29 nov. 2008

La region-Sonia Torre - OURENSE - 29-11-2008

Marcos Valcárcel: ‘As cousas si se fan ben, sen desexo de ridículos protagonismos, teñen boa resposta’

Catedratico de Lengua e Literatura, investigador e historiador
A actividade cultural en Ourense non se pode entender sen o nome de Marcos Valcárcel. O profesor, investigador e historiador presenta hoxe o seu último libro ‘Historia de Ourense’, e ademáis será o protagonista dunha cea-homenaxe pola sua intensa traxectoria.
O profesor, investigador e historiador Marcos Valcárcel, nun momento da entrevista. (Foto: Miguel Ángel)
O profesor, investigador e historiador Marcos Valcárcel, nun momento da entrevista. (Foto: Miguel Ángel)

O Clube Alexandre Bóveda, a Asociación cultural Auriense, a sección de literatura do Liceo, a Fundación Carlos Casares ou o Pen-Clube de Galicia. Son só algunhas das asociacións relacionadas coa cultura que teñen un incuestionabel nexo en común: Marcos Valcárcel. Este ourensano, profesor, catedrático, investigador e historiador, autor de numerosas publicacións, colaborador de medios de comunicación, como La Región, e organizador de numerosas actividades culturais, é un dos motores da vida cultural da cidade. Esta tarde, ás 19 horas, no Liceo presentará seu último traballo: ‘Historia de Ourense’, e será o protagonista dunha cena homenaxe para recoñocerle a súa traxectoria, algo que recoñece ‘agradezco moitísimo, xa que me consta que foi feita con agarimo e porque, tanto os organizadores como a xente que se apuntou, son amigos e iso e de valorar’. Os comensais xa superan os 300.

¿Que se sinte máis, profesor, investigador ou historiador?

Son facetas complementarias, dende a miña perspectiva síntome máis ben profesor, que é o que fixen prácticamente toda a miña vida. Despois a presencia na investigación e, sobre todo, na prensa, para mín e complementaria, xa que trato a cotío os mesmos temas e é o mesmo descurso, só que plasmado cos distintos linguaxes que utilizo.

¿Que conta ‘Historia de Ourense’?

Trátase dun libro de divulgación, é un libro pequeno, aínda que debo destacar que ten unha presentación moi coidada. Defínese como unha porta de entrada ao que foi a historia inicial de Ourense. Está pensado para estudantes, como os meus alumnos e incluso para universitarios. Aínda que tamén é válido para todas as persoas interesadas en coñecer un pouco máis a historia de Ourense, e para os turistas que se acerquen ata a nosa cidade. Ata agora non había un manual sinxelo no que poideran atopar estos datos e que lles poidera servir para iniciarse na istoria da cidade. O que se trata é poder espertar un pouco o interese pola istoria de Ourense dunha maneira sinxela. Tratei de facelo co todo rigor do que fun capaz e incluso tentei introducir algunhas novedais, como os descubrimentos que se están a facer coas excavacións das Burgas. O que quería era un traballo que poida chegar a maior parte da poboación. De todos modos, tamén aparece unha ampla referencia bibliográfica para as persoas interesadas en profundizar.


Como unha das persoas que promoven as actividades culturais na cidade, ¿pensa que os ourensáns responden ben?

Creo que sí, que Ourense responde as iniciativas culturais. E certo que tratei de introducir cousas novedosas, imaxinativas, pero sobre todo, o máis importante é contar coa colaboración de todo o mundo, eu son únicamente unha peza máis no engranaxe. Hai moita xente en Ourense, amigos como Benito Losada ou Monxardín, por exemplo, que están continuamente en diferentes ámbitos culturais e o que chegamos é a conclusión de que cando as cousas se fan ben, con certa querencia, coordinando todo, colaborando o maior número de institucións, de iniciativas, e sin desexos de protagonismos, que son ridículos, as cousas saen ben e a xente responde. Ourense é unha cidade culta, sempre o foi, quizais noutros momentos tivo máis actividade no sector da producción cultural, e hoxe cecais hai máis espectadores, xa que as infraestructuras aumentaron e temos posibilidades de asistir a un maior número de espectáculos culturais que antes. A asignatura pendente é que Ourense xenere máis productos creativos e que o faga en todolos campos, que se complementen as dúas cousas: a labor do espectador, que non deixa de ser unha labor pasiva, e a do creador, e que de Ourense poidan sair ata outros espazos.

¿Que é o que falla para que se produza esa proxección de creadores?

Estas cousas son moi lentas, o traballo de cultura non se fai en dous nin en tres días, a veces fan falla xeracións, é algo que se ve a moi longo prazo, e non todo o mundo ten paciencia para seguir. Realmente o apoio institucional vai máis ben dirixido a cultura espectáculo e a promocionar cousas que veñen de fora. O meu consello sempre é o mesmo: que as institucións públicas apoien o máis posible o sector creador, sin ningún tipo de partidismos nin sectarismos, e dar a máxima liberdade, porque hai xente moi boa.

