30 nov 2008




Despois da homenaxe

de Marcos V.

(Pegadas nos medios.)




Na prensa dixital:

30-11-2008




1-12-2008:

2-12-2008:


No blogomogollón:


30-11-2008





1-12-2008.
2-12-2008.

3-12-2008

Multimedia:

En Youtube, por Teleminho, presentación do libro ´Historia de Ourense'.

(En breve incorporaremos discursos pronunciados.)


Queren enviarnos fotos para elaborar unha galería do blog antes ou despois da homenaxe de M.V., mándenolas a este correo que figura así mesmo na cabeceira do blog: marvalcarcel@gmail.com. A poder ser, que non pasen de 500 K. de peso cada foto. Se queren tamén facilitarnos o traballo, identifiquen a cada suxeito de arriba a abaixo e de esquerda a dereita, e xusto o lugar e a data onde foi tirada.



113 comentarios:

Anónimo dijo...

Creo que non está de máis dicir que quen está estes días compilando información e poñéndoa a disposición dos blogueiros non é Marcos, senón un moi querido amigo seu, un home discreto e eficaz que está tras das tripas do blog, un informático de luxo, un amigo cabal.

Anónimo dijo...

podes darme un mail para enviarche algo?

Anónimo dijo...

Se se refire a min, o meu correo é apicultor@mixmail.com. Saúdos.

Anónimo dijo...

No ABC de hoxe sae tamén un artigo sobre o Marcos Varcálcel, escrito por Isabel Bugallo. A periodista foi tan amable de escanear o artigo e mandarmo ó meu correo. Graciñas, Isabel.
A ver se está na rede.

Anónimo dijo...

É o artigo número 12 de este enlace, pero a mín non me vai o link:PREMER.

Anónimo dijo...

La historia de Orense escrita por la mano de un orensano de lujo

ABC, 30-11-2008 02:45:10

ISABEL BUGALLO

ORENSE. El profesor Marcos Valcárcel, un «orensano de lujo», presentó ayer su libro «Historia de Ourense» en un acto que tuvo lugar en el Liceo ante la presencia de una multitud encabezada por la concejal de Educación , Ana Garrido, el profesor Alfonso Vázquez Monxardín y el director de Edicións Xerais, Manuel Bragado .

Un libro de estilo cercano, divulgativo, sencillo y humilde como su autor, que ofrece un riguroso y a la vez sintético recorrido por la historia de la ciudad de Orense, desde sus inicios hasta la actualidad,con especial atención al S.XX con las «voces» de Francisco Fariña, Eguileta, López Carrera, o Jesús de Juana entre otros.

«Historia de Ourense» es un libro de fácil lectura muy útil para los aficionados a la historia, estudiantes de secundaria o bachillerato e incluso para turistas que visiten la ciudad de las Burgas

El autor, calificado por Ana Garrido como un «Orensano de Lujo» es doctor en Historia Contemporánea y catedrático de Lengua y Literatura gallegas, académico de la RAG, miembro de las Fundaciones Carlos Casares y Curros Enríquez , director de la sección de Literatura del Liceo de Orense, colaborador de varios periódicos y por decisión la cultura ourensana y gallega ayer representada un miembro más de la lista de orensanos ilustres como Curros Enríquez, Lamas Carvajal, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas o Eduardo Blanco Amor o Carlos Casares.

Anónimo dijo...

Xosé María Palmeiro tamén escribe, nas páxinas de opinión de Galicia Hoxe, un artigo sobre Marcos.

Anónimo dijo...

Penúltimo día, penúltimo mes

faltando dous anos para o dous mil dez

A nosa Galiza volvéuse ó revés

Auria foi cabeza en vez de ser pés.


O Marcos Valcárcel, sabedes quen é,

xuntóu ós galegos, o triple de cen

no nome de todos, enténdase ben,

pois máis non cabían xa,no San Miguel.

A cea foi boa, o viño tamén

mesmo as sobremesas, dulces como a mel

hasta houbo quen fixo, moi ben, abofé,

botellas de cores pró licor-café.



Insignes persoas leeron de pé

sentidos discursos, foron máis de seis,

no honor do Valcárcel ,non chióu ninguén,

cós nosos aplausos dixemos "amén".



Foi o homenaxeado o último en ler

Lembróu a galegos do Aquén e do Alén

e fixo ben certo o refrán aquel

"Non é peor o último", que rima en inglés.



Cós meus compañeiros paséino "fetén"

Eran o Medela coa sua "partenér"

desde Lugo viña o Xose Manuel

quen rebautizóu ao Jacques de la Pierre.


O recén mentado,letrado lugués
aceptóu de grado ,en vez de francés

a lingua de Mozart pra andar no inter-né.


O Jimy de Rairo coas suas "lunettes"

fixábase en todo, coma quen non quer

tamén valoraba a sua bela muller

xestos e palabras, deixando facer.




A que é miña dona deixóume beber

pero sólo en canto me tuvera en pé

(o licor do Xulio "tiraba o cordel")

pero aínda conservo puntos no carné.



Fallóunos o Arume "à notre côté"

mal non nos parece, alá cada quén,

pero estaba o Lobo, falando da "mens",

da aldea ou de Andorra, dos cás ou do Ché.


Existe unha foto, non sei quen a tén

o Marcos no centro, e nos atrás del

mixtura de plumas de alto nivel

cós que, coma mín, están a aprender.

Anónimo dijo...

En A Nosa Terra tamén hai unha galería de imaxes do acto no Liceo.

Anónimo dijo...

Que noite! Debo dous euros a don Armando Ojea e dous 'cubatas' a don Xaime da Pena.

Anónimo dijo...

Quedástedes escangallados, que non dades martelado no teclado pra escribir.

Anónimo dijo...

E eu polas cañizas cheíñas de neves ás 3 e media da mañán á supersónica velocidade de 80 por hora. E vós, lisérxicos todos todas, apalpando ourenses.

Anónimo dijo...

Algún bondados@ espectro podía dicirme o e-mail do señor Fonseca e máis do señor Trebolle??
Teño que lles envíar unhas fotografías.
Obrigado.-

Anónimo dijo...

Moito presumir de licor café, pero despois non aguantan nada. Van vellos, señores.

Anónimo dijo...

Cando lle chaman "As Neves" a un concello de esa zona, por algo será,Arume.

Vouvos contar un caso que me acaba de pasar.

Pasaba eu por a parte vella, cara o Posío. Por certo que me atopéi con varios dos asistentes ó homenaxe do Marcos, que viñan dun acto sobre Risco no Instituto Otero Pedraio.Ao que iba. Andaban por a zona tres mozos ,coa típica pinta dos que adoitan a andar por alí a estas horas pra "pillar" determinadas sustancias adictivas. Un de eles acércase a un home que pasa, e pídelle un cigarro, pra fumalo entre os tres. O cabaleiro dalle tres pitos, un pra cada un, e dille:

Tomái ,ho, tomái.Andades gastando os cartos en tonterías, e logo non tedes pra fumar.

Trebi dijo...

Para "medela a sair do shock" , van:
jorotre@yahoo.es
J.I.FONSECA@terra.es
Con un Saudo Trebi

Anónimo dijo...

Eu dínlle pousada a Jacques de la Pierre e deume unha sorprendente noticia: un óleo dun para min descoñecido pintor lucense que compramos en Lugo hai catro anos por trescentos euros, seica agora andará polos seis mil, pois tal foi a revalorización do pintor.

Se é así, e debe selo, pois entende o Jacques de arte e de mercado, non tivemos mal ollo, xa que o cadro segue sendo igual de fermoso que o primeiro día.

Tamén se lle quedou sen batería o seu buga, pero esa é outra historia.

Anónimo dijo...

Houbo que votalo por a rúa Concordia abaixo, en dirección prohibida?
Xa estóu vendo ao Delapierre ,convencendo ao municipal non sólo pra que llo deixara facer, senón botando unha mau, empuxando.

Anónimo dijo...

Iso éralle pola vella, amigo XDC. Agora hai unha tarxetiña que se leva na carteira, chámase ao número 24 h. que pon alí e axiña veñen dun taller (se é nunha estrada xeral poden tardar algún tempo).

Anónimo dijo...

Ningún comentario cae en saco roto.

Sigue a sorprenderme como a xente memoriza feitos dos que "falamos" sen que nos acordemos a posteriori pensando que xa desapareceron.

Pasado un tempo, cando vos vexa hei de preghuntarvos por algo posto eiquí.

Tende tino.
Parece ser que a "mamoria " de internete é ilimitada e máis poderosa que a dos libros. Nada do que deixedes plantificado neste medio poderá ser borrado.

No día do xuízo final, no que acredito, presentarémonos todos coa memoria dos "trazos" depositados no blog.

Anónimo dijo...

A mín a cea servíume de catarsis.

Reconcilieime con algún vello "animalcete", ou conmigo mesmo, que tanto faz.

Relembrei que eu estiven nunha movida na que lle facilitamos ó Marcos e seus amigos tomar a dirección do Eixo. Detrás da "movida" para que levara a presidencia Merche , con un equipo no que estaba Marcos ( non o lembraba e eso que o coñecera antes), detrás estábamos eu e unha amiga que acobou saíndo co ché.

