Rosa Enríquez
La Región 27-11-2008
Para botar unha ollada interesante e coñecer até o fondo a historia e a cultura do país existe un recuncho na rede ben coñecido de todas e todos que constitúe xa unha ventá aberta para quen queira aventurarse e disfrutar do debate. Refírome, xa saben, á unha leira virtual, onde recoller as uvas máis sabrosas, esas que saben a memoria, a canto laudatorio e un pouco, porque non dicilo, tamén a humor. É este campo de vides un lugar insólito onde a aprendizaxe ten ese carácter significativo que tanto busca o profesorado para favorecer no alumnado o pensamento propio, a análise do que nos rodea e, por suposto, a autocrítica. Por iso resulta tan edificante entrar nese espazo que se abre coma un racimo de uvas verdes ou violetas e deixar que o tempo transcorra liña a liña, coma os camiños revirados da consciencia e entreabrir as portas do coñecemento, un ámbito tan atractivo coma enigmático no que perderse.
Das primeiras visitas á solaina de Valcárcel lembro o estupor experimentado ante as mentes pensantes e sesudas, dito isto de sesudas no senso positivo en tanto que rigorosas e afiadas, e certo respecto e necesidade de prudencia antes de intervir cun comen tario que puidera resultar inxénuo. Digamos que entendín que aí todos os que participaban eran expertos discutidores e, loxicamente, preferín permanecer atenta antes de entrar no asunto, calquera que este fose. Un bo día entrei, plenamente convencida, deixei a miña humilde pegada. Gustoume a experiencia e disfrutei enormemente do meu atrevemento. Porque non? Se cadra os prexuízos eran unicamente meus ao considerar que só opinar sesudamente podía ter interese. O tema que se discutía referíase aos artistas e o seu carácter. Eu entendín, como sigo a entender a día de hoxe, que as habilidades ou dons para crear, non están relacionados en absoluto coa xenerosidade, unicamente co inxenio, así que, dende o meu punto de vista, o feito de ser un pintor ou un escritor excepcional non garante en absoluto a excepcionalidade no plano persoal. De aí que, na miña humilde opinión, teñan existido grandes mentes no interior de espíritos pobres.
Este foi o meu parecer sobre o asunto e, máis ou menos, así o expresei libremente sen problema. A complicación estaba na miña cabeza, unicamente alí era onde vivía aniñado o medo ao ridículo, algo que co tempo as persoas imos superando ao apren der a rirmos de nós mesmos. En certo xeito é coma se pensásemos que despois do ridículo non quedase nada máis que a vergoña. Porén isto é totalmente falso porque, detrás do bochorno sentido, están as persoas, o seu corazón palpitante e ese desexo lexítimo de superación que anainan as almas grandes, esas que serven de soporte ás ideas propias, nunca froito da repetición porque si, tampouco non da aceptación da idea maioritaria.
Por iso precisamente, ao entrar no blog de Marcos Valcárcel, como dicía Borges, unha aprende e aprende e volve a aprender. Eu, por aprender, aprendín, por exemplo, que hai persoas que traballan arreo, coma Marcos, na configuración da memoria real, sementando o respecto á cultura e ás artes feitas no noso país, fornecendo o espírito de quen teña desexos de coñecer as súas raíces que o único espazo onde se pode dicir que existe radicalidade. Se cadra por todas estas cousas, este ourensán estará rodeado de tanta xente o sábado, porque se lle recoñecen todos os méritos, dende as súas colaboracións diarias na prensa até libros coma este que presentará o día 29, ‘Historia de Ourense’, editado en Xerais, seguramente moi ilustrativo.
(En bits ou tinta fresca, cada novo día esperto, coa voz xenerosa nos distintos soportes -blogs ou medios de comunicación-, de amigos e amigas derramando loas inmerecentes á miña persoa. Un millón, para todos-as, outro tamén para tí Rosa.)
77 comentarios:
Nada, señorita Enríquez: Non se preocupe. Seica a folga de guionistas de Hollywood se álargou ata a Solaina.
Non lle hai caso, señorita. Simples reivindicacións salariais.
Cos meus cumprimentos.-
Bo artigo, aínda que tanto o uso do galego como a redacción son manifestamente mellorables.
Robespierre, fuxiron en bandada, deixáronte só, abandonáronte, conxuráronse contra ti. Isto xa parece "O deserto dos tártaros", gran libro, grandísimo libro de area sen fin e espera e soidade tamén sen fin, que alguén citou en algunha parte. Un libro dos mais grandes que se teñen escrito nunca, Medela, que cho digo eu, que se non o liches non sei que esperas para ir a compralo e pegar con el. Sen fin. Buzzati, neste libro, penso eu, vai mais lonxe que foi Kafka nos seus, que xa é dicer. Lectura sen fin. Pero eu o que quería dicer é que nestes momentos blog é teu, e meu, e do deserto dos tártaros, os únicos que sabemos o que é a lealdade á pantalla racimeira e ás areas sen fin. Fin.