¿Os políticos en xeral entenden a cultura?

Non se pode dar unha resposta en xeral, habería que facer matizacións. Hai de todo. Eu coñezo políticos con grandes inquedanzas culturais, que sé que son grandes lectores e participan en eventos culturais continuamente; hai outros que aos que non lles interesa nada, os libros están na estantería non para ler, senon para adornar; e hai outros que se limitan a cumprir coa labor institucional de apoiar mediante subvencións, pero tampouco a súa inquedanza máxima é o mundo cultural. Eso por suposto, non podemos pedir ilusións, ideais, cada quen é como é. Non podemos pedir unha clase política que teña un nivel cultural elevadísimo, porque eso non se da nin en Ourense, nin en Madrid, nin en outros lugares, non é un fenónemo exclusivamente ourensán. O que sí podemos é pedir que os políticos sexan conscentes do valor da cultura, que a cultura é a que da no fondo identidade a unha sociedade, e unha certa personalidade, e que sexan polo menos, digamos que teñan o complexo ou prexuicio de que isto é algo que hai que coidar, agarimar e non desprezar. O realmente terrible é cando por ignorancia a xente despreza a nosa cultura, o noso idioma, porque non saben o que teñen.

¿Existe unha xeración relevo para actividades culturais?

E necesario que exista, debería existir. Hai de todo, na mocidade hai de todo, eu non son nin apocaliptico nin catastrofista. Un vello filósofo antigo, séculos antes de Cristo, falaba contra a mocidade, que era un escándalo, que onde ibamos a chegar, é un discurso vello, que non aporta nada. Na mocidade hai de todo, hai xente moi boa, moi válida, moi ilusionada, moi ben preparada, traballando en ONGs, en campos sociais, culturais, e de ahí ten que sair esa xente. Hoxe o unico é que, digamos certos sectores o teñen máis fácil, teñen unha serie de infraestructuras, está o mundo de internet, que e un auténtico tesouro, e incríble a cantidade de blogs, de iniciativas que están ahí, de diálogo. E a outros niveis, pois a veces hai unha falla de referentes, de saber contra qué loitar. Na miña xeración iso o tiñamos claro, estaba Franco, e tiñamos un obxetivo. Hoxe pode haber un sector da mocidade que esté confuso, que non teña moi claro porque ten que loitar, ni ata onde o ten que facer, pero siguen sobrando causas para loitar, para sair a rúa todolos días, para seguir traballando no mundo social, político e cultural, e hai xente moi potente, boa e moi preparada. Entre a xuventude que coñecin ao longo do tempo hai moitas persoas que poden facelo moi ben, e sen dúbida que están moito mellor preparados que a miña xeración, a nivel académico e a nivel profesional.

¿Qué recorda con máis ilusión?

Dende logo a xuventude polo que ten de descubrimento, de iniciación. Os primeiros anos 70 foron un cambio radical. Eu era un neno da pequena burguesía, afastado da realidade. O salto ao instituto, o salto a agrupación cultural Auriense, as primeiras misas en galego, deron un volco a miña vida, unha galeguización que me volveu ao mundo dos meus pais e avós, que eran galegofalantes e moitos dos mellores amigos que teño son daquela época. A outra etapa foi xa vendo de Santiago, empezando a traballar en algunhas das asociacións que participei. Recordo os encontros, as reunións, todos eramos amigos e isa e a mellor maneira de traballar, sen dúbida.


49 comentarios:

Xilberto Manso dijo...

Dende o Val Miñor un saúdo e un laio por non poder estar hoxe en Ourense. Os ourensáns que andamos polo país adiante, e temos sempre algún dos nosos sentidos pendentes do que pasa na vella Auria, temos en Marcos e as súas obras unha fiestra aberta pola que nos chega o mellor.
Unha grande aperta e os mellores desexos.

reis dijo...

dende o sentimento espiritual da galiza, grazas por todo.

María Jesús dijo...

Hoy he sido afortunada.He podido llegar a Ourense a tiempo de vivir tu homenaje, de aplaudirte y de traerme tu libro a casa.
Hemos sido tantos y tantas-hablemos o no gallego- enviándote energía que por fuerza te ayudará a superar muchas dificultades.
Un gran abrazo.
María jesús González

Anónimo dijo...

Ondas e mareas estimado Marcos, dende Ribeira unha forte aperta de Aida e Santi neste máis que merecido homenaxe.

arume dos piñeiros dijo...