Instigador perdón, arquiteuto, no bó sentido da palabra era o Ché. Faláramos nunha viaxe en tren a Santiago, subira él na estación do Irixo. Ano 80?, 81?. Convencérame, nos vos digo con que argumento porque hoxe sería políticamente incorrecto, e eu cheguei a convencer a un grupo ácrata, manda truque, alén da nosa amiga que seguíu nas xugas, e despois nos Caf, quen resultou ser determinante. Ghanamos, e o Marcos, noso amigo estaba na directiva, eu xa non o lembraba.

Daquelas, no eixo encargueime de organizar un ciclo de cine galego, co que había hai 25 anos....Piñeiro, Xavier Villaverde (circos), Miguel Castedo, algúns máis....Facultade de história. E o Marcos andaba por alí e eu non o lembraba.

Parece que volvemos ás fontes, semella o mito do eterno retorno. Sacudiume.

Desemulenme meus xefes.

Anónimo dijo...

"Na mañá do día do xuízo,
cando levante a miña cabeza do polvo,
será para buscarte a tí,
para conversar contigo "

Yalal al-Din Rumi

Anónimo dijo...

Para amigo Apicultor:
Esas palabras nun tarro de mel, que entendo me mandou antonte, -día 30 ás 6:44- alá no primero das súas entradas deste recopilatorio do noso común amigo, son esaxeradas, máxime se veñen procedentes do seu cultivo.

Acabo de me comunicar co anfitrión para falarmos como andan as cousas pola casa, e felizmente dime, –extremo que probablemente para vostede non sexa novidade – que se reincorporará; de inmediato con novos folgos nas andadas día a día na prensa, como conclusión aquí o teremos entre nós, campechanamente; servindo rico viño tostado, do novo.


Escusas para aqueles autores de artigos ou reseñas que antes ou despois da homenaxe nos pudieron quedar rezagados ou fóra do noso alcance involuntariamente.Caso do Xavier Limia de Gardón. Ainda que sexa a destempo pretendemos quede registrado no blog.

"A Lúa na noite"
Xavier Limia de Gardón
24-11-2008

Escoita, colega amigo, o salvaxe vento do Oeste, alento do ser do outono!. As follas nos pés, o ar fresco, case frío. As emocións dos amigos da lúa. Desde que a vida se nos fixo Ourense, logo das santiaguesas aulas, colegas nas docencias, na distancia. Miraxes e palabras breves, un sorriso, cortesía nos ollos. Cine club dos setenta e films pola noite na sala do Cardenal Quiroga.

Logo as noites cara o norte, baixando para a néboa que ascendía polas rúas da Concordia e Habana, cara a Ponte, onde vivía. As nosas clases desde o ensino medio, para homiños e mulleriñas, nos que lles aprendemos o amor polo saber desde o corpo a corpo véndoos medrar. Clases cheas de contidos xerais cos ecos, voces entre as follas, da nosa Galicia.

Cos periódicos, desde Celso Emilio, nalgún solpor pasado, contra a chaqueta, téñote visto, en cortés e apresurado saúdo, fuxindo sempre de nós cara os outros. Home de prensa e da prensa. Téñote visto nalgún dos teus xiros por Galicia, desde Ourense. E nos últimos anos a cotío, nas ocasións solemnes, con un teu amigo de sempre, entre algún que outro, xa menos. Home de falas breves nas intervencións das mesas redondas, en coloquial ton, cadencioso, sosegado, tamén nos soltos, agás algún artigo que outro de santiaguesa luz.

Outono. 'El sueño de los arces vuela / del amarillo al rojo incorruptible. / Sobre las encendidas hojas / cumple la luz su ciclo / oscuro y cede a la impalpable/fecundación /-oh luminosa noche/de la sombra', escri bira Valente canto estabamos na universidade.

Agora que devala a luz, entremos no outono. Mais 'No temas a los lestrigones ni a los cíclopes / ni al colérico Poseidón (...)'. Coidado, ademáis cas presas: '... No apresures nunca el viaje. / Mejor que dure muchos años / y atracar, viejo ya, en la isla (...)'. Ela, Itaca, foi quen che brindou tan fermosa viaxe. 'Así, sabio como te has vuelto, con tanta experiencia, / entenderás ya qué significan las Itacas'.

No interior con figuras que te acompañarán a tardiña do derradeiro día (de clases) do mes de san Andrés, estaremos moitos. Mais outros noutras xeiras, algunha solidaria, como a que me ocupará no Principal para Médicos sin Fronteras, e coa poesía de Machado Neruda e Lorca de fío condutor. Nas voces de Esteban Plaza, Marisa Calvo, Teresa Devesa e Manuel Blanco. Unha homenaxe á palabra en liberdade, da que tanto gustas.

Querido amigo, colega de xornal en máis dun luns: contar a vida por anos luz, como fai Pozo Garza, iso importa. Mais tamén, o miúdo de cada día, a luz no leste no solpor, a mirada fuxidía daquel alumno cando vixiamos aquel noso exame, a calor da muller amada a carón un dia calquera, Autum de Winston (unha camelia agora/ despois outra camelia/como os pasos dun fillo)... ata o canto da passariña da famosa cantiga. Chega decembro. 'If Winter comes, can Spring be far behind?', isto é, se chega o inverno, pode quedar moito despois a primavera?".


Graciñas ós que nos están mandando fotos, -os máis madrugadores Xaquín Vales, Xrquintana, Trebi, e Marga -, para empezar a construir un canastro de retratos con Marcos. Non teñen porque ser só do día da homenaxe. Sirven tamén as que teñan de vello.


Leria, leria :
Medela, e falando, falando de deber, son eu o que lle debo o gasto da tintorería da súa chalina e o pantalón do seu distinguido uniforme de D&G. Ou non?.

Anónimo dijo...

Saiamos logo do TEMA, volvamos ao día a día e provoquemos: estupendo, desde o empezo ata o final.

Anónimo dijo...

Unha persoa é algo bastante máis particular e privado que calquera empresa. Cando o Estado nomea a un funcionario está facendo unha concesión vitalicia, que non se lle permitiría a ningunha empresa,como é lóxico, por boas que foran as prestaciós ofertadas.
Queñes traballasen para o Estado deberían demostrar a sua valía de xeito continuo, polo que fan, e non polo que xa "son".
Un presidente que arrasóu nunhas elecciós ten que volver a demostrar ós catro anos que a ciudadanía o segue querendo.
Vitalicios, xa non son nin os matrimonios.
Xa sei que me van a decir o dos expedientes e bla bla bla. O expediente sería o equivalente á condena xudicial dun traballador que estafóu á sua empresa. Falta o equivalente ao "despido", sinxelamente.

Anónimo dijo...

Tamén me sorprende o grado de conservadurismo de moitos funcionarios ,moi revolucionarios noutros temas, pero que cando lle fas este tipo de observaciós veñen a decir algo así como "o tinglado está montado así".
E tamén me sorprende que moitos toman o asunto como un tema persoal, cando un sólo critica ó sistema.

Anónimo dijo...

Sobre o tema que saca Saavedra, eu recoméndolles o libro "A ditadura da incompetencia", do empresario catalán Xavier Roig. Teñen máis información neste blog:

http://astuasbalas.com/2008/10/14/contra-a-funcionarizacion/

Anónimo dijo...

Amigo Xulio, calquera palabra é escasa para describir o seu gran labor, xa non só nestes días nos que non se lle escapa ningunha referencia e fai funcionar o blog a pleno rendemento, senón na súa marcha xeral e no seu mantenemento.

Eu tamén falei onte co anfitrión e, en efecto, axiña se ha incorporar ao seu labor xornalístico e blogueiro. Estivo, por primeira vez na súa vida, descansando uns días da palabra escrita, descubrindo os praceres do doce facer nada (que ben se vive así, chegou a dicir). Pero como non o pode evitar, como é un home disciplinado e medio calvinista (que non calvo), o prurito do traballo da escritura é a súa segunda pel. Por iso o volveremos a ler no que é a súa gran paixón, a prensa.

Anónimo dijo...

Por certo, amigo Xulio, a referencia ao artigo de Alvarellos non vai.

Henrique Alvarellos estivo o sábado na cea, como non podía ser doutro xeito en quen é bo amigo de Marcos (tanto, que me contaron que foi o máis madrugador de todos en achegarse ao banco a facer o ingreso para a cea). Aínda que non o coñezo estiven a piques de saudalo, pero alguén se meteu polo medio e despois xa non puiden facelo. Así que aproveito esta ocasión para enviarlle un saúdo e felicitalo polo seu gran labor de editor e columnista.

Anónimo dijo...

E xa que andamos a darlle choio ao infadigable Xulio, tamén podería poñer o ligame ao artigo de Monxardín de hoxe no Galicia Hoxe, titulado "A casa que comía coche". Nel conta, con ese estilo narrativo tan seu, os seus recordos de neno sobre os modernos que eran daquela os Valcárcel da Avenida da Habana. Precioso artigo, abofé.

Anónimo dijo...

Os políticos son funcionarios de profesión nunha aplastante maioría. A proverbial incompetencia política pode ter moita da súa base nese feito.

Anónimo dijo...

Enlace do Anónimo:PREMER.

Anónimo dijo...

Hai unha cousa que se chama Inspección, entidade tamén funcionarial que tería de cometido fundamental comprobar o rendemento dos funcionarios e asegurar que son rendibles á institución pública e, xa que logo, á sociedade.

Non concibo un Estado que non teña rede funcionarial consistente; tampouco un Estado que non asegure, de modo claro e -se necesario- contundente, que o funcionariado funcione. Funcione, pois, a Inspección. A lóxica de Losada paréceme notoria; e o inferido, posiblemente o máis barato dos sistemas. Xa sen apelar á ética e quedando no ámbito (ás veces parece que exclusivo) da economía.

