1 nov. 2008


Nacionalismo de benestar
andoliña 1-11-08

Recoñezamos primeiro que nos últimos tempos houbo unha nidia modulación da linguaxe no BNG. Cando Anxo Quintana fala de nacionalismo de proximidade ou dunha "nova fronteira" kennedyana, sen dúbida o seu discurso arrédase do resistencialismo antisistema de outros tempos. Onte, en El País, o vicepresidente da Xunta afirmaba que o nacionalismo só ten sentido se crea benestar. A declaración é impecable e compatible coa defensa da nosa identidade e doutros sinais que marcaron a evolución do nacionalismo nos últimos 30 anos.

Pero este discurso ten limitacións na procura de novas bases sociais. Nunca convencerá os sectores hostís ó galeguismo, que renegan da nosa lingua, nin vai satisfacer os que agardaban do Bloque nas institucións un papel máis comprometido cos cambios radicais que antes se demandaban. Quizais estes son sectores non maioritarios e Quintana bota as redes nos únicos caladoiros onde el encontra peixe.

As enquisas din que o BNG penetra nas bases rurais, onde son máis efectivas as políticas de Vicepresidencia e mais de Medio Rural. Nas cidades algo falla na comunicación fluída do BNG coas xentes: está pendente ese diagnóstico, urxente. Antes da próxima primavera.

111 comentarios:

Calidonia dijo...

Nacionalismo

Abaixo todas as nacións,
dixo aquela especie de mendigo.
¿Todas?
Todas.
Todas, agás aquela
que dea boa sombra.

MANUEL RIVAS (Ningún Cisne, 1989)

arume dos piñeiros dijo...

Esa frase impecable de Quintana leva unha implicatura maliciosa: quere dicir que o nacionalismo tiña ou ten outra finalidade distinta ca de procurar o benestar da xente? A que ven dicilo? Non estaba claro? ;))

apicultor dijo...

Para moita xente a finalidade do nacionalismo son as políticas de identidade. Quintana vén dicir que, sen desbotala, a principal é a procura do benestar, porque esa é a única forma de amosar a utilidade social do nacionalismo e tentar ampliar os seus apoios sociais e electorais.

De feito, para o Quintana e o quintanismo as políticas de identidade son, hoxe por hoxe, secundarias e moi cautas, pois o prioritario é consolidar os seus apoios e non xerar confrontación.

Os únicos hoxe interesados en dar un maior pulo a tales políticas son os da UPG. Pero Quintana, cauto e buscando un mellor rendemento partidario, non está polo labor. Ten a súa lóxica.

Anónimo dijo...

Será o benestar de quens benestiveron "toda una vida" ó resgardo do poder?
Será o benestar dos que xa estaban ben, pero agora compatibilizados dentro das siglas BNG?
Será o malestar "resistencialista" dos que desesperan vendo coma os máis ineptos, vagos e pelotas que babeaban no governo eterno de Fraga, están agora nos postos clave e de relevancia tomando decisións de "benestar" individual?
Será, no fondo, que non deixan de equivocarse con tanto benestar florecente e de boquilla e nas cidades non cola porque non se ve?
Será que a técnica no rural é moi semellante á empregada polo virrei Baltar, e polo tanto é susceptible de confusión, pero de sintomática rendabilidade electoral?
Será ésta opinión propia dunha mente confusa tras unha tan profunda como inútil reflexión entre a realidade e o desexo?
Atte. Silverio

apicultor dijo...

Todo depende de cómo se mire a botella: medio chea ou medio baleira.

Se partindo de cero se quere chegar xa a cen, está claro que non se chegou nin de lonxe. Agora ben, non se pode negar que algunhas cousas si se foron e se van facendo no ámbito de acadar maior benestar para os sectores máis desfavorecidos.

Que se podía facer máis? Dificilmente cos orzamentos existentes. Que se podía facer mellor? Pois nalgunhas cousas probablemente si. Que se ten que facer moito máis? Non hai ningunha dúbida, e para iso piden de novo que se lles vote.

Botella medio chea ou medio baleira. Velaí o eterno dilema.

XDC dijo...

Pra queñes pensamos que "o ser humano é a medida de todalas cousas" todos os "-ismos" son tentativas, en principio ben intencionadas, de acadar o benestar da xente. Por eso, a frase de Quintana paréceme perogrullada.
O problema implícito en cada "-ismo" é a propia definición do benestar, que non acadóu nunca, nin de lonxe, unha aceptación unánime.

Anónimo dijo...

Apicultor, vostede está a crear algunga subcomisión de avaliación dos parámetros de benestar dos cargos de ceibe designar?
Non llo pregunto por maldade, só é por aquelo de que cando queiras non saber nada de algo, ou mesmo ocultalo, creas unha comisión de seguimento, dúas subcomisións para sondear opinións colaterais e propós que a próxima reunión da comisión de seguimento das dúas anteriormente mencionadas se faga con data sen determinar dos vindeiros meses, pasado o santoral vixente. Snif
Atte: Silverio Abigarrado

apicultor dijo...

Disinto, amigo XDC, en que todos os "-ismos" sexan tentativas de acadar o benestar da xente.

Desde logo, que os "-ismos" totalizantes e totalitarios típicos do século XX debíanse máis ao intento de impoñer "principios abstractos" que a motivos concretos relacionados co benestar da xente.

Por iso o benestar real da xente sacrificábase sen ningún problema no altar deses "principios abstractos", tidos por moi superiores ás vidas concretas da xentes do común.

Non sei se me explico...

apicultor dijo...

Pois non, non lle estou en ningunha comisión nin teño, xaora, intención de crear ou formar parte de ningunha, nin sequera da comisión de festas do meu barrio.

Anónimo dijo...

O problema de Quintana, máis ben, é a preocupante ausencia de materia gris que demostra cada vez que abre a boca. É incapaz de non repetir frases feitas, cociñadas en gabinete de asesores "espectaculares" (do Espectáculo) coma un loro. E o do benestar non deixa de resultar outro exemplo.

XDC dijo...

É o que lle decía da definición de "benestar".

Pra moita xente o "benestar" é ter o bandullo cheo, ter calefacción e aire acondicionado na casa, auga quente, etc. Ise "benestar físico" que é moitas veces incluso malo prá saúde. A antigua Unión Soviética proporcionada, en moitos aspectos, ese benestar.
Cando xa tés o bandullo cheo, podes quérelo ter cheo de caviar. Cando estás habituado á calefacción fánchese intolerables hasta as máis mínimas alteraciós da temperatura ideal,etc.
Algún pode vivir nunha casa con todas esas comodidades físicas, ao lado dunha fábrica de misiles, por exemplo. Ou a carón dun cemiterio. Outros, mesmo non poder vivir tranquilos sabendo que, nalgunha parte, anque non a vexan,anque sexa nun pais lonxano, hai unha fábrica de misiles. As "incomodidades psicolóxicas", moi diferentes de unhos a outros, son infinitas.
A propia "libertade" como compoñente do benestar, percíbese de xeito moi diferente de unhos a outros. Pra unhos, basta a libertade, primitiva, física, de movementos. O tipo de "libertade" que venden as fábricas de coches. Pero tamén un iraní pode ir en coche de calquer lugar a outro do país. A moita de esa xente dalle igual a libertade "de pensar",

Os rexímenes totalitarios despreciaban moitos dos aspectos do "benestar" que valoramos hoxe. SInceramente, centrábanse noutros. A seguridade do alimento, a seguridade física, a libertade de cultos relixisos, etc,etc é valorada de xeito moi diferente por as diferentes culturas.
Quizás o que teñen en común os totalitarismos é a IMPOSICIÓN dunha definición do BENESTAR. Anque despóis traten de acadalo.

Anónimo dijo...