Un serán/noite inesquecible. O cheo completo, desbordante, tanto no salón do Liceo coma no restaurante é a mostra máis elocuente do cariño, aprezo e admiración que Marcos Valcárcel suscita na súa cidade e en Galicia enteira.

Parabéns para a comisión organizadora por preparar un acto tan extraordinario.

lourixe dijo...

Estou a agardar impacient epor unha crónica detallada. Non sei se a resaca remataría coa incontinencia verbal de Medela...

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Para satisfacer a curiosidade de Lourixe, fixen eu esta crónica no meu blog que aquí, con permiso, transcribo:

Mereceu moito a viaxe entre a neve para chegarmos a Ourense e comprobar o extraordinario calor que incendiou o salón nobre (necesitado, aproveito, dalgúns perentorios arranxos) do Liceo de Ourense coa presentación do seu libro Historia de Ourense e a pechadísima ovación con que os incontables asistentes (o local era claramente escaso para a cantidade de xente que alí había e mesmo podía ter ido) despediron o acto e, sobre todo, o precioso e inesquecible discurso de Marcos de Auria, Valcárcel, Marcos.

Antes diso, un Monxardín, no papel de espléndido, enxeñoso e cariñoso muñidor, foi dando paso ás intervencións, pautadas coa música dun para min descoñecido grupo musical, Os caramuxos, cuxo nome hai que reter na memoria porque contribúe a pensarmos con orgullo o que está a facer en Galicia a xente máis nova.
En primeiro lugar, interviu un contido e obediente Bieito Iglesias, axustado aos cinco minutos esixidos con indubidable autoridade por Monxardín. Non hai que dicir para quen o coñece que fixo rir ao respectable, con esa mistura de tenrura e ironía que fai libre o seu discurso: a narración dunha carreira diante dos grises de Marcos, con cambadela e pantalón rachado, deulle pé para celebrar coa emoción entusiasta das súas palabras toda a súa traxectoria. Despois, falou Suso de Toro, quen manifestou, en breves palabras, a envexa (entendida coma admiración) que sentía pola elegancia (calificativo que logo empregaron outros intervintes) de Marcos. Tras el, tomou o micro, non moi ben preparado para a ocasión, Kristina Berg, quen, nunha intervención moi sentida e chea de lembranzas, abriu o capítulo dos agasallos para Marcos cun retrato de Carlos Casares. Alonso Montero (que está feito un raparigo de oitenta anos) non fixo discurso: limitouse a ler unha epístola dun profesor sardo da Università de L'Aquila na que se gababa a figura de Marcos Valcárcel coma continuador xenuino da xeración nós e nomeábao intima pero poderosamente Cronista da República Galega das Letras. Alonso subscribiu, cunha chiscadela, palabra por palabra as solemnes consideracións do profesor Molteni.
Logo chegou o turno dun Manuel Rivas que ensarillou varias anécdotas e varias citas extraidas para glosar, con indisimuladas bágoas, a personalidade de Marcos. Vino emocionado e escoitei unha voz algo quebrada nas súas fermosas e líricas palabras. Axeitos, en representación da Academia, e Ramón Villares, en representación do Consello da Cultura Galega pero, sobre todo, como confesou, como mestre transformado en discípulo e amigo de Marcos, pecharon as intervencións. Monxardín deu lectura de seguido ás adhesións cun estilo solto, lixeiro, non exento, cando a ocasión o merecía, dunha medida solemnidade: teño que recoñecer que foi un dos momentos máis intensos da noite. Tal vez porque se achegaba o momento dos agasallos (unha escultura de Buciños e retratos de Siro, Pulido e Carrabouxo) e do discurso de Marcos. En efecto, o clímax da noite chegou co verbo tranquilo, sereno, eu engado perfecto, de Marcos Valcárcel. Rodeado da súa filla Eire e da súa muller (Maureen O'Hara, en palabras de Bieito Iglesias), comezou agradecendo a todo o mundo as mostras de cariño, pero enseguida leu un fermosísimo texto no que, entre lembranzas nada saudosas, cheas de reivindicación (soou un edithpiafián "non teño que arrepentirme de nada") e orgullo, desgranou a súa traxectoria cunha naturalidade e unha oratoria exemplares. Había tempo que non escoitaba eu un discurso tan ben construído, tan ben lido e con tan fondos sentimentos. A resposta do público, que escoitara o discurso nun silencio indescriptible, foi, como dixen, a dunha pechadísima ovación, a dun aplauso rexo e unísono, de varios minutos, os imprescindibles para transmitir ao orador a emoción que sentiamos de estarmos diante dun momento inesquecible.
Non son moi dado as efusións ditirámbicas e aos adxectivos eloxiosos (salvo mitomanías limitadas), pero teño que recoñecer que costa describir ou narrar o de onte sen arrimo das mellores e máis nobles palabras do idioma.
Só me queda mandarlle por este incrible tesouro de internet unha forte aperta para Marcos Valcárcel, para Marcos de Auria, para Marcos.

lourixe dijo...