Anónimo dijo...

Precisamente Dacova, non me importa que me califiques de conservador, pero cheghei a conclusión que o sistema necesita un corpus de persoas estables. A xeito de espiña dorsal. Ímolo ver en breve cando se tambaleen boa parte dos postos de traballo e se agudice a crise de consumo e dos pagos. Moitos "bochinches" sobrevivirán por os funcionarios.

Se lle insufla vostede máis inestabilidade ó sistema, toleamos. E dígoo porque estiven en todo-las posicións e podo falar coa visión do dentro, do fora, da negación e da asunción.

Houbolle un tempo no que, se a miña muller non fose funcionaria eu toupaba. Non estaría hoxe eiquí, sería probablemente outro emigrante ou no Québec ou nos Uesei ou en Xenebra. Non sei cantas familias contan con polo menos un funcionario entre os seus membros. Incluso penso facer unha estatística entre os seus pupilos. Xógome as barbas se non son máis do cincuenta por cento. Se alomenos un membro non proporcionara esa estabilidade vostede tamén toupaba.

Pero non se preocupe, é bó para a economía. Todos a mexerse, competir, inestables, deixade de parir e criar fillos, máis ansiedade, rompede os montes.

Veña home que temos que producir e inzar os comunais de vacas autóctonas de carne, para que deixen de arder. "Morenas del noroeste".

Sí, sí, eliminemos ós funcionarios, e a arte que non sirve para nada. Os músicos, como o seu nome vello o indica, son unhes músicos, ghaiteiros, cantamañanas, que fan de productivo?.

Deíxeme contestar por favor. De productivo?. Nada.

Nada mensurable.

Quen lle dí que non nos formamos?. Cando eu concursei ó meu sexenio, non teño máis, a administración pediume cen horas de formación. Como son "zerrotios" de mollera e de práctica, non aceptaron un papel da EOI de trescentas horas por non estar clara a data de realización. Cabrearonme tanto que lle xustifiquei 1600 horas de formación reglada en seis anos. Faltan os cursos heterodoxos que non se dan computado.

Hai certa movilidade. O demáis é falar por falar, propor un réximen liberal absoluto que xenera moitas brutalidades.

Este debate paréceme como ese que sempre lle encetan na aldea: "Il non poderíamos propor unha língua no mundo, unha só língua para que todo o mundo se entendera"?. A puro guëvo se fixera falta. Claro, hom, vostede propoña, non se prive, a democracia, a liberalidade. Claro, e, eso sí, eliminar os funcionarios. Médicos funcionarios, profesores funcionarios, pensionistas funcionarios, tristes-administrativos funcionarios.

Todo en maus privadas.


Voulle preghuntar a miña muller como lles controlan a productividade no Inss, como fichan e recuperan pola tarde... como teñen que seguir a formarse; home se me fala vostede do Inem, o Inem que coñecemos foi o inem, aquiles si que eran tempos, e non se pode xeneralizar. Hai bolsas, como hai bolsas de pobreza, élle un ecosistema complexo.

Anónimo dijo...

Tes idea Dacova de cantos libros podes ter lido na túa vida?.

Anónimo dijo...

O dilema, amigo Saavedra, é quen inspecciona á Inspección? No ámbito educativo, que vostede tan ben coñece, disque se houbera inspección dos inspectores, máis da metade -sendo xenerosos- tería que ir á rúa por incompetentes.

Anónimo dijo...

Preciso o enderezo electrónico de
*Profesor González
*Etxe
*Lobo Neghro
*Delapierre
*Dacoba

Para lles enviar fotografías da homenaxe.-

galeguistas@yahoo.com

Anónimo dijo...

o meu non llo dou que é capaz de mándalo a cobro revertido.

Anónimo dijo...

O que teñen que ser altamente estables son os "roles", e estar definidos de xeito que precisen de xente preparada pero non de "insustituibles". Como nos equipos de fútbol, por poñer un exemplo desenfadado.
O alto funcionario tén moitos mecanismos á sua disposición pra facerse "insustituible" na institución , capitalizala e rematar por dirixila como unha propiedade privada.
Os mecanismos de control teñen que tomar a sinal referencia do exterior do sistema, é algo elemental. Os inspectores forman parte do sistema.

Anónimo dijo...

E eso que dice, Lobo, de que moitos "bochinches" sobreviven por os funcionarios, é unha falacia habitual que non se aguanta nin un segundo en termos económicos. Quen move ós coches é a gasolina, non o aceite do engrase.O "bochinche" ten que ser motor , creador de riqueza real,e a administración ,"engrase". É o senso en que a "espiral" da creación de riqueza se abre. Ó revés, a espiral cerra hasta colapsar e autodestruirse.
O que sí me parece discutible é a consideración de "riqueza" á combinación cartos-tempo dos mercados financieiros. Calquer "ben" perde o seu valor de non usalo ben. A comida dun restaurante pérdese e hai que tirala si o dono non sabe calcular cantos clientes pode ter. Pero para os que prestan cartos, o tempo sempre pasa, non teñen forma de "perder". Por eso e por moitas cousas que fan que a "economia financieira" é diferente á "real",penso que posiblemente a financiación debía de estar nas mans do EStado, como a Sanidade. SE hai que redefinir ao EStado, faise.

Lobo, non teño nin remota idea dos libros que lin na miña vida, nin é algo que me preocupe. Tampóuco levo conta das mulleres que améi, anque eso sí, foron moitísimas menos.

Anónimo dijo...

É notorio que os inspectores son tamén persoas. Pero tamén o son os notarios e considerámolos peza imprescindible do sistema social e institucional. Chega un momento, si, que un pregunta: quen nos vale do Valedor?

Pero, en efecto, debería haber inspección de inspectores, e quen a desempeñase probablemente sería tan impopular como os inspectores do primeiro nivel cando deciden inspeccionar e actuar se é necesario; ou coma, nas películas de policías americanos, o departamento de Asuntos Internos. E seguen sendo tan imprescindibles coma os árbitros no fútbol.

Ou coma os funcionarios no Estado. Peor, altamente perigoso, resultaría pór nas mans privadas, e sometido á lei do mercado e o beneficio empresarial, todo o funcionamento do sistema teoricamente público.Aínda que non sexa cinema de altura, permítome traer como exemplo unha película que xa ten algúns anos: Robocop.

Anónimo dijo...

No fío do que afirma o profesor González, quería dicir eu tamén, que nas sociedades ricas e industrializadas é moi fácil falar mal nos funcionarios, como causantes e culpados de todos os males que puideren atinxir a sociedade.
Si, era habitual en Catalunya.
Outra cousa vén sendo a República Galaica do Interior Ermo Paupérrimo Arruinado e Cacique.
Na miña familia, e non me envergoño en absoluto, non houbo xeración que non tiver funcionarios: Curas, guardas civís, militares, etc. Hai tamén (gloriosas excepcións) un catedrático de matemáticas e unha directora teatral.
Tamén, é claro, beatas, labregos, extraviados, esparavenados e vadíos coma min.
Gustaríame saber que tería sido de Einstein ou Liz Hurley se tivesen nacido en Lobeira.
Un grande abrazo, González.

Anónimo dijo...

O crecente clube dos non funcionarios

Anónimo dijo...

Comentario de textos:

>>Solbes, ante la subida del paro: >>'Hay consenso en que 2009 va a >>ser peor'

Moi ben e moitas grazas por nos avisar do que nos viña enriba antes das eleccións.


>>Fidalgo, del sindicato CCOO, no >>descarta movilizaciones si >>llegan a ser necesarias. Méndez, >>de UGT, pide al Gobierno que >>vigile los Expedientes de >>Empleo.»

Ballocada pura. Aos sindicatos (=defensores e xestionadores dos seus sindicados, non dos parados) que lles retiren as subvencións dunha p*** vez.

Anónimo dijo...

Os libros lidos por Dacova ó longo da súa vida, ata onte, foron 8.244; oito-mil-douscentos corenta e catro.

Fontes fidedignas.

lourixe dijo...

Don Jaime, non permita vostede que Medela o rebautice con grallas. Non sei que saberá das linguas das repúblicas ex-soviéticas polas que viaxa, pero en alemán castizo von sempre vai co dativo, neste caso ao ser Stein masculino, o artigo é dem que contrae en vom. Resultado: Jakobus vom Stein.

Para o tema dos funcionarios, o problema non é que haxa moitos ou poucos, senón que non hai mecanismos de control e sanción para os que non cumplen co seu traballo. Un langrán na empresa privada pode ser despedido, con ou sen indemnización segundo proceda. Para expedientar a un funcionario, este ten ter que feito algunha moi gorda (eu só sei dun despido, e foi por agredir a un cargo electo). Coñezo persoas que van sistemáticamente facer as compras durante o seu horario laboral, outro que prolongou unha baixa por enfermidade para facer unha viaxe ao estranxeiro, etc. E as consecuencias, incluso de seren "cachados" nesas infraccións, son nulas. Non quero con esto denigrar os funcionarios, tamén coñezo moitos que fan máis do que deberían para os medios que se lles proporcionan. O que critico é o acomodo na impunidade dos que pensan que xa se esforzaron abondo en sacar a oposición, non a rascan e cobran igual que os demais.

Anónimo dijo...

