En carne viva (fragmentos)
- Que, seica imitando ós grandes do boxeo para conseguir uns cantos puntos de sutura nos beizos, non?, dixo Afonso cando entrou na habitación do sanatorio de visita.
A realidade era moito menos novelesca e cinematográfica: unha simple caída, ó erguerme do sofá, afociñando de fronte contra o chan e batendo cos dentes contra o parqué como o mellor porteiro cando vai parar un posible gol, engadindo neste caso bastante sangue espallada dende os meus beizos. A María e a Eire, pois as dúas estaban na casa, custoulles levantar os meus oitenta e cinco quilos. Fixérono cunha cadeira e logo pedín ir ó baño, porque pareceume que quería vomitar. Pero, chegado alí, fóiseme realmente a cabeza e María, asustada, foi chamar unha ambulancia, mentres a miña filla me sostiña sentado no servizo, eu inclinado sobre min mesmo, pero sen caer. Daquela debín perder o coñecemento moi pouco tempo, quizais un minuto ou moito menos, non o sei. Espertei oíndo berrar a Eire: “Papá, que che pasa?”.
Por fortuna, case dous días despois e feitas todas as análises e controis habituais, os médicos non viron nada especial nin danos novos. Iso é o que di a ciencia. Eu teño outra incógnita: dese minutiño que eu pensei soñar e debín perder o coñecemento de xeito moi transitorio, non lembro case nada. Pero creo que soñaba, imaxinaba, lembraba, eu que sei, unha paisaxe de verdes moi fortes, arredor dun pozo ou dunha congostra ou algo así. Moito me gustaría saber de onde procede esa paisaxe ...

11 comentarios:
"Esos días azules y ese sol de la infancia..." Antonio Machado.
Veña, veña, non presuma, que sempre quixo ser como Robert de Niro...
Apertas.
Impresionante, acabo de falar contigo Marcos e non sabía deste feito, non o tiña lido.
A onde nos levan os soños?.
Ou de onde veñen, e que traen?.
Era de mañá, a mediodía,por a tarde?
Era vrau, inverno...?
O pozo era profundo, ou non?
Era lonxe ou cerca de aiquí?
Era vostede neno, mozo, adulto...?
Había alguén cerca de vostede ou estaba solo?
Sentía medo, alegría, tristeza...?
Etc.
Pódese facer a sí mesmo moitísimas preguntas semellantes.
Respóndase por o que "sentíu", máis que por o que "víu". Por exemplo, non miróu dentro do pozo pero vostede "sabe" si era profundo ou non. Si non pode chegar a unha resposta "directa", probe as diferentes alternativas e decida por exclusión.
Cada nova resposta á que chegue iráo acercando á mensaxe que o seu subconscente lle pretende enviar a través do soño. A mellor proba de que hai algo encriptado en él, é que lle sigue dando voltas. Sabe que hai "algo" aí.
Puta madre!.
grafólogo e desencriptador de soños.
Poderíamos votarnos polo mundo cunha roda de afiar e desencriptando soños.
O psicólogo é vostede.
Eu solamente suxiro o procedemento que sigo eu pra desencriptar os meus propios soños, cando me chaman a atención. É curioso cómo,prácticamente, calquer pregunta que se faga un a sí mesmo ,en relación ao soño, ten unha resposta que se percibe como "correcta" . Obtida de xeito directo ou por exclusión. Unhas preguntas tiran das outras e chégase a conclusiós extraordinarias, que moitas veces fan pensar máis que o propio soño inicial.
E non quero interpretar os soños de ninguén. Xa me chega cós meus.
O que sí teño pensado é votarme polo mundo cunha roda "de afinar", templando instrumentos de corda. A roda daría exactamente 440 voltas por segundo, cós adecuados engranaxes multiplicadores de revoluciós, e sonaría o "La internacional de 440 Hertzios". Berraría polas rúas de todo o mundo: "AFINADOOOOR, AFINADOOR OURENSÁAN!!".
Tamén é posible que a sua memoria asociara o golpe con outro posible golpe semellante que levara, posiblemente de neno, no lugar do "soño". Unha caída de bicicleta ou así. Unha especie de "déjà vue". Digo eu.
Esa cousa tan verde ao seu redor... ¿Tiña tricornio?
Baldaio, Xove, As Encrobas, estas son as nosas probas...
Alégrome de que estea xa na casa... e de que a foto do País lla fixesen antes da caída... Debía vostede parecer parente da Yola Berrocal.
(E non sorría que lle tiran os puntos).
Está claro que o verde é galiza.
Un amigho meu da laboral traballa de celador en andalucía, e cando retorna a casa nas férias, ven nunha "fregoneta" afiando coitelos por os pueblos que atravesa. Sí señor. O Migallas.
Ken Pensades, dixo:
O que lle ocurriu é moi comprensibel se pasou moito tempo no sofá, dígollo por experiencia. Pasoume exactamente iso.
Unha aperta.
Publicar un comentario