25 nov 2008


Presentación do poemario de Víctor Campio "O aire, a luz e o canto Poesía Reunida 1987-2006"
(Clic na imaxe para agrandar).

33 comentarios:

Anónimo dijo...

Víctor Campio é un extraordinario poeta, descoñecido para inmensa maioría. Coa publicación desta obra é de agardar que reciba todos os xustos recoñecementos. Ademais, e por se fose pouco, é un auténtico cabaleiro, unha excelentísima persoa.

Alégrome sobremaneira da (re)edición da súa obra poética que convido a todos a disfrutar.

Anónimo dijo...

Dou fe do gran poeta que é Víctor Campio Pereira. Parabéns pola publiación que non defraudará aos seus lectores.

Anónimo dijo...

Lembro unha vez que lle diximos ó Victor Campio na clase, alá por o 80, que nos gustaba moito aquela serie que se chamaba "Con ocho basta", e él contestóunos que a él non lle gustaba nada ,porque aquelo non tiña nada que ver con nós nin coa nosa cultura. Eu quedéime pensando un rato, e no seguinte episodio xa me din conta de unhas cantas cousas que non tiñan nada que ver có noso xeito de vivir de entón. Agora, igual era diferente.

Anónimo dijo...

Excelente. Desculpen o uso deste fío, non vin outro máis a xeito.

Anónimo dijo...

En efecto, excelente artigo de Darío Villanueva, do que non me resisto a citar un fragmento que, por se aínda fixese falta, pon no seu lugar o último libro de Marica Campo:

Tengo en mi mesa un buen ejemplo de lo que digo. Se trata de un libro de poesía publicado en octubre de 2007 y con una inmediata segunda edición en enero del presente año. Su propio título, Sextinario: trinta e seis + tres, habla ya de su pertenencia a una determinada tradición de la literatura paneuropea, que arranca del poeta medieval occitano Arnaut Daniel. Al juego de la composición estrófica que lo denomina, se añade, incluso, otro rasgo de la poesía experimental, la visualidad de los caligramas o poemas figurativos. Pero lo sofisticado de ambos recursos, el métrico y el tipográfico, no entorpece para nada la expresividad de sus 40 composiciones, que tratan de la creación literaria, de la realidad social y de la intimidad de la propia escritora, Marica Campo. Siempre con las palabras eminentes que constituyen el marchamo de la mejor lírica, este poemario en gallego modula registros diferentes como puedan ser el satírico, el trascendente o el más íntimo, y le permite a su autora expresarse en lo que toca a sus ideas, a sus percepciones y a sus denuncias, siempre en términos que sus lectores podemos hacer nuestros, porque para ella y para nosotros "o poema é a sombra que me copia". Y con la aparente artificiosidad de una forma métrica muy cerrada y exigente, Marica Campo es quien, sin embargo, de expresar, en auténticos poemas "noticiosos", asuntos de la más inmediata actualidad como la violencia machista en As razóns do asasino, A razón da víctima o Mulleres de Ciudad Juárez.

Anónimo dijo...

Os que podian ir á presentación,pregúntenlle ao Victor Campio cómo xogaba de pequeno coa máscara funeraria do Padre Feijóo, sen saber o que tiña na mau.

Anónimo dijo...

POr certo, o Victor non só ten poemas en galego, senón tamén en castelán. Non en vano foi profesor de Lingua Española, que foi o que me impartíu a mín.
Como non vou poder ir á presentación (eu teño un horario de traballo, a pesar do que diga o coñero do Lobo Neghro), xa miraréi de mercar o libro, e de paso comprobar se nel ten presenza a lingua do de Cervantes, na que lle coñezo xa algunhas cousas.

Anónimo dijo...

Si, en efecto, tamén é un gran poeta en castelán. E ten tamén unha novela autobiográfica sobre a súa xuventude que non tiven ocasión de ler.

Anónimo dijo...

Poesía de Victor Campio:premer.

Anónimo dijo...

Para os contertulios ourensáns, publicidade máis ou menos encuberta:


Esta noite será entrevistado o catedrático xubilado Ramón Area Míguez na cadea local Auria TV, por mor da publicación do seu novo libro "Seducidos por a Filosofía". O entrevistador faille un pequeno agasallo sorpresa ao final da charla, en autoasumida representación de todos os que, coma él, foron alumnos seus.

Anónimo dijo...

Linda estrofa:

"Toco tu savia y toco la encendida
ceniza de mis muertos ascendida
por el tuétano dulce de tu talle"

Todo un canto elexíaco ao ciclo de Krebs.

Anónimo dijo...

Dá-comba:
Se ten a ben, súbanos , para os que non temos cobertura, ou son de aldea o video a yutú , plus.