Eu non poño para nada en tela de xuicio a Administración, nin as suas competencias. O único que poño en tela de xuizo é o caracter vitalicio do funcionaridado, que non remato de entender por qué ten que ser imprescindible prá existencia do EStado. Prácticamente todo o organigrama estatal pode funcionar igual sin que os seus roles teñan que ser asumidos por persoas con nome e apelidos. E, si depende de persoas concretas, menudo organigrama do carallo.
E tamén poño en tela de xuizo os procesos de selección, por moitas causas, pero eso é outra historia.

Anónimo dijo...

E outra cousa que quero aclara é que eu non falo mal dos funcionarios. O que critico é o sistema fundionarial. tampouco me gusta o fútbol, pero non teño nada contra os futbolistas.

Anónimo dijo...

Señorita Lourixe: Admiro os seus coñecementos en lingua alemá, e quéroa como se Vde. fose a miña prima segunda...
MAIS EU NON FUN QUEN BAUTIZOU O SEÑOR XAIME DELAPIERRE!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

As empresas privadas teñen os seus controles internos pra ofertar un bó servicio ó cliente, pero quen dín o que é bó para o cliente, en última instancia, é o propio cliente, coa súa última valoración do producto ou servizo.
Imaxinen que van comer a un restaurante e lle dan un plato en mal estado. Vostede protesta, e dinlle: o plato pasóu os nosos controles internos de calidade, así que o plato está ben. Pois así é como nos sentimos os administrados moitas veces, cando nos falan dos "inspectores".

lourixe dijo...

Desculpe, Medela! :-( Héme aquí compungida y deshecha. Non sei por que me deu por acusalo a vostede dese feito deshonroso.

Anónimo dijo...

Estamos no mellor dos momentos para criticar, plantexar, propor unha reforma do carácter vitalicio do funcionariado.

Propóndeo no voso partido político. A ver que pasa. O ano que ven mellor que neste ano.

E mentras o propoña, que bocexe ante a cámara, como acostuma a facer o "Cantinflas", con perdón para ese gran artista.

Anónimo dijo...

Lourixe: jajajajajajajaja
O caso é que calquer acontecemento underground nas Uvas é atribuído á miña persoa!!!
jajajajajajaja
Ouviu: Anda o seu paisano Vom Penedo a argallar un outro contubernio. Ira Vde., supoño...
Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Lobo: unha persoa que se involucra en proxectos empresariáis , non gana cartos, e ten que buscar refuxio no emprego público, non é precisamente alguén que teña demostrado "entender" cómo funciona o tranganillo.

Anónimo dijo...

Lobo: os libros son como a parede da caverna aristotélica na que se proiectaban as sombras. Igual non me explico.

lourixe dijo...

Caverna aristotélica ?????????????????????

Anónimo dijo...

Glups!
Quería dizer platónica, Lourixe.

Anónimo dijo...

Please stand by me, Lourixe. I need your help, for me to correct mistakes like this one. Perhaps, I´m growing old, and my mind is flying away, far from my head...

Anónimo dijo...

YÚUUuu
ask mi jáu ai niúú
Mai zru lov guós zrúúúú
Uóóó Oóóoo
Ái of kers riplái
Sámzing jiar insáid
can not bí dináai...

(Adicado á Lourixe, a capela)

Anónimo dijo...

Grupo de Traballo Galego de Londres
Novembro 2008
A figura de Ramón Piñeiro

Na Galiza déixase que pase todo como se o levase a corrente dun río, sen estudar nen analizar, e o resultado desa pasividade ou preguiza mental, emocional e intelectual é que o país está sempre dominado, até un ponto que semella cause imposíbel de crer, polos que contan a historia que eles queren e como eles queren.

Poucas veces terá sucedido iso con mais forza e claridade que coa historia do galeguismo da aposguerra, cuxo principal protagonista e heroi foi Ramón Piñeiro, o nomeado para as Letras Galegas do ano vindoiro. Espalláronse lendas arredor desa figura que culminan agora con ese nomeamento tan curioso. Curioso porque compre supor que o Día das Letras Galegas se adica a alguén que cultivara as letras, e Ramón Piñeiro foi moi pouquiño o que escrebeu, ainda que forme parte da lenda que fora filósofo (sen haber moita razón para consideralo tal), que traducira a Heidegger, e até houbo quen se referiu a ele como “poeta lírico”, cando, que se saiba, nunca se ocupou da poesía.

Según o conto que se contou sobre Ramón Piñeiro e a editorial Galaxia, antes diso apenas había nada en materia galeguista, ou nada que valera a pena, e foi a partires dos esforzos heroicos desa figura e desa editora cando o verdadeiro galeguismo xordiu e chegou onde está agora.

Hai algo de verdade nese conto. O que fixo Ramón Piñeiro foi mudar o curso da historia do galeguismo e situalo onde se quería que estivese, formando parte da España que se estaba construindo daquela, moitos anos antes de que morrese Franco, para que continuase, de maneira aceitábel no ámbito da política mundial, o que se fraguara durante o franquismo: a España da Transición, na que todo quedaba igual no fondo, disimulado cunha retórica política distinta.

A figura de Ramón Piñeiro encaixa perfeitamente naquela evolución mais o menos calada que se estaba maquinando naqueles anos.

Ramón Piñeiro apareceu en Santiago de Compostela no ano 1953 con sona de filósofo de esquerda, galeguista e encarcerado depois da Guerra Civil polo franquismo. Abondaba con esa fama, e có feito de que se fundaba unha editorial galega que semellaba importante, para que virase, xunto con García-Sabell, centro de atracción para alguns rapaces que andaban por Santiago con ansias de escreber e de facer algo polo país. Mais ainda porque Ramón Piñeiro estaba dispoñíbel para falar con eles, aconsellalos e facer de pai espiritual.

¿Qué había de certo na aureola coa que chegou a Compostela, de heroi de esquerda e galeguista e de perseguido por Franco? ¿Era un filósofo que traducira a Heidegger, como se dixo dende o principio e se segue dicindo?

Resulta mais curioso ainda que, habendo un home dentro do galeguismo que combatira no exército da República no frente de Madrid, estivera condeado a morte polo réxime franquista e tivera que viver moitos anos agachado e afastado da carreira que lle correspondía, ninguén lembrase ese feito indiscutíbel, nen antes nen agora. Ese home foi Carballo Calero. E que, en troques, a aureola de perseguido polo franquismo e de heroi fose parar a Ramón Piñeiro, que, ainda que o atrapasen nalgun momento da posguerra, fora chamado a filas no exército de Franco e acobillárase nunha compañía que comandaba Antonio Rosón. Piñeiro estivo sempre moi protexido por Rosón, figura destacada e poderosa do franquismo, que logo foi presidente da Xunta Preautonómica.

¿Foi Ramón Piñeiro filósofo e traductor de Heidegger? Que se saiba, e polo que ele proprio conta de sí, empezou a estudar a carreira de Filosofía e Letras como cobertura para estar en Madrid e facer labor clandestina, e non a rematou nen se ocupou da filosofía como materia intelectual. A traducción das 40 páxinas dunha conferencia de Heidegger, Da esencia da verdade, fíxoa Celestino Fernández de la Vega, e tamén a introducción e as notas. Piñeiro non sabía alemán e seguramente o que fixo foi aperfezoar o texto de Celestino, que parece que non se sentía seguro en galego.

Piñeiro inseriu o galeguismo, valéndose de Galaxia, nunha corrente que se chamou “cultural”. Mais non foi unha empresa cultural ideada por alguen impulsado por amor á cultura. Ramón Piñeiro non foi o que se entende por persoa culta. As artes e as letras éranlle mais ben indiferentes, e certamente non era o que entendemos por un intelectual. Quería que o galeguismo se centrase na “cultura” porque iso daba un prestixio que podía atrair a moitos e, mais que nada, porque con iso podíase afastalo da política de oposición. A empresa piñeiriá foi esencialmente de intriga política, e a cultura foi un meio para chegar a un fin. Ramón Piñeiro propúxose levar a Galiza por camiños que non fosen obstáculo ao continuismo que se quería para España. E para iso unha das primeiras medidas que tomou foi a de romper o vínculo coa Galiza da emigración e a diáspora: buliu a deixar a esa Galiza fóra para que non se puidese apresentar como unha posibilidade distinta da maquinada. Foi un elemento constante da sua traxectoria o de oporse sen escrúpulos a calquer posibilidade distinta para a Galiza: o que fixera coa emigración xa dende o inicio da sua carreira de orientador do galeguismo, voltou a facelo cando pensou que había perigo de que se lle fose das mans e quixo fundar Realidade Galega como entidade suprapartidista que lle permitira manter o control.

O que compre sinalar agora é que este é un tema importante que debía debatirse e non deixar que o leve a corrente como leva todo no noso país. O tema é se a Galiza orientada por Piñeiro val a pena ou non. Porque non é a única posibilidade nen forzosamente a mellor. E detrás do interés por sublimar a figura de Ramón Piñeiro e viralo santo do galeguismo hai intereses políticos e económicos moi fortes que conviña coñecer e analizar.

http://www.grupotraballogalego.uk.net/index.shtml

Anónimo dijo...

MEdela:

xoandacova@yahoo.es

Anónimo dijo...