Pois se non está a crear nengunha comisión ou subcomisión anque sexa de festas é que entón vostede pode ser, déixeme que o acerte...
...alto cargo do benestar dos benestados, e por iso ten tendencia a ver a boteja máis ben medio chea, e eu... deixeme pensar... teño que ser... un sobrecargo déses que se queixan de todo, que non son capaces de atisbar algo positivo entre ese grupo de vagos, ineptos e pelotas nomeados por Touriño e por Quintana para desempeñar cargos de relevancia nas distintas Delegacións Provinciais para entorpecer e torpedear a labor de anos de ilusións, e o tempo pasa sen remedio, non é un problema de présas, por eso vemos con cautela a boteia meio vacía de todo.
Atte: Silverio Atormentado

apicultor dijo...

Home, non creo que sexa intención de Quintana expoñer un tratado de filosofía política cada vez que abre a boca. Quizais iso sexa o que lle preocupa ao Anónimo (06:56:00 PM) cando fala de "ausencia de materia gris".

Para Silverio: pois tampouco volveu acerta desta vez.

Anónimo dijo...

cal é a intención de Quintana, mr. Apicultor?

Etxe dijo...

Creo que o traballo fundamental do Quin e buscar o camiño para baixar do monte dos puros e dos castros célticos e ilo facendo pouco a pouco.
Así, camiñando ata chegar á aldea e á cidade tamén- onde está a xente do común. Bastante ben o Quin. Non lle hai outra.

arume dos piñeiros dijo...

Nesa baixada do monte, no que alguén lle deu ese mandamento de buscar o benestar dos homes e non a terra prometida, vai trabucarse de camiño e entrar paseniño na terra da socialdemocracia onde hai tempo habitan outros homes.
O proceso de liposucción nacionalista leva a lugares insospeitados, se cadra ao PSOE.

XDC dijo...

HUm.
Teña coidado có que pensa, Arume. Pode rematar por ser certo.

apicultor dijo...

Home, Anónimo das 08:24:00 PM, iso seguro que o sabe vostede mellor ca min. Non en balde debe ter moita "materia gris", esa que bota tan en falta nos demais.

lobo neghro dijo...

Se os nacionalistas volven ó psoe, cecais volvan onde debían estar.

Arume, anque sexas do Bierzo, cecais non che se escape a historia.

Contan, eu era pequeno e aínda non me viñera o coñecemento, que o psoe inflado coas pelas e cos intereses lexítimos da locomotora alemana encontróuse sen cadros e sen xente, cando veu a democracia. Negociou cos partidos socialistas das nacionalidades históricas ofrecéndolles cartos, e parece que os números pares ou impares das listas.

Parece que os cataláns aceptaron, embolsaron la pela e mandan no p.s. catalán. Non sei que pasou no país basco, algo parecido?. O caso é que eiquí na galiza, unha serie de "iluminati" non quixeron saber nada cos "españoleiros". Non sei en que tesitura estaba Beiras, teño dúas versións. O caso é que existían os "Beira Boys", debía estar J.Ignacio González Lage, paréceme que o proto-paranoïde Abel Caballero,(corríxeme Marcos) e algún prócer máis do psoe. Non lles fagamos propaghanda.

Cando enfrontados as eleccións de 1977 ( eu non tiña uso de voto), fracasa estrepitosamente o p.s.g, que tiña cadros e xente intelixente. E arrasa un psoe descerebrado pero con cartos, merchandising, imáxen, apoio dos servicios secretos europeos....E convertese na desfachatez chamada de (P.S. de Ga).-(psoe)
Os Beira Boys déixano mangado e descubren que o seu lugar natural é o partido "nacional", da única nación recoñecida.

E desde aquela manténse unha miserable teima por os trienios e a antiguedade. Pobreza mental. Que pulverizou o Touriño ó apelar xentilmente a moitos independentes, como tiña que ser.

A mín non me disgustaría que parte do bloque ingresara no Psoe, e non lles sería difícil gbobernalo. Bueno eso me parece en primeira instancia. Porque o psoe está tomado por catro. Como algún deles me decía: teñen un concepto patrimonialista do partido. A entrada do bloque en bloque crearía unha tensión creativa extraordinaria e devolvería as cousas ó seu sitio.

Non sei que caste de radicales ían quedar no "bloque auténtico e refundado marxista-leninista-dous de novembro", pero non ían jalar un rosco.

Perdonade pero é a miña opinión.
Radical. E ácrata.

Que lle imos facer.

Api, vótame unha mau, hom, que tí tes máis edade, dignidade y ghobierno.

lobo neghro dijo...

Cada vez que publico unha animalada desas, dame a impresión cando lle calco o "publicar" que me tiro dun avión sen saber moi ben se o paracaidas funciona.

Pero síntoa así. Ó mellor fáltame siso, ou información, ou son inocente como dí o meu pai.

Anónimo dijo...

O BNG diluído no PSOE! Manda truco, iso é o que quererían algúns, ou que o PSOE conseguise a mairía absoluta, pero vai ser que non. Afortunadamente...

arume dos piñeiros dijo...

Tamén pode ser no PP ao xeito de UPN. Escoitando hoxe na radio á alcaldesa de Pamplona cheguei a esa conclusión.

Anónimo dijo...

Sr. Apicultor, é vostede un verdadeiro maleducado.

Anónimo dijo...

O Apicultor non é ningún maleducado, dí o que pensa e basta, se dí que me volto a equivocar posiblemente teña a razón, eu supoño que quen mellor sabe dun mesmo é un mesmo e por tanto non replico, pero insisto, as súas opinións poden inducir cara a miña opinión, sempre dende o respeto das súas palabras, coas que, néste caso non concordo.
Atte. Silverio

apicultor dijo...

Moitas grazas, amigo Silverio. Con xente coma vostede é sempre un luxo poder falar.

Non entendo que o Anónimo das 10:43:00 AM diga de min que son "un verdadeiro maleducado" (verdadeiro e non falso!) cando el nin se digna a identificarse cun nick.

Debe ser, en todo caso, unha alma demasiado sensible, porque non atura nin a máis inocente, suave e pacífica das ironías. Por iso recorre ao insulto, cousa que eu non fixen con el. Estamos, pois, no de sempre: o da palla e o da viga no ollo alleo e propio.

Anónimo dijo...

amais de maleducado, un auténtico xenio do blog

Xosé M. González dijo...

Deduzo que eluden vdes. a posibilidade de acabar o PSOE dentro do BNG. Ignoro, en tal caso, se porque a piña é miña que cheguei antes ou imposibilitalo o rexistro da propiedade mental; aínda que ¿será máis ben corolario da única verdade revelada, notoriamente que o único mundo realmente existente se divide en demócratas e republicanos?

A min maréanme un pouco tales alturas especulativas. Manda truco coa OPA sobre o meu dezaoito por cen.

(Mensaxe de proba para novo enderezo).

XDC dijo...

Non, si ao final rematará o PP dentro do BNG.
Como haxa "pasta" pra repartir...

Tampouco é tan difícil. Que falen os coñecedores da microhistoria alaricana, por exemplo.

Anónimo dijo...

Aí lle deches, Dacova, que fale o Medela e nos ilustre sobre os microburaquiños negros da política alaricana. Agardamos palabras nunca ditas por ninguén.

jacques delapierre dijo...

Pero meus amigos, para que van a fusionarse, misturarse, desembarcarse se están os tres encantados de coñecerse e cada un representa o seu papel a perfección.

arume dos piñeiros dijo...

Delapierre: só queda PG, estou convencido, pero hai que levantarlle o reposabrazos dos asentos de atrás do taxi para caber todos/as. ;)))

Xosé M. González dijo...