Tamén Bragado (Brétemas) fala do tema neste artigo de FDV.

Obrigada pola crónica, Arume.

XDC dijo...

A crónica do Arume, sinxelamente perfecta. Cólguea como post, administrador, porque, salvo comentala, non hai nada que engadir nin que eliminar.

XDC dijo...

Como o asunto da crónica xeral do acto quedóu tan rotundamente zanxado por Arume, sólo podio engadir detalles particulares do que pasóu na miña mesa, na que estabamos, empezando por mín e non senso das agullas do reló:
Xohan da Coba,SRa.Da Coba,Iacobus von der Stein (Jacques Delapierre foi rebautizado así por o XM Glz no transcurso do acto),Lobo Neghro, Sra de Rairo, Jimy de Rairo,Xosé Manuel González, Julio Medela de Lobeira, Sra de Medela e un visitante habitual do blog, e Xulio Outomuro de nome real (non me dixo nick actual), ex.compañeiro meu do instituto ,que trouxo botellas de licor café cuxas etiquetas eran o montaxe fotográfico do Medela, cós nomes dos habituais.
O Arume e Sra. dos Piñeiros, sentáronse noutra mesa, non cabiamos todos nunha.

Sempre hai algún a quen o compañeiro lle fode o traxe e a corbata ,chimpando coa mau unha copa de viño. De esta vez, tocóulle ó Medela.

Xosé M. González dijo...

Van saíndo as crónicas, que sen dúbida lle farán xustiza ao que foi no fondo o acto de onte, direi eu (e, se cadra, falando non só por min) na súa segunda parte ocasionalmente un tanto prolixo e na primeira non homoxéneo canto á adecuación dos parlamentos. Non farei, en principio, máis comentario deica pasarmos á cavaqueira que decerto ha vir. Non máis comentario có acuso dunha falta.

Marcos Valcárcel recibiu onte o recoñecemento de bastantes seguidores e coñecedores cando menos parciais da súa obra e relevancia. Marcos Valcárcel, desde onte, sabe que porción nada desprezable da literatura, a intelectualidade, o ensino e a acción cultural deste país o considera pedra mestra sobre o alicerce de Nós (co permiso do Arume), solución de continuidade e soldadura entre sensibilidades e pensamentos certamente diversos. Tivo tamén recoñecemento explícito -presencial, epistolar ou telegramático- por parte ben significativa do mundo político nacional. E da institución municipal.

Ora ben, sinceramente considero que non abonda. Para min, un dos momentos memorables da noite foi cando Suso de Toro o proclamou, mutatis mutandis, anfitrión e hóspede do escritor que chega á cidade de Ourense. Marcos débelle, sen dúbida, moitísimo ao Ourense nutricio, pero o Ourense actual aínda ten débeda co Marcos.

Considero que Marcos Valcárcel é merecente da Medalla de Ouro da cidade de Ourense. Non sei se está ben que sexa un lugués quen o diga, pero queda dito.

XDC dijo...

Fotos do acto no blog do Trebi:PREMER.

XDC dijo...

Non sei qué pasóu, a ver agora:PREMER.

apicultor dijo...

Francamente, non teño suficientes palabras para acompañar -e moito menos competir- con tan extraordinarias rememoracións do acontecido onte polo serán e pola noite en Ourense, para sempre na memoria. Porque alí estivemos toda a infantería, con pluma e desarmada, arredor do noso capitán.

Apertas para todos.

XDC dijo...

E, desde logo, anque sexa moito pedir, o discurso final do Marcos, extraordinario,hai que colgalo na rede. Merecéu ben a ovación de varios minutos que se lle dedicóu.

Técnico de Son Improvisado dijo...

Algunhas anotaciós sobor dos pequenos problemas técnicos do micro:

O dispositivo receptor do micro inalámbrico que suministróu o local atópase no interior do gardaroupa. A entrada do gardaroupa non da directamente ó salón onde se celebróu o acto, senón ó estreito pasillo que comunica este salón cós servicios. O gardaroupa ten unha semi-porta que fai de mostrador. O "rack" de son atópase no ángulo máis escondido do gardaroupa en relación a ela. O módulo do inalámbrico non está na parte máis alta do rack, senón polo medio, coas suas duas antenas entre o "rack" e a parede. As anteniñas estaban sen extender (eu extendinas).
Vexan vostedes cal é o traxecto do sinal , seguindo o chamado modelo de "raio" ou "frente de onda": O raio "rodea" unha grosa columna, entra pola estreita canella que da ós servicios, busca a entrada superior da "semiporta", busca o ángulo máis escondido do habitáculo onde está o "rack" con todos os elementos do son (Cd, etc), busca, non na parte máis alta senón no medio,perto do chau, as anteniñas,
éstas están sen extender.
A sinal que chega é tan débil que hai que subir moito o volume de salida da mesa, có correspondente risco de distorsiós, e o incremento de "ruído blanco". Aparte, faise moito máis incontrolable a resposta ós cambios de ángulo e de distancia entre a cara e a man da persoa que está falando.
O problema resolvéuse parcialmente extendendo as antenas, aproximando lixeiramente o módulo á entrada, modificando lixeiramente o seu ángulo, manteñendo aberta a "semiporta", manteñendo libre de xente a entrada á canella dos sevizos, e cambiando a ecualización, que estaba nun principio demasiado cargada de "agudos".
Nun momento dado, fóille suministrado un micro normal ó organizador que falaba, pero, có apuro inmediato, rechazóuno antes de que houbera tempo de parametrizalo.
Nun local adxacente, onde estaba a xente que non cabera no local principal, foi colocado un amplificador, pra que se escoitaran os discursos. Pero, cando estes empezaron, decidíu toda a xente pasar ó local principal pra escoitalos "en directo", anque fora estando de pé. O amplificador do local auxiliar foi apagado porque, xa non había xente nel e porque, ao parecer, molestaba á xente que estaba ceando co comedor "de carta" do restaurán, axena por completo ó evento.

Este tipo de problemas técnicos son do máis habituáis neste tipo de actos, e non tería ningún senso detallalos sinon fora polo caracter "histórico" do homenaxe ao Marcos que fara que futuros investigadores agradezan calquer pequeno detalle que se conserve en relación con él.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Súmome ipso facto á proposta de Saavedra: esa MEDALLA DE OURO DA CIDADE DE OURENSE PARA DON MARCOS VALCÁRCEL. Eu creo que é o mínimo.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Eu creo que no fondo ao micrófono, por moito que diga o técnico de son, quebrábaselle a amplificación pola emoción do momento.

apicultor dijo...

Non sei se existe esa distinción en Ourense. Mais se non a hai habería de crearse. Que mellor ocasión para celebrar a persoa e o que representa.

Manú dijo...

Parabéns para todos e, en especial, para os organizadores e para María e Eire, sempre a carón de Marcos.

Isildur dijo...

Subscribo plenamente a reivindicación dunha distinción especial, sexa medalla de ouro de Ourense ou calquera creada para a ocasión, para Marcos por todo o que fai, fixo e fará pola cultura galega, pola cultura en xeral e pola toleranza e o diálogo como normas para a construción cívica dunha sociedade máis xusta na que pague a pena vivir. Mesmo proporía facer circular unha sorte de manifesto e recolleitar asinaturas. E matinemos un chisco sobre unha cuestión: Canta xente hai neste país capaz de xuntar 300 persoas na súa honra nunha cea, nun día de neve e frío coma o de onte? Foi unha demostración prebiscitaria desa República das Letras da que tanto se falou.
Actos coma os de onte á noite deixan en un un pouso de melancolía e emoción, como a que embargaba a moitos dos presentes malia o bo humor reinante entre todos, mais tamén de esperanza e gratitude, porque através da solidariedade e o afecto con Marcos emerxeu moito do mellor que aínda garda este país. Marcos é un exemplo, como dixo un dos oradores, polo que dá. E este blog é boa proba diso.
Polo demais, e sen aínda ter tido tempo para dixerir todo o vivido onte á noite, quero facer chegar os meus parabéns aos organizadores, que souberon medir moi ben intervencións e pausas musicais (por certo, un grupo marabilloso e unhas pezas moi axeitadas), e dar senso a un acto emotivo e humano asemade.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Esquecín que Gaudeamus hodie e Rock my soul soaron ao comezo do acto a cargo do coro do IES Carballeira, co Xabimusic, supoño, de director e a quen non puiden saúdar como pretendía. Teñen que comprender que eu coñecía a moi pouca xente.

Anónimo dijo...

Eu evidentemente non estiven, ainda que polas fotos había de atoparme con ben amigos, pero enténdanme, non me prace éste xeito de homenaxear tan ourensano, prefiro estar a carón do amigo de cotío, e non só contándolle o que quer ouvir, hei de lle dicer qué penso, ou tamén ofrecerllelo meu silencio se non sei que lle contar, nunca dicirlle o que non penso. Moita saude
Atte. Silverio

apicultor dijo...

Silverio: unha cousa non contradí a outra.

Marcos ten un millón de amigos espallados por todas partes. E como comprenderá, non é plan que todos se xunten todos os días en plan tuna compostelá a darlle a serenata (diurna ou nocturna).