E logo anónimo, por que non escribe un vostede, si, si, xa sei, non somos dignos de que recibamos o seu artigo. e todas esas lerias.
Busquei por varias librarías e nada.
Medela, sabe algo sobre un libro, publicado, sobre Olelas recén ?
Si. Chámase "Olelas na lembranza", de Alberto Pérez. Non sei se o haberá en Torga. De todo o modo, cando pase por Entrimo, pregunto.
Nanai, en Torga non saben nada.
É a segunda persoa que vexo que tivera prexuízos ó entrar no blog. Ambas falan de "nivel intelectual", ou creo entender "moito nivel", discusións sesudísimas de expertos non sei que.
Pois mire, os expertos sesudísimos acostumanlle a ter eivas noutros campos, frecuentemente non se lles levanta. O ser humano é complexísimo, afortunadamente, eso fainos ser plásticos e adaptables, e cecais esto se conxugue en paralelo coa tolerancia.
A mín esas actitudes, tanto de "medo", como de "elitismo" do que for, intelectual, económico, político, cheiranme a fascio.
É posible que cando lle-las atribuamos ós demáis aniñen na nosa "cabezinha".
Boa cousa é libertarse delas. Nese sentido debémoslle algho ó Dacova e ó Medela que descontraeron este blog e tenhen seghuidores.
"Atrás, nin un paso máis,
Nin para coller im pulso". "Fidel"?
Home non, amigo Lobo !
A vella manía dos puristas de criticar aos que empregan un galego "non respectuoso" coa normativa... O que cómpre é que se escriba en galego, cada vez máis e xa se irá un adaptando ás normas... En fin, coa que está caendo, entendo que escribir en galego xa é unha heroicidade e traballar por Galiza
Olelas. O libro é de Adán, un ex-profe de educación física. Foi meu profe no Zorelle nos anos setenta. Creo que se reformou no instituto de Maceda. Vivía no edificio do Blanco Amor nas lagoas, polo tanto compartía escaleira con Carlés, a quen ando buscando, por certo que é un tal Eduardo?.
O libro poderíamolo atopar na caixa nova, ghasto amizade con un que non nomeo porque todo se sabe e podemos conseguilo,( non é da xaramea de don José Luís, si-sí, pero esto de ter amizades para resolver todo élles profundísimo na nosa cultura, castrexo, xa ben o sabía Franqueira o xenio político desta provincia, mágoa non telo tratado). Tamén lle-lo podemos pedir a Adán, quen como todo-los escribidores goza de boa dose de narcisismo e dalo como presente aníma como se for verse nun espello.
Antropoloxía da que nos ghusta Medela.
A ver, os que queiran comungar co libro de olelas que levante o dedo.
Anónimo das 06:10:00 PM: é vostede un impertinente, e aínda por riba sen motivo.
Delapierre, se convences aos responsables do xornal no que escribes da "mestría" da miña escrita e do ben desenvolvidos que están polo normal os meus argumentos, eu comprométome a escribir un artigo sobre don Marcos da Solaina. Laudatorio en extremo, por suposto. Anda, atrévete a convencelos e verás as maravillas das que son capaz.
Por certo, parabéns polo artigo, amiga Rosa Enríquez. Non lle faga caso aos impertinentes.
Lobo: Saíches mesmo bonito, moi "sans culotte".
LOBO PELIQUEIRO CON FORQUITA CÓSMICA
Coesas pistas que me dá, vou intentalo pola miña conta; se non o conseguira, recúo onda vostede de novo.
Obrigadiño!
Acertado e oportuno artigo.
Namentras sexas un anónimo eres un parvo, que só di parvadas e tratas de poñernos a todos o teu nivel, e referido o Xornal, non lles podo dicir nada por que así pagánme a mín maís, por que somos menos a repartir. Tontolhaba
Xaime da Pena.
Lobo neghro, pola nai que o pariu. Exténdase, razóneme millor eso de que os enteradillos non se lles levanta.
Moi guapa.
Lobo Neghro, onde queda o do secreto profesional, vou ter que cambiar de psicólogo.
Ah, boeno.
A cousa non iba conmigo, só cós expertos.
De pena, Xaime, de pena. Xaime dá (acentuado na a, para que o entenda ben) pena o seu comentario das 07:52:00 PM. Simple, simplísimo, simplicísimo. Esquemático, ramplón, obtuso, doutra época. Sen mais comentarios. Polo visto tamén hai desertos de ideas-penedo ou de ideas como penedos onde habita mais dun tártaro de Lugo. Xa me dirá onde está a "parvada" no comentario de "non sei que nome pór", que tamén o escribín eu. Sen mais comentarios.