Pois, da Cova, non direi eu a estas alturas que non houbese, haxa nin vaia haber integracións, digamos, interesantes. Velaí teñen vdes., sen ir máis lonxe, a historia política do actual conselleiro de Medio Ambiente. Aínda me soa a min a razón expresa do seu paso desde a UCD ao PSOE e non a AP: se non lembro mal (corríxame quen saiba e imos á hemeroteca), por garantirlle a cabeza de lista no Carballiño.

Pero vaia, quede claro que a mudanza en política é cousa que se dá, que lles hei dicir que non saiban. Pasta? Pois ás veces.

jacques delapierre dijo...

Si, si, Arume, pero moi honrados, non como outros

marcos valcarcel dijo...

Loboneghro sabe máis disto, pero creo que o Pachi V. fora cabeza de lista do CDS no Carballiño, se non estou errado...

lobo neghro dijo...

O Patchi non ven da UCD. Ven do CDS. Ese enxendro parecido ó partido de Rosa Díez pero cos que non encontraran acomodo na ala dereita. Acomodo refírome a sillón, estaba todo cheo, e no decir dos que presenciaron a petición de mau, foi o Miras Portugal quen vetou ó Patchi. Por ciúmes personais.

Acabo de decatarme que o Patchi non ten ideoloxía, é un pragmático e cecais esto é un valor adaptativo para a supevivencia. Antes pensaba que era de dereitas, pero non, é realmente do medio.
Está no medio de todo, o camiño máis corto para todas partes, e é de medio ambiente.

medela feroz dijo...

Lobo!!!!!!!!!!!!!!
Non esquezas a fotografía!!!!!!!!
Vale perfectamente unha de foto matón.
E que estou a traballar no cartaz, home...

Si con tus garras me quisieras tú abrazar...
Si con tus dientes me quisieras tú besar...
lalalalala............

Xosé M. González dijo...

Ben sei. Para confirmar a miña pouco concreta lembranza busquei despois no Google e atopei, entre outras cousas, esta. Non me autocorrixín no momento esperando que alguén o fixese e confirmase ou desmentise o resto. Non sei se hai máis datos sobre iso (AP, PSOE, etc.).

Anónimo dijo...

Se non están de acordo coa privatización da central de chamadas do sergas protesta aquí

Anónimo dijo...

Alegacións sobre plus dos altos cargos
Visita aquí

lobo neghro dijo...

Medela, xúroche por deus que aínda hoxe fixen xestións por o do retrato.

Conseguín un a medias en Vilar de Cáns, se queres e o meu fillo me axuda mándocho hoxe a noite, pero un é moi presumido e considero que non é o que buscaba. Eu quero salir com uma espingarda, ou mínimo con uma furquita, e co rostro do meu avó (Deus)na testa. E para eso preciso de ir a Castro de Escuadro.

Que lle queres. O rural é o rural.

Venceremos nós.

medela dijo...

Castro de Escuadro!!!!
Aquela estraña luz que se vía desde a igrexa dos Milagres e á que nunca encontraron explicación...
Debo ter por algún lado as fotocopias de aquel traballo de Conde-Balvís.

apicultor dijo...

Francamente, a min paréceme moi grave -e severamente condenable- a política do BNG respecto do plus dos altos cargos.

Primeiro asinaron o acordo, logo retractáronse ante as presións, a continuación adiaron o asunto remitíndoo a unha futura Lei da Función Pública. Agora non teñen o valor de apadriñar a resposta.

Certamente que o PP e o PSdeG-PSOE non queren modificar o acordo, pero polo menos son coherentes. Pola contra, o BNG agora xoga a marear a perdiz nun alarde de cinismo intolerable.

Para min, a proba do algodón das súas promesas nacionalistas de "rexeneración democrática" reside, precisamente, neste espiñento asunto. Ou dan a cara ou que non conten nunca co meu voto. Así de claro.


LVG, 01/11/2007

El problema con el que se está topando la ILP que propone derogar el complemento salarial de los altos cargos es que ningún grupo ha dado el paso al frente para apadrinar la propuesta y todos «xogan a mirar cara a outro lado», relata una fuente parlamentaria, a la espera de que la convocatoria de las elecciones autonómicas y la consiguiente disolución de la Cámara eviten el trago de reabrir ahora un debate que, en el contexto de crisis económica, podría incitar más a la impopularidad de la clase política.

De hecho, el plus de los altos cargos fue aprobado en julio del 2007, en un pleno extraordinario de la Cámara, con el apoyo unánime de todos los grupos. Aun así, el BNG se desmarcó días después del acuerdo, enfrentándose a sus socios del PSOE y al PP, si bien finalmente acabó replegando velas y supeditando la remodelación de este sistema retributivo recién aprobado a la promulgación de una nueva Lei da Función Pública.

No obstante, una vez que el Bloque tiró la toalla en esta batalla, la CIG se encargó de tomar el relevo elevando una iniciativa a la Mesa del Parlamento, que fue revisada por primera vez el 6 de noviembre del 2007. Este órgano parlamentario, presidido por la socialista Dolores Villarino, se dirigió a la central sindical dos semanas después para pedirle información complementaria, petición que fue satisfecha.

El pasado 21 de enero, es decir, hace nueve meses, la Mesa admitió a trámite la propuesta de la CIG, fecha a partir de la cual el sindicato se embarcó en su campaña de recogida de firmas. Acabaron reuniendo 19.146 rúbricas, 4.000 por encima del mínimo legal, que se presentaron en el registro de la Cámara el 17 de junio y no sin polémicas, pues los dirigentes sindicales llegaron a ser desalojados de la Casona do Hórreo sin tener la posibilidad de utilizar las instalaciones para ofrecer una rueda de prensa.

Tras ese paso, la ILP pasó los demás requisitos formales -como la corrección lingüística o del lenguaje sexista- y desde hace al menos dos meses «está en disposición», asegura un diputado autonómico, de ser tomada en consideración por el pleno de la Cámara si finalmente existe un grupo político que dé un paso al frente para apadrinar la iniciativa.

Anónimo dijo...

"Ou dan a cara ou que non conten nunca co meu voto. Así de claro." (Apicultor)

Nunca que pero que nunca. Así de claro clarito. Entendido?

Pero, Api, carallo, que nos coñecemos, non sexas comediante. O teu voto téñeno irremisiblemente perdido. O teu voto está amarrado e ben amarrado ao duro banco dos que gobernan en primeira persoa.

jacques delapierre dijo...

Non diga sandeces, anónimo.

apicultor dijo...

Eu sempre votei e votarei a quen me saia do c..., Anónimo devoto da úlcera de estómago. Vaino pillando?

Anónimo dijo...

O anónimo de lun nov 03, 10:43:00 AM non andaba descamiñado.

Anónimo dijo...

Máis sandeces...

Anónimo dijo...

Que que teño que ir pillando? O c... do Apicultor? ¡¡¡Porco!!!

Apicultor, onde é que está a tua ironía, ti que te tes por tan irónico?

"Eu sempre votei e votarei a quen me saia do c... da ironía, que vou sobrado dela". Así nos luce o pelo.

Delapierre, home-cava, e ti con que órgano ou instrumento votas?

Anónimo dijo...

Máis sandeces...

XDC dijo...

Amigo Apicultor, tuvo unha pequena errata. Onde dixo "do c..." quería decir "dos c...".

É pouca cousa, pero xa sabe v a que lle poden montar por un "quítame allá esas eses".

Anónimo dijo...

O dito, dito está. Dacova, non trates de tapar ó amigo, e moito menos de incitalo a pasar do argumento piroleiro ou monolítico ó argumento testicular. O que nos faltaba.

jacques delapierre dijo...

Anónimo, normalmente voto ca man dereita, e como eres moi listo tamén saberás o que se poder facer con ela moi aberta e moi pechada.
Cambio e corto.

Anónimo dijo...