E saiba que Marcos ten, tamén, catro, cinco, seis, sete, ..., amigos moi directos que sempre estiveron e están a seu carón a cotío, literalmente a cotío, botando con el unhas risas, tomándolle unhas tapas e uns viños, comentando o país e o impaís, dicíndolle sempre o que lle hai que dicir con franqueza, dándolle ou quitándolle a razón. E viceversa. Porque Marcos é un entre iguais.

Oxalá que vostede acade merecidamente esa condición algún día.

Iacobus von der Stein dijo...

Eu tamén suscribo a Crónica de Arume, e a petición do nomeamento que fai Saavedra.

Xabimusic dijo...

Tamén sentín eu non nos coñecer, amigo Arume. Ó resto da tribu presentoumos XDC. Non sei, pero deume a impresión de que se divertían... ¡Outra vez será!

Falando xa das homenaxes a Marcos teño que confesar que botei en falta unha referencia máis explícita á súa labor profesional como ensinante e educador.
Só podo dicir que para nós, no IES A Carballeira, é todo un luxo poder contar con Marcos como compañeiro e como profesor.

Xabimusic

lobo neghro dijo...

Impresionáronme pequenas cousas que dixeron os ponentes, alén do discurso de Marcos que haberá que releer atentamente.

Exemplo, alguén dixo que cando viña a Ourense calquer escritor ou conferenciante, o cicerone, o encargado de recibilo, guialo ou orientalo era invariablemente Marcos. Algo tan sinxelo, que pasaba desapercibido, é sumamente importante, lembrai calquer de vós chegar a calquer cidade, sosinhos e sen acomodo.

Outro detalle que me impresionou. Un escritor, (Bieito, Suso ?) falou da violencia e sectarismo do mundo das letras. Eso impactoume, pero tampouco era tan difícil de pensar porque en realidade, eu, violencia véxoa en todas partes, e non digamos na política "intra-muros" que é a peor. Outra cousa é atreverse a descubrir o sectarismo.

E máis cousas que iremos debullando pouco a pouco.

Grazas a todos.
Estou seguro que a cea permanecerá na nosa recordo para sempre.

Xosé M. González dijo...

Recollo un comentario do Apicultor no blog do Lándoas e combínoo co comentario supra do Isildur: en efecto, difícil será xuntar trescentas persoas nun acto coma este e un día coma onte. Ora ben, sumando as ausencias involuntarias notificadas e a dimensión dunha boa parte dos asistentes, entendo que o balance é un trescentos multiplicado.

Isto que está pasando é un fito cultural nacional. Polo menos iso intúo e penso que non esaxerarei moito, aínda tendo en conta as ganas de realzar.

Xosé M. González dijo...

No rexistro de adhesións faltan dous fíos de Arroutadass:

Un.

Dous.

Xosé M. González dijo...

E volvendo á mensaxe do Isildur: para a Medalla de Ouro (en penso que é distinción de calquera concello, virtual ou xa outorgada), valería un manufesto ou calquera manifestación sobranceira e ouremsá. Se os ourensáns concordan, xaora.

Teñan boa noite.

XDC dijo...

A vostede, Lobo Neghro, o que lle fodéu moito foi que eu lle fixera apartar da "visage" a visera coa que pretendía ocultar as fauces, na foto blogueira. Díxome a miña dona que andaba despóis vostede moi sentido pra mín.

Admiradora de homes sabios, sensíbeis e virís dijo...

De entre todos os solaineiros, estiveron especialmente guapos e elegantes para a ocasión os así chamados Saavedra, Xoán da Cova e Arume dos Piñeiros.

arume dos piñeiros dijo...

Explicaba Dámaso Alonso a propósito do petrarquismo aquelo da correlación poética (que eu sempre lle vin connotacións eróticas, aínda que eu véxolle a case todo tales connotacións, pero máis vindo do home que orinaba xinebra nos muros do Casón da Real Academia Española da que despois sería director): penseino agora cando vin a admiradora de 1. sabios, 2. sensibeis e 3. virís referirse a 1. Saavedra, 2. Xoan Dacova e 3. Arume dos Piñeiros.

XDC dijo...

Mellor que correlación poética é aplicar simetría especular.

arume dos piñeiros dijo...

O de simetría especular aínda me parece máis erótico. Pero non lle hei dicir por que. Entre outras cousas porque non o sei.

En Trincheradigital.com dijo...

Antón Baamonde ("O café na trincheira", www.trincheradigital.com, 30/Novembro/2008)

Marcos Valcárcel

O sábado xuntámonos centos de persoas en Ourense para facerlle unha homenaxe cívica a Marcos Válcarcel. Foi un acto elusivo, no que puxemos en paréntese a grave enfermidade que o aqueixa para establecer un ambiente de alegría, de cordialidade e de amizade. Así é Marcos. Alguén que é capaz de congregar centos de amigos e de congregar tamén a felicidade, mesmo en tempos díficiles.