É un supoñer amigho Delapierre, é un decir. Un xa dixo que caseque sempre o exceso dunha cousa trae aparexado grandes carencias noutras. É fácil de comprender. Hai dous días falaba eu de Mozart, quen é para mín o exemplo de xenialidade por antonomasia entre os humanos, fluíalle a música, como a Ramajunan lle fluían as matemáticas, pero alén deso era un inútil. Só era quen de organizar as súas composicións. Dalí era outro que pintaba extraordinariamente ben na súa primeira época ( despois Gala-ávida-dólars, no decir do seu amigho Buñuel convertíuno en mercader), pero Dalí non sabía nin salir a comprar un sello, cóntao Buñuel nas súas memorias.
Hai dúcias de exemplos, e coñezo ben pouca xente templada, equilibrada cando brilla en demasía. Tamén teríamos que definir o que é a demasía, onde está a mesura.... e ata hai xente a que lle podería compensar.
Ó que íamos. Un día, a brincar, para amolar ós amigos, ós millores amighos, para eso están, para templalos, dixen que a actividade intelectual e a "amatoria", vostede xa me entende, consumen ambalas dúas fósforo e polo tanto é inverosímil abundar nas dúas. Eso lino, xúrollo, non é meu. Pero aproveitei para meterme co Dacova, quen é o que detenta o record. Ou co Medela, que é menos inxénuo e se disfraza so moitos pseudónimos, precisamente para non incurrir no escarnio.
Imaxínese vostede por no blog, en troque de "Incondicionais", por nesta semana, "os que menos foden son", claro consumirse escribindo trae aparexado esas eivas. Arume decatouse. Despois del veño eu.
Estoulle a brincar en semiserio.
É longo, hai máis, na cea abundamos. Se lle place.
Supoño que todo é sempre mellorable, pero non sei qué dúbida terá este artigo. Dona Enríquez, grazas polo saúdo, aínda que no esencial vaia por quen debe ir: o patrón, xaora.
Medela, o lobo talmente parece un "sans culotte et sans armes", e non me digha que non semella un ghorro frixio, bleu-blanc-rouge, et Mon Général Bonaparte, quen se empapou das ideas revolucionarias paresce que nos copiou o chapeu.
Eu cunha furquita, esfameado, mire o rostro de lobo, paresce unha raposa, pero metéronmo por lobo. É que o Manolo Gharrido, o artesán popular de Vilar de Cás que as fai é naïf, sabe?. Por outra banda élle un Felo, non digha peliqueiro, esos son de máis abaixo. Eu sonlle da cultura dos Felos. Mamei esa palabra en sendo pequeno e estando rodeado de "romanos". Eu castrexo decateime de que era orixinal cando morto paco, o das medallas, recupérase o carnaval do triángulo famoso Laza-Verín-Xinzo,e anos despois empezan a burbullar outros non promocionados pero vivos extraordinarios, puros, Manzaneda-Vilariño de Conso-Viana.
Agroman aghora outros moitos, orixinais ou reinventados.
Os felos reivindicáronos os de Maceda, pero aparecen en varias partes da Limia alta, de onde son eu, a 15 km. da Ziralla. A 15 km. de Maceda. Na profundidade dos tempos, na miña nenez, cando non coñecía o castelán, para min felo era sinónimo de disfraz, persoa disfrazada.
Felo, felón?. De onde ven?.
Preghuntémoslle a Dacova, que lembra de pequeno, porque desde a miña aldea abesúllase a súa, pero a isoglosa da gheada deixaa fora.
Poderíamos trazar unha línea tamén que delimite os Felos.
A cara de lobo é unha carantoña de Felo, é un Felo.
Pobre lobo.
Por certo que me acaban de comentar que a conferencia de Marcos de hoxe, en Lugo, foi todo un éxito. Hora e media de amena e rigorosa exposición. Parabéns.
Olelas. Mañá comprobo que o libro foi subvencionado por Caixa Nova. As fontes consultadas non foron capaces de mo confirmar.
Alégrome moitísimo de que don Marcos estivera hoxe en Lugo. Aínda preguntei onte por el. Unha grandísima noticia.
Arume!, xa chegou!
Coido que veu con acento andalú.
Vou facer unha declaración institucional: Sevilla é a cidade máis fermosa da península. E xa pode vir calquera a rebatirmo, que non discuto nada de nada.
A Xiralda é cuspidiña á Kutubiyya de Marräkech. Eu aproveito este feito para explicarlle a algúns "zerrotios" como as fronteiras son relativas e cambiaron moito co devenir dos anos. Marräkech foi capital do império Almorávide que cheghaba ata Zaragoza.
Perdón, os zerrotios non son do blog. Quero que se me entenda ben. Abundan persoas que defenden a inamovilidade dos riscos imaxinarios que circundan os países.
