27 nov 2008

Leria.
(A outra faciana das Uvas).

Nada, don Marcos, que non lle é brincadeira, doutor. Vénlle sendo a cota da homenaxe que corresponde á versión re-actualizada da espectral cuadrilla da Santa Compaña. Vde. ben me entende, don Marcos.

Ouviu: Miguel, o xenio do foto-shop que artellou o cartaz, si, Miguel, o neto de Conde-Corbal, insistiu na simetría dos símbolos. Repare, profesor, na esquerdista figura de Lobo Neghro, de cósmica forquita na mán, complementándose coa boneca-títere a invocar os meus queridos amigos de Churrería Lolita. Servidor de Vde., don Marcos, no seu desespero a procurar Jimi de Rairo, non é máis que simple miraxe da aposentada figura da señorita Lourixe. Ana Bande, símbolo do que puido ser e non foi, leva como pedestal a miña filla, de pano palestiniano. Na esquerda, a cobra kundalini, que facendo pausa obrigada en Olás de Vilariño, no seu odiseico periplo Lobeira/Pontes de García Rodríguez, ‘suaviza’ a extemporalidade dun Delacroix galego, que, tal e como a a miña querida amiga da infancia, Ana Bande, puido ser e non foi. Ambas as garrafas representan ambos os estados (consciente e subconsciente) da psique humana: O licor-café (de R.) deprime o sistema nervioso central, alén de desinhibir a personalidade. A garrafa de gasosa, infinito continente, contribúe, e non pouco para o financiamento da vida de nós, os da aldea, na cidade.

O noso querido espectro, Apicultor, continúa atento ao decorrer do blog. E por veces solta algunha abella…

Repare tamén, don Marcos, na ausente expresión de Arume, no cuadrilátero de honor. Mensaxes ocultas ao modo Paul McCartney?

Don Marcos: As walkíricas señoritas Hurley e Antonelli ollan para Vde., extáticas. Non lle me estraña. Ambas dúas están no punto de deixar de VIR SENDO, para atinxir a plena categoría do SER.

E nós, pobres cidadáns do espectral reino bárbaro que tamén puido ser, e tamén, ora pro nobis, tamén non foi, mascarámonos na festa para dicirmos cousas que hai tempo que lle queriamos dicir, e, no diario, ben nos custaría.

Que Deus o bendiga, don Marcos, por nos mostrar o camiño.

P.D.: O seu retrato está colado por riba do bombo da batería do meu admirado Keith Moon (dos ‘The Who’).

-Seu sempre Medela.-

15 comentarios:

Anónimo dijo...

A gaseosa non é Casera, tampouco Troitiña, nin Piñeiral, nin Dacal, nin Troncoso, nin Xiada, nin La Sirena... Il que enxerto de gaseosa é esa doutor Medela?.
De onde ven sendo ese farbricante de auga azucre ?
Elogo o Contubernio III non falaran que ía ser en Pazos de Olás?

Anónimo dijo...

Gasosas /Bebidas carbónicas/ GUEDE, de Xunqueira d'Ambia.
Presentoume a garrafa unha señora moi maior, de Allariz.
Respecto ao Contubernio III... Aínda non se sabe.
Evidentemente, malia as advertencias {"Prohibido su rellenado por otra fábrica que no sea la titular. Esta botella en poder de otro fabricante se considera ilícita. Según O.M. 22-2-58"} malia as advertencias, dicimos, levaron litros e litros de leite, purrela e sangue de porco. Máis raro, licor-café.
Saúdos.-

Anónimo dijo...

Esa non a teño, nin a coñecía.
Delo tamén hai para falar longo e tendido.

xOsedorrio dijo...

Eu son de Xunqueira de Ambía e como meu abó tiña un bar-tenda-ferrallería-cristalería-carpintería-... coñezoas ben. De pequeno moitas bebía as escondidas.

Si pode enviarme a imaxe orixinal agradeceríallo moito, Sr. Medela. Pode atopar o e-mail, se ten a ben, no meu perfil de blogger.

Saúde!

Anónimo dijo...

Señor Dorrío: Envíolle fotografía da tal garrafa.
Ouviu: Vexo que para Vde. ten un grande valor sentimental. E solidarízome coas súas lembranzas cara ao avó.
Eu doulle a garrafa. Ben seguro que vai facer Vde. mellor uso con ela ca min.
Respóndame o correo, e combinamos para lla dar ou deixarlla en algures.
Mañá, mellor. Estou durmido.-

Anónimo dijo...