Moitos coñecemolo de hai moito. De mil batallas gañadas e perdidas. Dende que, cando era un adolescente, pasou a integrar Cristiáns para o Socialismo, Marcos estivo sempre alí onde o seu compromiso e a súa xenerosidade llo esixiron. Decía Don Ramón Otero Pedrayo que o que lle daba beleza moral a Galicia, máis importante aínda que as súas belezas naturais, é o carácter tolerante dos galegos. Se hai alguén que, dende o seu nacionalismo, aprendido dende cativo no contacto cos vellos galeguistas, máis practicou a cordialidade e a empatía con todos ese é o Marcos. El ven dun mundo no que non importaba o combate polo poder, senón a serenidade do que resiste.

O sábado 29 de Novembro o humorista O Carrabouxo publicaba unha viñeta nas páxinas de La Región na que se vía a cabeza do Marcos e una figura afirmaba “Ten unha grande cabeza” o que derivaba neste retruque: “É que lle colle todo Ourense dentro”. E é certo. O seu último libro sobre a ”Historia de Ourense” é só unha pequena manifestación do amor pola súa cidade, que o recompensa co seu cariño.

Marcos é, sen hipérbole algunha, o que queda do espírito da xeración Nós, que tanta gloria lle deu a Ourense. El bebeu en Otero -e tamén eu me declaro masón dese culto-, en López Cuevillas, en Risco e Losada Diéguez…Como moi ben dixo na cea dos afectos o profesor Xesús Alonso Montero, Marcos Válvarcel é ese tipo de sabios que cando unen á sabedoría a ponderación obrígannos a enseñorealos. Como Don Ramón Otero Pedrayo, Marcos merece ser Don Marcos Válcarcel. O sabádo en Ourense lle rendemos homenaxe ao intelectual, ao historiador, ao cidadán, ao home da elegancia moral, ao home tranquilo no que podemos confiar. Foi unha fermosa páxina escrita no Libro dos Amigos.

Un día por diante dijo...

O texto de Antón Baamonde será lido o luns ás 11´15 da mañá, máis ou menos, en "Un día por diante", programa da Radio galega no que colabora.

Anónimo dijo...

Apicultor non é iso, non, non é iso, é outra cousa que non desexo me por a explicar aquí. É un sentimento que non gostaría que fixeran comigo, e o respeto (sen o ct), para min, pasa por tratar ós demáis do mesmo xeito que quero que me traten a mín, e disculpe, non me gostan éstes homenaxes...
Atte. Silverio

lobo neghro dijo...

Dacova, à sèrio, padezo unha rara "hipersensibilidade" que me amola ben veces.Verá, non só era contra vostede, tamén ía por o Apicultor, quen me rifou polo menos en tres ocasións. A última porque decidira eu levar unha mochila ó acto.
Chamoume a atención porque eu estaba alí con unha mochiliña.
Rebaixeime a xustificarme que levaba libros nela. Certo, pero non teño porque darlle explicacións, nin él erexirse en censor. P. que o p.

Como comprenderá esto paréceme inaudito, menos mal que fago relaxación, sudarsan kraia e meditación senon deus nos libre. Sonlle moi ghuerrilleiro. E violento cos violentos. E eso a mín violéntoume. Pareceume o Apicultor un ríxido-intolerante- arteriosesclerótico de carallo. Insólito. Non llo aturo nin de coña, vamos, xa chupei bastante relixión e represión.

E en que partido virá ese señor e militar? que fuxo del escopetado e dou a voz de alarma-social.

Menos mal que non lembro a primeira rifa. A seghunda foi a da ghorra na que vostede participou.

Oigha, a gorha éralle congruente, sabe?, tiña unhes olliños, eu só tiña que arreghañar os dentes.

Porque tanta seriedade?.

A culpa, seghuro, do clero, ou dos anarquistas. Aseghún.

Desde o episódio da mochila o Apicultor preocúpame .

xdc dijo...

Eu tamén teño unha gorra como esa ,Lobo. Adoitan a levar escrita a expresión "No Fear" (Non teño medo), pero o xesto dos ollos é precisamente á da desarga adrenalíca que induce á loita, fruto do medo. Xa sabe que hai dúas respostas diferentes ó medo, que os ingleses chaman "fight or fly" (loita ou fuxe). Vostede trataba de ocultar a cara coa gorra para a foto. Nos, que somos amigos seus, só pretendemos que destapara a cara, non que quitara a gorra.

xdc dijo...