Imaxinen un xigantesco país que cruza o mediterráneo colle máis da metade da península Ibérica e ten a capital nun lugar inzado de palmeiras con neves perpétuas no fondo, e o deserto como a unha distancia de ourense ata samil. Plantan unha torre igualciña en Sevilla e en "territorio Apache".
Quixen decir que os países podense facer e desfacer. Hai a quenes este último feito lles levanta unha dor psicolóxica como un divorcio nos anos setenta.
Hai que ir asumindo.
Groënlandia de Dinamarka.
E que nos di dos zevillanos, Arume? Teño entendido que alí non traballa nindiola, todo o día de nuestro señor a tapear ou na cafetería.
Eu fun unha vez a Pontevedra e cheguei a esa mesma conclusión. A verdade é que polas coruñas, se un ten boa vista, parece suceder o mesmo. En Lugo teño entendido que tapear é unha das tarefas máis consideradas. Por Ourense non andei moito, pero as dúas veces que fun tirei semellante conclusión. En Santiago, tapear e andar por cafeterías ven sendo norma. Non sei por Vigo que non o coñezo, pero dame que, por intuición, máisdomesmo.
Tapear vai ser unha desas cousas que parecen comunicar aos pobos da península.
Non en todos os pobos da península, arume.
Sevilla parece que se convertiu nun parque temático para turistas madrileños (dito isto hai tempo por un sevillano). Fan ben. Vivir do conto (da palabrería) e da boa mesa (eses negociados públicos baleiros á hora do aperitivo, eses bancos aos que a xente chega tarde porque se están a "desaxunar" unha tostá na cafetería do lado) é un loable xeito de savoir vire.
Xa lle digo que non hai que ir a Sevilla para comprobalo: permítame acompañalo agora mesmo ao centro da miña cidade para ver ese mesmo panorama. E xa non digo en capitais de provincia. Je, je. Agora ben: esa tostada con aceite non ten igual con su poquito de jamón, en fin...).
Do de parque temático para madrileños discrepo. Poucas cidades poden presumir de ter un casco vello (un dos máis grandes de Europa por razóns obvias) onde vive a xente. Que vaian madrileños (americanos xa non digo; erasmus a punta pala) non é raro. Tamén eu iría.
Máis parque temático me parece Barcelona, con perdón. E aquí apelo á consideración de don Marcel Swan.
Sen perdón, amigo arume, sen perdón.
Dedícolle esta mensaxe que veño de escreber en Arroutadas ao amigo Xaime Delapierre, para que vexa que non todo son "parvadas" e que de vez en cando un tamén fala de cousas "serias".
Roberto Bolaño
Convidado
Publicado: Ven Nov 28, 2008 11:32 Asunto: NORABOA AO PIJOAPARTE JUAN MARSÉ
Que pinta un nacionalista galego nun foro nacionalista felicitando a Juan Marsé, premio Cervantes e escritor catalán en castellano (de Barcelona) nunha nación sen estado que loita polos seus direitos nacionais? Nada, non pinta nada, que vai pintar. Felicitar a Marsé, non tanto polo premio en si, aínda que tamén, senón porque o considero un autor imprescindíbel e aí está a sua traxectoria para confirmalo. E porque o tipo sempre me caiu de puta madre, que carallo. Íntegro, nobre e sensato como ninguén. Un escritor bregado na rua, nas ruas, que sabe o que é a vida e como contala. Digo que non tanto polo premio en si, porque o propio Marsé confesa que: "No escribo para los premios, el premio está en la escritura misma. Escribo para evocar unas vivencias que no he tenido, para recuperar un tiempo perdido, para dar voz a unas gentes y calles que no la tenían, porque el mundo en el que vivo no me acaba de convencer y necesito uno alternativo..." Aí está a cousa: O premio está na escritura mesma. E a escritura mesma de Marsé tamén é un premio para os leitores, castellano ou catalán aparte. Os nacionalistas desacomplexados e de miras amplas levamos toda a vida lendo a Marsé e non por iso renunciamos a nada nen traballamos a favor do colonizador español nen do explotador. Antes ao contrario, ler a Marsé é tamén un xeito de disfrutar da boa literatura e portanto de renegar do explotador, de todos os explotadores. Simplemente, porque a sua é unha literatura que dá "voz a unas gentes y calles que no la tenían". Nada que ver nese aspecto con Cela, por se algún está buscando no seu maxín estrañas cumplicidades literarias por escreberen ambos os dous escritores na lingua de Cervantes. Non hai mais que vir visitar o Carmelo e o Guinardó para entender do que falo, do que fala Marsé nas suas novelas. Antonte estivo por aquí, por Barcelona, un bon amigo allaricense ou alaricano de Vigo e eu, que xa suspeitaba algo do de Marsé, leveino pola rota Manolo Vázquez Montalbán e acabamos ceando na casa Leopoldo (en plena Rambla do Raval), tan frecuentada polo autor de Carvalho. Moltalbán e Marsé, dous autores forxados na memoria da posguerra bombardeada que eu nunca deixarei de lelebrar e homenaxear, idioma no que escreban aparte. E para rematar, quero lembrar aquel cacho do pregón de Blanes pronunciado polo tamén inesquecíbel Roberto Bolaño no 1999 e que di o seguinte: "Pero yo conocía Blanes de antes. De hecho la primera vez que leí su nombre fue en México, a principios de los años setenta, en una novela de Juan Marsé. Recuerdo incluso hasta el color del cielo mexicano los dos días que me tardé en leer la novela. Allí un emigrante murciano, un charnego llamado Pijoaparte, uno de cuyos oficios es robar motos, se enamora de una rica y joven barcelonesa, que además es guapísima, llamada Teresa. Los padres de Teresa tienen una casa en Blanes, en donde veranea la familia. La novela se llama Últimas tardes con Teresa y aconsejo a los que no la hayan leído que se vayan ahora mismo a la librería y la compren. Ahí está Blanes..." Eu tamén aconsello o mesmo. Últimas tardes con Teresa ou calquer outra. Non hai moito estivemos visitando a "presunta" casa da Teresa da novela nunha cala preciosa de Blanes. Juan Marsé para sempre.
