non está editado ten que o profesorado a maiores de preparar as súas clases para o grupo, preparar este material especial e iso queda a vontade de cada profesor, non pode ser isto así.En calquera caso este profesor que lle toca un alumno NEE na aula, ten traballo a maiores, moito traballo a maiores e non conta en ningunha parte.
A administración, por exemplo, podía ter formado profesorado que saiba lingua de signos e non o fai, prefire ternos facendo gardas ou en centros a punto de pechar traballando 6 horas que, por exemplo, dar meses sabáticos para aprender lingua de signos ao profesorado que atende a xordos.
A administración educativa podía actuar de oficio nos casos en que ás NEE se suman problemas económicos na familia, becando de inmediato a esa familia e non o fai.
En fin, supoño que me saiu un rollete, pero o que mais me ten doido como docente e ver a alumnos que xa o teñen díficil no mundo porque parten en desventaxa e ver que toda a administración educativa (incluindo nela ao profesorado por suposto) non facía o que lle tocaba facer.
Un saúdo

Xaime dijo...

Sei que este tema non é agradable, pero entendo que está vostede enterad@ e si quixera expoñelo publicamente quedo a súa enteira disposición.
O meu correo é xaimedapena@terra.es.

Anónimo dijo...

A miña parienta colabora semanalmente có departamento de "pacientes especiáis" da facultade de odontoloxía da USC, na atención a nenos "síndromes de Down" de toda Galicia. Despois de varios anos, coñece persoalmente a moitos de esos nenos, e ás suas familias e circunstanzas. A moitos xa os viu medrar.

Cóntame a miudo que o lóxico disgusto inicial dos pais adoita a desaparecer có paso do tempo, debido ao enorme cariño que eses rapaces lle devolven aos seus proxenitores. Ás veces, paradóxicamente, reconcilianse familias desfeitas, etc. En moitísimos casos, os pais consideran que o seu rapá foi "a bendición da sua vida".

Posiblemente, o único que precisamos é cariño. E si nolo entregan "químicamente puro", non o necesitamos "sublimado" baixo a apariencia do éxito económico ou profesional.