Supoño que non pasará de momento porque o mapa xeopolítico está en posición de clausura polos pactos económicos estatais, pero pasado un tempo de democracia, quen lle impide o BNG poder cogovernar cun PP distinto da caverna madrileña, porque aquí, aparte distintivos caciquís virreinantes en Lugo e o norte de Portugal, teñen unha noción galeguista máis exacervada que as "huestes" psocialistas, carentes de cadros e o que é pior, de criterio, por eso a xente analfabeta xa da en dicir que non hai moita diferencia entre o que había e o que hai... Qué peniña!
Atte. Silverio

marcos valcarcel dijo...

SILVERIO
iso que dis debe estar moi lonxe-...
cun PP que apoia a Galicia Bilingüe -velaí Roberto Castro en Telemiño- o BNG non debe perder o tempo...

Anónimo dijo...

As persoas pacíficas, dialogantes e pudibundas valoramos as boas maneiras e o estilo ponderado, e pola contra abominamos da falta de cordura e da linguaxe vulgar e despectiva. Así, pois, sexan vostedes comedidos e cuiden as formas de expresión ata o extremo, e sairemos todos gañando. Non pode ser que haxa quen se salte as civilizadas regras de xogo que a todos os efectos deben imperar nestes ámbitos virtuais de debate e discusión e trate de atropelar aos demais como se fosen sacos de lixo. Non e mil veces non.

Señor Delapierre, vostede sempre foi un blogueiro educado, digno e admirable. Non caia nas provocacións de certos anónimos ociosos, augafestas, cizañeiros, irrespetuosos, intransixentes, energuménicos ou vandálicos que o único que buscan é envenenar as conciencias dos demais blogueiros e rebentar a convivencia que tanto traballo nos costou consolidar. Non lles faga caso, fuxa deles como do demo e non perda un segundo do seu valioso tempo en responderlles. Non paga a pena, non o van entender, non están afeitos á palabra civilizada. O deles é o encizañe e a discordia. Se disfrutan desa maneira, que lle imos facer.

Atentamente.

apicultor dijo...

Algunhas interpretacións maliciosas deron en considerar a miña expresión "Eu sempre votei e votarei a quen me saia do c..." como unha referencia vulgar ao aparato sexual masculino ou aos seus adminículos, cando en realidade ese "c..." se refería, única e exclusivamente, ao "caletre" ou "cerebro".

Ben é verdade que foi unha pequena celada para que o Anómino faltón quedase desenmascarado na súa vulgaridade. E así foi, naturalmente.

Comparto, pois, o que remata de dicir, con tan bo siso, o Anómino precedente sobre as "boas maneiras e o estilo ponderado". Na miña intención está tal propósito. Non estaría nada mal que algúns tomasen cumprida nota.

Boa noite a todos.

Anónimo dijo...

"anónimos ociosos, augafestas, cizañeiros, irrespetuosos, intransixentes, energuménicos ou vandálicos" Esta é a linguaxe do Apicultor,que entra primeiro como Anónimo buscando a solidaridade dos demais e despois contéstase a sí mismo como un bo rapaz que non rompeu un prato.

Anónimo dijo...

Pois eu non sei por que sospeito que vostede, señor Apicultor, tamén foi obxecto dunha celada por parte do que chama "Anónimo faltón". Non sei por que me dá a min que o "Anónimo faltón" e o Anónimo das "boas maneiras e o estilo ponderado" son amigos, se é que non son o mesmo. Non sei, non sei. Que veña un detective solaino a sacarnos de dúbidas. Eu nisto do internete non me fío nin da miña propia sombra.

Anónimo dijo...

O Apicultor foise a dormir porque quedou canso de tanto carretar sacos de heterónimos ás costas de aquí para acolá. Hai que comprendelo.

apicultor dijo...

Que non, home, quen non. Que non podo estar todo o día á espreita para contestarlle a vostede ao minuto, trate de comprendelo.

Naturalmente que eu non son o Anónimo das 06:46:00 PM. Aínda que non escribo mal de todo, non teño ese estilo tan elegande de dicir as cousas. El é, penso eu, un bo amigo meu e dalgúns de vostedes, nótaselle ben na escrita. Aproveitando a ocasión, mándolle un cordial saúdo.

E agora vou cear, co permiso de todos vostedes.

Anónimo dijo...

Apicultor, a quen se refere con iso de "El é, penso eu, un bo amigo meu...", a don Arume?

jacques delapierre dijo...

Sí, realmente foi un erro, é pídolles a todos, incluso o anónimo que andar a dicir sandeces, disculpas. Boa noite

arume dos piñeiros dijo...

Aínda que eu aprezo a trimembración (pacíficas, dialogantes e pudibundas/ educado, digno e admirable) e as relacións de máis de cinco termos (non fai falta dicir a que me refiro), non podo ser eu quen pon un espazo dobre interliñado.
Mire.

Anónimo dijo...

Apicultor, que "non pode estar todo o día á espreita..."? Pero, Api, se vostede está sempre á espreita, teña ou non teña que responderme a min ou a calquer outro. Tan á espreita está que xa forma parte da cortiza da pantalla. Eu polo menos estouno vendo aí, camuflado entre as capas electrónicas da pantalla. Api O´Espreitador da Solaina.

Anónimo dijo...

Farto de estar farto de dicir sandeces, vou encadaleitar. Teño que descansar para mañá estar fresco e poder seguir debullando no carácter espreitador do Api. Ademais, collinlle medo a ido da "trimembración" do Arume. Xa consultarei co Medela, a ver que enigma se agacha nesa palabra diabólica.

apicultor dijo...

Non se deixe enganar polos propios delirios. É un consello de amigo.

Anónimo dijo...

¡Ti si que delirias!

Anónimo dijo...

Non perdas os nervos. Méteste con Api e se despois este che dá un bo correctivo non te veñas queixando. Para o carro e deixa de dicir sandeces.

Anónimo dijo...

Producíume tristeza comprobar como un dos tidos por maiores escritores galegos vivos, luce un encefalograma prácticamente plano. Contaranme que nunha xuntanza Rivas ía falar algo en serio e o único que fixo foi tirar de tópicos, a partir dun admirado escritor, bastante mediocre, del.
Hoxe confírmaseme:

"Nacionalismo

Abaixo todas as nacións,
dixo aquela especie de mendigo.
¿Todas?
Todas.
Todas, agás aquela
que dea boa sombra."

Moi boas intencións pero artísticamente un pufo!

Vita Nova

Anónimo dijo...

Deixa de dicir sandeces. Contas que che contaron que... Veña, ho, vai durmir.

apicultor dijo...

O que si produce tristeza -e moita!- é que poida haber persoas que teñan a covardía de botar insidias baixo o anonimato.

Que pulsión tan baixa as pode mover para escribir cousas tan disparatadas, á par que insidiosas, como as que puxo o das 12:27:00 PM?

Anónimo dijo...

É unha humilde opinión, un parecer, e si conto o que me contaron como en tantas cousas na vida, por exemplo sei que a terra xira arredor do son e non a inversa, porque mo contaron e demostraron, non por que o vexa, nin o experimente asi, experimentoo, mais ben ao contrario.
Parece que por aquí non se pode sair unha da liña oficial, e dicir Viva Rivas, Iglesias algún mais, e todo o que os crítique, ou amose unha opinión non favorabel a eles, é menosprezado.
Muito totalitarismo, e pouco cerebriño.
Vita nova.

Anónimo dijo...

É tan só unha "humilde opinión" usar expresións degradantes como "encefalograma prácticamente plano"ou "artísticamente un pufo"?

E todo montado a partir dun díxome-que-me-dixeron...?

É ese un simple "parecer"?

Non, é insidia.

Anónimo dijo...