Volver arriba
Juan Marsé é único. Marabilloso. Non me gustou a súa saída de ir gastar o premio en mulleres, pero nobody's perfect.
Nota: por que cando se fala de Marsé sempre sae Cela? Nin que competiran por algo no campo da literatura!
O FELO !!! O FEEELO!!!
Teño eu entre un e dous anos. Apenas podo falar ,pero xa entendo o que me din, e o que falan entre sí os adultos. Son tan neniño, que podio aínda facer coma que non entendo, cando non me convén, sen levantar sospeitas.
O FEELO !!! O FEEEEELO !!!
A miña aboa e a miña tía berran e corren cara mín, moi asustadas. Fan estranos acenos, mentras manteñen o mirar fixo nalgún lugar do lonxe que eu non podo ver. Pra un neniño coma mín, calquera dos obxetos que me rodean é un obstáculo no meu vacilante camiñar ,e prós meu ollos . "O FELO!!,O FEEEELO!!".Qué horrible animal será! , fai tanto ruído, un ruido choco que se aproxima cada vez máis, non sei moi ben por onde. Pasa por a miña mente a imaxe dunha enorme chea de auga baixando polo monte, arrasando con todo,unha lembranza de miles de anos na cabeciña dun neno . O FELO!!! O FEEELO!!!. Non concibo aínda que podia haber un trasfondo de brincadeira nos berros dos adultos. A miña escasa experiencia da vida dime que os adultos sólo corren en situaciós excepcionáis de perigo.O FELO!!.O FELO!! . Son tan neno que aínda non coñezo o ciclo das estaciós, inda non sei que hai palabras que se usan sólo en certas épocas de cada ano. I esta, xa horrible, palabra que escoito por primeira vez ,entérrase, asociada ao máis terrible dos medos, no lugar profundo da ialma onde van as palabras que non se definen usando outras, as palabras do teu primeiro ano. Empezo a chorar a berros. O medo paraliza todo o meu corpo, menos o meu ventre.
A miña tía cólleme nos seus brazos, á carreira, e buscamos os tres o refuxio da casa. Desde a nova altura do colo ,cálido e parcialmente tranquilizador, vexo por fín ó Felo. Ten forma humana, pero a cabeza é enorme e dunha forma extrana. A expresión da sua cara, pequena en relación á cabeza, é totalmente descoñecida pra mín non a sei interpretar. O color roxo do que non sei se é corpo ou vestidos méteme aínda máis medo que o ruído que fai. Non paro de chorar.
Entramos na casa e póusanme no chau. A miña aboa e a tía gurran na porta, desde dentro pra non deixar entrar ao FELO, que xa gurra, tamén , desde fora. Que non entre, que non entre!!, berran. Eu axúdolles a gurrar, con todas as miñas pequenas forzas, pra conseguir pechar a porta, e votarlle a chave. Pero o Felo ten máis forza que nós tres xuntos, vexo os meus pes esbarar no chau, cara atrás, arrastrados por a forza sobrehumana que entra na nosa casa.
----------------------------------
Debo tér xa unhos cinco anos. Volvemos prá casa, xa de noite, desde a taberna da aldea, o meu abó i eu. A luz das estrelas, que se reflicte na parte blanca do seu traxe, é suficiente pra distinguir a silueta do Felo, que se aproxima cara nós, movendo as chocas e levantando un pau na sua man dereita. A confianza no meu abó é superior ó medo que teño, e míroo con desafiante curiosidade. O meu abó bota man ó peto, saca unhas moedas, e dallas ó Felo. O Felo saca o que resulta ser unha máscara. É un home, solamente un home, e pídelle un pito ó meu abó. O meu abó préstalle tamén o mechero de mecha, e fala un anaco con él, determinando procedencia xeográfica e parentescos.