Lobo Neghro:

A xente non determina o que lle é útil en base a razoamentos conscentes, senón en base á súa conducta, conscente ou inconscente. E un aspecto interesante e digno de análise de esa conducta é en qué están dispostos a gastar os seus cartos. Si quere entender á xente, pregunte menos e observe máis. Cando a xente "verbaliza" o seu pensamento pra responder a preguntas acerca das suas ideas, intenciós ou comportamentos entran en xogo moitos elementos distorsionadores.
Non lle pregunte á xente pra qué sirve tal cousa, tal oficio ou tal outro. Vanlle reponder o que están dispostos a recoñecer, o que pensan que vostede quere oir.
A conducta é a linguaxe na que menos se minte.

Non pregunte por quén doblan as campanas.

Anónimo dijo...

Na empresa privada hai abuso, e non pouco, empezando polo tipo de salario que se adoita pagar, seguindo pola vontade e os gustos do propietario/mandadeiro e acabando pola a miúdo discutible aplicación concreta da "lóxica do mercado".

Eu creo na necesidade e conveniencia dun funcionariado razoablemente convencido, a un tempo, de que ten estabilidade profesional pero non inmunidade para non facer.

Haxa funcionariado, funcione a Inspección.

Anónimo dijo...

É moi típico, por parte de funcionarios, pensar que o empresario paga salarios indignos. Como é moi típico que os adolescentes pensen que os seus pais son unhos tiranos porque non lle compran todo o que, según eles, lle fai falta.

É verdade que hai empresarios "jetas". Paradóxicamente, estes últimos adoitan a dirixir empresas moi rentables, que ,tamén moitas veces,o son por apartarse da dinámica da estricta competencia.

Pero, a maioría dos empresarios paga o que pode (sempre dentro da lei,claro), despóis de pelexar con clientes cada vez máis intransixentes e cunha Administración nada empática (nos feitos). Esto último, posiblemente por estar dirixida por xentes que nunca pagaron unha nómina, etc. COmo o adolescente do símil.

Quen mete diñeiro no Estado son as empresas. Os impuestos que pagan os funcionarios son "volver a meter o que xa estaba na caixa". COmo os seus salarios están xa asignados "por decreto" en base ás necesidades adquisitivas medias, son "impuestos virtuáis".

Onte aparecían nunha foto de prensa ourensá unhos políticos falando de fomentar a "cultura emprendedora" nas aulas. Si o coñecemento o da a experiencia, ningún dos da foto tiña NPI do que estaba falando.

Anónimo dijo...

E volvo a repetir que, como o que decide qué é o que satisface ó administrado é o propio administrado, hai que artellar mecanismos de control, prácticos i eficaces non sobre o papel, que emanen do propio administrado. Sen perxuicio, claro está, da labor dos inspectores.

lourixe dijo...

Axuda! Preciso que alguén con coñecementos en historia e política da prensa do país me explique por que San José, despois de investir en revolucionar ANT, decide agora montar un novo proxecto con Xornal (antes .com, agora de Galicia). Que pode ter que ver isto coas próximas eleccións autonómicas e o concurso das eólicas?
O anuncio en Xornal.com, en El Confidencial e ANT.

Anónimo dijo...

XDC dixo:

"Pero, a maioría dos empresarios paga o que pode (sempre dentro da lei,claro), despóis de pelexar con clientes cada vez máis intransixentes e cunha Administración nada empática (nos feitos)"

Ten vostede razón. Eu só lle fago unhas puntualizacións como "cliente" deses empresarios dos que vostede fala:

(1) Moitos empresarios fan o que poden para non declarar parte do que gañan. Xeneran diñeiro negro. Por exemplo, propietarios de restaurantes de luxo.
Os curritos non nos podemos escaquear de pagar os nosos impostos. Polo tanto, eses empresarios estanme a estafar cartos.

(2) Hai clientes intransixentes, claro que si. Pero tamén é certo que moitos negocios están atendidos por xente que non ten NPI do produto que está a vender ou do servizo que ofrece. Por exemplo, os camareiros maleducados que nin os bos días che dan e que che recordan por activa e pasiva que che están a facer un favor, que tardan en cobrarche, etc.

(3) Os produtos que xeneran para vender eses empresarios están feitos para durar unha serie de anos. O importante é desfacerse de moitos stocks, canto máis rápido mellor, e irche creando a necesidade de ter un coche mellor, un sistema operativo máis actual, etc. Olliño se se che estropea o ordenador: a ver onde encontras un servizo técnico? Mesmo cando está en garantía, obríganche a enviar o ordenador por correo a Tailandia e xa podes esperar meses a que cho devolvan.

(4) Está claro que as empresas venden o que a eles lles interesa (un teléfono con cen teclas e pijadas), non o que ti necesitas (un teléfono para facer e recibir chamadas), e todo porque é neses produtos onde gañan máis cartos. Sigo co tema informático: non lles interesa que compres unha impresora láser en branco e negro (as copias sáenche tiradas de prezo), senón unha de tinta e a cores, con seis cartuchos (para que gastes tinta, pois é aí onde fan negocio, nos cartuchos).

Anónimo dijo...

En todo o que dí hai bastante de razón. Pero tamén se pode puntualizar.

(1) Moitos empresarios fan o posible por non declarar parte do que gañan.
En xeral, a maioría da xente fai "o posible" nese senso. A diferencia está no tamaño do "posible". Non é mérito ningún non defraudar sinxelamente porque non podes.

(2) Hai camareiros maleducados. Cando é así, adoitan a durar puco no choio, mesmo anque moitas veces o seu "cabreo" esté humanamente xustificado. Tamén nas ventanillas da administración hai moito maleducado, e hai que tragalos indefinidamente. E tamén moitas veces o seu cabreo está humanamente xustificado.

(3) Case todo nesta vida está feito para unha serie de anos. As "novas necesidades" case nunca as crean os empresarios, senón os propios clientes, ao compararse unhos cós outros, e ao querer diferenciarse unhos dos outros.

(4) Os empresarios venden o que a xente compra.

Anónimo dijo...

Lourixe, penso que o Iacobus Von der Stein é o tal pra falarlle de eso. Pídallo con esa sua ollada cautivadora, e cantará "A Traviata".

Anónimo dijo...

Nova referencia a Marcos en http://madialevo.blogspot.com/.

Anónimo dijo...

Srta. Lourixe, sabe vostede dese tema moito máis do que eu lle poidera informar.

lourixe dijo...

Ben, veño de descubrir unha nova pista, isto pode ser un culebrón. Voume ter que dedicar ao xénero negro, a ver se reviso algo de Raymond Chandler.

Anónimo dijo...

Sería bo definir qué cousa é empresario. No caso de excluírmos da categoría a todos aqueles que pagan salarios mesmo inferiores ao salario base, aos que pagan baixo man unha parte relevante do salario para furtarlle a Facenda (que somos todos) e aos que presionan o traballador para que faga máis e máis horas extras (dado que de aí virá o seu ingreso fundamental; no caso de excluírmos os centos ou miles de casos que cadrarían dentro de tales conceptos, daquela si que eu podería aceptar que os empresarios pagan o que poden.

Como a experiencia diaria dá o que dá, e mesmo un funcionario coma min pode vela e estar rodeado de traballadores que se encontran nalgún de tales casos, a idea de que neste país meu en xeral o empresario paga os salarios que pode, eu, só podo recibila en clave de sarcasmo.

Non nos refiramos xa á obviedade do nivel de vida e consumo (de materia lícita e ilìcita, digamos que nalgúns casos) por parte de empresarios que pagan salarios escasos, cantidades fóra de nómina e horas extra a tutiplén. Vista e oído (meu e, supoño, polo menos dalgún outro contertulio) benefícianse a miúdo de testemuños ben elocuentes.

Anónimo dijo...

A riqueza xéraa o traballo. A empresa é unha forma de xestionar o traballo, privada maioritariamente no noso ámbito. E, por certo, máis ou menos eficaz segundo os casos. Non diría eu que sempre nos é rendible aos que non somos empresarios (a grande maioría de cidadáns) producir a plusvalía que aqueles embolsan.

Son un funcionario afeito a que, por sistema, se pense e fale mal de min en canto tal. Nada estraño nin incómodo: máis en concreto son profesor e de nós pensan e falan mal aínda os funcionarios das outras categorías. Non direi que trato de cumprir co meu traballo nin actuar nel desde un criterio ético; aínda que fose certo, ninguén estaría obrigado a crermo. Ora ben: estou ben lonxe de considerarme menos útil e produtivo ca un empresario. E, xaora, a anos luz de ver socialmente máis gravoso o salario noso cá plusvalía deles. Falando en termos xerais, e ata aí aínda chego.

Ora que, xaora, acepto que o mesmo que pode haber empresarios bastante ladróns sei que hai funcionarios bastante lacazáns. Eu non xeneralizarei o primeiro aínda que outros parezan estender enormemente a cobertura do segundo. Ao sistema me remito. E igual que de non haber estado isto igual era unha selva (con depredadores de músculo ou cabeza), de non haber funcionariado (e suplirse con empresas, empresarios e plusvalías) o servizo público igual se convertía en negocio privado. A min, polo menos, non me convén.

Anónimo dijo...