Pois claro que é unha opinión señor, expoña vostede o contrario, porque polo de agora limítase a dicir que non porque non, e nada mais.
A min, que lin boa parte da obra de Rivas, non me parece tan gran escritor como dicen por moitos sitios e por aquí tamén.
AVISO, son unha simple lectora, non unha crítica literaria, que a pesar de moitas recomendacións críticas, non coincide na valoración destes escritores.
Vai ser por tanto a miña opinión denostada porque se aparta da corrección critica-politica ben pensamnte?
Teño tamén unha opinión negativa da súa valoración como escritor de Agustin Fernandez Paz( a pesar de todos os premios que lle dan), que para min, dende logo que o que fai non é literatura. Aviso, e non son escritora.
A solución logo cal é , enmudecer as lectoras/es, pedirlle a superación dun exame de competencia para opinar nos blogs?
Que competencia teñen demostrado os que queren taparme a boca?, aparte de dicir, que hai que...que eles non demostran.
menos lamer o Q, e mais verdade!
pelotas que sodes uns pelotas de todo o que cheire a exito oficial!

Vita nova

Anónimo dijo...

Non concordo coas opinións de Vita Nova pero creo que ten todo o dereito do mundo de expresalas, a non ser que alguén considere que aquí hai dous tipos de participantes: os de primeira categoría (eles) e os de segunda (todos os demáis).

Anónimo dijo...

D. Marcos, poida que moitas cousas queden moi lonxe, pero eu que son soñador de intanxibles interiorizacións, teñolle acertado en numerosas intuicións, non pense mal, para nada adiviño, nen quero, pero hai certos movementos e formalidades que me levan a discurrir aconteceres do porvir. Estou, como vostede pode comprobar en outras entradas, nunha actitude moi crítica co governo da Xunta, e trato de explicar con comportamentos concretos, a aproximación pragmática activa a prácticas propias da dereita que mal-levou este país áta hai tres anos. Son dos que pensa tamén que todo non se pode trocar en catro días, pero de ahí a que a Administración funcione premiando ó máis granado entre o patético, inepto, vagos e corruptos dos sucesivos governos da dereita...
Apicultor, pese á miña singular educación, formada en colexos públicos co pior deseño curricular e resultados académicos nefastos, non son o anónimo das 6:46, pero disculpe, eu cando escribe c... tamén pensei o mesmo co anónimo que se lle alporizou, agora ben, vostede tamén se alporiza bastante, e eso vai en detrimento dos que ainda practicando a contundente incorrección política, desexamos que se manteña o fío da discusión do post, e vostedes rematan por silenciar dalgún xeito, coas súas extravagancias e ofensas infantís e breves, o fío argumental doutros disidentes, o que leva a pensar a outros, que detrás poidan estar as mesmas persoas, difuminando propostas de máis interés.
Atte. Silverio

arume dos piñeiros dijo...

En primeiro lugar, non todo o mundo participa das mesmas opinións. Polo tanto falar do blog coma un todo unitario parece fóra de sentido.
En segundo lugar, aquí, como forma, entendo, de recoñecemento público, acostúmase a eloxiar aos/ás escritores/as que gustan. Son menos os casos de críticas negativas: se aparecen, entendo que unha mínima explicación debe acompañarse. Se é por extenso e con argumentacións sólidas, moito mellor. O encomio e o vituperio empregan as mesmas técnicas, pero o primeiro resulta menos inicuo (non sempre).
En terceiro lugar, a lista de autores/as (non sei por que non falamos de obras ou de versos: sempre o autor/a) que aparecen mencionados sempre son os mesmos e sempre tenden á disposición dialéctica fulano versus zutano. E, sobre todo, a esa dicotomía dentro/fóra ou oficial/marxinal. Nun foro da natureza deste blog creo que eses receos sobran. Se alguén considera que xente coma Rivas (canonizado desde xa) ou Fernández Paz (tamén canonizado) merece aviso, non creo que este sexa lugar para non expresalo: aínda lembro as críticas que aquí apareceron ao excesivo fragmentarismo de Os libros arden mal. A min ese tipo de comentarios parécenme correctos, aínda que non podan ser compartidos por todo o mundo.
Por eso e en último lugar, se vostede considera que os autores que menciona non son todo o bós que aquí se sostén (baixo tamén o xénero sempre encarecedor do ditirambo e non da crítica literaria), esta é unha oportunidade única para desenrolar tal consideración.

apicultor dijo...

Señora Vita Nova:

Non se trata de "corrección critica-politica ben pensante". Trátase, simplemente, de ter un mínimo de educación e un pouco de respecto.

Naturalmente que ten vostede todo o dereito do mundo a expresar a súa opinión e ninguén llo vai negar, pero non se pode confundir opinar con denigrar. E os seus calificativos rebordan calquera consideración de mera opinión para situarse no terreo do improperio. Como volve facer agora de novo con eses desagradables "menos lamer o Q" e "pelotas que sodes uns pelotas de todo o que cheire a exito oficial".

Resulta paradoxal que alguén que se atreve a usar tales expresións, depois se presente como vítima dicindo que se quere impedir que amose a súa opinión. Non, mire, se vostede critica a alguén ou a algo, non se pode queixar despois de que sexa igualmente criticada. A iso chámaselle reciprocidade, non censura. Non confunda os termos.

Vostede partiu dun díxome-díxome, de algo que lle dixeron sobre o que seica se dixo nunha conferencia. E a partir de aí xa monta un escarnio total con palabras grosas e fóra de lugar. Iso non é de recibo, mírese por onde se mire. Porque vostede non argumentou nada, non criticou nada. Simplemente se limitou a calificar despectivamente, inxustamente. Porque a obra dun autor como Rivas non se pode valorar por unha conferencia na que non se estivo presente, nin por un poema illado. E vostede así o fixo. E foi inxusta, moi inxusta.

Daquela, vostede non é críble, por moito que se escude en que non é crítica literaria. O único que amosa, tanto na primeira como nesta última intervención, é que é unha resentida partidaria da insidia.

Critique vostede todo o que queira a obra de Rivas, de Fernández Paz ou de quen sexa, pero fágao achegando algúns datos e argumentos. Non fai falta que sexan completos nin sistemáticos, con que expoña algunha "idea", nada máis que unha única idea é máis que suficiente. Pero, por favor, non acuda a simples e patéticas descalificación que o único que consiguen é descalificala exclusivamente a vostede, ademais de facernos perder o tempo aos demais.

Anónimo dijo...

Son lector de vello. Comparto o que din Arume dos Piñeiros e Apicultor.

Anónimo dijo...

Non se dan conta Sr. Arume e Sr. Apicultor que os seus comentarios están a avalar os argumentos que esgrime Vita Nova no referente á certeza dunha liña oficialista e intocable e outra non mentada e silenciada?
Arume, no que si concordo é no de que en vez de nomes poderiamos comentar e contrastar sobre a forma escrita nunha cata a cegas, conte comigo.
Vita Nova, opime e non se deixe intimidar, eu seguireina atentamente, experimente coa proposta de cata que propoño, poemas sen nome... e a ver.
Atte. Silverio

apicultor dijo...

Silverio, anda vostede desconcertado e moi confuso, porque non entende o que os outros queren dicir e o malinterpreta todo. Pero, meu, eu xa non teño folgos para dicilo doutra maneira. Así que alá vostede coas súas lucubracións. Pero por min non se prive.

Anónimo dijo...