___________________________________
Pasan os anos. Institucionlízanse vellas festas ,noutro tempo oficialmente prohibidas. En moitas de elas, homes con disfraces estranos, máscaras e vestimentas de outros tempos, persiguen de xeito ritual á xente, que se divirte á sua vez provocándoos. Teñen nomes simpáticos, danme a impresión de inducir á esmorga. Pero, de pronto, cun nome moito menos usado, entre todos eles, aparece o felo. O FEEELO!!! O FEEELO!.
Unha aventi de Xoan Marsé Dacova. Moitas gracias.
Concordo en todo, música e letra, co aquí exposto por Roberto Bolaño. Se non o fixeron xa, lean Últimas tardes con Teresa ou El amante bilingüe, unha sátira sobre a dualidade lingüística/cultural catalana, na que non saen moi ben parados nin os pijo-progres do PSC/PSUC (impagable a descrición do Walden 7, unha memez de edificio deseñado por Bofill) nin o nacionalismo reseso, clasista e folclórico de CIU.
Marsé sempre lles foi un anarquista. E antinacionalista, por suposto. De todas formas, Marsé apareceu algunhas veces pedindo o voto para o PSC. Tería que miralo, pero para min que si.
E volvendo ao tema de Sevilla. Teñen que ver esta foto. Foi tomada en Sevilla. É o que ten andar todo o día e toda a noite de finos e pescaíto!
Trapallada sevillana y olé
Amigo Roberto Bolaño, un ilustre de Arroutadas: como siga así acabará por discutir a primeira frase do seu texto. Se aprecia a Marsé e a Bolaño, pouco nacionalismo lle vai quedando. E non o digo, obviamente, por mal.
Iso non é Sevilla. Os carteis de anuncios peonais son de cor roxo e están escritos en tres idiomas: español, inglés e portugués estrambótico do tipo Torre do Oro ou Praça de Toros.
Non coma en Ourense, onde sitios frecuentados fundamentalmente por turistas, os cartéis que advirten de certos PERIGOS están só en galego. Hai que ser incompetente.
Arume, quen o había dicir. Tanto tempo por aquí e vaime negar a degustación de Vázquez Montalbán aínda que apoie o Plano Ibarretxe. Iso non se fai.
lobo, tarde prejuntas, pensei que xa falaras con Eduardo e resulta que non o lembras, a ver, revisa a axenda do 1978, pola E de Eduardo ou pola t de Tato (ollo, non confundir con tato apelido), ou revisa a axenda de 1988 e busca en reparacións varias, mantemento de máquinas, eduardo, a ver se nalgunha axenda o tes, se non o tes deberías revisar a axenda, a xente boa nunca hai que borrala, jajajaja
Hai algo que me perdín, seguro, amigo Saavedra. Podería darme máis pistas, aínda que sexan máis enigmáticas. Síntoo, pero estes días non estiven por Aquí.
A documentación gráfica.
Dacova, vostede é da miña cultura carnavaleira. A dos Felos.
O Manolo Garrido, facedor de carantoñas de felo, díxome que a primeira forana buscar a Sarreaus, para copiala e que viñera de máis abaixo, cecais de Laza.
O malo é que o Manolo se empeña en pintalas tamén e fáltalle un fervor pictórico. Podemos enmendala pero hai quen dí que así son "nacional populares" e deixalas estar.
Vótelle vostede unha ollada a fighura do lobo e díghame algho. Se lle metemos un ollo máis ata podía pasar por Picassiana.
Non, home, non, non perdeu nada. Pero, a estas alturas, xa podía vde. testemuñar que os nacionalistas, a pesar de tales, podemos ser xente razoablemente cosmopolita. Ou, cando menos, comer de todo.
Aclaro: nunca lin unha liña do Juan Marsé. Conveño en que será antinacionalista, porque algunha entrevista ou así téñolla lido. Xaora, escribe á española o apelido (será, supoño, Mercé) e non se na casa de neno lle chamarían Joan.
En todo caso, cousa del o seu nome, nosa os nosos gustos e os patriotas, honrados os que son.