Vostede pensa no "empresario" meramente coma no oposto ou complementario ao "traballador". Máis ou menos sinónimo de "xefe".Unha noción bastante obsoleta, por certo.
Máis que de empresario, eu prefiro falar de "empresa". Os titulares das empresas poden ser persoas físicas, pero máís a miúdo o son sociedades ou outras entidades xurídicas, de un ou de outro tipo.
O "traballo" humano non é máis que un aspecto dos recursos que emprega a empresa pra "crear riqueza". Consiste esto en recoller elementos do entorno e transformalos mediante procesos dos que pode ou non formar parte o ser humano, en maior ou menor medida, nun producto (hai que entendelo nun seso xenérico, producto ou servizo) que satisfaga unha necesidade do "cliente" dun xeito máis eficaz que as alternativas que lle ofrece a competencia. A empresa pensa fundamentalmente no cliente ser humano "fin" da actividade da empresa, e no traballador pensa como "medio". A empresa non é ningunha ONG cara os seus empregados. A empresa ten que xestionar os seus recursos de xeito adecuado, incluidos os "recursos humanos". Consiste esto en retabilizar o traballo do seu traballador, de xeito que podia pagarlle dignamente, que este traballo en sí mesmo sea humanamente digno, e, na medida do posible que "realize" ao traballador como persoa. Todo eso, sin falar da "eficacia" na xestión do resto dos recursos. E, inda porriba, non sólo facelo ben, senón facelo polo menos igual de ben que a competencia, á hora de satisfacer o cliente. E, inda porriba respetando todas as leis non só laboráis, senón as relaciónadas coa propia actividade enitias por as diferentes administraciós, ás veces ambiguas ou contradictorias. E xenerar beneficios pra poder pagar a Facenda. Obviamente fai falta intelixencia.
Non sei qué entende por "traballo". Se eu paso a mañá facendo un burato e pola tarde volvo encher de terra, "traballéi" moito, pero en realidade non fixen nada. É a resposabilidade da empresa, non do traballador, facer que ese traballo teña senso. Ó mellor estamos buscando auga no deserto ,e compensa facer centos de buratos e volvelos a encher hasta atopala.
Os malos empresarios, malos como empresarios, xestionan mal os seus recursos, mesmo os "humanos" e rematan por ser depurados por o sistema.
E, o Estado, é fundamental en todo esto. Nada se pode facer sin seguridade xurídica, por poñer un sólo exemplo. Tan fundamental, que ao mellor no vai poder deixarse moito tempo en maus de ineficaces funcionarios vitalicios,

Anónimo dijo...

Estou abondo canso como para entrar en tan interesante debate Xoán da Cova/Saavedra, e ademais xa case todo foi dito. En calquera caso, seguramente eu me situaría nunha posición intermedia entre os dous, caso de habela.

Anónimo dijo...

No que si disinto é no tópico de que Facenda somos todos. Quero dicir, que uns son máis ca outros.

Anónimo dijo...

Fíxese que dixen "diginificar" ó traballador como persoa, e facer que se "realice. Por eso, no meu concepto de empresa non entran, por exemplo, os centros comerciáis con traballos alienantes como o de caixeira. Podio pensar que a lei debería prohibir eso, por exemplo. Ao marxe xa do que lle paguen.Pero logo cáénseme os esquemas cando me atopo con xente que suspira por eses traballos alienantes". "Hai xente pa tó".
Como xa está en marcha un novo "contubernio", amigo XM Glz, poderemos falar polo miúdo do tema. Que este ordenador tenme as teclas pequenas e fáiseme pesado escribir.

Anónimo dijo...

Eu estaba razoando en termos de "empresario", Apicultor. Tamén sei facelo en termos de "traballador", pero de esta vez tocóume así. Non sei se coñece a teoría dun teórico brasileño, non lembro o nome, o do modelo da "pirámide invertida", unha posición intermedia, á que persoalmente me adscribo: que os traballadores son os "xefes".Pero faría falta moitos cambios na lexislación e na actitude, podemos decir intolerante, do cliente medio occidental.
O equilibrio atoparáse cando un porcentaxe significativo da xente teña experimentado ambas caras da moeda.

Anónimo dijo...

Desde logo, por traballo entendo actividade produtiva, máis alá da definición puramente física que mide en xulios. E, obviamente, sei que alguén que xestiona unha empresa realiza un traballo. Da mesma maneira que alguén que xestiona en solitario a súa propia empresa (incluído legalmente nunha categoría á que vimos chamando autónomos) é case homologable á categoría social traballador.

E, en efecto, nin a empresa é unha ONG nin a súa función primeira dar un servizo. Unha empresa privada está para gañar cartos ou producirlle un beneficio particular ao(s) seu(s) propietarios(s), segundo a lóxica admitida polo sistema no que se insiren e que nos rexe. Xa que logo, nin é cousa miña nin necesariamente beneficiosa para o corpo social.

Que cousa é un mal empresario? O que non acada neogocio. Que é un bo empresario? O que acada negocio. Dada a volatilidade do mercado e o propio fenómeno empresa, negocio vólvese un concepto de validez limitada; e, desde logo, non necesariamente coincidente co ben social. Por exemplo: quen ofrece mal produto en forma eficaz, consegue vendelo ata que unha maioría de compradores se decata e acada beneficio indiscutible, desde a lóxica estrita do sistema podería ser considerado un bo empresario. O mercado non o castigará se cambia de actividade a tempo; mesmo a fama de "estafador" pode quedar diluída se un cambia o escenario da súa actuación ou mesmo, non cambiando, unha vez feita a fortuna se "redime" facéndose "legal", ao mellor un pouco ao xeito de antigos piratas voltos respectables. Non se dirá, supoño, que forzo a man na hipótese.

A cousa ten máis aquel, pero desde logo a función específica do Estado non é proporcionarlle seguridade xurídica ás empresas. Ante todo, supoño que un dos seus cometidos debería ser defender o cidadán dos depredadores sociais e económicos. Que por veces son eficaces para si mesmos e bastante perniciosos para moitos outros. Máis ca uns funcionarios que, de quererse, poderían ser bastante máis controlables (vía inspencción) ca empresarios que dediquen unha parte ao mellor non desprezable dos seus recursos a evitaren ou esquivaren o control. Élles bastante máis doado.

Ou sexa: que haxa Estado, funcionariado e funcionen os mecanismos de control. En efecto: Facenda somos uns máis ca outros. En porcentaxe eu son bastante máis Facenda có empresario defraudador. Sobre a súa existencia e extensa implantación non haberá, espero, dúbidas. Nin sobre o altísimo montante da defraudación, quen sabe a que distancia absoluta do que -indebidamente- poida ocultar o conxunto dos asalariados.

Que non funcionarios, porque a nómina xa vén convenicnetemente rabenada. Aínda que non teña mérito, xa que sobre nós hai -como debe ser- control. Esténdase este a todos os conceptos, actúe a Inspección.

E haxa boa noite.

Anónimo dijo...

O de "beneficio social" qué ven sendo?.

Unha empresa xenera un beneficio concreto e puntual, soluciona un tipo moi particular de problema, satisface unha necesidade concreta que unhos poden ter e outros non.

A visión persoal que os traballadores podian ter do seu traballo, é cousa de eles. Xa coñecen a fábula dos tres picapedreiros. Do mesmo xeito hai moitos perfiles personáis de "empresario". E os motivos concretos polos que se monta unha empresa non sempre son exclusivamente ganar cartos. É condición necesaria, pero non necesariamente suficiente. Tamén o trabalaldor traballa pra ganar cartos. SE llos levaran á casa, quedaba nela. Así como non calquera está disposto a traballar en calquera cousa con tal de ganar cartos, tamén os empresarios, que son persoas como os traballadores teñen infinidade de motivaciós compatibles.
E o "autónomo" está moi lonxe de ser equiparable a un "traballador", amigo XMGlz. Dillo un de eles (na actualidade, Na miña "vida laboral" xa figuran cargos de traballador e de xerente, tamén).

Anónimo dijo...

El empresario

Tomado do libro de Introducción a socioloxía.
Concordo. Concordamos?.

"Aunque esta palabra quede normalmente limitada en su significado al empresario económico no hay razón alguna para dejar de aplicarla a cualquiera que organice y dirija una empresa de la naturaleza que sea- económica, política, tecnológica, de exploración del espacio o dramática-. La historia está llena de gestas del empresario que, en virtud de una energía extraordinaria combinada con cierta presciencia, habilidad e intrepidez, se libera, por así decirlo, del orden social en el que se desenvuelve......El hombre académico actual que organiza, dirige y facilita su inspiración creadora a alguna institución de investigación o a algún negocio de asesoría no es menos empresario que el hombre cuya visión avanzada y talento desembocan en una nueva empresa de electrónica o en un enorme conglomerado.
Uno de los capítulos más vivos y excitantes de la historia del rol empresarial en la sociedad humana es el constituido por las hazañas de los piratas dondequiera que el poderío naval tuviera cierta importancia, tal como ocurrió en la antigua Cartago e, incluso antes, en algunas islas del Egeo, o, posteriormente, en la Europa de los siglos XVII y XVIII. El pirata fue el empresario ecoconómico que trabajaba fuera de la ley, a menudo, con una audacia increíble y menos a menudo con enorme éxito. Gran parte de la llamada sociedad del crimen actual en los Estados Unidos y en otros países es obra del empresario, por criminal que la juzguemos. Industrias como la venta ilícita de narcóticos, loterías trucadas, apuestas sobre caballos fuera del recinto del hipódromo, etc..., se caracterizan con frecuencia por una capacidad empresarial en grado sumo.