Coido que Arume dos Piñeiros vai afinado. Una cousa:
Se se encomia unha obra, a que se debe que non se esixa xustificación. A que se debe que só se pida xustificación cando a opinión non é positiva para o autor?
Di arume que é mais inócuo o encomio. Pois non, non señor, claro que non, o encomio non xustificado pode cubrir cun veo de falsedade unha determindada situación literaria, perxudicando aos bós literatos?. Dende logo que o encomio inxustificado non é nada decente, e tende a premiar aos premiados e a castigar aos olvidados. Para que entón a crítica literaria?, se se reducicría a unha réplica que secundaría o parecer de poderes oficiais que teñen que ver sobre todo cos interéses creados, o amiguismo, o negociete editorial e a farsa institucional!
Nunha situación así, so faltaría cadrar aos lectores no formato deseñado dende o alto.
Pero equivocanse unha e outra vez, o lector galego, non cuadra con eses intereses, unha e outra vez está a dicir, que é escaso, pero selecto, e que non se lle toma o pelo así como así, por mais armilar que se presente a estructura, onde non hai auga non se bebe, por moita sede que se teña, a sede non xustifica a fonte.
Estaría dacordo co que se propón dunha cata a cegas, sería divertido, e revelador, cando queiran, señores!
Aquí mesmo.
Intentarei expor a miña opinión e ideas humildes sobre textos e autores que vaian saíndo, pero a primeira entrada desanima, sobre todo os comentarios hiper-mega oficiailistas dese lercho Apicultor.
Vita nova

arume dos piñeiros dijo...

Dixen que os encomios son menos inicuos (non inocuos), pero non deixan de ser en potencia letais.

arume dos piñeiros dijo...

Para sancaetanólogos:

CONSELLO DE LA XUNTA
Destituido el secretario general de la Consellería de Cultura
Según Touriño, Ánxela Bugallo había perdido la confianza en Carlos Alberto Amoedo.
Efe 6/11/2008 Actualizada a las 13:52 h
Valoración (0 votos)
La Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, ha destituido al secretario general de este departamento, Carlos Alberto Amoedo, lo que el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, supuso que responde a la pérdida de confianza, aunque insistió en que se trata de un acto cotidiano en la administración.

El presidente de la Xunta informó tras el Consello, a preguntas de los periodistas, de que el Consello, a propuesta de la titular de Cultura destituyó al secretario general y decidió sustituirlo por José Carlos Sierra, en la actualidad delegado provincial en Ourense.

El motivo del relevo es la «reorganización del equipo», señaló Touriño, quien dijo que cree que esta decisión de la conselleira obedece a que «entiende que necesita cambiar al secretario general y poner a otro, en función, es de suponer, de una pérdida de confianza, derivada de una situación razonable que pasa en los ámbitos normales de la gestión de cualquier consellería».

El presidente restó importancia a que la destitución se produzca casi al final de la legislatura y señaló que «si sucede ahora, sucede ahora», y «forma parte de lo normal, no creo que esto signifique nada fuera de lo cotidiano» en la administración.

arume dos piñeiros dijo...

Merquei unha parella
de canarios
para facer menos desolada
a orde da casa

morreron aos tres días
de virus ou tristura

non tiñan aínda
nome

arume dos piñeiros dijo...

O poema é de Eduardo Estévez, procedente de Vieiros.

Anónimo dijo...

A ver se adiviñan quen escribiu este texto. Foi publicado en Vieiros hai uns anos, cando os pijoprogres lle gañaron (sic) as elecións a Fraga.

Daquela Vieiros galardonou ao autor do texto cunha cea de cachelos de Xinzo (mmmmmh!) e mexillóns marroqunos en lata, regada por un falso Rioja que contiene sulfitos, cea que, por certo, aínda non lle foi aboada.


Texto:

Diante da chegada do bipartito PSOE-BNG ao goberno galego, esiximos porno galego, XA! Agora que Galicia entrou na "transición", queremos:

1.- Porno en galego e sen subtítulos. Queremos escoitar (e ver) "cona", "ragaña do cu", "pixa" (ou picha), "vaille dando unha chuchadela", "estás empitonada, Maruxa", "aí che vai o prebe" e "posme moi pero que moi burra, mimadriña".

2.- Non embargantes o punto anterior, queremos XA cine de destape ou softporn en galego. Eis algúns títulos inesquencibles: "La cacharra de Encontros lévame aos hortos"; "Pepito Piscinas de Friol e un paquete con pinta de ollomol"; "Lalín ben vale un po(lbo)"...

3.-Revistas psicalípticas ou, no seu defeuto, un Interview galego, ilustrado cos bellezóns locais: Silvia Ghato, Paula Vázquez, algunha que outra presentadora do telexornal, a Cacharra, etc. En canto a tíos, queremos ver en bólas a todos os Mister-Coruña con gorras de Calfensa e camisetas Husqbarna.

4.-Películas casposas, canto máis cutres mellor, para promocionar o cine galego: "Os bingueiros" (nun casnio, na "Isla de la Toja"); "Que veñen os socialistas" (en Monte Pío); "As autonosúas" (no Gaiás); "Na rede da miña canción" (cos Tonechos ensinándolle os encantos de Compostela a Marujita Díaz), etc.

5.- Anuncios de contactos na prensa con linguaxe galega: "Cadeirona ofréceche coello quente";"Manola, a amiga da túa pir..."; "Cubanas exprés póñencha do revés"

- Queremos facernos "peras" e non "pajas" (e se nolas fan, moito mellor)
- Queremos "foder" e non "follar" (aínda que xa nos conformariamos só con follar).
- Queremos facer lambidas de conas ou ameixas (que nos saben mellor que foder "a palo seco", coño)
- Queremos que nos lamban a "pirola" ou "pixa" (que soa moito mellor que iso de "pene")
- Queremos xogar ao trompicallo (ti pos a cona e eu o c...")
- Queremos empregar estas metáforas galegas tan bonitas: "Caeu despatarrada en pinchacarneiros e víaselle até a conciencia"; "Neniña, vas moi descocada"; "Déixame collerche eses peitetes de chuchamel", "Que boas espeteiras e que boa panocha que tiña"; "A rapaza fervía e a min fervíame o pote das papas"; "Moito me quentaba o forno", etc.

Anónimo dijo...

Quero aclarar, diante de posíveis comentarios badocos e intereseiros, que o texto arriba presentado foi galardoado por Vieiros na categoría "Iª Edición Vieiros de Relatos Curtos 'Que lle pides ao novo goberno nacionalista de progreso'", concurso que por algunha razón non volveron convocar en vindeiros anos.

O segundo premio foi unha paparota de Vieiras no Toñi Vicente. De boa se librou o gañador!

Anónimo dijo...

E tamén aclarar que aqueles desexos de todos os utentes galegos de poder contar cun porno galego, de cualité, aínda non foron satisfeitos polo bipartito, goberno que, como todo o mundo sabe, nos está a foder por outros conceptos.

Anónimo dijo...

Señor Apicultor:

Vostede que é tan ecuánime e ten tanto peso na Solaina, comprenda que eu sen o improperio non son nada. Pero que nada de nada, pódeme crer. Se me privan do improperio, acaban comigo, afóganme, mátanme. Abandone esas posicións de extrema severidade que mantén e permita que o insulto e o improperio campen libremente polas leiras do blog. Acaso quere incrementar o desamparo no que vivimos os que fixemos do insulto e do improperio a nosa forma de vida? Non, Señor Apicultor, amoleza esa dureza de pensamento contra o improperio e deixe que cadaquén opine, comente, dialogue, responda ou combata coas armas nas que lle foi dado instruirse. Confío na sua xenerosidade, e na de Don Marcos, para para que as más artes do insulto e do denigramento se podan exercer desde a mais tolerante das concepcións libetarias que o home poda imaxinar.

Sexa comprensivo e non me obrigue a botarlle unha "trimembración" de improperios.

Atentamente.

Anónimo dijo...

"libetarias" = "libertarias"

apicultor dijo...

Si, home, por suposto. Faga o que queira, por min que non quede.

Pero, Vita Nova, non debería ser tan resentido cos demais escritores, que non teñen culpa de que non se encumbraras coa súa novela. Un non debe poñerse expectativas tan elevadas, que despois vén a desilusión e o resentimento, que son sempre moi malas conselleiras. Un pouco de modestia e máis traballo (ou vicerversa).