Preguntaránse por qué madrugo tanto a escribir estes días. Xa lles contéi que teño un ordenador novo, pequeniño,que entra nas wifi das cafeterías. Levo media hora nesta, xa vou polo segundo café, e índa non dei lido ningún xornal, están todos ocupados. Podio entrar nas ediciós dixitáis ,pero non é o mesmo, non é o mesmo...Hai algún que ,en vez de leelo, parece que o estudia,sólo lle falta tomar apuntes.

lobo neghro dijo...

Home claro. Destapar a cara para que me recoñezan?. "Ni para coger im-pulso".

Estiven con un socialista de pro e contoume a crise en clave "animal". Como é médico falou do metabolismo dos lípidos ou dos azúcares, non lembro ben. O caso é que o primeiro en metabolizar é o músculo, e o segundo o cerebro. Primeiro fuxir. Despois pensar. Xa o pensara a naturaleza hai ben tempo.

Nesas están.

Ouvíu vostede algho parecido?.

Deixoo porque teño que cumplir un horario. E eso non é nada bó, córtame o cordón umbilical cos amigos, ou coa máquina...

apicultor dijo...

Carafio, amigo Lobo, pois si que é hipersusceptible de máis. Non se lle pode gastar nin unha broma, pois o da mochila non era máis ca iso. Desculpas en todo caso. Veña, cando o vexa invítoo a uns viños e asunto concluído. Apertas.

XDC dijo...

O estado de excitación producido por situaciós perigosas ou excepcionáis altera os mecanismos da memoria de tal xeito que todos os acontecementos anteriores e posteriores quedan nídiamente memorizados, o que permite o posterior análisis repousado. Un "remoemento" do pensamento (na aldea chamábanlle "remoer" ó que en castelán é o "rumiar" dos rumiantes).
Precisamente, os métodos máis eficaces de memorización consisten en crear asociaciós nemotécnicas que inducen a artificiáis sensaciós de "perigo", pra aproveitar esa característica da memoria natural.
Un amigo meu díxome unha vez que, a próxima vez que collera a bicicleta se tiña que acordar de coller un libro, e que era moi importante para él non esquecelo. Preguntéille cómo iba facer pra acordarse, e díxome: "Vou cerrar os ollos, e imaxino o libro no portabultos da bici". EU díxenlle: "Vas de cú". Eso é do máis lóxico e habitual, e non te vas a acordar".
Suxerinlle:
Cerra os ollos. Vas montado no lomo dun enorme libro a pedáis, por unha costa abaixo, sin freos. O libro máncate moito no cú, e vai esfolando as follas porque "pinchóu". O libro empeza a medrar e a facerse máis ancho, e ráchate en dous. Outros "ciclistas" montados en libros persíguente pra matarte. O mundo está cheo de eles, non hai coches, nin aviós, nin barcos no mundo. Sólo miles de enormes libros a pedáis,que cubren a faz da terra, e sobre cada un deles un ciclista disposto a matarte.

Cando o atopéi, pasados meses, díxome. Tardéi semanas en coller a bici, pero según a collín, acordóuseme o libro. O malo é que, aínda agora, cando a collo, acórdaseme o libro.
Eu díxenlle "Qué lle queres".

lobo neghro dijo...

Amigho abelleiro, queda vostede disculpado. Un lobo é un lobo. E teño a certeza que sobreviviremos a humana xente.

Díghame de paso, se non é moito preghuntar, o pintor de Lugho ó que vostede aludíu non virá sendo Murado?.

Oíghame, que o valor do seu cadro se multiplicou por vinte en cinco anos, piore que o ladrillo.

Ate jà.

XDC dijo...

Pra rematar o meu comentario anterior detallo as "leis" de memorización que uséi, por si a alguén lle interesan:

-Intercambio de forma e función: Un libro con pedáis é unha bicicleta. Tamén podía visualizarse un "libro aberto" cuyas follas foran pequenas rodas de bicicleta.
-Visualización de tamaños antinaturáis: O libro-bici medraba enormemente. O feito de "rachar" porriba del involucra a máis sentidos que o da vista.
-Situaciós de violencia, de dolor.
-Multiplicidad esaxerada de cousas. Moitas, moitísimas "bicis-libros".
Todo trata de esaxeraciós, de hipérboles, de saídas do "normal". DO que saería nos periódicos.

XDC dijo...

Enlazo post no blog do Von Der Stein,also known as Delapierre:premer.

Iacobus Von der Stein dijo...

Eu estou comendo o pulpo en Rábade. Xa sabedes 2 e 22 de cada mes.
Achéguense que están convidados.

nautilus dijo...

Parabens a quen orgaiza homenaxes en vida. Valcarcel teno de sobra merecido. Todos cantos nos dedicamos ó mundo da cultura temos moito que agradecerlle.
Desde a Biblioteca Escolar do Ceip. Milladoiro de Malpica, saúdos efusivos para o Profesor.