Existe también el empresario-explorador: Cristóbal Colón, Magallanes y más que ninguno de ellos, Marco Polo. Gran parte de la obra real, esencial y preliminar de la colonización del continente americano en los siglos XVIII y XIX fue llevada a cabo por empresarios. Uno piensa en seguida en las compañías al mando de empresarios que se dedicaban a la búsqueda de pieles de animales en las Rocosas y en las llanuras del Pacífico a principios del siglo XIX. Pero sólo los poco ilustrados o los ingenuos pueden suponer que el continente americano fue explorado, delineado en mapas y colonizado por aficionados.

Existen y han existido durante siglos, quizás durante milenios, los empresarios artísticos que, en cierto sentido, se han adelantado a la música, al drama, a la pintura y a otras formas de arte a través de su organización de los talentos artísticos en las compañías de teatro y de ópera o en los grandes gremios de artistas. Shakespeare fue un empresario, así como actor y escritor, sus compañías teatrales del siglo XVII constituyeron un modelo para otros empresarios....

El inventor es un empresario-un empresario en tecnología en todos los sentidos-. El fundador de una escuela privada, de una compañía de petróleo, .....de una editorial, o, para utilizar un ejemplo muy querido por norteamericanos, el enventor de una ratonera excelente, es un empresario. Si tendemos a pensar en este rol en términos de los Fugger, Rothschild, Morgan, y Rockefeller que han existido en la Historia, ello se debe únicamente a que esta palabra fue adquiriendo importancia en la literatura occidental en un momento-a finales del siglo XIX-en el que las manifestaciones más evidentes del rol empresarial fueron industriales y financieras. Pero el empresario, tanto si se trata de un filubustero, como de un pirata, un bandido, un lobo, un negociante, un productor teatral, un explorador, un tecnólogo, un organizador de un proyecto de investigación o un editor, abunda en la sociedad humana. Dondequiera que se halle el rol, cualquiera que sea el círculo social o subcultura en que se encuentre, se pone de manifiesto por los atributos de osadía, intrepidez y disponibilidad personal para asumir riesgos y, normalmente, por su incapacidad para soportar las limitaciones normales de la vida social".
Robert A. Nisbet, El vínculo social.

Anónimo dijo...

Cristóbal Columbus foi un extraordinario empresario, xenial, pero un pésimo xestor ou administrador.

Creo que imos precisando mellor os términos.

Se vos fixera unha biografía miña veríades que cadro talmente na dun emprendedor, de moitas facetas, sen resultados económicos de ningún tipo.

Dacova tamén é un emprendedor, mellor que empresario, e cadra cecais mellor no de "osadía, intrepidez, incapacidad para soportar las limitaciones normales de la vida social ( inconformista?), eso é. Eso parece.

Ós lobos acontécelles parecido.

Tamén hai un requilindorio distes para "o artista". Pero non teño vaghare. Desemúlenme.

Alghún día plantifícovola por se vos identificades.

No blog hai moito artista solto, algúns emprendedores, bastantes políticos-miróns (outro rol descrito), e caseque ningún funcionario.

Anónimo dijo...

Obrigado por o texto de Nisbet, Lobo Neghro. Non o coñecía, anque si outros similares, que analizan a figura do emprendedor como algo máis complexo que a reduccionista "sanguijuela que chupa a sangre dos empregados".
----------------------
Oíu. O Cabaleiro Medela De Lobeira pasóu esta tarde por o meu despacho, fomos despóis tomar unha cervexa xuntos. Case segun chegóu, díxome: "Oíches. O Lobo debe de estar enfadado pra tí, leva todo o día sen contestarche no blog". Eu respodinlle: "Non creo. Fai un anaco que marchóu de aiquí. Véume invitar a un café". JAJJAJJa.

Anónimo dijo...

Estoume a "pruparare" para o retiro espiritual destes próximos cinco días.

Creo que vou desaparecer, entro noutra dimensión.

Anónimo dijo...

O libro é da carreira.

Vale para entendermonos.

Os empresarios existen alén do mundo económico. Son magníficos socialmente, os máis creativos. Según un estudo recente que os sitúa en primeiro lugar, despois veñen as ONG, e en última instancia os políticos.

O home político é outro rol analizado no libro, xunto co mago, o xefe, o profeta, o artista....

Anónimo dijo...

En Ourense, a rúa Bedoya leva meses ( e os que lle quedarán) cunha obra paralizada que corta o tráfico e que paralizóu prácticamente a actividade comercial (e o que lle quedará). Hoxe sae na prensa que algús comercios "liquidan por obras". O Concello fodéulles o ano, a algús posiblemente a vida. Xa podían ter ben planificada a sua actividade, que veu un Concello incompetente e fodéunos igual. Os gastos todos, icluidos lóxicamente salarios e impostos, teranos que pagar igual. Non se notóu sensibilidade ningunha por parte dos concelleiros do goberno no tema. Lóxico, son todos funcionarios. Logo falarán do "apoio ao comercio local". O outro día, falando cun deles do tema, díxome algo así como "que se fodan". Lembróume a famosa frase despectiva de María Antonieta cara o populacho "Si non teñen pan, que coman bica".

Anónimo dijo...

Sobre o texto entresacado: coincido, penso que totalmente, cos parágrafos dous e tres; xa bastante relativamente co parágrafo catro: Ibsen, por exemplo, non sei se non abandonaría Noruega pola visión escasamente adiantada dos empresarios teatrais (deixando aparte que o clima, máis ao sur, é máis clemente). O panexírico inicial é de eficacia limitada como prosa elucidadora. E no do inventor ou o investigador... ¿que queren que lles diga? Volveriamos a un senso xeral, desde a etimoloxía, para a palabra empresa, despoxándoa a ela e mais ao seu titular/propietario de toda connotación inherente ou procedente do actual sistema socioeconómico e estado de cousas. Se xogamos aos conceptos básicos, cousa sempre necesaria,eu tamén podo facer apoloxías. Se entramos en detalle, historia, socioloxía e casuística, xa a cousa se volve máis revesgada.

Anónimo dijo...

"Beneficio social" é expresión de semántica complexa, variable. Mídese, en todo caso, en termos de rendibilidade para sectores sociais limitados ou maiorías. En tal sentido, considero que os salarios funcionariais -ben gañados- resultan socialmente máis rendibles (como investimento) cás plusvalías empresariais.

Anónimo dijo...

E entremos en detalle con aplicación concreta. Unha alumna miña actual procede de certo centro privado que é empresa. Trae consigo unha historia de abandono ante a inclemencia do ambiente (caso parecido a acoso escolar por compañeiros) naquel lugar onde a necesidade de obter plusvalía impón para o profesorado menos salario e máis carga horaria ca na pública. A primeira vez, seica, que ela e mais a familia encontran un adecuado seguimento e tratamento é no centro público onde agora está matriculada e encomendada a funcionarios docentes cuxa ineficiencia estaría por demostrar.

Noutra orde de cousas: véxanse como proba de algodón os resultados de selectividades, confróntese o nivel de aptitude de alumnos da pública e da privada. Extráianse, de querer, consecuencias canto a eficiencia.

Anónimo dijo...

Lémbrese, por outra banda, o acontecido con aquelas Fundacións Sanitarias coas que, desde unha perspectiva seica empresarial, Romay Beccaría e Núñez Feijoo quixeron mellorar o funcionamento da Sanidade galega. Considérese se a práctica dos profesionais galegos da sanidade, en xeral, se caracteriza pola ineficiencia e o acomodo á vitalicidade do seu posto. É a enfermaría privada, verbi gratia, epítome de eficiencia?

Anónimo dijo...

Quede claro: eu non propoño, no actual estado de cousas, que a iniciativa pública abra talleres de reparación de coches, ximnasios ou locais de hostelaría. Son outras as voces segundo as cales, seica, gañamos tanto e facemos tan pouco que hai que pasar todo o sector de xestión pública ao lugar onde reina o principio da plusvalía. En fin: de algo ha de valer o meu voto.

Anónimo dijo...

Hai moitas teorías sobre o empresariado, tanto na teoría económica como na socioloxía económica. As máis clásicas son as do “Empresario innovador” (Schumpeter) e do “Empresario risco” (Knight).

Con todo, non sei eu se nesta época marcada polo “turbocapitalismo” (Luttwak) e na que o mercado de capitais é o central, non habería que falar de “empresario depredador”. E en lugares como o noso, onde aínda queda moita pequena e mediana empresa inercial e xestionada ao modo chambón, de “empresario reaccionario” (ao cambio).

Digo eu por dicir algo.

Anónimo dijo...

Moitas de esas "perpesctivas empresariáis" das que fala non o son tal. Unha empresa concebida pra facturarlle á Administración amiga, non ao mercado, frecuentemente con sobreprecio (estafa de cartos públicos) e distorsionando o funcionamento do sector,xoga con cartas marcadas, non é empresa, ou é empresa "en connivencia có Estado", ou cós incompetentes que representan ao Estado.
Posiblemente esa "escola privada" que vostede dice non o sea tal. Posiblemente lle facture ao Estado, e posiblemente no cargo estatal esté algún amigo do dono. Escola Privada é a miña, que recibe cero subvenciós, e cero subvenciós é o que quero, e na que os alumnos-clientes sacan os seus cartos do peto cada mes pra pagar as miñas ensinanzas, que son libres de marcharse á competencia cando lles da a gana e que, sin emnargo, seguen vindo, durante anos na maioría dos casos. Gostaríame saber cantos discípulos terían nas suas aulas moitos pretendidos bós mestres si non tuveran que permanecer na aula obrigados, e si porriba tuveran que pagar.

Anónimo dijo...