Veña, a relaxarse toca.

arume dos piñeiros dijo...

Non sei se é autor ou autora, pero a voz poética ten para min un sabor (e perdón por esta metáfora da terminoloxía crítica que neste contexto como que pode malinterpretarse) fondamente masculino heterosexual. Ou sexa: un heterónimosexual.

Anónimo dijo...

Apiculteur, grazas, moitas grazas por pensar que puidera ser autora de novelas, que mais quixera eu, ainda que non mas prezasen. Nin novela nin critica escrita.
Arume dos Piñeiros pode extenderse un pouco mais?:
"os encomios son menos inicuos (non inocuos), pero non deixan de ser en potencia letais."
O poema que vostede colga do poeta Estevez, non me parece a min un poema, para nada.

Anónimo dijo...

Corta ese rollo patatero, que xa cansas sempre co mesmo sonsonete. Faste máis pesado ca unha vaca en brazos.

Anónimo dijo...

Se é inxusto fai dano,ou non Arume!
Vita nova

Anónimo dijo...

Haiche anónimos ben maleducados!

Anónimo dijo...

Si, sobre todo un.

Anónimo dijo...

el.
(Buñuel)

Anónimo dijo...

Eu son anónimo, pero non maleducado. Ou iso creo. Anónimo por pouco tempo. Xa estou farto do anonimato, de andar de toupeira, de buscaburacos, de furacovas (nada a ver co fantástico señor Dacova) por este océano de ficción. Chegou a hora de deixar a pel sen identidade que me cubre e dotarme dun alcume recoñecible. Así, pois, terei que alcumarme a min mesmo e integrarme ao club dos alcumados. Costarame, claro que me costará adquirir unha identidade propia e aceptar as regras de xogo que rexen para os demais. Co ben que se vive de anónimo e sen compromiso... Todo chega na vida. Este é o último post que escribo baixo a "covardía" do anonimato. A próxima vez que compareza nas Uvas xa poderei lucir o meu flamante alcume. Tereino que pensar ben pensado. Ou opto por un estirado (do estilo de Arume dos Piñeiros, Medela de Lobeira, Jacques Delapierre) ou recurro a un mais sintético (do estilo de Etxe, Apicultor, Lourixe). Xa veremos cal me sae.

Adeus, anónimo.

Anónimo dijo...

Xosé Carlos Caneiro

Pregunten a Edelmiro

Con la elección de Obama, cegados por su fulgor, no hemos podido percibir el impacto de otras noticias. Por ejemplo, que el paro está al borde de los tres millones. Que los altos cargos, funcionarios, no renuncian al suplemento de miles de euros vitalicios. Y que Edelmiro aún no ha recibido un euro de la ley de dependencia. Esta última noticia no ha salido en los periódicos, pero a mí me la contaron en la calle. Al hombre este de 76 años no le quedó más remedio que internar a su mujer en una residencia. Le dijeron que Quintana le daría una ayuda inmediatamente, hace ya un año. Él se lo pensó, porque solo posee una pensión de 500 euros y paga por su mujer 1.200 cada mes. Además, Edelmiro también precisa que lo atiendan, porque está mayor y enfermo. Estos días contemplaba el rostro de Obama y preguntaba quién era. Le dijeron en pareado que era como Quintana (eso había dicho nuestro vicepresidente), pero a la americana. Él dijo que no lo votaría y contó su historia. Después leyó en La Voz lo que los altos cargos, al dejar de ser tan altos, percibirían durante toda su vida. Echó cuentas y pensó que con el suplemento que recibirían los mandatarios, él pagaría la residencia en la que estaba su mujer. Quintana, igual que dijo que los dependientes recibirían ayuda inmediata, también dijo hace muchos meses que eso de los 15.000 euros de suplemento no saldría adelante con el apoyo del BNG. Después, se calló. Hay gente que con la cosa de los 15.000, o con la dependencia, tiene la tentación de creer a Quintana. Antes, se lo ruego, pregunten a Edelmiro.

Anónimo dijo...

Ese Caneiro dende que se pasou a dereita de LA VOZ DE LA GALICIA, só ten dúas teimas:
A cidade da cultura, e Manolo Rivas, e unha neura, o fracaso da súa novela.

Anónimo dijo...

Así que entón Caneiro era antes anónimo, Vida Nuova, e agora Edelmiro.

Anónimo dijo...

Non, home, eses non eran Caneiro, que sabe redactar moito mellor. Ese Vita Nova, ademais de anómino, é outro guichiño que escribiu unha soa novela que tivo moito menos éxito que a última de Caneiro (que tampouco tivo tanto). Empréndea contra todos, tamén contra Caneiro, xa o fixo varias veces, non vaias pensar ti que só contra Rivas. Quixo ser famoso e, como non o foi, dispara contra os famosos. O de sempre, que che vou contar a ti.

Anónimo dijo...

E non serás ti tamén Caneiro?, dame que si. Camaleónico despistador. Vaia ghicho!

jacques delapierre dijo...

Sr. anónimo, se a única crítica que vostede lle ten que facer a Caneiro é por pasarse a dereita, e o denigra por iso, vostede é de esquerdas "de toda la vida", pois saiba que se está quedando só e dígollo co mais grande dos respectos, que de esquerdas queda vostede, un cubano e non sei se algún psicoanalista arxentino.
E preguntarame por que sei todo esto, pois nin máis nin menos meu fillo que son que pon as etiquetas.
Afectuosamente.

Anónimo dijo...

Pois entón Jaques, eu tamén como o anónimo anterior que pasou a ser Edelmiro e outros mais, que está claro que é Caneiro, por moito que queira disimular, au tamen dou o paso e partir de agora serei o:
BLOGUEIRO SOLITARIO

Anónimo dijo...

Cultivo una rosa blanca,
En julio como en enero,
Para el amigo sincero
Que me da su mano franca.

Y para el cruel que me arranca
El corazón con que vivo,
Cardo ni ortiga' cultivo:
Cultivo la rosa blanca

O blogueiro solitario

manda truco na Habana dijo...

Bugallo destitúe o seu número dous por oporse á privatización da CdC

ECG, 07.11.2008

A conselleira de Cultura decidiu prescindir do seu secretario xeral, Carlos Alberto Amoedo, sen consultar con Anxo Quintana

Ao último do Consello da Xunta de onte, cando todos os asistentes pensaban que concluíran os puntos do día, o conselleiro da Presidencia, Xosé Luis Méndez Romeu, anun­cioulles que había un asunto pendente: o cesamento de Carlos Alberto Amoedo, secretario xeral de Cultura e o segundo do departamento da nacionalista Ánxela Bugallo. Os conselleiros non puideron reprimir un xesto aloulado, sobre todo os do BNG, que non tiñan nin a máis mínima idea da decisión tomada pola súa compañeira de partido. Até o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, na roda de prensa posterior ao consello, falou nun ton inusual "dunha perda de confianza" por parte de Bugallo e obviou os agradecementos a Amoedo polos servizos.

Con esta bomba política concluía de momento a cadea de desencontros entre a conselleira de Cultura e o seu segundo. A súa relación empezou tanteándose os caracteres. Ao igual que o resto do equipo de Bugallo -e de todas as consellerías nacionalistas-, o Bloque foi quen o designou para o cargo e non a conselleira.

Amoedo estaba vinculado a unha das familias do partido -Unidade Galega- e chegaba avalado pola súa traxectoria: publicara, como catedrático de Dereito Administrativo, varios libros contra os denominados chiringuitos da Administración e eses coñecementos servíronlle para desenvolver institucións singulares como a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da que foi o seu facedor xurídico.