Non vai vostede desencamiñado, señor Arume. Non sei que me pasa, pero cada día síntome menos nacionalista. Xa hai tempo que estou afectado por un ¿irreversíbel? (o tempo dirá) proceso de desintegración nacional, de "desnacionalización" mental. Só faltou que chegaran "os nosos" aos governos autonómicos (con "os nosos" quero dicer os meus, que vostede de nacionalista creo que ten mais ben pouco) para se me derrubar a "mito(ideo)loxía" na que se sustentaba tanta "crenza" e para comprobar que nós non somos de "os nosos" ou que "os nosos" non son nosos nen de NÓS (todo isto dito coa distancia e a coña oportunas). De ERC mellor non falar, e do Quintanismo Meneaoesqueletocosvellosevellas que quere que lle diga. Se estes son "os nosos", que serán os outros. Pero mellor calar, que non quero entrar en pleitos co señor González. Prefiro ler a Marsé, cousa que sempre fixen, cando tiven o carné da UPG (xa choveu) e cando deixei de o ter (xa choveu tamén). "Últimas tardes con Teresa" ou "El amante bilingüe" (coincido tamén plenamente co comentario de Outro anónimo que non o é tanto) son o mellor antídoto ou disolvente para deixar de crer nese falso nacionalismo que pratican interesadamente "os nosos" que de "nosos" non teñen nada. Ou que hai tempo que deixaron de ser dos "nosos". Tranquilo, señor Arume, cando veña por Barcelona xa verá como na casa Leopoldo arranxamos todas as diferenzas e nos pomos de acordo en todo. Non se esqueza de traer ao señor Saavedra, a ver se conseguimos que deixe de crer tamén en quen non son dos seus, por moito que el pense o contrario. Cando vexa a casa onde naceu Montalbán, se é que non a viu xa, que ao mellor viuna, xa veremos a ver que nos comenta que é o que teñen que ver os señores Mas e Quintana co "nacionalismo" da pobreza de posguerra.
Olelas, o libro de Pérez Adán foi subvencionado por: consellería de cultura e deporte, Caixa Nova, Parque Natural da Baixa Limia ( o logotipo é pésimo tiven moita dificultade en lelo e non rematei, o que o diseñou é un incompetente, que levante o dedo, ou chivádeme quen foi), e tamén por o concello de Entrimo.
O meu infiltrado en caixa nova, quen controla todolas publicacións por padecer un trastorno neuro-burgués compulsivo de coleccionar libros, dí que non o coñece. De modo que , nobles irmaus, cada un de vos que o queira que soñe onde ten un amigho que lle -lo poda procurare según a nosa antiga e noble usanza probablemente Castrexa.
Auvella branca, eu preghunteillo ó mestre Abelleiro e ó anfitrión Marcos, pensaba que abondaba, pero non, non saben a quen se refire vostede co nome de Eduardo.
Por outra banda, daquela eu non ghastaba nin axenda, nin reló, nin conta bancaria. E duroume esa bohemia ata que tiven 25 anos. Manda truque.
Mándeme certiño onda ese "socio": altervida@hotmail.com, poña referencia senon apago o mail.
Ubrigadinho.
sorprende ese seu escepticismo, pensei que era vostede o último nacionalista arroutado
Moito ubrigado Medela polo lobo peliqueiro-FELO con furquita cósmica.
Saiba a xente que queira coñecerme que eu estou ehí.
Eu a vostede considéroo como un irmau e ando a procurarlle tamén un libro de O Lelas (Lelas parece que é o río), pero non dou conta deles. A vostede e a un terceiro que anda por eiquí.
Graciñas, Lobo polo ouveo!.
O río recibe tamén o nome de Barcia.
O apelido Marsé débese á familia que o adoptou. El nacera Faneca Roca. Para nota.
Non diga o de cosmopolita que entón xa vostede perde todo o crédito entre os seus. Eu non teño ningunha dúbida sobre o seu cosmopolitismo; non sei se os nacionalistas, así tomados coma corpo político homoxéneo, de existir, o son.
.
Considero innecesario ver a casa do Vázquez (que, por min, encantado), abóndame coas fotos da miña que non esquecín. Acontece que isto non é 1954 ou 1966. Nin sequera é 1977, qué habemos dicir.
Crer nas persoas? Pois, verán, teñen días. Pero aquí hai un país, considero que lle iría mellor se soberano, e as tres siglas que teoricamente representan maioritariamente a idea, para o meu ver, represéntana suficientemente como para que eu teña opción.
Tampouco non quero discutir moito e procuro evitar a amargura. Iso si, as famosas vellas do baile non saen en Vogue nin van ao Palau, dito sexa con todos os respectos. Por outra banda, ben me apuntaba a ir ao Leopoldo, sobre todo se pode ser que na festa entre o Pepe Carvalho, que igual aínda non marchou para o Asilo e ata lle volveu a Charo.
Con todo: penso que, para tales condumios, á familia Vázquez tampouco non lle chegaba o orzamento cotián. Non será Vía Véneto, pero ata Quintana debe xantar máis barato.
E claro: cadaquén xestiona ou deixa ir o propio devalar.
Talvez debín dicer: Cada día síntome menos nacionalista DE DIREITAS; é dicer, menos nacionalista de Mas e Quintana.