Anónimo dijo...

Eu tamén sei facer lindos poemas, como este:


Tu nombre me sabe a yerba
de la que nace en el valle
a golpes de sol y de agua

Tu nombre me lleva atado
en un pliegue de tu talle
y en el bies de tu enagua

(A ver quén sabe qué "nombre" é ese. qué "valle" é ese e qué tipo de "herba" é esa).

(Os poetas somos moi retortos).

Anónimo dijo...

BREVE CRÓNICA DE URXENCIA UN POUCO AO ESTILO DAS VELLAS GACETAS

Nun día de cans, frío e chuvioso, hoxe, venres día 28 de novembro, case cen persoas desafiaron en Ourense as inclemencias e asistiron, no salón de actos de Caixanova, á presentación do libro de Víctor Campio Pereira, O aire, a luz e o canto. Poesía reunida, 1987-2006, Santiago, Pen Clube Galicia, 2008.

Manuel Outeiriño, autor do limiar do libro, estivo preciso e analítico, achegando claves da poética do que fora seu profesor, nacido en 1928. O autor do epílogo, Xesús Alonso Montero, feito un rapaz no día que cumpría oitenta anos, foi pedagóxico e entusiasta (sen esquecer o seu ritornelo "eu de maior quero ser comunista"). Luís González Tosar, de verbo pausado, deu conta da elaboración libro e da neve que o fixo chegar serodiamente. O propio Víctor Campio, abrumado polas merecidas benzóns, leu con voz firme e clara, dous dos seus grandes poemas.

O acto rematou coa interpretación de catro breves pezas por un mestre violinista do leste: a precisión da corda e a calor da madeira pecharon o acto. Os asistentes foron agasallados cun exemplar da obra grazas á xenerosidade do seu patrocinador, Caixanova.

Anónimo dijo...

Non puden asistir á presentación, pero ás nove e media aproximadamente paseí frente ao edificio on de se celebróu. Chove a cántaros e vai moito frío. Levo un lergo abrigo negro,gorro de lá e paraguas. Todo fai boa falta. No vestíbulo da entrada, sin atreverse a sair aínda a causa do tempo charlan animadamente o autor do libro presentado, o Fonseca,o Arturo Baltar,o Luis Tosar, o Peña Rey, e outros. Teño ganas de ir saudar ó meu ex-mestre o Victor, e preguntarlle como foi todo. Pero non me atrevo, ao velo rodeado de xente tan importante.
Diríxome ao bar Trampitán, na Praza Maior.Pido unha cervexa,collo ANT e saco o meu pequeno ordenador, pra tomar unhas notas. Entranagora Arturo Baltar, con dúas das persoas que estaban no vestíbulo e que coñezo de vista, pero non lembro os nomes. Unha delas, trae algús exemplares do libro. Pídolle por favor se me deixa botarlle un vistazo a un de eles. Préstamo, moi amable, e leo algúns dos poemas. Devólvollo ao dono e, cando mo colle, dime algoasí como:" Están moi ben eses ordenadores pequeniños ". Arturo Baltar aproxímase e charlamos, a tres bandas, sobre as posibilidades das novas tecnoloxías. Cando se alexan, o que me prestóu o libro dime,cheo de4 razón: "O blog do MArcos Valcarcel é do mellor que podes ver en galego".

lourixe dijo...

O Baltar ben sabe o que valen as tecnoloxías: lembro ter visitado o Parador de San Estevo de Ribas de Sil un día que o refectorio estaba preparado para unha asamblea de Mulleres Rurais ourensanas no trascurso da cal se lles habían entregar cadanseu ordenador portátil, agasallo da Deputación. Cantos deles seguirán sen estrear, no fondo dun armario!

Anónimo dijo...

O Arturo Baltar ist ein anderes mann,meine liebe freundin Lourixe. Non é o Pte de Dipu ourensana. É un escultor ourensán de prestixio.

lourixe dijo...

XDC, ben vexo que falamos de personas distintas! Pero o meu maxín ten menos contención que o do ilustre Sr. Medela, e unha palabra, un nome, fixéronme lembrar aquel pasmo meu ante o dispendio do cacique ourensán. Evoco o pensamento que daquela me embargara recreando a irreal visión das miñas veciñas, labregas chairegas, no marco dun monumento fermosamente restaurado para lecer de ricos, xantando un saboroso almorzo de deseño e rematando a xornada cunha arenga do líder de masas provincial de turno, remedo de Papá Noel con brillantes e excesivos agasallos que non teñen uso no día a día das beneficiadas.
(E segue nevando na Chaira! :-P)

Anónimo dijo...