Fáltalle, Apicultor, a imaxe que do emprendedor adoita a ter moita xente no noso país: badoco, analfabeto,que non sabe facer a "O" có cú dunha garrafa, de poucas luces,que non leéu un libro na sua vida, que non lle interesan os problemas da sociedade, qué sólo pensa en ganar cartos a costa de sangrar ós demáis,que non ten sensibilidade artística,etc...
Noutros países, a cousa elle diferente.

Anónimo dijo...

Só para provocar: "Quen rouba a un patrón, cen anos de perdón".

Para os que cren na liberdade de construír onde lles pete:

La verdadera historia de Maria D'Or

E non podía faltar a nosa Mariña Dor (Dolor) galega

Anónimo dijo...

As Fundacións sanitarias foron o que foron, en teoría unha maneira de xestionar a sanidade pública con "criterio empresarial" ou cousa parecida. O centro de Lugo ao que me refiro é privado privado, nin un peso recibe do erario público; ora que, desde logo, peor é o ensino concertado que recibe cartos do Estado e o réxime laboral dos seus docentes responde máis ou menos ao modelo que expoño noutra mensaxe.

Se pensa propoñer, da Cova, que só estean nas aulas os alumnos motivados, non sabe cánto llo ha agradecer, entre outros, a miña gorxa. Ora que iso, xaora, nin me mellora a min como docente nin a calidade dos centros privados. Aí, outras evidencias son as que cantan.

Teño, porén, que coincidir noutra cousa: polo que vexo nas películas, en efecto bastantes empresarios doutros países deben ser culturalmente "outra cousa". Aquí tamén se ven, e non serei eu quen, en Ourense precisamente, desminta a ilustrada e respectabilíxima figura de don Xosé María Fonseca Moretón. Pero tamén debe haber ben dons Celidonios; e depredadores, madia leva se non.

Anónimo dijo...

Os que fixeron o video de Mariña Dor, debeulles queda-la cabeza descansada.
Hoxe non que ando liado, pero so un pequeno adianto: Se se respetan as normas urbanísticas, onde está prohibido que se fagan construccións destinadas a segunda vivenda perto do mar?.
Os que fixeron o video e os que pensan desa maneira seguro que no verán van a S A N J E N J O e nos lles importa o mogollón, nin estar sin auga a metade das vacacións.
Sempre hai honrosas excepcións.

Anónimo dijo...

Unha última cousa: quen estraga, coa paisaxe e ecosistemas, as posibilidades económicas da costa a base de urbanización; Carrefour e Halley; os empregadores de a cincocentos euros, etc... son empresa. Non se me diga que non son auténticos empresarios se eu non podo falar de auténticos servidores públicos. Se a expresión funcionariado eficiente se considera unha especie de contradictio in terminis, non se me apoñan tampouco versións esteticamente melloradas da propia preferencia.

Anónimo dijo...

Eu estaba falando de empresas. Se quere falar de mafias, é mellor deixalo para outro momento.

Anónimo dijo...

Mafias, desde logo, nas que, si non protagonistas, polo menos "complices necesarios", son sistemáticamente altos funcionarios do Estado, e os altos cargos políticos. Mafias nas que os "empresarios" non son a miúdo máis que "homes de palla".

Aí. Déixolle a palabra ao Von der Stein, se quere, que sabe moitísimo máis.

Anónimo dijo...

Explotadores tamén os hai na administración pública. Tamén alí chegou a precarización, de xeito que hoxe conviven dúas castas ben diferenciadas: a do a mi plin yo soy funcionario y me la rasco que no me van a echar e a do bolseiro ou precario con contrato administrativo.

Anónimo dijo...

Moi boa a expresión "A mí plin, yo soy funcionario y me la rasco".

Fai bastantes anos, tuven eu, con outros socios, a que foi unha coñecida academia de oposiciós en Ourense.Sábeo ben o Lobo. Tuven nas miñas aulas ós que logo foron moitísimos funcionarios. É unha sorte. Vaia á administración que vaia, sempre hai algún alí traballando. Podía contar algunhas anécdotas, mesmo en grandes capitales. EU facía o posible porque aprobaran, pero, ao observar a actidude de moitos de eles, pensaba pra mín: "Meu Deus, en qué maus imos estar se aproba este".

De todos os xeitos, eu non critico esas actitudes personáis. Si existen, é porque o sistema o permite, mesmo o fomenta, vamos a decir máis por pasiva que por activa. E o sistema tennos metido na cabeza a falacia de que sólo pode existir Estado con funcionarios vitalicios. E , si un cuestiona esa condición, interpretan que estás poñendo en cuestión ó Estado. Manda carallo. Qué terá que ver unha cousa coa outra.
Cando dixen o dos "impuestos virtuáis", igual non o expliquéi ben. O Estado asigna os salarios dos funciorios "por decreto" de xeito que cubran perfectamente as necesidades básicas da persoa, sempre bastante porriba do salario mínimo legal. Logo, engádelle algo máis, pra que paguen "impostos". Algo así: "Collo da caixa todo o que me fai falta, e digo que é o meu salario. Logo, collo algo máis, vólvoo meter, e digo que son os meus impostos". Lóxicamente, falo do sistema, non de actidudes personáis. Evidentemente, non fai falta analizar a diferencia con que "iniecta" realmente cartos no Estado desde exterior, cuyos salarios non se "decretan" senón que se "pelexan", e dos que saen verdadeiros impostos. Aparte dos impostos, que pra mín é secundario, o fruto do traballo da xente é de calidade a güevos. A calidade do traballo do funcionario depende da sua actitude persoal que en motios caos é a do "A mí plín...".

O triste do tema, é a inxustiza perosal que se comete cós funcionarios que traballan "normal", que debe de ser a inmensa maioría por que sinón iría todo ó carallo, e sobre todo, cós que traballan "máis e mellor do normal", entre os que están moitos dos que defenden ó sistema, porque o teñen idealizado, como o Saavedra.

Anónimo dijo...

Esquecía engadir que moitas das actitudes personáis dos do "A mí plín..." lémbranme a frase de aquel monarca absolutista, reconvertida en "(Parte do) Estado son Eu".

Pero, volvo a remarcar, as actitudes personáis non me interesan. Os discursos "antifuncinarios" basados neso adoitan a parecerme demagóxicos.

Anónimo dijo...

Outra actitude persoal digna de análise é a do funcionario que ve o seu cargo como un "premio" persoal ao esforzo de ter estudado moito pra aprobar. Como si o Estado, en vez de ter a sua razón de ser no servizo a todos os cidadáns, fora un papá que lle compra un xoguete ao neno por ser moi bueniño e ter estudado moito, ou unha tómbola que reparte premios.

Pero, insisto, as actitudes pesonáis sólo teñen interés psicolóxico en todo caso. Cada un é moi libre neso. Nada que ver có meollo do asunto.

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo coas súas valoracións, xdc.

Anónimo dijo...

Xa é boa sorte idealizar aos cincuenta e catro anos. A palabra definitoria sería estúpido se un non fose consciente das debilidades do sistema; unha delas, o deficiente -en todo caso- funcionamento da inspección sobre o traballo -ou "traballo"- dos funcionarios. De calquera maneira, dá para moita máis nota o de darlle a semántica que a un lle convén ao termo que designa a realidade que un defende, e substanciar nada menos ca en mafia os aspectos máis escuros -ás veces ata o sumidoiro- do propio bando. Se iso non é idealizar...

En fin, veremos se mañ´s teño outro momento.

El que escribe dijo...

O meu saúdo en:
19-11-2008
www.hacialamagia.blogspot.com

Anónimo dijo...

A "Mafia" estructúrase có peor dos "dous mundos" mon chèr ami Saavedra. O alto "funcionario" corrupto ,e o "empresario alacrán", buscan o seu beneficio económico persoal nos límites da lei, e un pouco máis si ésta da de sí. Parécense moito entre sí. Como vostede i eu, que seguramente temos valores personáis abstractos moito máis en común que con eles todos.

Anónimo dijo...

E, por certo, xa me aledóu o moi próximo e deprimente día do meu cumpreanos. Vou facer unhas "pegatinas", cun dibuxo feito por mín que diga:

"XA É BOA SORTE IDEALIZAR AOS (x) ANOS".

Anónimo dijo...

Non tan abstractos, se cadra, meu caro.Aquí falamos de sistema, non de valores, pero probablemente será mellor deixalo correr. Aínda que queden atrás asuntos coma o carácter da Mafia -quizá, entre a familia e a empresa ("soltanto affare")-, as implicacións empresariais na corrupción do Estado, empresarios golpistas, grupos de presión, acaparadores. Mire, para min un Estado empresarial (ou empresariado) figúrase como distopía. E o funcionariado lacazán, neglixente, excesivamente acomodado (tal o Pedriño d'Os dous de sempre) coma unha praga.

Quédannos os valores, ética e incentivo (non falo de cartos). Por aí cómpre arar.

E agora si que me vou de viaxe. Mercar uns años e fabas que envasan certos bos empresarios. Ata mañá, se cadra.

Anónimo dijo...

En especial para o amigo XDC, que tan ben domina idiomas, esta obra recén saidiña do forno e que vén que nin pintiparada. Pode descargarse e imprimirse o capítulo primeiro. Xa nos contará de que vai (que eu non o lin, xa que me chegou onte a noticia).

Anónimo dijo...

Deduzo dos comentarios do Dacova que pode haber ensino público, gratuito e universal sin que necesariamente os ensinantes sexan funcionarios.