Señor Arume, non me turre da lingua, que é vostede moi pillo e engaiolador. Así e todo voulle contar un pequeniño segredo, agora que non nos escoita ninguén. Como xa teño contado, eu boteime do Bloque, ou como se chamara daquela, hai 30 anos. Pois ben, sabe como facía despois da miña saída un que agora pode moito para "desacreditarme" diante dos convocados ás reunións do Bloque pola miña contumacia crítica coa liña oficial? Pois nen mais nen menos que soltando diante da masa receptora de ordes e mensaxes esta sentenza calamitosa: "Ese, o novelista" (con "novelista" quería dicer leitor de novelas, e un leitor de novelas, como se sabe, é unha persoa na que non se pode confiar e que nunca chegará a nada). Bastáballe con iso. Contáranmo anos despois dous bons amigos que acabaran saíndo tamén do BNG. Miudezas, pequeneces, que non lle valeron de moito. Así que o meu "descrédito" xa é cousa de vello. Escuso dicer que o tal nunca leu unha novela na sua vida nen falta que lle fixo para aspirar a todo. Consello para os que queiran aspirar a todo na política: NEN SE VOS OCORRA LER UNHA NOVELA. E menos de Juan Marsé.
E voume preparar e acicalar, que hoxe os e as do club Bolaño temos unha xuntanza-cea na Vila Olímpica, nos baixos mesmo dunha das torres xemelgas.
E o meu creto, Arume, nunca lle foi grande cousa. Igual aí radica un pouco a persistencia: ilo levando a comer de todo, aínda Marsé puido andar no lote se me chamase máis a atención. Porque debo confesar unha inexactitude inintencionada: hai ben anos intenteino con La muchacha de las bragas de oro; lembro agora o pouco entusiasmo, e a non perseveranza.
No outro: que corpo, acó ou aló, é homoxéneo en política ou cosmopolitismo? Serán cosmopolitas os alcaldes do PSOE (non lle diga nada do seu, Arume)? Será cosmpolita Zapatero? Deixémolo ir.
Vaia, hom, hoxe vai de confidencias. A min, durante ben tempo, aló dentro chamáronme "o cantante". Con diversa intención, ben poden deducir. A cousa ten días, ben saben. En calquera clima.
Noveleros empregaban no século XVII:
1. Amigo de novidades e contos.
2. Inconstante e vario no xeito de proceder.
3. En xirga de rufiáns: o correvaiedille.
Probe un Si te dicen que caí. Gustará del. Seguro.
Últimas tardes con Teresa caeu hai pouco de novo por ver se resistía o paso do tempo: e a intensidade coa que pasei un par de tardes de verán probou que, para min, Marsé era e é un clásico.
Estimado Arume: Non lle podo dar boas noticias. Din que no alto da Cañiza hai un metro e medio de neve. Non sei como é que vai facer para vir mañá á kermesse psicodélica pro don Marcos.
Claro que... Un rapaz como Vde., que andaba a retellar a Dewi Sukarno en Montreux (ou era Chamonix), non creo que terá problema ningún coa neve.
Eu, anticosmopolitismo en estado puro, coñecina na serra de Lobeira...
jeje
Disimule, Arume.
Non era Vde. o de Chamonix.
Era Francisco Paesa.
Ás veces non sei o que digo.
Os cosmopolitas non andan á neve. Están afeitos ao Martini no Lago di Como. Pero irei polo río arriba desde Tui, coma as lampreias.
ARUME DOS PIÑEIROS A REMONTAR (COMO ESPECTRAL LAMPREA) O RÍO MIÑO. FOTOGRAFÍA TIRADA Á ALTURA DE ALONGOS, TOÉN. ARUME NO GUIADOR DA BARCA. AS MOZAS SON ZSA ZSA GABOR E UNHA PRIMA SEGUNDA DE JACQUELINE BISSET. O PAISANO DO MEDIO NON É PACO PAESA
Jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja
O do medio, á dereita de xaxagabor, é o espectro de Sabelo, o subministrador de cinzanos en vasotubo sen xeo nin limón ás sete da mañán antes de ir para o Tesouro, terra hoxe estéril entre Saa e o Meidelo.
jajajajajajajajajajajajaja
Seriedade, Arume!!!
Contención!!!
jajajajajajajajajajajajaja
Un grandísimo abrazo
jajajajajaja
Non esqueza os 'graalicos' cubatas de xinebra Lirios con Troncoso Cola
jajajaja
Que obsesión!!!
Adhiro totalmente o artigo de Rosa Enríquez. Os sisudos e barbudos intelectuais titulares da tertulia non teñen nin idea da imaxe que no maxín dos que non temos orla no salón nin toga no armario, nos facemos desas imponentes figuras da sapiencia (até coincidirmos nalgunha cuchipanda :D ). O Senatus Solainae impón na súa distancia venerable, fai falta ser unha trasna coma min para ousar turbar as marmóreas bancadas nas que se asenta a conciencia do país.
Menos lobos, Lourixe, vulcano da chaira, menos lobos.
Publicar un comentario