O desencontro arrinca dos bosquexos de Bugallo para a Cidade da Cultura. En liña con outras correntes do BNG, Amoedo amosoulle o seu profundo desacordo pola creación dunha fundación que supoñía, na práctica, privatizar a xestión do polémico complexo do Gaiás, construído con cartos públicos. Esas continuas obxecións fartaron a Bugallo e deixouno á marxe de calquera decisión. El incomodouse co castigo e tomou a decisión de non serlle leal á conselleira pero de manterse fiel ao partido: regularmente, envíaballe ao BNG informes do que facía a súa xefa. Bugallo entrou en cólera ao descubrilo. Tratou de despedilo inmediatamente pero o vicepresidente Anxo Quintana esixiu paciencia. A case cinco meses das elecións, ésta agotouse e Bugallo cesouno sen avisar sequera a Quintana.

Anónimo dijo...

Atención, atención, nova serie no terebexo: "Los amigos de Pachi"

http://www.anosaterra.org/nova/un-grupo-proximo-ao-psoe-leva-o-54-das-axudas-.html

Un grupo próximo ao PSOE leva o 54% das axudas

Manuel Vilas . Medio Ambiente tentaría crear coa FEGAMA un 'ecoloxismo a medida', denuncian FEG, Verdegaia e ADEGA. Estas tres asociacións advirten unha 'manobra caciquil' para favorecer á Federación Galega de Medioambiente, creada hai só un ano e con varios cargos que foron candidatos do PSOE.

A gran beneficiada das axudas ao ecoloxismo da Consellería de Medioambiente –controlada polo PSOE– naceu hai un ano e ten varios dirixentes que foron nas listas electorais socialistas. Con todo, a Federación Galega de Medio Ambiente (FEGAMA) recibiu máis de cen mil euros este outubro. Coas subvencións logradas polos seus asociados, a suma é de 622.790 euros, o 54% do que repartiu a Xunta.

Cinco colectivos nudistas

A maioría dos 30 colectivos da FEGAMA foron creados esta lexislatura. A lista de socios é ben curiosa, pois cinco asociacións defínense como “naturistas”, o que popularmente se coñece como nudistas. Varias delas fundadas en lugares inhóspitos para andar espido, como Guitiriz ou Chantada.

Fontes do colectivo ecoloxista interpretan que os socialistas “clonaron” os estatutos e os nomes das novas asociacións e coas présas confundiron “naturista” con “naturalista”.

A Federación Ecoloxista Galega, Verdegaia e ADEGA denuncian que a FEGAMA é un intento socialista para crear un ecoloxismo afín á Consellería. Hoxe dan unha rolda de prensa para criticar a falta de diálogo co conselleiro Manuel Vázquez.

Directivos nas listas do PSOE

Catro dos directivos da FEGAMA presentáronse en listas electorais dese partido. O representante da Asociación naturista do Ribeiro, Avelino López Espiñeira, foi na candidatura dos socialistas ás locais de Boborás. O mesmo pasa con Edmundo González Nóvoa, representante da Asociación para a defensa do Medio Ambiente de Verín, e número dous do PSOE nas listas de Monterrei. Idéntico caso o de José Manuel Juiz Cidre, da Asociación Medioambiental de Rodeiro, e membro da Executiva socialista dese concello. Hilario Moliner Piñón, representante da Asociación Ecoloxista da Mariña de Lugo, foi candidato en Ourol.

Ademais, oito dos dirixentes de colectivos da FEGAMA (na Terra Chá, Fonsagrada, Ancares,Terra de Lemos, Deza, Melide, Compostela e Ortegal) son tamén representantes do sindicato Unións Agrarias –próximo ao PSdeG– nos grupos de desenvolvemento rural.

A Xunta cambiou os criterios das axudas este ano

A FEGAMA acaba de acceder a un gran volume de subvencións, máis de cen millóns das antigas pesetas, xusto despois de que a Consellería cambiase profundamente os criterios da convocatoria. Por exemplo, un dos puntos máis valorados en 2007, “actividades desenvolvidas nos dous últimos anos” desapareceu. A Consellería tamén deixou de valorar outros baremos obxectivos, como o número de voluntarios ou a antigüidade.

A demais, a Xunta lanzou este ano por vez primeira liñas de axudas específicas para federacións; as que só puideron presentarse FEGAMA e FEG. O resultado é que a FEGAMA, sen sumar os seus asociados, recibirá case 180.000 euros. Os seguintes colectivos máis favorecidos na resolución, como a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), non chegan aos 30.000.

Crítica da FEGAMA a Medio Rural

A FEGAMA criticou até hoxe só unha actuación do Goberno Galego. Foi a "descoordinación" da Consellería de Medio Rural (BNG) para apagar un lume no Courel.
VALORACIÓN DA FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA
'É unha manobra caciquil para crear un ecoloxismo dende arriba'
Alexandre Cendón, coordinador da Federación Ecoloxista Galega (FEG), considera que 'ten toda a traza de que un sector do PSdeG está a montar un movemento ecoloxista afín para apoiar a súas políticas'.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Cendón cualifica de “manobra caciquil e clientelista” o nivel de subvencións da Consellería a FEGAMA para crear “un movemento social sen base, dende arriba”.

Malia que a FEG concédelle o beneficio da dúbida á FEGAMA, “está por ver o seu traballo nos anos vindeiros” di o seu coordinador, denuncia que a Xunta non convocou subvencións específicas para federacións ecoloxistas até que naceu o colectivo vinculado aos socialistas.

A FEG integra a maioría dos grupos ecoloxistas máis activos do país, como ADEGA, Verdegaia, Luita Verde, a Asociación Medio Ambiental e Universitaria ou a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
VALORACIÓN DE ADEGA
'É propio dunha actitude pseudocorrupta'
Ante o apoio que está a recibir a FEGAMA por parte da Consellería, Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA, acusa a Pachi Vázquez de 'tentar montarse un ecoloxismo a medida para prescindir do ecoloxismo crítico'.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Eirexas denuncia que a FEGAMA “son 33 asociacións ecoloxistas clónicas sen tradición”. É máis, ADEGA entende que o gran volume de subvencións recibida por esta federación é “auténtico escándalo produto dunha actitude pseudocorruta”.

Ao igual que outros membros da FEGA, ADEGA alerta da “falta de interlocución coa Consellería” durante esta lexislatura.

Cómpre lembrar que o conselleiro de Medioambiente cualificou a ADEGA de “salvapatrias baratos” tras as críticas ecoloxistas ao polémico Plan Acuícola da Xunta.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
VALORACIÓN DE VERDEGAIA
'A Consellería quere crear unha máquina que lle diga si a todo'
Dende Verdegaia Xosé María García Villaverde considera que 'a Consellería tenta crear unha máquina que lle responda que si a todo'. O secretario xeral de Verdegaia denuncia un 'intento de boicotar a nosa labor e dividir o movemento ecoloxista'.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Malia “non querer centrar as críticas no asunto dos cartos cartos”, Villaverde denuncia que “as últimas axudas de Medio Ambiente non tiñan un criterio coerente”.

Verdegaia alerta que a Consellería non valorou criterios como o número de socios ou os anos de experiencia na defensas da natureza. Tamén denuncia que a Xunta sacou unha liña específica de subvencións para federacións que, pola súa natureza, só poden pedir a FEGAMA e a FEG.

Villaverde tamén alerta que Medio Ambiente planea que considerar unicamente como interlocutores válidos ás federacións, algo que considera “absurdo”, pois implicaría excluír a ADEGA e Verdegaia –dúas das organizacións máis activas no conxunto do país– e aos colectivos locais do diálogo coa Xunta.

“Teño a impresión persoal de se está a crear dende arriba unha federación para que sirva de interlocutora a medida da administración, que dea o visto bo ás políticas que os ecoloxistas de base criticamos”, conclúe.

Anónimo dijo...

Oes, a ver se pos ben o texto, que é un puro caos.