Lourixe: Que pena non vir Vde.!
De todo o modo, non lle sei como será o inverno innuit, mais aquí en Allariz vaille un frío do demo.
Tamén quería nevar esta mañá.
Non sei se o sr. dos Piñeiros dará pasado o alto da Cañiza...
Un grande abrazo, Lourixe!

Anónimo dijo...

Peor pinta ten a situación do noso fidalgo Delapierre.
Seica está entalado na neve, no alto de Guítara. Cousas da propulsión traseira do SEAT 850 especial {Modelo 'De Luxe', evidentemente}.
Don Jacques buscou agasallo nunha tenda bar, a pé de estrada {Bar-Tienda Tojo-Ultramarinos-Funeraria-Ferretería-Sellado de quinielas-Cotos de pesca-Armería-Artículos para el hogar-Materiales de construcción-Hay menú diario}.
Non hai cobertura telefónica, señorita Lourixe, e despois da da cuarta copiña de guindas, o noso emblemático e heráldico heroe deu en pensar que estaba no templo de Isis.
A honrada propietaria (Señora de Tojo-Remedios para os fregueses}, ten un perfil... Un perfil... mmmmmmmmmmm... Un estilo Holly Hunter.
Sir Lancelot Delapierre tenta espaxotar o demo, que lle anda a besbellar no ouvido esquerdo.
Ufffffffffffffffffffff...
Hai xa cobertura!!!
Pasa o camión do leite, Lourixe.
Pasa tamén "La Directa", cara a un funeral.
Hai luz no final do túnel. A cabina do camión está sacralizada con tres ex-votos: A bandeira do Atlético de Madrid, un calendario enorme cunha repoluda moza que polo que se está a ver non ten frío ningún, e un rótulo na viseira torna-sol: Modesta, Álex y Vanessa.
Señorita Lourixe: Grazas polo pormenor do camión do leite.
Cos meus cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Si, xa sei, contención.
Mais non me podo resistir. Estou a ver o señor Apicultor dubidando entre non levar gravata ou poñer gravata lazada, pano de gentlemen británico ou botarse ao monte e presentarse na cea cunha coroza, si, señorita Lourixe, esa que comprou no Cebreiro.
Vou dar unha volta por Allariz, para ver se callou a neve en Penamá.
Un respectuoso saúdo.-

lourixe dijo...

Eu non me preocuparía por Lord Delapierre, Medela. Ten un alto grado de "espilidez" e adaptación ao medio. Tíña que ver vostede como hai un par de días rendibilizaba unha conferencia do noso anfitrión Don Marcos, galanteando a unha xove chairega universitaria que, para máis inri, é tocaia miña.
Canto ao do camión do leite, "it is a truth generally aknowledged" que no rural todo se mide por el. A experiencia de calquer guía de turismo que explore unha nova ruta e lle pregunte a un paisano: "E por aquí pasaría un autobús?" ten como resposta segura: "O camión do leite pásalle!"

lourixe dijo...

Sorry, non se pode fiar unha da memoria, a cita correcta é "it is a truth universally acknowledged".

Anónimo dijo...

Medela Versace: hai que levar gravata?

Anónimo dijo...

Arume: Consulteino. Abofé que si. E cheguei á conclusión que o prudente é levala no peto da chaqueta, caso ser preciso, poñela.
Ouviu, se non ten, empréstolle unha. Fágome cargo: Hoxe ha estar todo pechado, en Vigo.-

Anónimo dijo...

Tarde piache.

Anónimo dijo...

Señoras y señores:

Hoy a la tarde y noche, gracias a don Marcos y a almas generosas como las que atesoran los cuerpos de los señores Arume y Medela, Ourense será todo un hervidero/burgas y dará acogida a la mayor concentración de intelectos por quilómetro cuadrado que recuendan los tiempos.

Anónimo dijo...

Dejémoslo en "la mayor concentración", suprimamos los de "intelectos" y seguro que sí. Ditirambos, los mínimos.

Anónimo dijo...

Menos mal que estabamos a falar de D. Victor Campio, pero por favor, favor para don Victor a quen coñezo ben, e favor para quens o apreciamos; estou completamente seguro que a don Victor, igual que en vida ó doutor Gallego, non lles gostaría ren tanto gavar de adulantes de cando cadra, é xente certa e transparente, de letra espida, non me fío de algúns de vostedes e, por tanto léano, e non digan nada, non-o esfolen que é meu amigo.

Anónimo dijo...

El evento valía la pena

Anónimo dijo...

El evento merecía la pena

Anónimo dijo...

Quen non es nada de fiar es ti, Arxides, por insidioso.

Anónimo dijo...

Don Víctor, Criatura Sabia, que diría el Profesor Don Pancracio Celdrán