Regaláronme un casco das "bodegas Gallegas", Os peares, aquí si que levaba viño, contáron que exportaban para Habana nunha caixa de madeira naquel entón, estamos falando de vinte anos atrás.
Dí algo así como "casco a devolver 5 petas, rogamos no utilicen este envase con aceite petróleo”,etc.
As de gaseosa foron botellas multifunción.
Ainda con advertencias vinnas con gás das candilexas para aceitalo secote, líquido conserva-leite ainda que quentase o sol ó doble ben, de graus que manexa de Beria-Siberia, e que algún confundiu con augardente cando pola mañán foi tomala parva, logo, lavado a conciencia do estómago na Resi por lapón. Outro uso peregrino o dun meu veciño, levabaas cheas de caldo á romaria do Cristal, por iso de atrapalo bandullo e non gastar tanto no “polvo”.

Anónimo dijo...

Cervantes Medela:
Atenda os inquéritos que se lle fan polo correo. Perdóaselle que sexa un dos últimos en irse do blog, pero non ser dos madrugadores...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu pola miña parte recomendo como agasallo para don Marcos este post de Lula Fortune, onde hai un par de cancións de Gianna Nannini que conmoven.

xOsedorrio dijo...

Sr. Medela, grazas polo ofrecemento, pero coa foto dóume por satisfeito. Xa lle contei as lembranzas que me trai ese pilón que aparece na foto, pero non so o pilón, senón tamén as árbores que se ven de fondo, hoxe desaparecidas, onde agora refulxen unhas pedras que asustan a mesma Colexiata. Grazas!

E saúde!

Anónimo dijo...

O meu primo que fixo a revolución con Camilo Cienfuegos e desertou da policía de Fidel no ano 61, seguía a beber un viño en Los Angeles, con marca de Os Peares, "Tres Ríos" que perteñecera ós Valeiras . Eso no ano 1993 cando o fun visitar. Todo por nostalxia, tamén disque o bebía o seu pai en Cuba, antes do cambio. O viño era vulgar, pero non entendo como seguían a vendelo despois de tantos anos, ou era só a marca?.

Xosé Dorrío, o pai do meu primo fuxira na anteguerra para Cuba desde unha aldea de Xunqueira de Ambía, e vostede ven sendo un neto da Celerina?. Ou dos Antoniños?.

Botellas hainas emburatadas por dúcias nas casas a ruir. De anís, de Sansón, de medicamentos, eu encontrei un nío de botellas dosificadas de "Laboratorios Bouzo, os da farmacia", nada, eiquí fracasamos na industrialización de todo. Tamén teño botellas de cristal de Mistol, de Lexias, de zumos de laranxa, etc...

Pero sobre todo ando a buscar a de augas de Mondariz que pon: "Las aguas más radioactivas de España".

Deixeille recado no seu enderezo. Ando na procura dun desaperecido na postguerra da miña aldea que leva o seu apelido.

xOsedorrio dijo...

Efectivamente, o desaparecido que anda a buscar é da miña familia. Grazas a vostede coñecín unha parte do meu pasado que ignoraba. Son desas cousas que nunca se falan sen saber porqué. Grazas lobo neghro!

xOsse dorrío

Anónimo dijo...

Todos temos unha sombra na familia. Algo do que non se fala e pesa moito. Importante é dar con ela e recoñecela.

Unha das cousas que máis me sorprende da meditación é que non esconden, rexeitan, nin reprimen impulsos ou "emocións" negativas. O que fan é deixalas estar, observalas....

" o que negas sométete, o que aceptas transfórmase"...hai unha parte do pasado que nos ocultaron, porque acojonaba, e temos que obxetivalo para superalo...temos que levantar toda-las fosas, coste o que coste. Hai unha sombra colectiva.

Reventar esa vinchoca de veriño para que supure e cicatrice mellor a posteriori.

Engado para os demáis que gracias ó blog descubro un veciño inquedo e da nosa sensibilidade, e como ten apelido dun desaparecido da miña aldea, preghuntolle por él, e neso andamos.

Anónimo dijo...

Eu, polo menos, sí, Lobo Neghro, sei de unha sombra , que non se vai nunca demasiado lonxe , e que, moitas noites, á cabezalla da miña cama, asombra os meus sonos e os meu soños.

Anónimo dijo...

Vexan vostedes este fantástico video de Bieito Iglesias sobre a polémica de Steiner.

Marcos Valcárcel López dijo...

GRAZAS ARUME. Estiven a rir un bo anaco co video do Bieito e a anécdota do PEN, que por certo naceu neste blog.
BIEITO é un fóra de serie, demostrouno de novo o sábado e así mo comentaba agora un xornalista.